Voltamos hoxe ao Courel. Realizar unha ruta nesta zona, a pesares do lonxe que nos queda dende A Mariña de Lugo, sempre é garantía de éxito. As rutas do Courel dispoñen de todo o que nos gusta aos sendeiristas de verdade: árboreda autóctona, camiños e carreiros ancestrais, aldeas perdidas no tempo onde reina a tranquilidade máis absoluta, ríos marmuradores, montañas infinitas...No Courel teño xa rexistradas estas rutas:
Ruta do Monte Cido
Vilamor-Froxán-Vilamor
Ruta do Río Pequeno
Hoxe fixemos unha ruta dende Folgoso a Seoane percorrendo o antigo Camiño Real que comunicaba O Cebreiro con Quiroga. É dunha gran beleza paisixística como iremos vendo polas fotos.
Características da ruta:
Lonxitude: 13 km. aprox. (non puiden rematar de grabar a ruta porque me quedei sen batería)
Dificultade: Media-baixa
Ruta lineal sinalizada porque coincide con outras rutas homologadas (Aínda que hai puntos que poden presentar dúbidas, así que sempre mellor guiarse por un track).
Deixo o meu track ata que quedei sen batería, no km. 9,8. Faltan uns 3 km. para rematar e dende aí non debería haber problemas de perda.
WIKILOC
Descripción da ruta:
Partimos de Folgoso do Courel, a capital do concello. Dicir que o nome de Courel refírese á Serra que alberga as montañas desta zona; non é unha comarca. A zona do Courel pertence á Comarca de Quiroga.
O concello está formado por 9 parroquias sendo as dúas localidades máis importantes, Folgoso e Seoane.
O Courel sofre un tremendo despoboamento e todo o concello apenas pasa dos 1000 habitantes.
Nós iniciamos esta ruta xunto ao Albergue Tuístico de Folgoso, un edificio rehabilitado que antes foi colexio público e Casa Consistorial. A zona onde estamos chámase Fondo de Vila é realmente trátase dun lugar situado na parte fonda da vila.
|
Albergue turístico |
Ao pé do albergue hai outras construcción novas ao redor dunha pequena praciña con moito encanto.
Esta vila aparece batante morta ao igual que moitas outras de interior nas que a xente opta por marchar.
|
Folgoso do Courel |
Folgoso aparece dividido en 2 partes: a parte de arriba que vimos na foto anterior e a de abaixo, chamada Fondo de Vila
|
Fondo de Vila |
As casas tradicionais de pedra mestúranse con outras máis novas en Fondo de Vila.
|
Fondo de Vila |
Vimos unhas esculturas de ferro que chamaron a nosa atención
|
Exposición de esculturas en metal ao pé da Maderoteca |
Ao pé delas vemos tamén uns poemas:
Todo o anterior está relacionado coa Maderoteca Máxica e Poética, un museo inaugurado en outubro de 2014 en Folgoso do Courel para albergar a obra poética e escultural do artista Urbano Arza Sánchez.
Ten unha sala permanente con esculturas de madeiras diferentes (castiñeiro, nogueira, carballo etc). Amais ten espazos de exposicións temporais, arquivo fotográfico, ferramentas de ebanistería, taller e exposición ao aire libre de esculturas en metal.
|
Maderoteca |
A Casa museo ou Maderoteca vista dende outro punto:
|
Casa Museo. Maderoteca |
A praza de Fondo de Vila onde se concentran os edificios anteriores e de onde partimos: |
Praza |
Arrancamos por un pequeno camiño.
|
Inicio de ruta |
Que nos vai sacar deseguida da vila.
|
Antigo camiño de carro |
Neste 1º cruce xa nos despistábamos pero o track que seguía devolveunos ao sendeiro correcto, hai que pillar á dereita.
|
Pola dereita |
Camiñaremos pola ladeira da montaña. Unha zona sen árbores onde vemos uceiras e carqueixas
|
Pola ladeira da montaña |
A zona que vemos á esquerda con vexetación é por onde pasa o cauce do río Lor que despois veremos.
|
Pola ladeira da montaña |
Desembocamos nun ancho camiño que baixa da montaña. Hai xente que empeza a ruta noutra zona da vila de Folgoso e xa eu vira nos tracks que viñan por aí. Nós atallamos un pouco vindo polo camiño anterior.
|
Baixando cara ao río |
Empezamos a baixar cara ao río.
|
Baixando cara ao río |
As paisaxes do Courel nunca defraudan...
Na seguinte foto vese aló embaixo o canón que vai formando o río Lor.
|
Canón que forma o río Lor |
No medio da ladeira do monte de en frente vemos dúas alvarizas, construccións utilizadas no pasado para protexer as colmeas do ataque de osos e outros animais. Nesta zona do Courel, nos Ancares e en Quiroga é onde están a maioría destas construccións en Galicia.
|
Alvarizas |
Vemos a sinalización da ruta homologada PR-G 220 (De Baldomir ou de Folgoso ao Castro da Torre) que vai coincidir co noso percorrido un bo tramo. Pillamos cara ao "Castro da Torre", aínda que non é a nosa ruta.
|
Sinalización |
Xusto onde está o sinal anterior hai un cruce. NON seguimos a pista que baixa pola que víñamos, senón que hai que pillar á dereita por onde está a persoa da gorra vermella.
|
Pillar á dereita |
Seguimos pola ladeira, a media montaña
Agora introducímonos nun bosque con humidade onde medran árbores e plantas.
|
Bosque |
Carballos e castiñeiros son a maioría de árbores que vemos.
|
Bosque |
Á nosa man esquerda levamos o río Lor. Agora xa o podemos ver algo a través da vexetación espesa. Camiñaremos ás veces por un chan con pizarras. Coidadiño de non esvarar!!
Pasamos por unha construcción en ruinas que pensamos que pode ser un secadeiro de castañas.
|
Secadeiro de castañas |
Seguimos no medio de carballos e castiñeiros:
Agora subimos alonxándonos do río e as árbores desaparecen.
Ao pouco volvemos introducirnos nun bosque onde castiñeiros e carballos conviven en perfecta armonía.
Vemos estes montóns de leña xa cortada que parecen agardar o inverno.
Imos agora por unha antiga canle que seica levaba auga ás antigas minas que houbo nesta zona.
Seguimos entre castiñeiros.
E desembocamos na estrada LU-651
Estamos en O Pontón (Ferreiros de Abaixo) un bar-restaurante.
Ferreiros de Abaixo é un lugar moi pequeno (uns 10 habitantes) que pertence á parroquia de Folgoso.
|
Ferreiros de Abaixo |
Cruzamos unha ponte sobre o Rego da Veiga.
|
Ponte |
Dende Ferreiros de Abaixo empezamos unha subida na que os primeiros 400m. son moi acusados para logo suavizarse.
A paisaxe vaise abrindo a medida que subimos
E agora entramos nun fermoso e antigo souto.
Na zona da Pena do Escribano vemos aldeas diseminadas pola montaña.
Na Pena do Escribano, miradoiro natural con vistas espectaculares e unha caída vertical de case 200m. sobre o río Lor.
|
Pena do Escribano |
O Courel tamén é zona de mel e vimos estas caixas preparadas para capturar enxames.
Fermosos e ancestrais camiños con muros de pedra seca.
Vimos estas construccións en ruinas que ao atoparse no medio dun souto, pensamos que poideron ser secadeiros de castañas.
Esta ruta ten lugares escarpados con visións de montañas e o profundo canón do Lor e bosques ben sombreados.
Xa estamos chegando a Seoane e chegamos ata o Centro Público Integrado (C.P.I) Uxío Novoneyra porque nos equivocamos e pillamos á esquerda antes de tempo. Nos anos 80 había escolas en moitas aldeas do Courel, hoxe só queda este centro escolar a onde acoden tódolos nenos e nenas da zona.
|
CPI Uxío Novoneyra |
A nosa intención era chegar ata o chiringuito "Os Eidos" onde tíñamos reservada unha mesa para o xantar. Como me quedei antes de tempo sen batería, non podía seguir o track que traía e como a sinalización é deficiente nalgúns puntos fomos 1º ata aos arredores do colexio e non era por aí o camiño pero como está moi cerca, deseguida demos co chiringuito onde comemos ben á beira do río nun entorno vexetal frondoso.
|
Chiringuito "Os Eidos" |
Despois de comer e de conversar cuns veciños da aldea que nos contaron cousas interesantes do lugar, fomos ata Seoane da que só nos separaban 400m.Estamos en Ferrería Nova que tal vez deba o seu nome a unha ferrería que houbo aquí fundada en 1808 e que representa tal vez o último vestixio en Galicia da industria do ferro.
As montañas do Courel esconden no seu interior grande cantidade de minerais de ferro asociados ás súas rochas sedimentarias. Toda a industria mineira relacionada co ferro acadou o seu máximo desenrolo entre os séculos XVI e XIX. O seu declive comenzou a finais do S. XIX provocando o abandono de explotacións e o peche de ferrerías, mazos e forxas. Unha excepción, grazasá súa reconstrucción a finais do siglo XX, é a Ferrería Nova de Seoane.
Da importancia que tivo a industria do ferro no Courel dan fe os moitos topónimos relacionados coa mesma: Ferreirós, Ferramulín, Ferrería Vella, Ferrería Nova...
|
A Ferrería de Seoane |
Subimos a Seoane que xa está moi cerca:
S. Xoán de Seoane é unha parroquia do concello de Folgoso. Foi a capital do concello ata a Guerra Civil. Coma moitas outras vilas do Courel está colgada da ladeira dunha montaña.
En Seoane chamamos en Casa Peral que dispón de servizo de Taxi e trasladounos ata Folgoso onde deixáramos os coches.
|
Casa Peral |
Páxinas web consultadas:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Maderoteca
https://es.wikipedia.org/wiki/Folgoso_de_Caurel
https://es.wikipedia.org/wiki/Seoane_(Folgoso_de_Caurel)
https://www.observersciencetourism.com/es/punto-de-interes/ferreria-nova-de-seoane-do-courel-lugo
Ningún comentario:
Publicar un comentario