venres, 30 de xullo de 2021

CASTELO DE NARAÍO+ SENDEIRO DO RÍO CASTRO+ FERVENZA DO RÍO CASTRO

 Hoxe fómonos ata S. Sadurniño para coñecer este concello da provincia da Coruña que pertence á comarca de Ferrol.

S. Sadurniño exténdese polo val do río Xubia. Ten unha parte montañosa no estreito val do río Castro e na Serra de Forgoselo. Este concello está formado por 7 parroquias e ten ao redor de 3000 habitantes. 

Imos plasmar o que hoxe visitamos en S. sadurniño:

CASTELO DE NARAÍO.

O Castelo de Naraío son os restos dun castelo medieval que sempre se datou no S. XIV pero recentes estudos ubícano no S. XII. Situado na parroquia de Naraío, dende 1994 está considerado Ben de Interese Cultural.

É moi doado chegar a este lugar dende a autovía AG-64 Vilalba- Ferrol xa que se atopa moi preto dela.

Castelo de Naraío

Este castelo atópase nun lugar privilexiado, ás beiras do río Castro. A natureza é xenerosa xa que medran árbores e plantas en cada rincón.

Subida ao Castelo

Hai moitas conxeturas sobre quen mandou erguer este castelo. Realmente non se sabe pero dise que pertenceu á familia Piñeiro, que logo lles sería arrebatado polo rei Pedro I para Fernando Pérez de Andrade "O Boo" polos servizos prestados. Foi escenario das Revoltas Iramandiñas e co paso dos séculos pasou á Casa de Alba a quen hoxe pertence, pero está cedido á Xunta de Galicia por 30 anos.

Na foto de abaixo vemos a 1ª porta de entrada:



O castelo foi abandonado no S. XVII e as súas pedras serviron durante séculos para a contrucción das casas da zona cando o Patrimonio por desgraza non era valorado.

Despois da 1ª porta, temos a 2ª na que se pode apreciar aínda o escudo dos Andrade:

O castelo está situado derriba dun inacesible rochedo.

Restos do castelo: ventana, porta e muros

Adosado á torre puxeron unhas escaleiras metálicas que nos permiten vela por dentro e subir ao máis alto do castelo:

Dende o alto,as vistas son extraordinarias:

A situación, o enclave, a fermosura de toda esta zona fan que este castelo sexa un dos mellores exemplos de arquitectura defensiva medieval.

Estas son as escaleiras que nos permiten acceder dentro e ao máis alto do castelo:

Ao rematar a visita ao castelo, realizamos unha pequena ruta de sendeirismo:

SENDEIRO DO RÍO CASTRO

Esta ruta que parte do mesmo castelo de Naraío vai sempre ás beiras do río Castro e amósanos unha tupida vexetación de ribeira con árbores autóctonas de todo tipo. Coincide todo o percorrido coa ruta de 12km. que vai dende o castelo de Naraío ata o castelo de Moeche. A ruta que nós fixemos remata na área recreativa do Pozo de Lamas.

A ruta en WIKILOC

Características:
 Lonxitude: 6,2 km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal perfectamente sinalizada.

Descripción:

Partimos pois do castelo onde a ruta está sinalizada perfectamente. 

Nuns poucos metros chegamos á área recreativa do castelo:

Camiñamos sempre pegados ao río Castro:

Agora o río queda aló embaixo:

Cruzamos esta estrada local:

A ruta está perfectamente sinalizada:

Atopamos este muíño en ruínas:

A ruta depáranos rincóns idílicos:

E chegamos á area recreativa de Pozo de Lamas, fin do noso percorrido.


Agora só queda dar a volta. Ao chegar outra vez ao Castelo, collemos uns metros por este camiño que non ten saída pero que nos parece ben fermoso:

Eu levaba a referencia de que había unha cascada chamada "a cascada do río Castro" moi cerca do castelo. Como na ruta de sendeirismo que acabamos de facer non estaba pregunteime onde estaría e...atopeina!!
Non está sinalizada en ningún sitio pero é moi fácil de atopar: dende o lugar onde se deixan os coches, hai que pillar un camiño que vai á dereita e que logo se convirte nunha estreita baixada con escaleiras (nesta ocasión con moita maleza, facíalle moita falta un desbroce) empecei a oir a auga e deseguida se chega á fervenza (uns 150m. aprox.)

A baixada tren moito desnivel e estaba así, case non se ven as escaleiras:


O mellor para darse unha idea de como é esta fervenza e vela neste vídeo que gravei:








domingo, 25 de xullo de 2021

SENDA COSTEIRA DE XOVE. TRAMO PORTOCELO- PRAIA DE ESTEIRO

 Continuamos co seguinte tramo da Senda costeira de Xove que iniciamos a pasada fin de semana:Rutas de sendeirismo: SENDA COSTEIRA DE XOVE (XOVE-LUGO)

Hoxe partimos do porto de Portocelo e rematamos na praia de Esteiro. Oficialmente, esta ruta remata algo máis adiante, cocretamente na Praia de Portonovo, pero nós démola aquí por rematada e percorreremos ese tramo cando fagamos outro do Camiño Natural do Cantábrico que pasa tamén por aí.

Califico de moderada esta ruta polas subidas que ten que son de certa dureza para algunhas persoas, pero esto sempre é subxectivo e depende da forma física e características de cada un.

A costa de Xove é ben fermosa e hai que felicitar ao concello por poñela en valor con esta ruta tan ben sinalizada e acondicionada.

Características:

Lonxitude: 10km.

Dificultade: Media ou moderada.

Ruta lineal perfectamente sinalizada.

A ruta en Wikiloc

Descripción:

Partimos do porto de Portocelo que o outro día vimos dende o lado da praia. Hoxe pasamos ao pé del:

Porto de Portocelo coa praia ao fondo

Empezamos camiñando pegados ao Cantábrico:

E deseguida chegamos á Ruínas de S. Tirso. Aquí houbo un mosteiro que se edificou sobre un castro anterior. En setembro de 2018 empezaron as excavacións que permitiron atopar unha necrópole altomedieval con 5 tumbas. Esta necrópole podería estar relacionada co mosteiro anterior. Tamén descubriron casas castrexas de hai 2000 anos. O Castro está tapado temporalmente ata unha nova fase de excavación.

Ruínas de S. Tirso

Ruínas de S. Tirso

Continuamos á beira do mar. O camiño está moi ben acondicionado:

Vemos a Illa do Sal en 1º termo e ao lonxe, Illa de Sarón:
Illa do Sal

Despois dunha breve pero intensa subida, chegamos ao Miradoiro de Nacente e dende aquí vemos o camiño percorrido, as ruínas de S Tirso, a enseada de Portocelo e moi ao lonxe o Alto do Cruceiro:

Polo outro lado, vemos o Faro de Roncadoira:

A subida continúa e chegamos a Pena Sombreireira. Un nome moi acaecido xa que aquí se resgardaban os rapaces de Vilachá cando gardaban as vacas e  ía mal tempo. A pena está debidamente identificada cunha placa que explica a historia acompañada dun fermoso e coñecido poema de Manuel Mª.

Imaxe que podemos contemplar dende o camiño que levamos. O faro aló ao fondo e os cantís en caída vertical sobre o Cantábrico.
O faro de Punta Roncadoira, da que toma o nome foi construido na década dos oitenta. Empezou a alumear no 1984. Mide 94 m. A súa construcción foi necesaria polo alto nº de naufraxios que había nesta costa.

O máis cerca que podemos ver o faro sen achegarnos a el. Para facelo hai que baixar uns 100m e logo volver subir para continuar a ruta:
Faro Roncadoira

Chegamos ao Miradoiro de Poñente, moi preto do anterior. Vemos ao lonxe a illa Coelleira e a Punta de Estaca de Bares:

Ao fondo, a aldea de Vilachá. Estamos no cume do Monte Castelo, un lugar con moitas rochas que ao parecer semellan animais. Nós buscamos algún pero non os vimos...

 Ao igual ca no miradoiro anterior tamén hai un banco dende o que se poden desfrutar magníficas postas de sol:
Banco de Poñente

Agora baixamos e cruzamos un pequeno monte:


Para chegar á Praia do Coído:
Praia do Coído

A partires da praia anterior iniciamos unha forte subida que nos deixa estas vistas do camiño percorrido:

A subida é para chegar ao Pico do Coído dende o que vemos Punta Roncadoira:



O camiño é ancho. Imos frente á Estaca de Bares:


 Mirando atrás, vemos os cantís  rochosos e abruptos que conforman esta costa:

Punta da Mansa

Vemos os illotes Os Netos.
Illotes Os Netos


E empezamos outra subida pero moi curta e de menor intensidade que nos leva ao Miradoiro de Antimil dende o que observamos moito ao lonxe, a praia de Esteiro que será o noso punto final.

Dende o miradoiro anterior, vemos a Punta da Mansa, á que teremos que chegar.

Baixando ata Punta da Mansa:

A partires da Punta anterior imos por un ancho camiño de grava:

Imos contemplando a Enseada da Regodola e vemos de frente a pista forestal pola que logo iremos:



A enseada da Regodola vista dende o outro lado:

Imos uns metros polo medio dun monte:

Que nos leva á enseada e coído de Meitón:



A seguinte é a praia de Muiñelo. Unha praia pequena que en marea chea queda sen areal: É estaional porque cando hai grandes temporais, arrrastran a area. É moi rica a paisaxe submarina desta praia.
Praia de Muiñelo

Despois de ir pola estrada uns 700m. xa divisamos a Praia de Esteiro:


Que conta cun chiringuito enriba da praia. Tamén conta con duchas, aseos, socorrista...

Esta praia é considerada polos surfistas como unha das mellores para a practica deste deporte:
Praia de Esteiro