S. Vicente de Mondoñedo ou oficialmente S. Vicente de Trigás, é unha parroquia de Mondoñedo que ten pouco máis de 20 habitantes. Ultimamente saeu na prensa o nome desta parroquia debido ás excavacións que se estiveron realizando no lugar de Combarro onde apareceu unha necrópole medieval.
De tódolos xeitos eu non vin para ver a necrópole (nin sei o lugar exacto onde se atopa nin sei se hai aínda algo que ver ou se está permitido) Vin coñecer esta parroquia porque neste concello hai aldeas interesantes a nivel de paisaxe e de etnografía que merece a pena dar a coñecer.
Características da ruta:
Lonxitude:6,4 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular que eu deseñei sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Esta ruta ten inicio e fin xunto á igrexa parroquial de S. Vicente de Trigás construida en 1963. Dende a igrexa temos estas vistas da aldea de Bicos (Abadín) pola que despois pasarei.
A igrexa de S. Vicente de Trigás veu sustituir a antiga capela que foi igrexa parroquial ata a construcción desta actual no 1963.
|
Igrexa parroquial de S. Vicente de Trigás |
Camiño cara abaixo, cara á antiga capela.
Fermosa paisaxe da capela aló embaixo e a aldea de Bicos, xa na parroquia de Galgao que pertence ao concello de Abadín.
Ao pé do Camiño Norte de Santiago atopamos esta capela que foi igrexa parroquial ata a construcción do novo templo.
O presente edificio data do S. XVI aínda que as primeiras referencias documentais son do S. XI
|
Capela de S. Vicente de Trigás. |
Vou por unha estrada local na que non vexo máis seres vivos que aquelas vacas pacendo.
En Mondoñedo aínda quedan parroquias que conservan árbores autóctonas.
Un sinal do Camiño de Santiago que vai loxicamente na dirección oposta á miña. Agora, no cruce, vou á dereita.
E atopo tamén outros sinais que indican outras rutas para BBT :
Remata o asfalto e vou en descenso cara ao Rego de Carballo que vai separar os concellos de Abadín e Mondoñedo.
Despois de cruzar pola ponte o Rego de Carballo, que algo máis adiante se chamará Rego de Valiñadares, estou no concello de Abadín.
Agora hai unha subida algo pronunciada pero curta e, ao pouco desta subida, volvo a estar outra vez no concello de Mondoñedo.
A subida remata en A Valiña da parroquia de S. Vicente. Aquí pillo un camiño á dereita que me vai levar ata Bicos, xa en Abadín.
Non sei se en A Valiña vive alguén, pero algunhas casas aparecen restauradas.
Teño dúbidas de se o camiño estará acondicionado para poder pasar regularmente e atopo nada máis pillalo a un rapaz que é da zona e me di que si, que se pasa perfectamente.
O camiño é moi fermoso e pásase perfectamente.
As vistas tamén son espectaculares. Ao lonxe, no mdio da arboreda vexo asomar o lugar onde deixei o coche, ao pé da igrexa de S. Vicente. Xa estou outra vez no concello de Abadín!
Encántame ver estas fragas autoctonas das que na Mariña quedan tan poucas!
Xa se abre a paisaxe e vense os prados cerca da aldea.
Bicos pertence á parroquia de Galgao en Abadín. Está a 329m. de altitude e as vivendas e hórreos aparecen coidados. Vin 3 persoas e dous cans.
Unha vista máis de cerca da aldea de Bicos.
Agora toca baixar por estrada local pola que ninguén pasa nin en vehículo, nin camiñando. Volvo cruzar o Rego de Carballo.
Nun momento dado deixo a estrada e pillo un camiño para facer algo máis largo o percorrido porque seguindo pola estrada, deseguida volvería a estar xunto á capela de S. Vicente.
Volvo cruzar a Ponte do Rego Carballo e despois de facelo xa estareri de novo na parroquia de Mondoñedo.
O camiño vai en lixeira subida e resultou ser unha pista que debía dar acceso a unha vivenda que hai á esquerda case tapada pola arboreda pero vense ven os prados darredor e incluso uns cabalos pacendo. Descoñezo se segue habitada.
Despois duns 500m., a pista anterior desemboca nunha estrada local pola que vai o Camiño de Santiago.
Unha estrada totalmente solitaria que despois de 1km. vai dar á Capela de S. Vicente.
Aí está ao pé do cemiterio, de novo a capela.
Toca subir ao punto de inicio que está moi cerca. Volvendo a vista atrás vexo as aldeas polas que antes pasei: A Valiña de Mondoñedo e Bicos, de Abadín.
Uns cabalos pastan tranquilamente neste fermoso recuncho de Mondoñedo. O día está rematando, a miña ruta, tamén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario