luns, 31 de outubro de 2022

PASARELAS DO RÍO MAO. (RUTA CIRCULAR) PARADA DE SIL (OURENSE)

Parada de Sil é un pequeno concello de Ourense que ten ao redor de 600 habitantes e que forma parte da Ribeira Sacra.

Os ríos Miño e Sil forman a Ribeira Sacra con paisaxes impoñentes como os Cañóns do Sil que son navegables, cunha das maiores concentración de mosteiros e igrexas medievais, con vides iniciadas polos monxes dos mosteiros creando unha cultura do viño que actualmente está máis viva ca nunca coa Denominación de Orixe Ribeira Sacra, nunhas viñas con ladeiras tan inclinadas que requiren gran esforzo no seu cultivo.

Pois hoxe fomos a estas terras. Na Ribeira Sacra xa temos feitas varias rutas, todas elas espectaculares. A de hoxe non o é menos.

Características: 

Lonxitude: 7km.

Dificultade: media, sobre todo pola última baixada de gran desnivel por carreiros naturais.

Ruta sinalizadad de maneira regular que fai necesario o uso dun track . Eu deixo o meu en WIKILOC

A miña valoración desta ruta: 🔆🔆🔆🔆🔆

 Descripción:

O comenzo oficial da ruta é onde está o albergue de A Fábrica da Luz e aí empezamos. Xa vimos ao chegar que debido á inmensa afluencia de coches que había que nos íamos atopar con moita xente e así foi pero só nas pasarelas.

A Fábrica da Luz é unha das primeiras infraestructuras hidroeléctricas construidas en Galicia. No S. XX (1914) foi construída “A canle vella” para canalizar a agua procedente do Río Mao e descargala na coñecida como A Fábrica da Luz. Foi algo moi importante a nivel tecnolóxico, social e  arquitectónico na zona que suministrou electridade a toda esa zona da Ribeira Sacra e a súa construcción deu traballo a numerosos veciños da zona. Estivo en funcionamento ata ben entrado o S. XX cando se construeu a "canle nova" que descarga directamente no Sil.

No ano 2011, o concello de Parada de Sil recuperou este patrimonio industrial para convertilo nun lugar de ocio e formación.

Albergue A Fábrica da Luz, de onde parte esta ruta.

O camiño que imos percorrer nun principio sobre a pasarela de madeira chámase de xeito oficial "Circuito de Naturaleza de la Pasarela del Río Mao" cunha distancia de 1,8 km.

A vexetación é moi variada.
 

Podemos ver unha vexetación cambiante e moi variada xa que xunto á vexetación típica de ribeira como salgueiros, ameneiros...breixos e xestas en zonas algo máis altas tamén atopamos especies de clima mediterráneo como aciñeiras, érbedos...

A pasarela foi construida en 2011

Hai tamén ao longo do percorrido xogos interactivos que están ben para os máis pequenos. Eso sí, hai un panel onde di que "a tranquilidade da zona serve de refuxio pra a fauna" e nomea un montón de animais que viven por aí. Será ben difícil ver algún coa cantidade de xente que hai!


Case ao final da pasarela hai un miradoiro dende o que temos estas vistas da pasarela pola que acabamos de pasar. Se miramos noutra dirección veremos o canón que forma o río.


Se chove ou xea a pasarela convírtese nunha pista de patinaxe. Hoxe precisamente había zonas que estaba moi húmidas e vimos caer a varias persoas. Ao baixar as escaleiras da imaxe remata a pasarela.
Dende aquí temos a opción de dar a volta pola pasarela para ir ao punto de inicio (o que facía a maioría da xente) ou ben continuar a ruta homologada PR-G 177 duns 17 km. e que seguiremos en parte. Nós fixemos unha intermedia, de 7 km. que é a que estou a comentar.

Rematada a pasarela ao baixar as escaleiras, torcemos á esquerda pola beira do Mao. Este río nace na Serra de S. Mamede e é un dos afluentes do Sil. Tamén é coñecido na zona como "río Vello". Ata esta zona o río chega marmurador, de xeito precipitado.

 

Agora o Mao forma un tranquilo remanso semellando un lago, xa cerca da desembocadura.

 

 Este sendeiro fluvial une a "Fábrica da Luz" co camiño a Barxacava que logo atoparemos.

Agora o camiño alónxase do río para subir á aldea de Barxacova.


 O sendeiro estreitase e pasamos diante dunhas casas abandonadas e case en ruínas.
 Un fermoso e antigo sendeiro:

Ao pouco xa vemos nun alto, Barxacova. Aquí foi onde se nos presentou a 1ª dúbida de por onde tíñamos que continuar. Ao chegar á parte alta da aldea, hai varios sinais e confunden, non están claros, así que nós fixemos caso ao track que seguimos porque eu fiábame máis...

Barxacova

Nesta pequenísima aldea de antigos corredores, non vimos a ninguén pero sí que hai algún habitante xa que vimos roupa tendida a secar e había galiñas... Chegamos á parte máis alta da aldea e pillamos á dereita deixando momentaneamente a PR-G177.

Barxacova
Deseguida chegamos a un miradoiro natural moi fermoso onde vemos agora como o río Mao (que vén pola dereita) se xunta co Sil

Fixándese moito, na parte dereita da foto, vemos o Mao desembocando no Sil

Un catamarán surcando os Sil nunha das rutas turísticas que hai.
  Empezamos a ascender entre vides cunhas marabillosas vistas:
 
A pista é ancha e o desnivel é pouco. Eso sí, se a ruta se fai en verán haberá que ter coidado porque pega forte o sol e esta subida non ten sombra.

Na foto de abaixo vemos Cristosende, unha aldea que forma parte de A Teixeira, outro concello ourensá pertencente tamén á Ribeira Sacra. 


Desembocamos na estrada OU0605 e deseguida pillamos á esquerda como nos indicn os sinais.
 
Pasamos as últimas casas da aldea de O Pombar
O Pombar
 Continumos por un fermoso sendeiro ao pé de vides e con fabulosas vistas:


Despedímonos do Sil por agora.
 
Agora o ascendo é máis acusado, o desnivel é maior.

Cruzamos a estrada e ascendemos pola escaleira metálica:

E continumos por un sendeiro igual ao que traiamos, semella que a estrada o parteu pola metade e de seguro que así foi:

Chegamos de novo a estrada OU0605 que nos devolve unhas fermosas panorámicas sobre o Sil. 

 Imos uns 500m. por estrada. Estamos chegando a S. Lourenzo de Barxacova, parroquia de Parada de Sil.

S. Lourenzo de Barxacova é unha pequena aldea situada a 600 m. de altitude. A súa historia pérdese en tempos remotos xa que a súa posición privilexiada propiciou habitantes polo meos dende a Idade de Ferro.
S. Lourenzo de Barxacova

Neste concello de Parada de Sil hai varias edificacións decoradas con esgrafiados. Na súa execución séguese a técnica e a estética tradicional dos revestimentos con al e area propios da zona, como por exemplo o do mosteiro de S. Paio de Abeleda.
Esgrafiado nunha vivenda de S. Lourenzo

Logo de cruzar S. Lourenzo, collemos á esquerda por onde o track nos mandaba para achegarnos á necrópole de S. Vitor.
Camiño da necrópole

O sendeiro por onde hai que ir non ten desperdicio do fermoso que é:


Vistas espectaculares segundo íamos subindo á necrópole:

Vista de S. Lourenzo de Barxacova.
 
O sendeiro á necrópole de S. Vitor:

 A Casa de Ivil, na parroquia de Forcas, tivo que defenderse no S. XVI das pretensións do Mosteiro de Montederramo de facerse con este enclave que se escapaba ao seu dominio no principal acceso ás ricas terras de ribeira desta zona.
Distínguense neste xacemento 2 partes principais: o afloramento granítico no que se escavaron máis de 50 sepulturas e o elevado penedo no que se conservan os cimentos da antiga capela de S. Vitor; as súas ruínas estaban aínda en pé a mediados do S. XIX. As escavacións neste xacemento empezaron no 2010.
Penedo no que se atopaba a capela de S. Vitor. Actualmente é un privilexiado miradoiro

A presenza destes enterramentos medievais onde se di que viñan a enterrarse os de Ivil, os de Forcas e os de S. Lourenzo foi determinante á hora de probar a propiedade deste lugar.
Necrópole de S. Vitor con tumbas antropomorfas.

Vistas magníficas dende o alto penedo onde estaba a capela:

Despois de admirar este valioso patrimonio, demos  a volta polo mesmo camiño da ida (1km. apro. ida e volta) ata  S. Lourenzo onde pillamos un sendeiro en baixada que nos vai levar ao punto de inicio:
Sendeiro a S. Lourenzo polo outro lado da aldea

 Vemos S. lourenzo de Barxacova polo lado oposto ao que vimos na subida anterior.
S. Lourenzo de Barxacova
 
Empezamos unha baixada con moito desnivel na que hai que ir con xeito:
 
Nun momento dado, camiñamos uns metros por asfalto

 Para retomar un camiño polo medio do bosque.
 
E despois desta intensa pero curta baixada, chegamos de novo ao punto de inicio na Fábrica da Luz.
Teño que dicir que reservara dous días antes para comer neste lugar pero a experiencia non puido ser máis desastrosa. Tardaron unha hora e cuarto en servirnos, o pan tivemos que pedilo catro veces, mentres esperábamos nin un triste aperitivo ou algo que levar á boca...cando por fin nos atenden, dinos que só hai feito caldo, todo o demais hai que cociñalo aínda...enfín sería casualidade e tocounos a nós...só había dúas rapazas, unha cociñando e outra servindo e había bastante xente ao principio...pero senón estás seguro de que podes dar dignamente de comer, pois di que non e xa nos buscariamos a vida...Total , para non recomendar a ninguén este sitio para comer. O caso é que as reseñas que lin, a maioría eran favorables....non o entendo...Creo que tamén se contan moitas mentiras ...

A ruta...unha marabilla. Os camiños entre a arboreda, entre as vides, as aldeas, a necrópole, as vistas...todo esto de 10. As pasarelas...ni fu ni fa...o que menos me gustou...

Páxinas web consultadas:
https://www.turismo.gal/inicio
https://afabricadaluz.com/
https://unviajecreativo.com/pasarelas-del-rio-mao-ruta-del-canon-del-rio-mao-sil/
https://masrutasymenosrutinas.com/
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada
https://www.galiciamaxica.eu/
https://turismo.ribeirasacra.org/





xoves, 27 de outubro de 2022

RUTA DA PENA DO ENCANTO (PR-AS 253) S. TIRSO DE ABRES-ASTURIAS

Esta ruta eu só a recomendo se non tes outra mellor á man, se eres aficionado/a a coñecer novas cascadas ou se estás cerca da zona e queres camiñar poucos km.

A nós esta ruta quédanos relativamente cerca ( uns 40 minutos en coche) e a verdade é que nos tracks que mirei dicían que era moi fermosa por eso nos animamos a facela e por riba dúas veces! A 1ª vez, e aínda que seguín un track, hai un cruce bastante confuso que nos levou a ver só a cascada máis pequena. Despois xa explico...

A pesares de ser unha ruta homologada deixa moito que desexar a súa sinalización, tanto, que sen un track sería imposible realizala( el hecho de disponer de la homologación de una ruta constituye un sello de garantía y reporta una serie de beneficios que repercuten en la calidad y seguridad de los usuarios.)  Para nada estou de acordo con esto que leo no blog de "Proarte". Ao longo de tantas rutas que levo feitas e podedes comprobar neste blog, vin de todo en rutas homologadas: sinais rotas ou desaparecidas que non foron repostas, cruces mal sinalizados que levan a confusión, sendeiros impracticables...

Enfín como esta ruta na miña opinión é pouco destacable e como en cada unha que realizo sempre aprendo algo, pois busquei algo que me aportase a satisfación de non realizar a viaxe en balde e así fomos coñecer a vila de S. Tirso de Abres, pasear polas beiras do río Eo e xantar comida tradicional e caseira no Restaurante Barbeiro en Abres.

S. Tirso de Abres é o cpncello máis occidental de Asturias. É un municipio moi pequeno que aínda non chega os 500 habitantes. A súa capial é El Llano

Características da ruta:

Lonxitude: 4,75 km.

Dificultade: Fácil

Ruta circular mal sinalizada.

O meu track en Wikiloc:

A miña valoración desta ruta: 🔅🔅

Descripción:

Inicíase a ruta na capela de S. Isidro do S. XVI, onde hai tamén unha zona de descanso con mesas e bancos.

Capela de S. Isidro, comenzo da ruta

 Vistas de El Llano, capital de S. Tirso, dende o inicio da ruta.

El Llano, capital de S. Tirso.

A ruta empeza por esta estrada local.

Empezando a ruta

 
Deseguida chegamos a Vilela de Abaixo dende onde temos boas vistas das aldeas veciñas.
Vilela de Abaixo
De momento a ruta aparece ben sinalizada...Axiña nos daremos conta de que só vai ser agora ao principio.
Ruta sinalizada de momento.
 Despois de Vilela hai un cruce e, aínda que hai que fixarse para velo, si que hai un sinal que nos manda coller á esquerda.
De momento segue a ruta sinalizada
 E aquí atopamos outro cruce, agora sen sinal de ningún tipo. O track dinos que sigamos cara arriba.

                                                                  Aquí falta un sinal

Unha ruta homologada e así está o sinal que indica o camiño á cascada!

Sinal para a cascada
 Deixamos o asfalto por fin e por unha pista forestal imos cara á cascada:
Camiño á cascada


E chegamos oa cruce máis conflictivo de todos, onde sabemos que máis xente ca nós tamén errou na dirección a seguir.
Aquí hai unha estaca con dúas frechas que levan a unha total confusión e se lles fas caso tanto vindo nunha dirección como noutra (A ruta é circular e pódese empezar onde se queira) non verás a cascada principal como nos pasou a nós a 1ª vez que fixemos esta ruta.
A 1ª vez que realizamos esta ruta, pillamos á esquerda porque así entendemos os seis que íamos que nos mandaba a frecha...pois NON! Hai que seguir de frente, cara arriba.
É dicir NON pillaremos este sendeiro(eso farémolo á volta) e seguimos pola pista máis ancha que traíamos.
Este sendeiro é para despois!
Continuamos pois de frente:

Son só uns metros por este camiño. Seguimos entre eucaliptos:

E chegamos a un lugar que semella un aparcadoiro. Claro, hai coches que poden chegar perfectamente ata aquí. Á esquerda está o sendeiro que nos levará á cascada nuns poucos metros:
 
Este é o percorrido máis fermoso pero dura moi pouco:

 Estamos ao pé do Rego da Ramadela:

 E por fin chegamos á Pena do Encanto! A 1ª vez non o fixemos, así que houbo que repetir a ruta. Gústanme as cousas ben feitas!
 
Ao igual que outras cascadas, esta tamén ten a súa lenda que se pode ler no cartel:
Lenda
 
Cascada de Pena do Encanto, formada polo Rego da Ramadela. Ten unha poza embaixo.
 
A pontiña vista dende lonxe é fermosa e rústica. Das que nos gustan, pero...
Pontiña

A ponte resulta ser unha pista de patinaxe! 

 É mellor pasar polo rego onde hai unha pedra para apoiarse:
 
Atopamos outra cascada máis pequena. Esta foi a que só vimos a 1ª vez!
Cascada pequena

Neste cruce atopamos outro momento de dúbida pero o track guiounos ben. Nalgún momento debeu haber algunha indicación pero só queda un poste vertical de testemuña. Sinal non hai. (O poste gris e vermello que se ve na foto é a delimitación do monte. O sinal debeu estar no poste que vemos ao lado.)

Atravesamos a aldea de Vilela de Arriba na que hai unhas 10 casas, a maioría delas en proceso de restauración. Aquí non vive naide de maneira permanente.

 As vistas dende esta aldea son marabillosas:
 
Vista dende Vilela de Arriba:

Dende esta aldea toca baixar agora pola estrada. Estamos moi cerca do final da ruta.

Xa divisamos a Praza de S. Isidro coa súa capela onde iniciamos esta ruta.
Praza de S. Isidro e capela

Como a ruta é tan curta e non coñecemos a vila de S. Tirso, decidimos completar esta viaxe visitando a capital do concello e o entorno do río Eo que a cruza.
El Llano (Capital de S. Tirso de Abres)

EL LLANO (CAPITAL DE S. TIRSO)
Na parte máis alta da vila, atopamos a igrexa parroquial de S. Salvador do S. XVI
Igrexa de S. Salvador

Esta é praza do Concello con esta fonte. 

Na Praza do Concello podemos ver o monumento coa placa que conmemora o Premio ao "Pueblo Ejemplar de Asturias" otorgado a esta vila en 2011. 
Concello de S. Tirso e monumento conmemorativo do Premio ao Pueblo Ejemplar en 2011

A placa conmemorativa sitúase sobre o troco dun castiñeiro fósil. Foi tallado por un artesán de S. Tirso. As tallas de máscaras que vemos, representan a gran actividade cultural que se realiza neste concello.

Unha das tallas mostra a este pescador pescando un salmón, actividade tradicional deste concello.
  
Algo máis abaixo da Praza anterior temos outra: a de S. Juan cunha capela na honra deste santo. Esta capela sempre foi moi importante para o concello porque aínda que o patrono do mesmo é S. Salvador, as festas que se celebran como patronais son as de S. Xoán.

Rúa de S. Tirso, ao pé da praza de S. Juan.

Agora baixamos cara ao río pasando pola fonte da Regada:
 Tamén pasamos por diante do edificio que alberga o Centro de Interpretación da Pesca no Eo. Este fermoso edificio foi no pasado un centro escolar indiano construido en 1917 polos emigrantes de S. Tirso en Cuba.

PASEO FLUVIAL.-
No Paseo fluvial hai unha área recreativa, O Piñeiro de gran superficie e onde podemos empezar ou rematar este percorrido. Está dotada de bancos, mesas, papeleiras, farolas...á beira do Eo e baixo a sombra de árbores autóctonas.
Área recreativa O Piñeiro

Tamén hai unha fonte ao pé da área recreativa, a Fonte do Piñeiro que parecía un tanto decoidada.
Fonte do Piñeiro

Unha ponte cruza o río para acceder á piscina municipal.
Ponte sobre o Eo

Tivemos ocasión de contemplar unha garza ao pé do río. Que fermosa!!
Unha garza no río

Aquí empeza ou remata unha parte do paseo fluvial, para mín a máis fermosa.

Freixos e moitas outras árbores autóctonas forman parte deste paseo no que tamén poidemos ver aparatos de xinnasia para adultos.

Temos que cruzar a ponte sobre a estrada para acceder á outra parte do paseo fluvial, que terá aprox. 1,5 km. e non me parece tan fermosa como a outra pero que vai máis pegada ao río.

E ata aquí o noso percorrido por este concello que eu non coñecía e do que forma tamén parte a coñecida como Ruta do Ferrocarril que fixen hai xa ben anos e teño en mene repetir no vindeiro ano 2023