O Valadouro é un concello da Mariña Lucense Central bañado polo río Ouro que forma aquí un fermoso val cada vez con menos habitantes. A súa capital é Ferreira.
A ruta máis coñecida no concello de O Valadouro é a Ruta dos Pozos porque nos leva á coñecida fervenza do Pozo da Onza.
O máis femoso desta ruta, que neste momento que nós a fixemos aparece algo descoidada, son uns metros que o percorrido vai á beira dun rego e a cascada da Onza. Os demais km. son por pistas forestais no medio de eucaliptos.
Características:
Lonxitude: 6,8 km. se se decide facer circular como a fixemos nós.
Dificultade: fácil
Ruta circular bastante ben sinalizada, aínda que neste momento hai sinais que os tapa a maleza.
A ruta en WIKILOC
Descripción:
Nós empezamos esta ruta un pouco antes de onde está o comezo oficial, na antiga estrada a Cangas.
|
Aquí comenzamos a ruta |
Pasamos por diante da antiga Escola-Fogar "Virxe dos Remedios", moi coñecida nesta zona por acoller alumnado con problemas económicos e de familias desestructuradas. Pechou no ano 2004 por falta de alumnado.
|
Antiga Escola-Fogar. |
Aquí está o comenzo oficial da ruta. Eso sí, podían despexar algo o cartel. Hai que fixarse para velo!
|
Punto oficial de comenzo da ruta
Tras dos Ríos, así se chama o lugar onde empeza oficialmente a Ruta dos Pozos. Estamos na parroquia de Alaxe, oficialmente coñecida como S. Xoán de A Laxe |
Vemos o Museo do Mel. Aberto no 2015 é unha iniciativa que impulsou a produtora de Mel Marifé Sixto con dous obxectivos. En primeiro lugar, dar a coñecer o proceso de elaboración do mel con materiales didácticos audiovisuais e libros, así como os aperos e ferramentas que se utilizan, facendo un percorrido histórico polos diferentes sistemas. En segundo lugar, tamén fai as funcións de punto de venda do produto. Comercializa o seu mel co nome de O Trobo que ten ganados premios do Consello Regulador de Mel de Galicia.
|
Museo do Mel |
O percorrido vai por unha estrada local á beira do Rego de Ferreira durante uns metros:
Atopamos a área recreativa de Alaxe, agora mesmo algo descoidada. Seguro que cando se achegue máis o verán térana máis rozada.
|
Área Recreativa de Alaxe |
Aquí temos outro punto de acceso á ruta pero sen sitio para aparcar. A xente debía facelo neste prado pero é privado e non deixan.
A partires de aquí, a ruta vai por un camiño de carro:
E pasa polo Pozo das Moscas onde se pode aproveitar para o baño xa que o río aquí fai un pequeno e tranquilo remanso
|
Pozo das Moscas |
O percorrido vai agora por un estreito e fermoso carreiro. A pena é que só dura uns poucos metros:
Temos que cruzar esta ponte de cemento que se ve na foto para pillar á dereita. Aquí non hai ningún sinal e pode prestarse a confusión o camiño a seguir se non seguimos un track ou ben...lemos esto!! |
Ponte |
A partires de aquí, camiñaremos por pistas forestais entre eucaliptos durante cerca de 2 km.
A ruta por aquí, está ben sinalizada. Ao chegar a este cruce, temos 2 opcións, polos dous lados chegaremos á fervenza. Se pillamos á dereita (1km) baixamos, pero despois hai que subir e se pillamos á esquerda como pillamos nós (850 m) hai que subir primeiro (unha subida levadeira durante aprox. 400m) e despois baixamos ata chegar á fervenza.
|
Cruce onde hai que decidir que dirección tomar
|
Calquera que sexa a opción elexida, camiñaremos por unha estrada local. Nós pillamos á equerda e, ao rematar a subida, a paisaxe ábrese deixando estas vistas:
Emprendemos unha pequena baixada que nos leva deseguida ao inicio do camiño da fervenza. Ata aí poden chegar os coches e despois só quedan 200 m para chegar. O problema é que apenas hai sitio para un coche.
Os eucaliptos están invadindo todo e chegando ata mesma cascada. Cortaron uns carballos que había e repoblaron con castiñeiros. Falta fan!
Nesta zona a paisaxe é femosa. Lástima que son moi poucos metros!
Unhas escaleiras de pedra, achénganos á fervenza:
E aquí a temos!! A fervenza do Pozo da Onza!! Formada polo Rego do Val dos Infernos, O Valdeinferno que nace a case 700 m. de altitude moi cerca da S. do Xistral e descende cara ao río Ouro, onde a lenda conta que existíu unha gran lagoa que ocupaba unha boa parte das zonas baixas do concello de Valadouro.
|
Fervenza do Pozo da Onza, de case 15 m. de altura |
E agora para facer a ruta circular, ao sair á estrada collemos á esquerda e inmediatamente á dereita por un carreiro onde hai un sinal coas raias blancas e amarelas pero grazas a que seguíamos un track porque o sinal estaba case completamente tapado de maleza.
|
Carreiro |
Era difícil ver o sinal:
O carreiro lévanos deseguida áo lugar de A Amarela, na parroquia de Budián.
Atravesamos este lugar:
|
A Amarela |
Ao chegar ao seguinte cruce, temos que pillar á dereita para introducirnos nunha estrada de monte e pouco máis adiante temos a opción de pillar á esquerda e dúas ocasións, a 1ª non está sinalizada e habería que seguir un track ou ben ler esto e recordalo (esta foi a opción que nós eleximos), a 2ª opción de pillar á esquerda está a só uns metros da 1ª e darémonos conta de que o sinal que xa vimos na ida. A diferenza é que collendo a 1º opción damos menos volta e chegamos deseguida ao enlace co camiño de ida.
|
Baixamos por este monte |
E deseguida voltamos a estar ao pé do Rego de Ferreira polo mesmo camiño que levamos á ida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario