A Veiga é un concello asturiano que limita con Galicia, o río Eo fai de fronteira natural entre as dúas comunidades. Dende a Mariña luguesa, chegamos deseguida a esta vila.En Vegadeo xa fixera outra 3 rutas:
A Senda do Eo
Mazo de Meredo
A ruta do Estraperlo+Senda do Eo
Hoxe e fuxindo de rutas de monte polas carrachas, fixen unha ruta urbana curta, fácil e fermosa descubrindo as pontes da Veiga e as esculturas que os acompañan e lugares desta vila que a maioría das veces pasan desapercibidos por non coñecerse que existen.
Na páxina do concello publicítase esta ruta como "Ruta de los 12 puentes" Nós veremos unha máis xa que iremos ata Piantón, parroquia pegada á Veiga, para ver a súa fermosa ponte de pedra.
É unha ruta sen sinalizar e hai algún track . De feito eu seguín un, pero só en parte, xa que considero que é imprescindible percorrer a área recreativa de Noveledo polos dous lados que ten, un pegado ao río e o outro onde está o polideportivo, a aula de consumo... porque é unha das zonas máis fermosas desta ruta. Así mesmo acurtamos unha zona de estrada e fomos ata o mesmo centro onde está a igrexa para merendar no Bar Cantábrico.
«La senda de los doce puentes», un proyecto de museo al aire libre que pretende aunar dos fines fundamentales: ser un acicate para que gentes de fuera vengan a conocemos y poner de manifiesto la enorme riqueza y calidad del arte contemporáneo asturiano. (Concello de Vegadeo)
O meu track, AQUÍ
Características da ruta:
Lonxitude: 6km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar.
A miña valoración desta ruta: 🔆🔆🔆🔆
Descripción:
Empezamos a ruta ao pé de onde aparcamos o coche, na rúa Muelle ao pé do río Suarón. Esta vai ser a 1ª ponte que vexamos: A Ponte Matadero sobre o río Suarón. Dende esta ponte vemos na parede de frente, no outro ado do río, a escultura Arboladura de José Legazpi, escultor do veciño concello de Taramundi. É unha escultura dedicada aos carpinteiros de ribeira e aos barcos de vela que antes entraban polo río.
|
Ponte Matadero |
Na seguinte foto, vemos a escultura antes mencionada. O río Suarón nace na Garganta, na Serra da Bobia e desemboca na ría de Ribadeo tras pasar pola Veiga, Meredo e Piantón.
|
No muro, a escultura Arboladura |
Cruzamos a Ponte do Matadero e pillamos á dereita polo Paseo César Montaña. (César Montaña foi un ecultor nacido nesta localidade)
|
Paseo César Montaña |
A igrexa dende o Paseo César Montaña.
|
Paseo César Montaña |
A ponte que vemos é Puente del Ayuntamiento. (Nº 2)
Vistas á vila dende a ponte anterior.
Xa vemos a 3ª ponte : Ponte da Reguera sobre a N-640
|
Ponte da Reguera |
Nesta ponte temos a escultura de Herminio chamada Rotura en el Espacio, unha barra de aceiro con dous cortes profundos que fan que a barra se pregue en tres partes nun equilibrio imposible.
|
Escultura "Rotura en el Espacio" |
Cruzamos a estrada N- 640
Vemos a 4ª ponte: Ponte de A Abraira
|
Ponte de A Abraira |
Na ponte anterior temos a escultura "Abrazo" do artista Luis Fega natural de Piantón. A obra escultórica "abraza" o entorno, ou ben edificios ou prados e montañas, dependendo de onde se mire.
|
Escultura "Abrazo" |
Entramos na Avda. Suarón ao pé do río do mesmo nome que agora se estreita moito e ten moita herba no seu cauce:
Xa vemos a 5ª ponte: Entreseca, que cruzaremos.
|
Ponte Entreseca |
Ao pé da ponte anterior vemos un fermoso e colorido lavadoiro restaurado:
|
Lavadoiro |
Na Ponte de Entreseca temos a escultura Vida, unha obra de 20m. ao longo da ponte en cor vermella realizada por Vicente Pastor.
|
A escultura "Vida" representa un espermatozoide. |
Estamos na Área Recreativa de Noveledo onde o Suarón parece un rego:
A área recreativa El Noveledo é moi grande e fermosa. Está situada moi preto do casco urbano e conta con numerosos servizos: un completo parque infantil, mesas, bancos, grellas, a piscina municipal, a aula de consumo, polideportivo...Está poboada con numerosas árbores e ten un paseo sombreado con bancos frecuentes. Ao pé está tamén o campo de fútbol.
|
Paseo na área recreativa El Noveledo |
A ponte que vemos na foto seguinte une as dúas partes do parque que está cruzado polo río Suarón. É a 6ª ponte e última sobre este río.
|
Ponte de Noveledo |
Outra foto das dúas marxes do parque, separadas polo río, pero unidas polas dúas pontes que o cruzan nesta área recreativa.
|
Río Suarón na área recreativa El Noveledo |
Cruzamos unha pequena pontella que salva un rego ao pé do campo de fútbol:
Bordeamos o campo de fútbol "El Soutón"
E desembocamos na estrada AS-22 que nos leva a Piantón:
E xa vemos a Ponte de Piantón (7ª) que aínda que lle chaman "Ponte Romana" realmente é do S. XIX e sustitúe a outra que levou unha riada. Esta ponte serve para o paso dos peregrinos a Santiago que realizan o Camiño Norte.
|
Ponte de Piantón |
Cruzamos a ponte que separa Piantón en dúas partes. É famosa a Semana Santa en Piantón dende que no ano 1758 frai Antonio Romay, tras voltar de misión apostólica nos lugares Santos de Xerusalén, fundara a Confraría de Nuestra Señora de los Dolores.
En Piantón eran coñecidas as hoxe desaparecidas feiras de gando, existiron tamén unións de artesáns, siendo moi elevada a porcentaxe de poboación dedicada aos oficios no S.XIX nesta parroquia. Anteriormente, nesta zona tamén foron acollidos moitos ferreiros orixinarios de Biscaia na sua maioría, O Mazo de Meredo (na ruta da que falei ao principio) é unha mostra desta actividade pasada.
|
Praza de Piantón |
Vistas de Piantón
|
Piantón |
Subimos pola rúa Fuente Vieja e desembocamos na AS-11 que vai á Garganta.
|
AS-11 |
Outros tracks, o que eu seguía tamén, continuan pola estrada ata meterse en Vegadeo. Eu quería desfrutar da outra parte da área recreativa do Noveledo (fomos por unha marxe do río e eu quería ir tamén pola outra) Así que, xusto na curva que se ve, hai un acceso que pillamos:
Baixando unhas escaleiras, xa estamos de novo en Noveledo. Se a parte que xa vimos desta área recreativa era moi fermosa, para mín, esta aínda o é máis.
|
Área Recreativa El Noveledo |
Chegar aquí trouxome uns gratos recordos, pois cando exercía a miña profesión de mestra trouxemos varias veces o alumnado para realizar actividades nunha aula de consumo que hai nesta mesma área recreativa e comíamos aquí e os nenos e nenas desfrutaban tamén dos aparellos que hai para eles e corrían e xogaban moito nesta zona.
|
Área Recreativa El Noveledo |
Eu xa coñecía esta zona da área recreativa.
|
Área Recreativa El Noveledo |
A área recreativa está moi coidada e é moi fermosa. Os nenos teñen ata unha tirolina.
|
Área Recreativa El Noveledo |
Un túnel vexetal:
|
Área Recreativa El Noveledo |
Moitas especies arbóreas:
|
Área Recreativa El Noveledo |
Hai tamén zona de mesas e bancos con grellas para asar.
|
Área Recreativa El Noveledo |
Ao pé do polideportivo hai tamén unha cancha de baloncesto.
Na seguinte foto vemos o polideportivo e a Aula de Consumo a onde traíamos ao noso alumnado
Tamén está aí a piscina municipal que onte, día de calor, estaba ateigada:
|
Piscina Municipal |
O urbano e o rural tan cerca...
En lugar de pillar ao final do paseo polo mesmo traxecto da ida, pillamos á esquerda pola rúa S. Pedro ata chegar a esta pequena rotonda onde pillamos á esquerda.
Desembocamos na rúa Cal e seguimos á dereita.Temos estas vistas sobre A Veiga.
Continuamos pola rúa Sur (na foto seguinte vemos a baixada á rúa Maior)
E pillamos un calexón á dereita:
O calexón anterior desemboca na avda de Taramundi (AS-21) que cruzamos cara á aldea Pena.
Aquí podemos ver a 1ª ponte sobre o río Monjardín que para nós será a 8ª: o "Puentín de Ferreira".
|
Puentín de Ferreira
|
Doblamos á dereita por diante das fermosas casas na rúa Ferreira
Vemos a seguinte ponte (nº 9) e o edificio que alberga a Residencia da Terceira Idade. Esta é a Ponte das casas de Ferreira
|
Ponte das Casas de Ferreira |
Outra ponte máis: a nº 10. Ponte da Pandela
Estas pontes de madeira que cruzan o río e son de uso dos veciños propietarios das hortas ás que dan acceso.
O río Monjardín está moi sucio e unha veciña comentounos que ás veces cheiraba mal. En marzo deste 2023 saeu unha noticia de que Medio Ambiente iniciaría este mesmo verán o saneamento deste río e tamén do Suarón.
A ponte seguinte no medio da vila, é a ponte Pontigo de Ganso pola que vai a N-640. (A nº 11)
|
Pontigo de Ganso |
Fáltannos aínda dúas pontes que ver pero antes decidimos ir tomar un café xa que estamos no centro da vila e na ponte anterior torcemos á esquerda. O primeiro que nos atopamos é a igrexa parroquial de Nosa Señora da Asunción de mediados do S. XIX. Do 6 ao 16 de agosto a Virxe da Asunción está neste templo para celebrar as Festas Patroais; o resto do ano está na capela da Virxe da Cal, na rúa do mesmo nome pola que pasamos pero non vimos esta capela.
Ao pé da igrexa está o Parque de Medal, situado entre a igrexa e a Praza do concello. Fermoso e ben coidado. Á altura deste lugar chegaban antigamente os barcos remosntando a ría e o río Suarón.
Na foto vemos o "Quiosco da Música" de 1903 co fin de ofrecer un escenario digno para as actuacións da Banda de Música. Foi sufragado en parte cos donativos da veigueñas e veigueños que estaban en ultramar.
É unha obra modenista.
|
Quiosco da Música de 1903 |
Un fermoso lugar para descansar ou pasear.
|
Parque de Medal |
A escultura que se ve en 1º termo chámase Venus Algálica, obra de César Montaña. A que está detrás, é a chamada "Cedro" de Gerónimo Guerrero. Nese lugar houbo plantado un cedro do Himalaya que secou e este artista convirteu nunha escultura na que o tronco é unha cenefa prerrománica
|
Esculturas Venus Algálica e Cedro |
O edifico pintado en cor sepia é a Casa Villamil, un edificio histórico catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural) de finais do S. XIX. Foi a antiga residencia de Everardo Villamil e a súa familia. Hoxe é a Casa da Cultura e na 2ª planta alberga a Biblioteca Pública. Alberga tamén o moderno auditorio "Félix Menéndez".
En su interior también podemos encontrar una interesante réplica de uno de los restos arqueológicos de mayor valor de Asturias, la Estela de Nicer. Esta estela funeraria, o lápida, data de entre el S.I y S.IV d.c. Hace referencia a Nicer Clutosi, príncipe de los Albiones, uno de los primeros pueblos que poblaron las riberas del Eo. Fue encontrada en la localidad veigueña de A Corredoira en 1932. Actualmente la estela se encuentra en el Arqueológico de Asturias, en Oviedo. (Concello de Vegadeo)
|
Casa da Cultura de Vegadeo |
Despois de tomar a merenda no bar Cantábrico (ao pé da Casa da Cultura) continuamos á busca das pontes que nos faltaban. Pillamos cara á ponte anterior , Pontigo de Ganso e sen cruzala imos á dereita pola beira do río.
A seguinte ponte é Travesías na que Ricardo Mojardín instalou unha escultura (Pontepeixe) con varias mensaxes en 22 pezas ovaladas colocadas ao longo da estructura da ponte, simulando as escamas dun peixe. (Ponte nº 12)
|
Ponte Travesías |
Detalle da ponte coa obra escultórica:
Á nosa dereita temos o Recinto Feiral. "Vegadeo tradicionalmente ha sido y sigue siendo el centro comercial y de servicios para nuestra comarca y las vecinas. Aquí se celebran tradicionalmente importantes mercados y ferial, como el semanal de los sábados, con casi tres siglos de existencia, la “feria caballar del 14”, celebrada en agosto, la ganadera de la Silvallana, la feria de Muestras, la segunda más antigua de Asturias y otras.
Toda esa tradición y la apuesta por mantenerla se vio plasmada en el año 2000 con la construcción y remodelación de un nuevo Recinto Ferial. Un Recinto Ferial que consta de un gran pabellón, adaptado y preparado para albergar múltiples y variadas actividades y exposiciones, y una gran superficie exterior donde se celebra actualmente el mercado semanal, la Feria de Muestras, etc., además de servir de un muy estimable y amplio aparcamiento para vehículos y un área específica de caravanas en pleno centro urbano". (páxina web do concello)
|
Recinto Feiral |
A última ponte que veremos é a Ponte del Fondrigo (nª 13)
|
Ponte de Fondrigo. |
Imaxe do Recinto Feiral pola outra parte:
|
Recinto Feiral |
Ao pé do Recinto Feiral, temos o lugar onde os ríos Monjardín e Suarón se xuntan para verter as súas augas na ría. Moi cerca xa temos o noso coche. Foi unha ruta na que aprendemos moitas cousas da Veiga das que non tiñamos nin idea.
Páxinas web consultadas:https://www.vegadeo.es/senda-12-puentes
https://es.wikipedia.org/wiki/Piant%C3%B3n
Ningún comentario:
Publicar un comentario