Dentro da etapa 5 do Camiño Natural do Cantábrico (S. Cibrao-Viveiro), hoxe realicei o tramo S. Cibrao-Porto de Morás. Dos que levo feitos dende Ribadeo onde empecei, é o que menos me gustou. O mellor, o inicio co parque Raíña Sofía, a Ría de lieiro e o paseo ás beiras do Río Covo en S. Cibrao e o final coa praia de Lago e o porto de Morás; o resto do percorrido métese cara ao interior por pistas forestais e de terra, rodeadas de eucaliptos. O mellor desto é que cruzaremos aldeas como Barxa, Lago...
Os tramos realizados ata agora deste Camiño Natural do Cantábrico témolos aquí:
Rutas de sendeirismo: RUTA RIBADEO- RINLO POLO CAMIÑO NATURAL DA RUTA DO CANTÁBRICO
Rutas de sendeirismo: RUTA RINLO- REINANTE POLA RUTA NATURAL DO CANTÁBRICO
Rutas de sendeirismo: RUTA NATURAL DO CANTÁBRICO: Praia de Arealonga - praia de Anguieira(Barreiros)
Rutas de sendeirismo: CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. TRAMO PRAIA DE ANGUIEIRA(BARREIROS) - FOZ
Rutas de sendeirismo: CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. TRAMO PORTO DE FOZ- PORTO DE FAZOURO
Rutas de sendeirismo: RUTA CASTRO DE FAZOURO(FOZ)- PRAIA DE AREOURA(FOZ)
Rutas de sendeirismo: CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO (BURELA- S. CIBRAO)
Imos co tramo do hoxe (Ao final, está a ruta en wikiloc)
Características:
Lonxitude: 10,6km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal en xeral ben sinalizada pero...ás veces hai sinalización demais e algúns puntos falta. Esto pasa en tódolos tramos.
Descripción:
Saio pois de S. Cibrao, do parque "Reina Sofía" situado á beira da ría:
Este monumento é unha moderna fonte:
Saimos polo paseo á beira da ría:
Temos que cruzar a ponte sobre a ría e coller á esquerda:
Imos polo paseo á beira do río Covo:
Agora por unha pasarela de madeira:
 |
Ao fondo, a ponte pola que cruza o tren |
E chegamos á Ponte medieval do Bao. Construíuse no medievo para poder cruzar o río cando a marea está alta. É semellante ás pontes romanas e atopamos outras en Cangas de onís, Navia de Suarna...Ten un único ollo e de forma oxival. Foi restaurada polo concello de Cervo no ano 1986
 |
Os peitorís da ponte foron renovados no S. XIX |
 |
A ponte ten unha altura de 9,5m |
Aquí, as beiras do río Covo, hai unha preciosa área recreativa:
Cun antigo muíño restaurado
Continuamos agora por unha pista forestal durante uns 200m aprx. e desembocamos nesta carretera nun cruce sen sinalización ningunha da ruta. Por lóxica (imos cara ao mar) pillamos á dereita onde vemos deseguida un sinal. Seguimos en Lieiro, na parte máis alta desta parroquia. Onde se ven as casas, hai que pillar á esquerda.
A chimenea da fábrica de Alúmina-aluminio vai acompañarnos boa parte do traxecto:
Vistas de S. Cibrao dende o alto de Lieiro:
Imos agora atravesar un pequeno monte (aprox. 600m.)
Para desembocar nunha rotonda, aínda que o trazado oficial sae algo máis arriba porque había que coller á esquerda nalgún momento. Eu non vin o sinal.
En O Castelo, xunto ao restaurante, torcemos á dereita:
O camiño é ancho e cómodo e aínda algún carballo permanece entre eucaliptos. Cruzamos a aldea de Lago, xa no concello de Xove. É esta unha parroquia eminentemente agrícola e é o lugar onde está ubicada a multinacional ALCOA, así como as instalacións dunha piscifactoría de PESCANOVA dedicada á cría de rodaballo. |
Parroquia de Santa Eulalia de Lago |
Despois de rodear as instalacións da Factoría de Alúmina- Aluminio por un lado, chegamos deseguida á aldea de Barxa que pertence á parroquia de Lago.
Esta é unha das zonas máis industrializadas da Mariña. Ao longo do percorrido do tramo de hoxe, imos constantemente vendo chimeneas e instalacións industriais.
 |
Piscifactoría de rodaballo |
Cruzamos polo túnel debaixo da vía:
E xa estamos na praia de Lago onde vemos de fondo as instalacións portuarias de ALCOA
Esta praia conta cunha inmensa área recreativa que atopamos moi coidada:
A praia de Lago mide 650m de lonxitude, é unha praia de area moi fina e é algo ventosa. Atópase nunha zona illada, lonxe das casas. As únicas instalacións que se divisan son as industriais.
Esta praia conta cun importante sistema dunar separando a praia da área recreativa.
Seguindo esta estrada que acaba no mar, a carón da praia de Lago, atopamos unha pequena cala á man esquerda:

Abandonamos a praia de Lago para dirixirnos ao Porto de Morás, fin do noso percorrido. Só queda 1,5km.
Antes de dirixirme ao porto, collín á man dereita nunha indicación que sinalaba a praia da Cova. Son uns 100m. e temos unha vistas espectaculares do porto ademais de coñecer esta cala.
Na foto seguinte vemos o porto e a praia de Morás
A praia da Cova é a única do concello de Xove que permite o acceso á mesma con cans. |
Esta praia mide 70m. de lonxitude |
O concello de Xove ofrece a "Senda Costeira de Xove", un percorrido lineal que se iniciaría aquí en Morás ou na praia de Esteiro e que pon en valor a fermosa costa deste concello. O Camiño Natural do Cantábrico coincidirá, neste concello, en boa parte con esta ruta.
A praia de Morás, de 80m, de lonxitude é tranquila pola situación e polas poucas ondas. A carón desta praia atopábanse as antigas instalacións baleeiras de Morás xa que a pesca da balea tivo unha grande importancia no pasado e hoxe podemos recordalo polo paseo etnográfico que temos neste lugar.
Estes son os dolos: formacións de formigón que se fabricaron aquí para a realización do espigón de abrigo do porto da fábrica de aluminio nos anos 70 do pasado século.
Ningún comentario:
Publicar un comentario