domingo, 4 de abril de 2021

CAMIÑO VELLO DE ALDOSENDE PR-G 249 PARADELA- LUGO

 Hoxe descubrimos unha ruta que vai ser dificil de superar en beleza, na Ribeira Sacra lucense con varios miradoiros cara o Miño, un desfiladeiro entre rochas e vexetación que pon a adrenalina a tope, a igrexa de S. Facundo de Ribas do Miño, Monumento Nacional e 1º Premio de Arquitectos de Galicia pola súa restauración, vimos as terrazas cos viñedos, bosques autóctonos...

A ruta está trazada sobre o antigo camiño a Aldosende (Paradela) e atravesa zonas verdadeiramente espectaculares, illadas da civilación e onde só se escoita o canto dos paxaros e por veces o murmurio da auga.

Estamos no concello de Paradela, situado ao suroeste de Lugo e a Ribeira Sacra está presente neste concello nas parroquias de Aldosende, S. Facundo do Miño e Loio con unha inmensa riqueza paisaxística e natural.

Outra ruta de sendeirismo neste concello e que nós realizamos xa hai anos é a Ruta do Loio que podes ver AQUÍ

Situación de Paradela nun mapa da provincia de Lugo:



Características da ruta:

Lonxitude: 12,9 km.

Dificultade: Moderada

Ruta lineal perfectamente sinalizada.

NOTA: Eu aconsello facer a ruta empezando en Santiago de Aldosende e non ao revés porque penso que resulta máis fácil debido a que así baixamos  o desfiladeiro que doutro xeito resultará unha agotadora subida.

A ruta en WIKILOC:

Empezamos pois a ruta en Aldosende. A ubicación desta aldea, AQUÍ

Esta é a igrexa de Santiago de Aldosende:

Unha rúa da aldea:

O panel que indica o inicio da ruta:


Edificios de Aldosende:

Non hai nada mellor para enterarse ben das características da zona na que estamos que escoitar aos veciños:



A ruta trancorre ao primeiro por un antigo camiño de carro:

Deseguida vemos xa o Miño aló embaixo:

A espectacularidade da ruta!

O miradoiro de Aldosende:

Vistas espectaculares:

A partires de aquí empezaremos a baixar:


Polo desfiladeiro de Bacelo que é impresionante pero está protexido con cordas para agarrarse:



É dunha fermosura abraiante!

A maioría deste tramo é en baixada . Só hai estas escaleiras que suben.
 
Vistas do outro lado do Miño coas características terrazas vinícolas :

Atravesamos unha viña:


E chegamos embaixo, ao pé do Miño:

Estamos no Miradoiro da Volta do Castelo.Tódolos Miradoiros están nas partes altas pero este está á beira do río, nun lugar que invita a unha parada para contemplar tanta paz e beleza:

A ruta continúa agora durante uns 3km. sempre pegada ao río por un camiño ancho, moi doado de andar e precioso!



Non falta de nada nesta ruta, por exemplo abundan árbores autóctonas:

Aquí, quen esteña enfermo ou enferma, cúrase. O río Miño aparece aquí xa encorado porque estamos moi preto do encoro de Belesar.

E chegamos a un lugar cunha gran riqueza patrimonial e alonxado de todo: a igrexa de S. Facundo de Ribas do Miño.
Din en Patrimoniogalego.net:

"O conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, de estilo cisterciense, transición románico a gótico, foi declarado monumento de interese nacional no ano 1982. Recibe en 1998 o Primeiro Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia como mellor proxecto de restauración realizado na Comunidade Autónoma. Con este galardón recoñecese o carácter orixinal da actuación realizada, en base a un proxecto dos arquitectos Alberte González Rodríguez e Jorge Salvador Fernández.
Sendo a arquitectura notable, mais o é o entorno: rodeado de viñedos que baixan polas ladeiras do Monte da Trapa ata o río Miño, con embarcadoiro para o catamarán. Afirma D. Ricardo López que a bóveda da igrexa de San Facundo de Ribas de Miño é a primeira manifestación do estilo gótico na Península Ibérica; está constituída por seis robustos arcos de pedra, que converxen nunha clave colocada a solo 5,30 m de altura.
San Facundo é fundado en torno ó ano 1120 e nace coa vocación de acoller ós peregrinos que viaxaban a Santiago. En 1116 Dona Urraca, raíña de León e Castela, nun dos seus temperamentais arrebatos decide cortarlle a fonte de ingresos que supoñían os peregrinos ó Arcebispo Xelmírez e derruba a ponte de Portomarín sobre o río Miño, camiño francés a Compostela. Os monxes beneditinos, entón, instálanse onde o Miño amansa a corrente para cruzar en barcas ós peregrinos, fundando o mosteiro en torno a 1120. Neste ano, Pedro o peregrino volve a levantar a ponte de Portomarín, converténdose así San Facundo no refuxio de aqueles viaxeiros que non podían pagar o pontazgo de Portomarín e que pasaban a noite na igrexa...."


Ao pé desta igrexa existe un pequeno cemiterio que é o único de Galicia que ten tódalas súas lápidas en galego

Este é un moi bo lugar para comer:
A igrexa atópase nun entorno privilexiado, no medio dunha fraga, moi cerca do Miño e rodeado de viñedos:

Agora comenzamos unha pequena subida ata a carretera

Que nuns 20 m. nos conduce á Adega dos Penedos:


A Adega dos Penedos como seu nome indica foi unha adega sitúada nun alto, rodeada de penedos e cunhas vistas exelentes sobre o Miño e que conserva moitos elementos de tempos pasados da xente que alí vivíu. Non só había unha adega se non que alí vivía toda unha familia como o demostra os edificios e elementos que neles se atopan:


Panorámica que se desfruta dende a Adega dos Penedos:

Restos do que sería a cociña. 
 A adega:

Seguimos o noso camiño que non pode ser máis fermoso:

Cos carballos empezando a agromar:

Chegamos á estrada pola que iremos uns 100m :

Ata chegar ao Miradoiro de Santa Marta:

Dende este miradoiro, vemos aló moi ao lonxe, a aldea de Santa Marta. Pasaremos moi pretiño dela dentro de pouco:

Agora imos entre piñeiros :


Volvemos chegar preto do río e vemos as vides ao pé:

Santa Marta é unha aldea da parroquia de Ribas do Miño, dentro do concello de Paradela

Recóndita e pequeniña aldea pegada ao río Miño:

Encaramos agora unha última subida de 850m. cara ao miradoiro de Cabodevila onde remata esta fermosa ruta:


Chegamos á estrada pola que iremos durante 500m. aprox. ata o final:

 Este miradoiro atópase nun lugar privilexiado dende o que podemos contemplar á esquerda o Castro da Virxe, de frente, a vila de Portomarín que nos anos 60 foi asolagado para construir o encoro de Belesar; á dereita vemos terras do concello de Paradela.

Aquí, no Miradoiro de Cabodevila remata esta fermosísima ruta que recomendo a todo o mundo!

domingo, 21 de marzo de 2021

RUTA DO RÍO TRIMAZ (XERMADE- LUGO)

 Hoxe realizamos unha das rutas máis fermosas da provincia de Lugo: a Ruta do río Trimaz é unha ruta espectacular que percorre a beira do río durante uns 7km. acompañado de árbores autóctonas , pasa por frondosas fragas e á beira do rego dos Caxigás. Ao longo do seu percorrido veremos tamén muíños e aceas, pasaremos tamén por paisaxes abertas  que nos permiten desfrutar de vistas panorámicas. Unha ruta para non perder se amas o sendeirismo!!

Características:

Lonxitude: 15km.

Dificultade: fácil

Ruta circular perfectamente sinalizada.

Powered by Wikiloc

Descripción:

A ruta parte dende O Chao na parroquia de Cabreiros, dentro do concello de Xermade.

O punto exacto do inicio de ruta AQUÍ

Partimos dende a Musealización da antiga igrexa parroquial de Santa Mariña de Cabreiros da que se conservan estes arcos:


E algunha pedra:


Imos por esta carretera uns metros:

Ata atoparnos deseguida co Río Trimaz:


Atoparemos varias pontes de madeira, algunhas recentemente reparadas:

Bancos rústicos:

Atopamos unha ruta moi coidada:

E chegamos á ponte de Isabel II, construída en tempos desta raíña:


Cruzamos a carretera:


E pasamos por debaixo da autovía Vilalba- Ferrol:

Chegamos deseguida á Acea da Madeira que hoxe está fermosamente restaurada e cun 

arredores preciosos moi coidados:






Seguimos ás beiras dun río humanizado con cancelas para que non escape o gando que 

sempre deberemos pechar:


Con presas coma esta de Feal:

Con pontes:


E aquí podemos elexir entre facer a ruta máis curta (Coller á dereita e quédan 7,20 ao inicio 

o que farían un total de case 11 km aprox. ou ben seguir de frente e quedan 10,90 ata o inicio o que 

fai un total de case 15km.) Nós escollemos a ruta longa porque nos queda moito que ver e 

moi fermoso.


A presa dos Carregás:

Entre a moita vexetación autóctona, agora aparecen os acivros:



E deixamos o río Trimaz en Ponte Baxín:

Imos só uns metros por asfalto:


Vemos aldeas abandonadas, coma esta de Penachaíña:

Para deseguida internarnos na Fraga de Penachaíña



E chegar de novo ao lugar da bifurcación onde se podía optar pola ruta longa ou curta:




Atopamos agora o Rego dos Caxigás e camiñaremos un bo treito á súa beira pola nosa 

esquerda e á dereita inmersos nun fermoso bosque:



Chegamos ao Muíño do Ferreiro que foi moi importante na zona:


E seguimos polo Rego dos Caxigás imaxinando o fermoso desta fraga que ten ás beiras noutras estacións do ano:




Deixamos o Rego dos Caxigás para encarar unha pequena subida de uns 300 por un monte 


ata desembocar na Fraga da Carballosa que atravesamos:


E chegamos a outro barrio da parroquia de Cabreiros, onde a paisaxe se nos abre:

Despois duns metros por asfalto, deseguida torcemos á dereita para cruzar o Monte do Espiño:



Ao lonxe podemos ver as chimineas das Pontes:


 Empezamos a baixar esta pista 



Pasamos por debaixo da autovía

E imos chegando ao barrio de O Chao:

Xa vemos os arcos da vella igrexa. Chegamos ao punto de saída: