domingo, 29 de agosto de 2021

RUTA DO RÍO ACEITEIRO. (S. SADURNIÑO)

 Pasou un mes dende que estivemos en S. Sadurniño por vez primeira. Daquela visitamos pola mañá o castelo de Narahío, realizando ademais a ruta do Río Castro e a fervenza e despois de comer no restaurante "A Granxa", visitáramos pola tarde os xardíns do Pazo da Marquesa e realizamos o fermoso Paseo Fluvial do Xubia. Todo esto está plamado nestes enlaces:

Rutas de sendeirismo: PASEO FLUVIAL DO RÍO XUBIA + S. SADURNIÑO

Rutas de sendeirismo: CASTELO DE NARAÍO+ SENDEIRO DO RÍO CASTRO+ FERVENZA DO RÍO CASTRO

Como nos encantou este concello e nos quedaba de facer a Ruta do río Aceiteiro, hoxe voltamos. Da vez primeira éramos 2 e hoxe fomos 6.

Esta é unha ruta fluvial ben fermosa, moi curtiña e moi fácil á beira do río Aceiteiro afluente do Xubia. A vexetación de ribeira é tan prolífica e tan mesta nalgúns lugares que a cámara de fotos pedía encender o flash.

Características:

Lonxitude: 5,800km

Dificultade: ningunha

Ruta lineal con sinalización mala ao principio e ao final.

Descripción:

A ruta está mal sinalizada no inicio. Se non se segue un track, pode ser dificil atopar o comenzo e no final ocorre o mesmo, non sabes se rematar onde están os últimos muíños ou continuar.

Eu graveina e deixo o track por se pode servir a alguén:

Empezamos por un ancho camiño de pedra durante uns 50 metros.


Deseguida chegamos ao 1º muíño e collemos á esquerda un sendeiro pegado ao río.


Esta é o 1º muíño, que está restaurado:

Xa camiñamos á beira do río Aceiteiro:

O Aceiteiro é un río estreito, afluente do Xubia

Atravesando pontellas:

A paisaxe que nos acompaña non pode ser máis fermosa.


Chegamos ao 2º muíño, este completamente abandonado:


E atopamos deseguida outro: o 3º, cuberto de uralita e que dá a sensación que non hai moito tempo que deixou de funcionar:


Chamounos a atención e encantaunos esta ponte tan rústica, aproveitando elementos naturais(Non hai que cruzala)


Crúzando unha de tantas pontiñas que hai:


O seguinte muíño, está totalmente en ruínas:


Unha rutiña ben doada e ben fermosa:


Unha ponte algo máis elaborada:


Agora alonxámonos do río por unha pista forestal durante uns 20 metros:

E temos que cruzar a ponte do tren:


Baixamos por outra pista forestal uns 50m. aprox. 
 
Ata chegar de novo á beira do río e atopar os últimos catro muíños nun entorno idílico:




Aquí remataría a ruta, aínda que como non hai sinal que o indique, seguimos uns metros máis.


Seguimos uns metros por este sendeiro sen sinales.

Ata que vimos que a paisaxe se abría a prados e casas próximas. Dende aquí demos a volta:

Unha ruta moi fermosa pero mal sinalizada sobre todo ao principio e ao final.

Aproveitando o día en S. Sadurniño e,a pesares de que había un mes que estivéramos, visitamos os lugares que algúns xa coñecíamos pero que sempre gusta volver a ver e ensinar aos demais e descubrimos ademais que neste pouco tempo fixeron cousas novas: un mural de 30m. á entrada da vila que é precioso e unha figura nova de madeira na Cortiña, onde está o Paseo Fluvial, que aínda que está inacabada xa di o fermosa que vai quedar.

Claustro do Convento do Rosario

Detalle do novo mural


Os xardíns do Pazo da Marquesa

Paseo fluvial do río Xubia

Enterándose da lenda do Pozo dos donceis

Admirando o espiño albar:


No arboreto ou xardín botánico. Foi creado a finais de 2009 co obxectivo de reproducir as 7 formacións boscosas máis representativas de Galicia. Situado na finca da Cortiña, dentro do paseo fluvial e ao carón da horta de froiteiras, do apiario e do Pazo da marquesa


A nova figura en madeira que aínda está sen rematar.

As figuras de Pinocho e do gardián dos bosques foron recentemente pintadas:

domingo, 22 de agosto de 2021

FRAGA DAS REIGADAS. RUTA HOMOLOGADA: PR-G 208 (A PONTENOVA- LUGO)

 Fixemos esta ruta cando o grupo estaba nos seus inicios e aínda non estaba homologada, si sinalizada polo concello, que agora consigueu a súa homologación. Daquela era inverno e as árbores estaban sen follas, se xa nos parecera moi fermosa, hoxe con todo o seu verdor estaba espectacular!!

A ruta que fixemos hai uns anos:

Rutas de sendeirismo: FRAGA DAS REIGADAS ( A PONTENOVA)

 Aínda que a ruta leva o nome de Fraga das Reigadas realmente atravesa dúas: esta e a de Vilarxuvín. Son dúas das fragas máis fermosas de Galicia, con castiñeiros, carballos, abelairas, amieiros, bidueiras, algún acivro...moitas veces camiñaremos á beira do río Reigadas e outras verémolo encaixonado aló embaixo.
Veremos os restos de dous muíños, duas fervenzas, moitas, moitísimas pontes ben rústicas, a ferraría de Bogo que tanta importancia tivo no pasado...
Esta ruta está dentro da área "Río Eo- Oscos- Terras de Burón" declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO no ano 2007.
Unha ruta que os amantes do sendeirismo non podemos perdernos!!

A ruta en Wikiloc

Características:

Lonxitude: 11,31km.

Dificultade: Media-baixa (ten baixadas importantes e algunha que outra costa)

Ruta lineal ben sinalizada

Descripción:

A ruta inicíase na aldea de Barreiros que pertence á parroquia de S. Pedro de Bogo. Situada a 800m. de altitude é unha pequena aldea que apenas chega aos 20 habitantes.

Aldea de Barreiros AQUÍ

Cando chegamos había néboa. Ás aldeas desta zona chámanlles "as aldeas da néboa" pola gran cantidade de veces que as cubre.

Aldea de Barreiros


Capela de Santa Sabela en Barreiros

Na capela deberemos coller á esquerda e deseguida atoparemos o panel indicador da ruta.

Empezamos a baixar:

OLLO!! Aquí seguimos de frente ao ver o camiño desbrozado e no ver ningún sinal de ruta. Hai que pillar á dereita!!


Deseguida aparecen os sinais e adentrámonos na fraga.


Dende que está homologada, a ruta conta con escaleiras e cordas para agarrarse:


Atopamos a 1ª ponte das moitas que imos cruzar.

Estamos inmersos en plena fraga e non pode gustarnos máis!!


Hai pontes de tódolos estilos pero todas elas moi rústicas:

Unha preciosidade de fraga:


E chegamos á 1ª fervenza: a do Pozo da Chamosa.
Fervenza do Pozo da Chamosa

Unha fermosa fonte: a de Paradela

Aquí vemos unha ouriceira. É unha construcción tradicional para gardar os ourizos das castañas no mesmo souto e así protexelas de animais como o xabaril. Teñen forma circular cunha entrada nun punto chamdo porteliña. No interior póñense os ourizos aínda sen abrir e cóbrense con follas de castiñeiros secas, de xeito que se poden conservar varios meses. Estas construcións fóronse abandonando debido a que as castañas aquí conservadas tiñan menos valor xa que se dicía que sabían a "ouriceira".
Ouriceira, chamadas noutros lugares corripas, uriceiras...

E chegamos ao muíño da seimeira, nun enclave moi fermoso:

Vemos a rudimentaria canle que traía a auga ao muíño.

A seimeira:

O río Reigadas


O río segue quedando á nosa dereita aínda que agora non o vemos. Agora iremos por este camiño costa arriba durante 600m. aprox.

Ata coller outra vez á dereita para baixar un sendeiro de 600m.

Que nos vai levar á Ferraría de Bogo, unha testemuña do tipo de instalacións siderúrxicas que precederon aos altos fornos do século XIX que transformaban o mineral de ferro en metal aproveitand a enerxía hidráulica.

Os inicios desta ferraría sitúanse no S. XVI pero desta antiga, non se conserva nada. A actual foi reconstruída no século XVIII e a súa actividade cesou no S. XIX por un incendio que só respetou as paredes e unha vivenda.
Na foto de abaixo vemos o perfecto estado no que se conserva a roda hidráulica de madeira que facía xirar ese tronco horizontal que a atravesa, chamado árbore de levas.
Roda hidráulica de madeira que facía xirar as aspas e así a árbore de levas.

No ano 1993 a Xunta De Galicia financiou a restauración desta ferraría como museo etnolóxico. 
 
A partires da ferraría camiñaremos por asfalto durante 1,5km aprox. 

Ata chegar ao Machuco, onde remataremos a nosa camiñata que oficialmente remata algo máis adiante, na aldea de A Hermida pero comentáronnos que eses 3km. aprox que quedaban non valían moito a pena.

No Machuco hai unha Casa de Turismo Rural: Casa Fidalgo moi prezada seica pola xente que quere decansar alonxándose de aglomeracións e buscando tamén a fermosura destas paisaxes que ten ao redor.


Información sobre a ferraría sacada de:Ferrería de Bogo | Patrimonio Mineiro (camaraminera.org)