mércores, 21 de febreiro de 2024

REGO DAS XESTEIRAS (CELAS-CULLEREDO)

 O concello de Culleredo forma parte da área metropolitana de A Coruña e está integrada nesta comarca. Hoxe fomos a este concello facer unha ruta por vez 1ª, concretamente á parroquia de Celas

Que dicir desta ruta? pois que é lineal e moi curta(1 km.) ou 2 km. se vas e volves polo mesmo sitio. Nós quixemos facela máis larga e circular subindo á aldea de Ermida de Ternande e despois meténdonos unha tremenda subida por un monte sen atractivo ningún. Nós seguimos para esto un track que facía este percorrido que eu non recomendo para nada. Mellor sería ir e voltar polo Rego das Xesteiras e listo.

É unha ruta que eu só recomendaría para a xente que vive por esa zona ou cerca. Non merece a pena desprazarse tanto como fixemos nós (3 horas en total, ida e volta) para ver un rego e uns muíños abandonados que aínda que están nun fermoso entorno, pódende ver noutro sitio calquera sen desprazarse tantos km. Enfín...que hoxe equivoqueime na elección da ruta...

Características da ruta:

Lonxitude: 5,6 km.

Dificultade: moderada pola costa infame que hai 

Ruta circular sen sinalizar. O Rego das Xesteiras si que está sinalizado o inicio polas dúas partes xa que se pode empezar en Celas ou na Ermida e non ten perda. Para facer o que nós fixemos si que se necesita seguir un track; eu deixo o meu en WIKILOC

Descripción:

Partimos dende a igrexa de Santa Mª de Celas, a uns 400m. do comenzo oficial da ruta para ver este monumento, a Torre de Celas e porque ademais hai onde aparcar comodamente.

Igrexa de Santa Mª de Celas

Esta igrexa é de orixe románico e sufreu moitas modificacions ao longo da hstoria. Ten unha soa nave e capela lateral. A fachada principal que vemos é do S. XIX:
Igrexa e cruceiro de Celas

Comenzamos a camiñar polo parque ao pé da igrexa, un lugar moi fermoso e coidado que na primavera e verán te que estar precioso. É ademais moi grande.

 
Deseguida atopamos a Torre de Celas ou de Vinseira no mesmo parque. A Torre é o único que se conserva do que foi unha fortaleza medieval posiblemente do S. XIV propiedade dos Andrade e que foi destruida na Revolta dos Irmandiños no S. XV. 
Foi restaurada no 1992 polos alumnos da Escola-Taller Ponte do Burgo. Dende 1994 é BIC (Ben de Interese Cultural)

Outro aspecto do parque no entorno da igrexa e da Torre de Celas.
 
Na foto seguinte, se nos fixamos, podemos ver nun tronco dunha árbore unha réplica pequena da Torre.

Saimos á estrada e ao pouco aparece a sinalización que nos introduce no Rego das Xesteiras.

O inicio "pinta ben". Ata 18 muíños chegou a haber na parroquia de Celas. Neste tramo do Rego das Xesteiras hai 11 aínda que eu só din visto 10.


O 1º muíño que vemos sería o nº 11 xa que empezan a numerarse na outra parte, seguindo o curso descendente do rego. É o de Ramallal
Muíño de Ramallal

A ruta vai sempre pegada ao rego polo que o son da auga sempre nos acompaña.

O muíño nº 10 é o de Pose. O estado no que se atopan os muíños é lamentable.
Muíño de Pose
 
Os muíños atópanse en ambalas dúas  marxes do Rego. Nós vimos camiñando pola beira oposta ao que vemos na foto. Podemos achegarnos a el cruzando esa rústica pontella de pedras. 

Aquí para min o entorno perde moito cos eucaliptos ao pé.

Cruzamos algunha ponte:

No ano 2005 os propietarios destes muíños ceden o uso ao concello de Culleredo para a súa recuperación e conservación. É dicir hai case 20 anos desa cesión pero os muíños a verdade moi coidados non están...

O monte de eucaliptos baixa ata  o mesmo rego.
  
Este rego das Xesteiras era ben aproveitado.


Vexetación de ribeira característica da humidade: felgos e mofo ou musgo.


 

Este é o de Fragoso,  moi abandonado coma case todos.
Muíño de Fragoso

O muíño de Fraganova está restaurado. Aquí remata o Rego das Xesteiras ou empeza, claro.
Muíño de Fraganova

Seguindo un track, fixemos esta ruta circular en lugar de ir e volver polo Rego das Xesteiras.

Sempre en subida, atravesamos a aldea de Ermida de Ternande que pertence á parroquia de Celas.
 
Deixamos a aldea para internarnos nun monte de eucaliptos por unha pista cunha importante subida polo moito desnivel.

 Non son nin 2 km. pero fánsenos eternos!

Eso si, despois da subida, ven a baixada...que gusto!!

Non me parece nada atractiva esta parte da ruta. Nin a subida nin a baixada.

Atravesamos polo medio da aldea de Celas para chegar ao punto de inicio.

Fomos xantar ao Burgo, outra parroquia (a máis importante e máis poboada de Culleredo) ao restaurante  Taberna do Campo. O Burgo (oficialmente Santiago do Burgo) é a parroquia que conta cunha maior densidade de poboación de Galicia. O Burgo é  a principal área de crecemento natural de A Coruña ao ser a cidade unha península e non poder medrar cara ao mar.
Cruceiro ao pé da ponte medieval e da ponte moderna.

A Ponte do Burgo é un dos munumentos máis representativos do concello de Culleredo. É da época medieval con posteriores restauracións , a última foi feita no 1992 polos alumnos da Escola Taller "Ponte do Burgo". Consta de 11 arcos de medio punto algúns deles da ponte orixinal e outros reconstruidos. Actualmente é ponte peonil que une Culleredo e Cambre.
"Si este puente pudiera hablar nos relataría las historias de los cientos de años de los que ha sido testigo y hasta protagonista, siendo una de las historias más interesantes la de su destrucción durante la Guerra de Independencia en el siglo  XIX. En enero del año 1809 los británicos, comandados por Sir John Moore, emprendían la retirada hacia las islas escapando del ejército francés. La misión era llegar hasta la ciudad de A Coruña, lugar acordado de donde partirían los navíos de retorno. Moore dio orden de volar el puente para ganar algo de tiempo a los franceses, puesto que este era el paso  para cruzar la ría más cercano a la ciudad Coruña. A pesar de este hecho, las tropas francesas comandadas por el mariscal Soult  consiguieron avanzar y se produjo días más tarde la conocida Batalla de Elviña, en la que el comandante británico quedaría herido de muerte. Los dos bandos consiguieron su propósito, los ingleses embarcar hacia su tierra y los franceses tomar la ciudad" (https://turismoculleredo.gal/es/project/puente-del-burgo/)
Ponte medieval do Burgo

Nun extremo da Ponte do Burgo está a igrexa de Santiago. Sabemos da existencia desta igrexa dende o S. XII. Sufreu unha grande remodelación no S. XVIII e outra máis modesta no S. XX que configuran o templo que hoxe vemos. Aínda que a súa orixe é románica quedan moi poucos elementos deste estilo.


Igrexa de Santiago do Burgo



Páxinas web consultadas:

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/iglesiasantiago-2

https://www.xunta.gal/portada


sábado, 17 de febreiro de 2024

SUBIDA AO PICATO PR-G 84 (TRABADA)

 Trabada é un dos primeiros concellos da Mariña luguesa que apostou polo sendeirismo, tendo nada menos que 5 rutas homologadas e ademais perfectamente acondicionadas e sinalizadas, que non sempre é así.

Desas 5 rutas, coa de hoxe xa fixen 4. As outras 3 son:

Fraga de Vilapena

Fraga da Becerreira

Ruta do Vento

A ruta de hoxe funa deixando estes anos porque sabía que había unha subida e non me gustan. Hoxe decidín facela e  resulta que é unha ascensión suave e moi curta (600m.) Gustoume o percorrido polas excelentes vistas dende o cume do Picato (podemos ver o val de Lourenzá, Trabada, distintas aldeas, montañas e o mar Cantábrico) e gustoume que non pisa absolutamente nada de asfalto, apenas hai eucaliptos (piñeiro silvestre e toxo baixo na zona alta) A tranquilidade é absoluta, nesta ruta case se escoita o silenzo. Cerca non hai casa ningunha, nin animais habituais nos montes como cabalos ou vacas...nada. Só vin un corvo e algún insecto pequeno. 

Características desta ruta:

Lonxitude: 7,7 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular moi ben sinalizada.

De tódolos xeitos deixo o track que grabei en WIKILOC

Descripción:

Inicio esta ruta ao pé da área recreativa do Chao do Couso. Estou na parroquia de Vilapena, concello de Trabada.

Área recreativa Chao do Couso
Por un camiño ancho rodeado de piñeiros, empeza a ruta.
Empezando a ruta

A medida que imos ascendendo (de xeito moi suave) as árbores van desaparecendo e hai formacións rochosas.

Aparecen as rochas

Hoxe está un fermoso día de febreiro que permite desfrutar da camiñata e tamén poderei desfrutar das vistas.

Aló ao lonxe vense unhas antenas. É a cima do Monte Picato. Alí hai que chegar.

Ao lonxe, a cima do Picato

Atopo esta bifurcación (a ruta non ten perda do ben sinalizada que está) De facer a ruta curta, voltariamos polo camiño da dereita para enlazar ata o inicio polo que agora imos deixar. Empeza a subida.
Empeza a subida

É unha ascensión de 655m. non demasiado esixente.

Xa se ven as antenas. Estou chegando.
Chegando ao cume
 
Aquí houbo un panel con información do que se vía dende este lugar. O panel segue estando pero a información non.
Restos dun punto de información

Vales e montañas galegas e asturianas.



Vemos a vila de Trabada e tamén a costa cantábrica.

As vistas son excepcionais e o día moi propicio para desfrutalas. Nesta foto vemos a parroquia de Vilapena.

Polo oeste vexo todo o Val de Lourenzá e montañas próximas e lonxanas.
Val de Lourenzá e montañas.
 E agora toca empezar a baixar.

Baixando, seguimos desfrutando de fabulosas vistas.

Agora o noso chan é un carreiro de herba alta e mol.

A ruta estame gustando moitoooo!!

Facendo sendeirismo desfrútase dun asento en 1ª fila para ver esta fermosa paisaxe.

Remata o carreiro para enlazar cun ancho camiño:

A baixada do Picato deixa unhas vistas do máis femosas!

Paso por un refuxio.
Refuxio
Que haberá despois?

Pois despois....vemos esta alucinante paisaxe con Trabada ao fondo.

Estamos nunha zona alta onde as árbores non acostuman a medrar pero vemos algún que outro acivro.

Aquí temos a bifurcación da ruta curta ou longa. Se queremos facer a curta (5 km, aprox.) pillaremos á dereita e se facemos a longa como eu vou facer, sigo de frente.
Bifurcación

Aínda continuo a ver fermosas paisaxes pero axiña as vou perder de vista.
Acivro e vistas

O piñeiro silvestre é a árbore máis abundante nesta ruta. Dase en zonas con variada temperatura. A madeira destas árbores é moi compacta, a mellor de tódolos piñeiros que hai en España. É moi aprezada para usar na construcción, ebanistería e serrería e tamén para producir pasta de papel.
Piñeiro silvestre
Hai algunha zona do percorrido onde tamén medran as acacias. Hai especies desta árbore de folla caduca. Estas son de folla perenne. A acacia, na antigüidade era considerada como unha planta marabillosa polas súas propiedades curativas e para facer fuxir a mala sorte.
Estas árbores supoñen un problema en Galicia: hai zonas onde se están a propagar con moita rapidez, sobre todo as mimosas e a acacia negra que é a que se ve na foto. Son invasoras que supoñen unha ameaza para a nosa vexetación autóctona e para nós, os humanos xa que en caso de incendio estas árbores axudan a propagalo.
Esta planta“reduce de forma considerable la cantidad de luz en el nivel del sotobosque, disminuye la disponibilidad de agua en el suelo, altera de forma severa el contenido de nutrientes y produce acidificación en el suelo, altera las comunidades microbianas y las actividades enzimáticas del suelo, y disminuye la cubierta vegetal nativa, además de la diversidad de especies bajo su sotobosque”, subraya el investigador sobre esta especie que califica como ‘agresiva’ porque “produce tal cantidad de impactos en las zonas que invade que no permite la supervivencia de muchas de las plantas nativas”.
Acacias negras, unha árbore invasora.

Tamén hai algunha pequena zona onde se poden ver árbores autóctonas como algún carballo e amieiro que agora están sen follas.

Especies autóctonas

E como non? atopei tamén unha zona pequena de plantación de eucaliptos.
Monte de eucaliptos

Nun momento dado, xa case rematando aruta, á esquerda e aló embaixo está Vilapena.
Aló embaixo, Vilapena

E chegamos ao punto de inicio! Fun por Campelas e volvín pola Cruz da Cabana. Semella que os sinais apuntan ao mesmo sitio e o certo é que case é así porque os dous camiños, o de ida e o de volta, que aquí se bifurcan, conflúen no mesmo sitio na ida e na volta. Empezan paralelos e moi xuntos.
Sinais no inicio e fin da ruta

Unha vista xeral da área recreativa do Chao do Couso.
Área recreativa "Chao do Couso"


Páxina web consultada:
https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1477390/acacias-preciosa-letal-invasora-montes-galicia