sábado, 18 de setembro de 2021

MADEIRA (5º DÍA)

 As 7.15  coma tódolos días soou o tfno do hotel. Hoxe temos xornada de todo o día polo que comeremos fóra do hotel.

Ímonos a visitar a costa oeste que promete grandiosas paisaxes con miradoiros en lugares espectaculares rodeados de montañas.

Subimos primeiro por unha estrada con moitísimas curvas(non hai que esquecer que Madeira é unha illa moi accidentada, con moita montaña) para chegar ao Pico Arieiro, a 1810 m. o 3º máis alto da illa despois do Pico das Torres e do máis alto de todos: o Pico Ruivo.

Ao ir subindo fomos vendo como cambiaba a paisaxe dando lugar ao monte baixo de brezos e rochas desnudas.

Ao chegar, había un mar de nubes debaixo de nós. Unha paisaxe espectacular!!

Aquí vemos a senda que leva ao pico máis alto da illa, o Pico Ruivo e que pasa tamén por polo 2º Pico máis alto: o Pico das Torres.

Se ata Pico Arieiro chega o coche, para ir aos outros dous hai que ir andando por unha ruta de sendeirismo que podemos iniciar aquí mesmo, por esa senda onde se ve a xente.

Aínda que só hai 7km. é unha ruta moi esixente, con moitísimas escaleiras; pero seica vale a pena polas vistas que se pode ir contemplando, pola grandiosidade da paisaxe.


Sucesión de serras e inmensos precipicios...Como impresiona!!

Despois baixamos ata Ribeiro Frío, un lugar rodeado de bosques que é a encrucillada de varias rutas de sendeirismo tan populares en Madeira e das que falarei na próxima entrada.
Un ecosistema moi ligado a Madeira e que foi declarado pola UNESCO Patrimonio Mundial Natural é o bosque de Laurisilva. O nome vén do latín laurus(loureiro) e silva(bosque). É un bosque húmido subtropical que ocupa unha parte importante da illa (o 20% aprx) estando moi ben conservado e un dos hábitats naturais con máis diversidade de plantas por m2, na súa maioría formada por loureiros e a familia destes.
Este bosque, formado hai millóns de anos, só sobreviveu nalgunhas rexións insulares xa que os cambios climáticos ao longo da historia fixeron que mermara moito e incluso desapareceu en moitas zonas mediterráneas. Onde mellor sobreviviu este bosque foi na illa de Madeira. Este bosque posee tamén unha fauna moi rica e especies endémicas.
O bosque de laurisilva ten un papel moi importante na loita contra a erosión e no mantemento dos caudais dor ríos porque a parte que ocupa este bosque acostuma a estar cuberto pola néboa que queda retida nas follas da vexetación, condensándose despois e transformándose en auga que se filtra e acumula abastecendo aos ríos.

Ribeiro Frío e a súa exuberante vexetación.

 Dende Ribeiro Frío parten varias levadas (rutas de sendeirismo). Nós empezamos a camiñar uns metros pola "levada do Furado" que empeza aquí, en R. Frío.
Esta é unha das levadas máis antigas de Madeira

Poidemos aprezar xa no comenzo da ruta que é moi fermosa. É unha ruta moi prezada polo bosque de laurisilva que ten, flores como a rarísima orquídea de madeira, polas vistas sobre as montañas, polas fervenzas e tuneis que ten...
Esta é unha ruta lineal de 11km.


A continuación fomos a Porto da Cruz (non estaba no programa xa que o previsto era visitar un taller de obras feitas en vimbio en Camacha pero ao estar pechado, cambiaron os plans)
A Penha da Águia ten 580m. de altitude

En Porto da Cruz demos un pequeno paseo ao redor da vila, a carón do mar, polo Paseo do Larano.

Praia de Alagoa é un complexo moderno inaugurado en 2004 que consisteu en mellorar a praia existente de area negra e construir dúas piscinas(unha para nenos e outra para adultos) con acceso directo ao mar.

Despois fómonos a Santana onde tíñamos o xantar, no restaurante "Quinta do Furao". Un lugar moi fermoso cunhas vistas incribles sobre os acantilados dende a terraza, que foi onde nós tocou comer a algúns.
Vistas dende a terraza onde comemos

Entorno do restaurante
E despois de comer fomos visitar o máis emblemático de Santana: as súas casiñas ou palhoças, vestixios dun pasado no que as casas eran así por toda a illa.
Santana forma parte da Reserva Mundial da Biosfera dende 2011 pola boa relación do home co seu entorno. Ademais das famosas casiñas, posee unha gran riqueza natural: especies endémicas, ecosistemas mariños e costeiros, bosques de laurisilva...
Aínda que son pequenas, por dentro son máis amplas do que parecen.

Os teitos son de palla e as pinturas en blanco, vermello e azul chaman a atención pola súa vistosidade. Actualmente hai unhas 120 casiñas por todo este concello, algunhas aínda habitadas.
Estas casas son un dos maiores atractivos turísticos de Santana

A continuación e para rematar fómonos á Punta de S. Lourenzo. A paisaxe é totalmente distinta ao visto ata o de agora: é seca e árida, case sempre hai algo de vento. Unha espectacular e soprentente paisaxe salpicada de rochas e cantís de gran tamaño. Esta punta é realmente unha península de cor amarela na que apenas sobreviven plantas. É, dende 1996, unha zona protexida  facendo fincapé na conservación de plantas e paxaros pouco comúns e é un lugar onde vive tamén a foca monxe, animal simbólico en Madeira
Península de S. Lourenzo

Dende a Punta de S. Lourenzo podemos divisar Porto Santo, a outra illa habitada do arquipélago.

Recursos dixitais:




xoves, 16 de setembro de 2021

MADEIRA (4º DÍA)

 O 4º día de estancia na illa presentábase moi atractivo: estaba programada unha excursión en barco pola costa sur de Madeira.

O barco era unha nao, réplica da de Colón, e chámase Santa Mª. Íamos coa expectativa de ver golfiños e bañarnos en alta mar como dicía o programa e cumpriuse o programado!!

Nao Santa María na  que viaxamos

Imos deixando atrás Funchal:

E vimos golfiños!!! O barco apagou motores e eles achegábanse:


Tamén nos poidemos bañar en alta mar. A auga nesta zona do Atlántico, ao revés do que sucede nas costas galegas bañadas por este océano, é moi cálida (sobre 24º) co que dá gusto bañarse aquí.

O barco parou para o baño cerca de Cabo Girao.
Podemos apreciar as Xavelhas ou terras de labor na parte baixa do acantilado

Na foto seguinte podmos apreciar a popa do barco e Cabo Girao.

Ao voltar a terra, o barco foi navegando máis preto da costa e poidemos contemplar Cámara de Lobos dende outra perspectiva:
Cámara de Lobos

E vimos o noso hotel "Alto Lido"

Aquí vemos a Punta de S. Lourenzo que ten enfrente a illa de Porto Santo, a uns 40 km. Esta illa é lugar de veraneo para os madeirenses que poden costealo xa que nos comentou a guía que era algo caro debido á forte demanda que había. Nesta illa hai unha praia de area branca de 7 km. de lonxitude.

Despois da inesquecible viaxe en barco, fomos comer ao hotel e pola tarde tivemos tarde libre que algúns aproveitamos para desfrutar da piscina do hotel e despois ir pasear polo paseo marítimo cara a Funchal.
As praias de Madeira, ao ser unha illa de caracter volcánico, son de  pedras e area negra  exceptuando a de Calheta que é de area branca xa que é artificial (moi concurrida e apreciada esta praia) e a da veciña illa de Porto Santo, unha praia de 7 km. de area branca e augas turquesa.
En Funchal, teñen que conformarse con praias de area e rochas negras pero, eso sí, aproveitan calquera recuncho para poder darse un baño e tomar o sol e, aparte das fermosas piscinas naturais, vemos xente tomando o sol no cemento e con varios puntos de acceso para poder bañarse no océano.
Eu tamén me bañei aí!!!



Imos polo precioso paseo marítimo

Vendo outras piscinas

A vexetación é xenerosa con esta illa e así aparecen moitas rúas:

Nos xardíns do Hotel Casino Park Resort, atopamos a estatua da emperatriz austríaca, Isabel de Baviera. popularmente coñecida como Sissi debido a que pasou algún tempo en Madeira a causa da enfermidade que sufría e os médicos recoméndaronlle o clima da illa.

No noso paseo chegamos ao Parque de Santa Catarina de 36.000m2 e que ofrece unhas fermosas vistas da baía de Funchal co seu porto deportivo


O parque ten unha fermosa lagoa onde nadaban varios cisnes:







mércores, 15 de setembro de 2021

MADEIRA (3º DÍA)

 Nada máis despertar, Xaime mandábanos o estado do tempo que íamos ter ese día. Un clima fabuloso: sol practicamente tódolos días e temperaturas moderadas que nunca pasaban dos 30º e non baixaban dos 21º nin de noite.
Íamos ter un fabuloso día 

Hoxe tocaba ir a Porto Moniz e ás 9:00 saiu o bus para achegarnos aló, parando de camiño en tres miradoiros espectaculares, sobre todo o de Cabo Girao.

Non me deixou indifirente esta estatua que vimos ao pasar e que representa a un anxo construído polo escultor madeirense Ricardo Velasco e inaugurada no 2004. É unha homenaxe aos que perderon a vida traballando no sector da construcción civil e obras públicas como pontes, túneis, estradas...que fixeron máis doada a vida na illa.

Impresiona moito polo grande que é e particularmente a mín non me gusta: dá medo e recórdame a un aforcado.

Outra vista subindo no bus, á dereita, vemos o Cabo Girao a onde chegaremos despois.

O 1º miradoiro no que paramos foi o de Pico da Torre ou Pico da Cruz a 936m. de altura ofrece unhas inmellorables vistas de Cámara de Lobos, onde estiveramos o 1º día.

Nos arredores de Cámara de Lobos, vemos plantacións de vides e plátanos.

Traballadores recollendo plátanos. Sempre se recolectan verdes.


Cabo Girâo está situado ao sur de Madeira. É un acantilado moi elevado e un miradoiro con moita afluencia de xente dende que no 2012 se instalou unha plataforma de vidro que podemos pisar tendo debaixo, a moita altura, o mar e os cantís.

Ao pé dos cantís existen unhas terras cultivadas chamadas Fajâs de Cabo Girâo ás que só se podía acceder por mar ata a construción dun teleférico no 2003.
Cabo Girâo é un dos cantís máis altos de Europa




Despois de visitar Cabo Girâo, logo chegamos a Ribeira Brava, vila situada tamén na parte sur da illa e que ten cerca de 14.000 habitantes. a súa principal actividade é a agricultura co cultivo de boniatos, xudías, viño e outros froitos.

Destacar a fermosa igrexa do S. XV dedicada a S. Benito, patrón da vila.
A mín tamén me gustou a praia, moi reollida e onde apetecía un montón bañarse!!!

Igrexa de S.Benito

Imaxe de Ribeira Brava

Praia de Ribeira Brava

A seguinte parada, a máis longa xa que aí comemos e depois dispoñemos de tempo libre foi en Porto Moniz. Na seguinte foto podemos ver as innumerables curvas que hai que sortear para chegar á vila, aló embaixo:

Con case 3000 habitantes, Porto Moniz é unha fermosa localidade costeira, antiguo enclave baleeiro. É moi famosa esta localidade polas súas piscinas naturais onde puiden por fin bañarme e desfrutar das cálidas augas desta zona do Atlántico.


Comemos no restaurante "Cachalote" que queda entre as piscinas naturais. Un lugar máxico!!

Á dereita da imaxe, o restaurante Cachalote onde xantamos.

De volta para o hotel no autobús, fomos vendo ao pasar, poblacións como Ponta do Sol e Calheta



Fontes de información:
- Guía do grupo