No concello de Abadín (prov. de Lugo, comarca da Terra Cha) xa fixen outra ruta en dúas ocasións. Lembro que foi a 1ª ruta que fixéramos o meu marido e eu en plena pandemia (non se podía aínda ir en grupo) Ao ano seguinte repetímola xa co grupo. Trátase da Ruta Dos Muíños que percorre enormes soutos xunto á unha fermosa vexetación de ribeira á beira de ríos e regatos que acollen varios muíños, uns restaurados e outros non. Está homologada.
O nome de Abadín por certo procede segundo a lenda, dun abade que cobraba tributos dictatorialmente e os veciños, con retranca chamábanlle "abadín".
A que traio hoxe, inventeina eu e comparte percorrido na 1ª parte co Camiño Norte de Santiago. Como quería facela circular, na ponte sobre a A-8 que logo describirei, dei a volta por outro lugar e fixen o percorrido visitando dúas igrexas.
Características da ruta:
Lonxitude: 12,6 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular só moi ben sinalizada no 1º tramo (Camiño Norte de Santiago) Ao xirar para facer a ruta circular, é necesario seguir un track
Deixo o meu en WIKILOC
A miña valoración desta ruta: 🔆🔆🔆
Descripción:
Aparquei na Praza de Abadín, frente ao Concello, xunto ao C.E.I.P Aquilino Iglesia Albariño. Dende aquí empecei a camiñata segindo os sinais do Camiño Norte de Santiago.
A foto seguinte saqueina dende a praza onde aparquei. O edificio de azul é a Casa Consistorial.
Algo máis deixamos a estrada para introducirnos por este precioso carreiro.
Prados, árbores...o verde sempre presente.
Chegando ao lugar de A Torre, o carreiro convértese en camiño.
Na mesma praza vexo xa os sinais do Camiño Norte de Santiago
Paso xunto ao edificio onde está Correos e o Xulgado pillando á esquerda para alonxarnos do centro da vila.
Vou pola rúa Camiño do Porto, alonxándome definitivamente da vila.
É unha mañá de sol pero apenas o noto por esta estrada con tantas árbores.
Despois de subir uns metros en lixeira ascensión, a paisaxe ábrese a estas vistas:
Na seguinte foto, onde está o sinal do Camiño, vexo uns metros máis adiante algo que me chama a atención. Achégome a ver de que se trata.
Trátase dun Cruceiro que hai na beira do prado, ao pé do camiño, que me fai preguntarme se o Camiño realmente non iría no pasado por aí, xa que indo por el desembocariamos deseguida na igrexa de Santa Mª de Abadín. Non me explico porque o trazado vai por asfalto en lugar de ir por ese camiño de carro sen pasar ademais pola igrexa citada.
Á volta si que voltarei por ese camiño.
Loureiros vellos |
Chegamos ao río Anllo que cruzamos pola ponte de madeira que se ve na foto. Este río é un afluente do Miño e desemboca nel no concello de Castro de Rei.
Ponte sobre o río Anllo. |
En lixeira ascensión pola pista que vemos, chegamos a unha estrada local.
Pasmos por Ponterroxal, un lugar da parroquia de Candia.
Estradas locais.
Ponterroxal |
Deixamos atrás estas estradas locais (este traxecto non é moi longo pero a mín fíxóseme algo "pesado" porque era era mediodía e ía bastante calor. Son 2 km. que se fan longos.
Xa vemos aló embaixo a autovía:
Que cruzamos por esta ponte:
Ao pouco desemboco na N-634
Camiño uns metros pola beira da estrada (hai un pequeno arcén)
Imos pola pista que se ve na foto ata o cruce da A-8
E aquí, no punto que se ve na foto seguinte, deixo de seguir o Camiño Norte xirando á esquerda para facer a ruta circular. O Camiño De Santiago Norte seguiría agora polo camiño que se ve na foto.
Camiño uns metros pola estrada N-634 e desvíome á dereita
Vou por esta pista durante 1 km.
Atopo outra ponte para cruzar a autovía de novo:
E volvo dar á N-6234.
E paro para o meu xantar de hoxe, que será debaixo das árbores que vemos na foto:
Deseguida pillo á dereita para visitar a igrexa de S. Pedro de Candia. Pola estrada chegaría antes pero non me gusta nadiña esa estrada N-634 xa que pasa bastante tráfico e comprobo que algúns van como locos.
Estas estradas locais acostuman a ser ben fermosas e sobre todo, tranquilas. Por aquí non me crucei con ningún vehículo
Encántame visitar capelas e igrexas pero non por un sentido ou intención relixiosa senón porque case sempre están encravadas en entornos marabillosos con árbores, fontes...e a tranquilidade que reina sempre nestes lugares agora pouco visitados, é única.
Igrexa de S. Pedro en Candia |
Esta fin de semana (8 e 9 de xullo) son as festas da parroquia en honor a S. Pedro. Os arredores da igrexa están ben rozados e xa hai unha carpa instalada.
Igrexa de S. Pedro en Candia.
A carpa e o inmenso campo da festa ao pé da igrexa:
Crucei o campo da festa e por un pequeno camiño que hai por detrás, saín de novo á N-634
Agora si que durante case 2 km. (1,8km.) teño que ir pola estrada nacional que non me gusta nada
Esta igrexa queda fora do Camiño Norte de Santiago e non entendo como unha igrexa románica nun entorno tan fermoso non estea nin tan siquera sinalizada por se alguén se quixera desprazar a vela, só sería desviarse uns metros.
Frente á igrexa temos este gran prado que ten ao final unha fonte de pedra.
Seguimos pola estrada que vai por detrás da igrexa durante uns 600m.
Volvín á estrada e uns metros máis adiante si que había un camiño en perfectas condicións
Percorro a Avda. de Galicia
A igrexa é do S. XII de estilo románico pero con elementos de gótico tardío nas reformas que lle fixeron no S. XVI. Ten cunha espadana barroca de dobre campanario. Está construída en cantería de granito, esencia de forza e robustez da arquitectura galega. Destaca o seu arco de medio punto na entrada principal e sobre este, o rosetón.
Pasamos por diante dunha casa onde a estrada remata e dá paso a este camiño de carro que irá desembocar ao traxecto que levamos á ida.
Pasamos por diante do cruceiro do que antes xa escribín e desemboco na estrada pola que xa fun á ida.
No meu afán de non repetir o itinerario de antes, vin estes dous camiños e collín polo da dereita
Nun principio o camiño non pintaba mal, pasábase perfectamente e era fermoso.
Pero resulta que remataba nun prado!! Nótase que o camiño continuaba pero na finca do lado víase pechado pola herba así que crucei o prado porque ao final do mesmo vía outro camiño.
Pero tampouco por este camiño era viable o percorrido. Deume medo meterme por aí xa que ía en pantalón curto e calzado tampouco era o máis apropiado e agora no verán, os bichos...aís que optei por dar a volta.
Baixando ao pé da 1ª casa de pedra que vemos cheguei de novo á N-634, xa de novo en Abadín.
Vexo un Peto de Ánimas (pequeno santuario ubicado en encrucilladas, igrexas, camiños...que son un culto aos mortos e ás ánimas). A finalidade dos Petos de Ánimas é ofrecer unha limosna para salvar as almas que están no Purgatorio para que podan entrar no ceo. Unha vez as ánimas (almas) queden liberadas intercederán polos vivos que fagan a ofrenda que pode ser flores, patacas, millo, pan aceite...e tamén diñeiro para que o cura diga misas por ese morto/a.
Segundo os historiadores e etnógrafos, os Petos de Ánimas xurden no S. XVII
Este Peto de Ánimas parece recentemente restaurado. Ten flores e velas.
Peto de Ánimas |
Agora, coa creación da A-8, xa non pasamos pola vila de Abadín pero eu lembraba de cando íamos polo medio da vila un letreiro que dicía "DICTINO confecciones" e preguntábame se aínda estaría, e sí que está!! Deseguida o localicei. A tenda ainda segue aberta.
E chego de novo á praza onde teño o coche. Frente ao concello e ao CEIP Aquilino Iglesia Albariño.
http://xurdemoran.blogspot.com/p/bienveni-blog-oficial-del-periodista-y.html
http://www.xoanarcodavella.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario