Este blog crease para ir mostrando rutas de sendeirismo de dificultade baixa e /ou media-baixa e tamñen teñen cabida outras viaxes realizadas.
Rutas por Galicia e Asturias que non sobrepasen os 15/20 km. de lonxitude para que as podan realizar persoas que non necesiten estar en ningunha especial forma física.
Para mín, esta etapa é das máis fermosas deste Camiño. O tramo que fixen hoxe (desplazándose para ver O Cargadoiro e a Cova da Doncela e tendo a opción de ir ao Fuciño do Porco) son suficientes atractivos para realizar esta andaina e o tramo que queda, dende a Praia de Area Grande ata O Vicedo tamén é moi fermoso porque xa o coñezo ao coincidir totalmente coa ruta homologada "Costa de O Vicedo" que realizamos hai uns anos.
Saímos de Viveiro (quen non coñeza esta vila pode aproveitar para adentrarse polo seu centro histórico e percorrer as rúas visitando os monumentos. Sen dúbida que merece a pena) Nós como xa coñecemos moi ben esta vila, atravesamos a Ponte da Misericordia para iniciar o Paseo Marítimo de Covas.
O 1º que vemos ao baixar do coche, que estacionamos no aparcadoiro gratuito xunto á estación de autobuses, é a Ría de Viveiro surcada por lanchiñas.
Ría de Viveiro
A construcción actual da Ponte da Misericordia data do S. XVI pero a ponte primitiva é da época romana da que só hoxe se conservan 9 arcos dos 12 que tivo. Os tres que faltan foron destruidos ao contruir o malecón e o muelle.
Ponte da Misericordia
Tamén vemos a Porta de Carlos V que foi edificada no S.XVI para sustituir a outra anterior. Foi realizada como homenaxe a Carlos I de España e V de Alemania polos favores que concedeu a esta vila. É unha das tres portas que se conservan de cando Viveiro estivo amurallada. En 1942 foi declarada Monumento Natural e é de estilo renacentista plateresco.
Porta de Carlos V
Atravesamos a Ponte da Misecordia. En frente vemos o codiciado barrio polas vistas de O Paraíso e á dereita a zona escolar.
Rematada a Ponte, enlazamos co Paseo Marítimo de Covas tamén chamado Paseo do enxeñeiro Martín Ledesma.
Paseo Marítimo de Covas
A un lado vemos o Parque Pernas Peón.
Este paseo mide case 2 km.
E vai ao lado da fermosa e grande Praia de Covas que ten unha gran ocupación en época estival. Covas é unha parroquia de Viveiro.
Praia de Covas
Ao final da praia, vemos unhas rochas puntiagudas chamadas Os Castelos. No S. XIX naufragaron contra elas ao mesmo tempo a fragata Sta.Mª Magdalena e o bergantín Palomo nunha noite de temporal causando máis de 500 vítimas. En varios recunchos da cidade atópanse restos dese naufraxio.
Praia de Seiramar e Os Castelos
Cruzamos a estrada para pillar outra local entre as casas.
Chegamos á parte alta deste barrio e temos unhas inmellorables vistas de Covas e a súa praia.
Ao pouco os sinais lévannos á dereita onde pillamos unha pista forestal para atravesar un monte:
O monte está cheo de eucaliptos pero as acacias tamén aparecen e xa floreadas:
Desembocamos xunto á vía de FEVE, en Escourido, aldea pertencente á parroquia de Covas. Aquí tivemos dúbidas en coller á esquerda ou á dereita porque a este Camiño Natural sóbranlle sinais nalgúns lugares e fáltanlle noutros, sobre todo nalgúns cruces. Finalmente pillamos á dereita e acertamos.
Baixamos á estrada xeral que cruzamos e o trazado oficial sinala un estreito sendeiro á esquerda polo que nun km. e pico chegariamos xa á praia de Abrela pero neste punto tamén se nos dá a opción de desviarnos ata O Cargadoiro camiñando 700 m. Nós pillamos esta opción.
O Cargadoiro era a zona onde se descargaba o mineral procedente da mina de Silvarosa (ferro) a través de cable aéreo durante máis de 5 km., algo pioneiro en Galicia. Esta actividade industrial foi moi importante en Viveiro dende finais do S. XIX ata os anos 60 do S. XX xa que daba traballo a moita xente.
Hoxe, esta zona está convertida nun lugar de ocio e área recreativa chamada "Parque Etnográfico da Insua"
Parque etnográfico da Insua
Este parque etnográfico é tamén un excelente miradoiro sobre a ría de Viveiro. Eso sí, que vaian cortando os eucaliptos ou axiña o miradoiro perderá a súa función...
Na foto vemos restos das estructuras empregadas para achegar o mineral aos barcos que o trasladarían a Inglaterra e Alemania para fabricar canóns.
O mineral chegaba ata o mar polo propio impulso da carga aproveitando o desnivel da ladeira ata o mar.
No tramo final, o cargadoiro adéntrase no mar. Só se conservan uns metros que se poden percorrer.
Se en lugar de coller de frente para O Cargadoiro pillamos á esquerda, imos dar á Cova da Doncela. Tiña moitas ganas de coñecela xa que ultimamente oira falar moito desta cova, pero grazas a que atopamos un paisano do lugar e nos indicou por onde había que ir, se non non chegaríamos porque non está indicad. Só uns 200 m. antes de chegar temos un letreiro moi grande.
Indo de camiño para a Cova da Doncela, podemos ver xa a praia de Abrela no concello de O Vicedo.
Ata a Punta da Insua pdenos ir por un carreiro pero...OLLO!! É moi estreito nalgún lugar e un mal paso pódenos pricipitar polos cantís que son moi elevados.
A palabra insua, tradúcese normalmente por illa pero non sempre se refire a un terreo rodeado de auga. Neste caso reférise a unha península costeira.
E chegamos á ultimamente famosa Cova da Doncela xa no municipio deO Vicedo. Conta a lenda que nesta cova vivía unha fermosa doncela encantada por un rei moro. De cabelos rubios e vestida de branco, cada ano na noite de S. Xoán baixaba polos cantís para bañarse e peitearse cun peine de ouro e brilantes. Logo volta á súa cova da que non volve sair ata o próximo ano. Máis crible é a versión de que nesta cova contrabandistas e piratas agochaban os seus tesouros.
Á cova hai que entrar agochado:
Cova da Doncela.
Ao principio hai que ir agachado pero ao final xa nos podemos poñer de pé, eso sí moito COIDADO se ides con nenos. Non se poden perder nin un momento de vista xa que hai un alto precipicio que dá a rochas e á auga e unha caída pode ser fatal.
Cova da Doncela
Dende aquí teriamos que dar a volta para volver á ruta oficial (camiñar uns 2 km. para atrás) pero víamos tan cerca a praia de Abrela á que tiñamos que chegar que nos aventuramos por un monte paralelo á praia no que hai un camiño.
Deseguida (uns 200m.) chegamos á praia pero...hai un río que desemboca xusto onde tiñamos que cruzar!
Andivemos uns metros, cruzamos esta cala diminuta a ver se atopábamos un sitio bon , con apenas auga para atravesar...
Pero houbo que descalzarse...non había profundidade pero...que fría estaba!!
A praia de Abrela no concello de O Vicedo, é un fermosísimo areal cunha área dunar na que se asentan os piñeiros. Unha pasarela de madeira e bancos e mesas conforman un fermoso merendeiro. Nesta praia temos tódolos servizos, incluido un chiringuito moi ben considerado que só abre en verán. Incluso nesta estación, é un lugar cunha ocupación media, moi tranquilo. En época de oleaxe é moi frecuentada por surfistas, tal e como vimos hoxe.
Entorno da praia de Abrela
Esta praia sitúase na parroquia de Suegos, no concello de O Vicedo. Agora imos atravesar lugares desta parroquia dende onde, a medida que imos subindo, contemplamos uhas magníficas vistas:
A igrexa de Santa Mª de Suegos, antiguamente era denominada Santa Mª de Suevos en lembranza deste pobo bárbaro que invadíu Galicia. É do S. XVI con posteriores reformas no S. XVIII
Igrexa de Santa Mª de Suegos
A maioría de vivendas en torno á praia de Abrela son de recente construcción.
Ao chegar enriba temos a opción de ir ata o Fuciño do Porco. Nós como xa estiveramos en dúas ocasións seguimos camiño e agora toca cruzar outro monte:
Ímonos xa achegando á Praia de S. Román , tamén chamada Area Grande.
Pero antes de acadar a praia, topamos coa Cruz de S. Román. Esta cruz lembra a catro dos oito tripulantes do balandro "Drácula" que morreron cando esta embarcación naufragou.
É unha cruz de granito de máis de 5m de altura que se alza solitaria derriba dos cantís. Morreron os veraneantes Marisa e Manolo Vidal Martín (Irmáns), J. Antonio García e o mariñeiro de Covas Celestino Pérez.
Dos outros catro tripulantes, dous deles, despois de máis de 4 horas nadando, chegaron ata a praia de S. Román xa de noite e deron a voz de alarma para rescatar a Carlos e Margarida que eran noivos e deran chegado a unhas rochas onde foron rescatados por un pescador de S. Román que dende a súa lancha os oeu berrar.
Cruz de S. Román
Xa estamos na praia Area Grande ou de S. Román que será o punto final do noso percorrido de hoxe. É esta unha praia que se atopa no seu estado natural. Ten dunas que están moi ben conservadas e protexidas. É unha zona ZEPA(zona de especial proteción para as aves)
A Ruta de A Paicega atópase nun dos máis pequenos concellos de Asturias: Pesoz , que é a única parroquia e a capital do concello. Sofre unha gran perda de poboación tendo menos de 150 habitantes.
Esta ruta lineal de 4 km. (só ida) ten como punto máis interesante o poboado abandonado de A Paicega. A posta en marcha do encoro de Grandas de Salime (concello limítrofe con Pesoz) trouxo consigo a creación de 4 poboados para aloxar aos traballadores do encoro e ás súas familias. Un deles foi este de A Paicega, construido entre 1948 e 1953 e que albergou a unhas 200 persoas, moitas delas andaluzas. Había outros dous poboados máis que albergaban en total a máis de 3000 traballadores.
A Paicega foi unha poboación puxante naqueles anos de mediados do S. XX que contaba ata con polícia propia.
O remate das obras do encoro rematou tamén co total abandono de A Paicega quedando só en pé a igrexa e pouco máis, o resto das edificacións están totalmente arruinadas.
A ruta arranca dende a capital do concello, dende Pesoz. Namorounos esta pequenísima vila metida entre montañas coa súa tranquilidade, as rúas super limpas, unhas casas de pedra, grandes e coidadas.
Pesoz
O primeiro que vemos ao chegar é este pazo, chamado "Pazo de Manuel Monteserín García" como reza na súa fachada; pero coñecido como Pazo de Ron debido aos seus primeiros propietarios. O pazo data do S. XVII e no S. XIX comprouno Manuel Monteserín, un indiano enriquecido. Actualmente, as propietarias do pazo son dúas netas dese Manuel que viven aí.
Empezamos a ruta que está moi ben sinalizada subindo esta costiña:
Deseguida nos introducimos nun frondoso bosque que nesta época está sen follas. Imos subindo continuamente pero é unha subida curta e levadeira.
O bosque de carballos, castiñeiros e bidueiras, dá paso máis arriba a un de piñeiros.
Saímos á unha estrada local que nos vai levar á aldea de Sanzo.
Estamos no alto e a paisaxe ábrese para deixarnos ver as montañas.
Imos chegando xa a Sanzo, unha aldea eminentemente agrícola e gandeira como poidemos comprobar.
Aquí, xunto á capela de S. Xoán paramos a facer o noso descanso habitual.
Capela de S. Xoán en Sanzo
Cruzamos a aldea para seguir camiño:
A aldea de Sanzo está situada a unha altitude de 600 m. e conta cunha poboación de aprox. 40 persoas.
No seguinte vídeo da TPA podemos coñecer mellor a aldea de Sanzo e aprender cousas moi interesantes de A Paicega.
Ata A Paicega só nos queda 1 km. dende Sanzo. O traxecto é moi cómodo por un ancho camiño de terra e en chao.
Unha vista de Sanzo dende o outro lado.
A Paicega impresiona e non deixa indiferente. A imaxinación voa ata mediados do pasado século para evocar esas edificacións que agora vemos en ruínas, cheas de vida.
Hai que dicir que este non era o único poboado que existía para albergar aos traballadores se non que había outros cercanos. Ladeira abaixo por exemplo estaba o de Vistaalegre e o de Eritaña que se ven mellor dende abaixo, dende a presa.
Barracóns en A Paicega
Había 12 barracóns cada un con tres vivendas.
Hai instalado un miradoiro dende o que se aprecia o rio Navia e á dereita tamén se pode apreciar outro poboado abandonado onde vivían os traballadores máis cualificados, ao pé da presa.
A igrexa de A Paicega foi consagrada á Virxe da Luz no 1948 e é a edificación que mellor se conserva do poboado. A súa fisonomía lembra a dunha igrexa escandinava pola cor oscura dos materiais e polo empinadísimo tellado.
No ano 2021, o concello comprou esta igrexa á empresa Saltos del Navia. Actualmente está en proceso de ser restaurada para servir como local social para diversas asociacións.
Igrexa de A Paicega
Tamén están a construir unha Área Recreativa.
Despois de "patear" A Paicega, observar as vistas magníficas que hai e sacar as correspondentes fotos, demos a volta. Hai que desandar o andado xa que esta ruta é lineal.
De volta en Pesoz, tomamos unhas cervezas no "Mesón As Cortes". un lugar entrañable, acolledor e onde nos trataron de marabilla.
Mesón As Cortes
Paseamos por esta tranquila, pequena e fermosa vila
Pesoz leva varios anos presentando a súa candidatura para ser "Pueblo ejemplar de Asturias". De momento non o consigueu, pero vaticinamos que axiña ten que ser xa que vemos un concello que está mellorando e conservando o seu patrimonio en tódolos seus aspectos.
Pesoz
Edificio que alberga a Csasa Consistorial.
Praza de Pesoz entre o edificio do concello e a igrexa parroquial de Santiago
Na fotografía seguinte vemos o antigo edificio do concello:
Oxalá Pesoz consiga axiña o galardón de "Pueblo ejemplar de Asturias" , nós pensamos que ben o merece xa que nos pareceu ben fermoso, coidado e loitando por mellorar.
Como nos sobraba tempo pola tarde, decidimos achegarnos ata Grandas de Salime, o concello veciño que está a tan só 7km.
Primeiro paramos na vila.
Parque que vimos na entrada á vila
O monumento máis emblemático desta vila é sen dúbida a igrexa parroquial, antiga Colexiata de S. Salvador, que xurdiu en relación ao Camiño Primitivo de Santiago. Xa se menciona este templo no S. XII pero foi remodelado e ampliado nos S. XVII, XVIII e XIX polo que nel conflúen varios estilos.
Igrexa de S. Salvador
A igrexa está rodeada por un pórtico levantado no S. XIX que daba cobixo aos peregrinos.
Despois achegámonos ata o Encoro de Salime que está a uns 5 km. da vila. Na ladeira vense as que foron vivendas dos traballadores máis cualificados.
O encoro de Salime foi inaugurado en 1955 e é o 3º encoro construido no río Navia detrás dos de Arbón e o de Doiras.
A súa presa ten 128 m. de altura e o aproveitamente deste encoro é sobre todo hidroeléctrico aínda que tamén se organizan ás veces actividades lúdicas e recreativas.
O cemento para o formigón que se necesitaba para as obras do encoro fabrícabase alí mesmo e na ladeira pódense ver os restos de tolvas e silos para tal fin.