Sempre pensei que Muimenta era concello; hoxe aprendín que non, que é unha parroquia do Municipio de Cospeito. Tiña de referencia o nome de Muimenta pola famosa discoteca Hermo que segue aínda existindo dende 1975, pero nin fun nunca este lugar nin coñecía Muimenta. Hoxe descubrín algo desta parroquia que me sorprendeu e me gustou moito nunha ruta curta e moi, moi fácil como non podía ser doutro xeito estando na Terra Cha.
Características da ruta:
Lonxitude: 7,5 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar que eu planifiquei. O track en WIKILOC
Descripción:
Aparquei na Praza Maior (si, si...ten Praza Maior e todo!) .
Praza Maior de Muimenta |
Monumento á Festa da Filloa |
Abandono a Praza Maior camiñando uns metros (moi poucos) pola estrada LU-120 pola que cheguei.
Chama a atención a nova igrexa tan moderna e diferente ás que estamos acostumados a ver.
Igrexa nova de Muimenta |
No chamado "Campo da Igrexa" atopamos marabillas: a antiga escola, a antiga igrexa, 5 árbores Senlleiras...
A escola foi rehabilitada no ano 2012 coa axuda dos veciños. Fora construida no 1904 e funcionou ata 1965. Actualmente é un Museo Pedagóxico onde se recolle os materiais (mesas, láminas, mapas, cadernos...) de tempos pasados que non debemos esquecer.
Antiga escola de Muimenta, hoxe Museo Etnográfico |
Na fachada principal da escola hai varios poemas escritos por poetas locais. O que podemos ler a continuación foi escrito por Anxo Lamas, artista chairego finado en 2018 e cuxa traxectoría artistica estivo viculada á pintura e á escultura pero tamén se adentrou no mundo da poesía; este poema fermoso é un exemplo.
Tamén se poden ler poemas de otros poetas chairegos como: Xosé Otero Canto, Aquilino Iglesia e Darío Xoán Cabana.
Poema de Anxo Lamas. |
O Campo da Igrexa agora co cruceiro e a igrexa vella. A escola, que non aparece na foto, queda á nosa esquerda.
A vella igrexa é de estilo románico tardío e foi tamén restaurada polos veciños despois de levar moitos anos sen culto e en estado ruinoso. Nunha parte da igrexa está o Museo das Zocas.
Cruceiro e igrexa vella restaurada |
Neste lugar hai tamén 4 carballos e 1 freixo que pertencen ao Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia creado no 2007 para garantir a conservación de árbores que polas súas características (tamaño, antigüidade, beleza, significación histórica...etc) son consideradas xoias botánicas e teñen valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental.
Estas 5 árbores de Muimenta entraron neste catálogo no 2015 por iniciativa da Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva dos Xogos Tradicionais de Muimenta (XOTRAMU)
2 carballos senlleiros |
Un freixo senlleiro |
Igrexa nova de Muimenta |
Lagoa de Regueiriña |
Lagoa de Regueiriña |
Vaia ruta guapa planifiquei! Canta natureza! E que ben se camiña!
Paisaxe aberta e fermosa ao pé da casa anterior.
Despis das casas que se ven na foto de abaixo, imos entrar nun tramo de estrada que nos vai levar deseguida ao punto de inicio.
Páxinas web consultadas:
https://destinogalicia.net/museo-pedagoxico-vella-escola-de-muimenta/https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2018/02/03/span-langglfalece-artista-chairego-anxo-lamasspan/00031517659513394959859.htm
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/
https://medioambiente.xunta.gal/portada
https://muimenta.com/historia.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario