Baleira é un concello que pertence á Comarca da Fonsagrada e a capital é O Cádavo. Esta ruta vai ser a 3ª que facemos neste concello. As anteriores foron estas:
A ruta de hoxe é moi curta pero moi proveitosa porque en moi pouca distancia podemos admirar dúas fermosas cascadas e coñecer a pequena aldea de S. Paio.
Características da ruta:
Lonxitude: cerca de 3 km.
Dificultade: Fácil. Só hai que levar coidado no entorno das fervenzas que acostuma a estar moi húmido, sobre todo en época de choivas. A 1ª fervenza ten un acceso un pouco máis complicado para achegarse a ela.
Ruta circular sinalizada. O meu track (orientativo porque tiven que modificalo xa que non me acordei de parar a grabación ao finalizar e grabou o tempo de coche ata Meira) en Wikiloc:
Descripción:
Aparquei o coche un pouco antes de chegar a S. Paio, nunha bifurcación onde hai un letreiro anunciador da ruta PR-G 145 "Ruta da Marronda- Alto Eo" coa que compartiremos parte desta ruta.
Carreiro cara a 1ª cascada. Os liques nas árbores son un bo indicador do aire limpo que hai no entorno.
O 1º que se ve é este muíño que foi construido no 1946 sobre os restos de dous anteriores aproveitando a auga do río Eo e o seu afluente Rego do Castelo. O muíño está restaurado.
A fervenza Aceña da Serra aproveita o desnivel natural que existía para construir un muro de pedra duns 15 m. para desviar as augas para a aceña, acea ou muíño que acabamos de ver. Tamén se aproveitaba a auga para o regadío a través das diversas canles creadas á beira do río.
| Fervenza Aceña da Serra |
A fervenza está algo modificada pola presa que construiron para o muíño pero é moi fermosa e ademais traía moita auga debido ao outono e inverno chuvioso que estamos a ter.
Voltamos uns metros cara atrás e continuamos cara a S. Paio. Á nosa dereita vai o Eo, aínda moi novo (o seu nacemento non está moi lonxe de aquí)
S. Paio é unha pequena aldea da parroquia de Santiago de Cubilledo, do concello de Baleira.
| S. Paio |
En S. Paio atopamos esta rústica e preciosa fonte.
Nos inicios da aldea atopamos este letreiro ao pé do alpendre dunha casa e as indicacións de que podemos ir por aí para a 2ª fervenza.
Estamos compartindo a ruta Fraga da Marronda.
O camiño este está algo anegado.
Despois de alonxarnos da aldea polo camiño ao pé dun prado, entramos nun estreito e fermoso carreiro.
![]() |
| Fervenza da Ferrería |
