Hoxe fixemos unha ruta da que non esperabamos tanto como nos deu a nivel paisaxístico e etnográfico.
Foi no concello de Abadín aínda que tamén pasa por unha aldea de Mondoñedo.
Características da ruta:
Lonxitude: 6,5 km.
Dificultade: fácil (tivemos complicacións no lugar da cascada por árbores caídos e porque había que descalzarse ou levar boas botas para cruzar o rego que a forma)
Ruta circular sen sinalizar. O meu trak en WIKILOC
Descripción da ruta:
Partimos da aldea de Os Samordás na parroquia de Galgao (Abadín). Este é o lugar da parroquia que ten menos habitantes (8 en 2015) Nós vimos un home e dous cans.
Esta aldea está sendo, neste ano 2024, estudo por parte de espeleologos xa que hai unhas covas (3) con 170m percorribles na máis grande delas. Son chamadas a Cova dos Santos ou da Meiga e gardan gran cantidade de estalagmitas e estalagtitas.
Os Samordás |
Non hai moito sitio onde aparcar , nós fixémolo na beira da estrada. Continuamos uns metros por esa estrada por onde acababamos de baixar e deseguida pillamos un carreiro á dereita.
Deseguida atopamos as ruinas da que foi a 1ª capela do S. Cosme da Montaña. Ao mellor moita xente non sabe que a actual igrexa foi inaugurada no 1925 e antes desa data o S. Cosme da Montaña era venerado neste lugar. A capela quedouse pequena para a gran cantidade de romeiros que asistían e os accesos tamén eran complicados (supoño que estes accesos pouco ou nada cambiaron dende aquela e nós tivemos o privilexio de percorrelos)
Ruinas da antiga capela de S. Cosme da Montaña |
Adrio da antiga capela de S. Cosme da Montaña. |
O rego levaba bastante auga e hai que cruzalo. Así que ou unhas boas botas ou descalzarse como eu fixen!
Rego de Muras que hai que atravesar |
Seguimos despois da cascada por un fermoso entorno moi húmido e no que vemos una corda que alguén colocou como axuda.
O camiño non pode ser máis fermoso e ademais cada vez quedan menos...
Desembocamos nunha pista pola que pasa o Camiño Norte de Santiago
Agora a paisaxe ábrese diante de nós e deixanos ver aló enriba unha "illa" verde que é onde estaba a vella capela en ruinas por onde pasamos.
A pista anterior desemboca na aldea de Lousada, da parroquia de Sasdónigas, xa no concello de Mondoñedo.
Lousada |
En Lousada quedan moitos cabozos estilo Mondoñedo, claro.
Vistas dende Lousada
O hórreo tradicional galego que hoxe coñecemos nace nos Séculos XVII e XVIII aínda que tamén se construiron máis nos S. XIX e XX. O hórreo era indispensable en tódalas casas e tódalas vivendas tiñan un. Actualmente, e xa dende hai varias décadas, o uso para o que foron creados desapareceu e hai moitos en mal estado ou case en ruinas mentras que outros son restaurados como elemento etnográfico e patrimonial que son do noso país.
Alonxámonos de Lousada e xa teremos que ir por estrada ata o final da ruta. Tampouco nos importa moito, non pasa ninguén e a paisaxe é reconfortante. As casas que se ven aló no alto é a onde temos que chegar xa que foi de onde partimos: Os Samordás.
De momento seguimos no concello de Mondoñedo
Deixamos a estrada que de seguir por ela nos levaría a S. Vicente de Trigás e pillamos unha pista á dereita prara ir a Bicos.
Xa estamos de novo no concello de Abadín despois de atravesar o Rego de Carballo que separa aquí os dous concellos.
Bicos é unha aldea da parroquia de Galgao (Abadín) pola que pasei hai pouco facendo outra ruta.
Bicos |
É unha aldea bastante ben coidada que conserva as casas orixinais en pedra.
Bicos |
Seguimos subindo lixeiramente deixando atrás Bicos de Abaixo.
As vivendas que vemos pertencen a Bicos de Arriba.
Seguimos pola fermosa estrada. Estamos a piques de chegar a Os Samordás e polo tanto de rematar esta ruta.
Vistas impresionantes que nos deixa a luz do atardecer
E de novo, xa en Os Samordás
Os Samordás |
Páxina web consultada:
https://terrachaxa.com/es/news/reportaje-san-cosme-da-montana/18182/