mércores, 6 de abril de 2022

RUTA DOS POZOS. (O VALADOURO)

 O Valadouro é un concello da Mariña Lucense Central bañado polo río Ouro que forma aquí un fermoso val cada vez con menos habitantes. A súa capital é Ferreira.

A ruta máis coñecida no concello de O Valadouro é a Ruta dos Pozos porque nos leva á coñecida fervenza do Pozo da Onza.

O máis femoso desta ruta, que neste momento que nós a fixemos aparece algo descoidada, son uns metros que o percorrido vai á beira dun rego e a cascada da Onza. Os demais km. son por pistas forestais no medio de eucaliptos.

Características:

Lonxitude: 6,8 km. se se decide facer circular como a fixemos nós.

Dificultade: fácil

Ruta circular bastante ben sinalizada, aínda que neste momento hai sinais que os tapa a maleza.

A ruta en WIKILOC

Descripción:

Nós empezamos esta ruta un pouco antes de onde está o comezo oficial, na antiga estrada a Cangas.

Aquí comenzamos a ruta

Pasamos por diante da antiga Escola-Fogar "Virxe dos Remedios", moi coñecida nesta zona por acoller alumnado con problemas económicos e de familias desestructuradas. Pechou no ano 2004 por falta de alumnado.

Antiga Escola-Fogar.

Aquí está o comenzo oficial da ruta. Eso sí, podían despexar algo o cartel. Hai que fixarse para velo!

Punto oficial de comenzo da ruta

Tras dos Ríos, así se chama o lugar onde empeza oficialmente a Ruta dos Pozos. Estamos na parroquia de Alaxe, oficialmente coñecida como S. Xoán de A Laxe

 
Vemos o Museo do Mel. Aberto no 2015 é unha iniciativa que impulsou a produtora de Mel Marifé Sixto con dous obxectivos. En primeiro lugar, dar a coñecer o proceso de elaboración do mel con materiales didácticos audiovisuais e libros, así como os aperos e  ferramentas que se utilizan, facendo un percorrido histórico polos  diferentes sistemas. En segundo lugar, tamén fai as funcións de punto de venda do produto. Comercializa o seu mel co nome de O Trobo que ten ganados premios do Consello Regulador de Mel de Galicia
Museo do Mel

 O percorrido vai por unha estrada local á beira do Rego de Ferreira durante uns metros:

 Atopamos a área recreativa de Alaxe, agora mesmo algo descoidada. Seguro que cando se achegue máis o verán térana máis rozada.
Área Recreativa de Alaxe

Aquí temos outro punto de acceso á ruta pero sen sitio para aparcar. A xente debía facelo neste prado pero é privado e non deixan.
A partires de aquí, a ruta vai por un camiño de carro:

E pasa polo Pozo das Moscas onde se pode aproveitar para o baño xa que o río aquí fai un pequeno e tranquilo remanso
Pozo das Moscas
O percorrido vai agora por un estreito e fermoso carreiro. A pena é que só dura uns poucos metros:

Temos que cruzar esta ponte de cemento que se ve na foto para pillar á dereita. Aquí non hai ningún sinal e pode prestarse a confusión o camiño a seguir se non seguimos un track ou ben...lemos esto!!
Ponte
 A partires de aquí, camiñaremos por pistas forestais entre eucaliptos durante cerca de 2 km.

 A ruta por aquí, está ben sinalizada.

 Ao chegar a este cruce, temos 2 opcións, polos dous lados chegaremos á fervenza. Se pillamos á dereita (1km) baixamos, pero despois hai que subir e se pillamos á esquerda como pillamos nós (850 m) hai que subir primeiro (unha subida levadeira durante aprox. 400m) e despois baixamos ata chegar á fervenza.
Cruce onde hai que decidir que dirección tomar

Calquera que sexa a opción elexida, camiñaremos por unha estrada local.
  
Nós pillamos á equerda e, ao rematar a subida, a paisaxe ábrese deixando estas vistas:

Emprendemos unha pequena baixada que nos leva deseguida ao inicio do camiño da fervenza. Ata aí poden chegar os coches e despois só quedan 200 m para chegar. O problema é que apenas hai sitio para un coche.
Os eucaliptos están invadindo todo e chegando ata mesma cascada. Cortaron uns carballos que había e repoblaron con castiñeiros. Falta fan!

Nesta zona a paisaxe é femosa. Lástima que son moi poucos metros!

Unhas escaleiras de pedra, achénganos á fervenza:
 
E aquí a temos!! A fervenza do Pozo da Onza!! Formada polo Rego do Val dos Infernos, O Valdeinferno que nace a case 700 m. de altitude moi cerca da S. do Xistral e descende cara ao río Ouro, onde a lenda conta que existíu unha gran lagoa que ocupaba unha boa parte das zonas baixas do concello de Valadouro.
Fervenza do Pozo da Onza, de case 15 m. de altura

E agora para facer a ruta circular, ao sair á estrada collemos á esquerda e inmediatamente á dereita por un carreiro onde hai un sinal coas raias blancas e amarelas pero grazas a que seguíamos un track porque o sinal estaba case completamente tapado de maleza.
Carreiro
Era difícil ver o sinal:

O carreiro lévanos deseguida áo lugar de A Amarela, na parroquia de Budián.

Atravesamos este lugar:
A  Amarela
 
Ao chegar ao seguinte cruce, temos que pillar á dereita para introducirnos nunha estrada de monte e pouco máis adiante temos a opción de pillar á esquerda e dúas ocasións, a 1ª non está sinalizada e habería que seguir un track ou ben ler esto e recordalo (esta foi a opción que nós eleximos), a 2ª opción de pillar á esquerda está a só uns metros da 1ª e darémonos conta de que o sinal que xa vimos na ida. A diferenza é que collendo a 1º opción damos menos volta e chegamos deseguida ao enlace co camiño de ida.
Baixamos por este monte

E deseguida voltamos a estar ao pé do Rego de Ferreira polo mesmo camiño que levamos á ida.







martes, 5 de abril de 2022

PASEO DOS SOÑOS. VILALBA

 Como a ruta que fixemos en Outeiro de Rei foi moi curtiña (4,5 km. en total) Se queres vela, pincha AQUÍ, decidimos parar en Vilalba xa que nos coincidía na volta á casa e eu oira falar moito do Paseo dos Soños.

Características:

Lonxitude: 4,5 km.

Dificultade: ningunha

Ruta lineal sinalizada.

A ruta en WIKILOC:

Descripción:

Este paseo comenza oficialmente no Muíño do Rañego pero nós empezamos na área receativa de A Madalena.

É un paseo fluvial e literario xa que trancorre ás beiras do río Madalena e veremos monumentos a personaxes relevantes da zona, sobre todo escritores e escritoras.

A área recreativa da Madalena ten un enorme aparcadoiro e destaca polo seu entorno de vexetación autóctona e os múltiples servizos que ofrece: merendeiros, cafetería, fonte, parque acuático, complexo deportivo con campo de fútbol, pista de tenis, piscina...

Aquí, empezamos a camiñar.

Área recreativa "A Madalena"
O río Madalena vai acompañarnos durante todo o paseo.
Paseo ás beiras do río Madalena.

Presa
Durante o percorrido atopamos pontes e numerosos bancos.


O Paseo está super limpo e coidado:


Deseguida chegamos a unha estrada que temos que cruzar:


 O Paseo continúa:


O 1º monumento que atopamos indo cara ao Muíño do Rañego é o de Victor Corral Castro. Este home foi un escultor que naceu en Baamonde no ano 1937 e morreu no 2021, por eso é o último monumento colocado ata o de agora xa que estamos no 2022 e colocan un cada ano.
Victor Corral fixo esculturas dende neno. Xa cando ía coas vacas ao monte facía esculturas con pedras mentras coidaba o gando. Ten unha Casa-Museo en Baamonde con esculturas de pedra, bronce, madeira, marfil...Na igrexa de Baamonde hai un castiñeiro centenario coa Virxe do Rosario tallada por el no interior.
Ademais da gran cantidade de esculturas espalladas polo mundo en mans de particulares, tamén realizou máis de 20 monumentos en granito e bronce para espazos naturais de Galicia e Zamora.

Monumento a Victor Corral Castro

O seguinte que vemos é o monumento a Miguel Anxo Fernán Vello, un escritor e editor en lingua galega que naceu en Cospeito no 1958. É membro da Asociación de Escritores en L. Galega e da Asociación Galega da Lingua. Deuse a coñecer no ámbito literario cando gañou o premio Modesto R. Figueiredo co relato Anti- Memoria dun día. Despois deste premio, recibiu outros tamén en poesía e a Orquesta Sinfónica de Galicia estreou en 2001 a súa cantata Cantiga Finesterrae para múltiples voces de luz.
Monumento a Miguel Anxo Fernán Vello
 

Seguimos camiñando nun paseo do máis relaxante .

 

O seguinte monumento está dedicado a Alfonso Blanco Torrado, nacido en Montevideo no 1950 é un sacerdote, ensaista, mestre e dinamizador cultural. Actualmente reside en Guitiriz onde fundou a Asociación Cultural Xermolos. É tamén promotor do Festival Musical de Pardiñas.

Monumento a Alfonso Blanco Torrado

 O seguinte é o monumento a Mini e Mero, dúo de cantautores orixinarios da Terra Cha. Foron mestres, poetas, músicos e investigadores do folclore e cultura tradicionais galegas. Membros históricos de Fuxan os Ventos e despois da Quenlla.

No ano 2018, este dúo sepárase por diferenzas persoais.

Monumento a Mini e Mero

Agora atopamos o monumento a Xulio Xiz Ramil, nado en Vilalba en 1947 é un xornalista, guionista, escritor e produtor galego.

Monumento a Xulio Xiz Ramil
 Agora atopamos o monumento a Ramón Chao Rego. Nado en Vilalba no 1935 e falecido en Barcelona no 2018 foi xornalista e escritor. No 1955 obtivo o premio de virtuosismo en piano e recibiu unha beca para estudar piano en Francia onde se fixo xornalista e foi nomeado Cabaleiro das Artes e as Letras polo goberno francés no 1991. É o pai do cantante Manu Chao.

Monumento a Ramón Chao Rego

Os monumentos están colocados a unha distancia de 100 m. un doutro.

  
O seguinte monumento corresponde a Xose Chao Rego, irmán do anterior. Foi teólogo e escritor. Estudou Filosofía en Madrid e Salamanca e teoloxía en Roma. Consagrouse como sacerdote na Basílica de S. Pedro en Roma. Foi profesor do Seminario de Mondoñedo e cura de Santa Mª do Vilar (Ferrol) Despois foi profesor nun IES de Vilalba e máis tarde en Santiago onde morreu en 2015. Dende 2002 foi socio de honor da Asociación de Escritores en Lingua Galega. É fillo adoptivo de Santiago dende 20004 e unha das rúas da cidade leva o seu nome. Foi sobre todo ensaista e a súa obra é moi extensa.
Monumento a Xosé Chao Rego

Agora temos o monumento a Helena Villar Janeiro e ao seu home Xesús Rábade Paredes. 

Helena Villar naceu en Becerreá no 1940 e é membro da Real Academia Galega dende 2017. Exerceu como mestra de Primaria e de Secundaria. Escribeu sobre todo poesía e narrativa especialmente literatura infantil e xuvenil.

Xesús Rábade Paredes naceu en Cospeito no 1949. Foi profesor de Secundaria e escribeu ensaio, narrativa e poesía.Traballou en tarefas de normalización lingüística e cultural: formación do profesorado, reforma educativa, elaboración de textos e material escolar, publicación en prensa de numerosos artigos, algúns recollidos en libro, sobre a situación social da lingua. 

Monumento a Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes.

O que segue é o monumento a Margarita Ledo Andión,  escritora, cineasta e xornalista nacida en Castro de Rei no 1951 Docente e Catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, numeraria da Real Academia Galega; recibeu, entre outros, o Premio Nacional da Cultura Galega (2008)e o Premio Otero Pedrayo (2017).
Monumento a Margarita Ledo Andión
Un muíño aínda en bastante bo estado de conservación:
Muíño
O muíño anterior dende outra perspectiva. Vese a vivenda do muiñeiro ao lado.
 
Monumento a X. Manuel Carballo Ferreiro, nado en Castro de Rei en 1944 e falecido en 2017 foi un cura, escritor, ilusionista e animador sociocultural galego.
Monumento a X. Manuel Carballo

A continución atopamos o de Darío Xoán Cabana , de Cospeito e que faleceu no 2021. O seu mestre e guía poético foi Manuel Mª. No 1970 pubicou o seu 1º libro de poemas e a finais dos 80 tamén empezu a escribir narrativa. O seu libro "Galván en Saor" é un dos mís vendidos dentro da literatura galega. Tamén foi tradutor de poesía.

E agora o de Xabier P. Docampo que naceu en Rábade no 1946 e morreu no 2018 na Coruña. Foi mestre, contacontos, escritor, actor de teatro, promotor da lingua e cultura galegas ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.
No 1995 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por "Cando petan na porta pola noite"  seleccionada como unha das cen melllores obras do S. XX.
Estivo sempre vinculado coa renovación pedagóxica, especialmente coa Nova Escola Galega.
Monumento a Xabier P. Docampo
 
A continuación temos o monumento a un escritor ben coñecido e unido a Vilalba: Agustín Fernández Paz. Naceu en Vilalba no 1947 e morreu en Vigo no 2016. Traballou como profesor de Primaria e Secundaria. É un dos escritores máis valorados no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil, autor de máis de 50 títulos dirixidos a un publico infantil e xuvenil na súa meirande parte. Os seus libros foron traducidos ás outras linguas do estado e algunhas delas a outros idiomas de fóra. Obtivo numerosos premios ao longo da súa vida.
Monumento a Agustín Fernández Paz
Case chegando ao remate do noso percorrido, atopamos o monumento a Manuel Mª que naceu en Outeiro de Rei no 1929 e morreu na Coruña no 2004. Foi un poeta galego comprometido políticamente e cun caracter combativo. Aínda que destaca sobre todo como escritor de poesía tamén escribiu ensaio, teatro e narrativa.
O seu libro máis coñecido é "Os soños na gaiola", un conxunto de fermosos poemas para nenos e nenas.
Monumento a Manuel Mª
O último escritor que imos ver nun monumento, é o dedicado a Paco Martín. Naceu en Lugo no 1940. É un escritor e mestre xubilado. A súa obra máis coñecida é "Das cousas de Ramón Lamote" coa que ganou o premio Barco de Vapor e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. 
Monumento a Paco Martín.
Xa estamos no final para nós, que sería oficialmente o inicio de ruta: O muíño do Rañego. Este muíño estivo en funcionamento ata finais dos anos 60 e a partires desta data entrou en decadencia. A partires do ano 2000 empezouse a rehabilitar e na actualidade funciona como centro de interpretación etnográfico e como sede de actos culturais diversos.
Muíño do Rañego

Outra vista do muíño
Ás beiras do muíño, hai unha área recreativa. Dende aquí damos a volta polo camiño que trouxemos.
Área recreativa do Rañego
Chegamos de novo á área recreativa de A Magdalena. O paseo aínda segue para o outro lado durante 1 km. máis, ata a Ponte dos Freire, pero nós rematamos a ruta aquí.