Hoxe funme a Asturias para realizar a última ruta deste 2022. Concretamente ao concello de Salas e, dentro deste, á parroquia de S. Vicente onde está Aciana que é aldea de onde parte e onde remata esta ruta circular.
A ruta non está sinalizada polo que foi preciso un track para realizala e ir atenta a el, xa que o traxecto presenta numerosos cruces que poden levar a confusión.
É unha ruta que me gustou moito porque non é nada monótona xa que as paisaxes van cambiando, pasa por soutos, piñeirais, aldeas tradicionais, polo alto do monte Rebollín cunhas espectaculares vistas, ten un tramo fluvial...eso sí hai un tramo que xa explicarei que se pode evitar porque tiven que pasar por debaixo dun arame de espiños reptando e rompín unha parca na acción.
Características da ruta:
Lonxitude: 14 km.
Dificultade: non é unha ruta difícil aínda que según eu a fixen vólvese moderada polos arames que tiven que cruzar.
Ruta circular sen sinalizar. Gravei a ruta pero non vou subir o meu track xa que non quero que o siga ninguén e teña que pasar por debaixo de arames con pinchos reptando e se lastime. Eu pasei porque son moi delgada e aínda así, os pinchos raxaron a parka que levaba.
Eu seguín o track seguinte pero RECOMENDO que no lugar de Fontanos onde hai unha sola casa cunha granxa, se xire á esquerda pasando por diante da casa para acceder á pista que vai aos eólicos e NON se pille á dereita porque entón haberá arames de pinchos para cruzar. Este foi o track que eu seguín en WIKILOC
A miña valoración da ruta: 🔅🔅🔅🔅
Descripción:
Aparco no adro da igrexa de S. Vicente en Aciana ou Arcellana. A 1ª referencia a esta igrexa é do S. XI.
Igrexa de Aciana Outra vista da igrexa de S. Vicente: |
Igrexa de S. Vicente de Aciana |
Ten unha portada de estilo románico con arco de medio punto e 3 arquivoltas
Vemos tamén seis "canecillos" moi propios do románico.
Igrexa de Aciana ou Arcellana |
Empezo a camiñar por estrada vendo algunhas casas de Aciana:
As paneiras son construccións que veremos en cantidade en tódolas aldeas polas que pasamos. Son unha evolución dos hórreos xa que van ampliándose ata facerse rectangulares. Aparecen no S. XVI e desenrólanse no XVII.
Nas paneiras, os pés ou pegoios pasan a ser máis de 4. A aparición das paneiras é posterior á dos hórreos e dase ao aumentar a producción agrícola cando chegou o millo de América.
Paneira |
Paisaxe de Aciana cos seus verdes prados.
As paneiras e hórreos están sempre en sitio alto para así manter as colleitas e productos da matanza lonxe da humidade, dos roedores e dos insectos; canto máis altos mellor, para estar solleiros e illados.
Paneira |
Xa chegando a Poles vemos na beira da estrada un muíño que se alimentaba dun rego que baixa por aí.
Muíño |
Polés |
Ao rematar mesmo a aldea hai que pillar a pista á esquerda que se ve na foto. Eu non me fixei e seguín uns metros, poucos, de frente. A aplicación do track que seguía avisoume axiña de que ía mal.
Pillar á esquerda. |
Atopei esta pequena capela chegando ao barrio de Cuxidal, moi cerca e despois de Polés. Está totalmente abandonada.
Capela abandonada en Cuxidal |
O percorrido vai en ascenso moi suave por pistas locais fáciles de camiñar.
Volvendo a vista atrás.
Cruzo este prado.
E desemboco neste camiño. Ao final do mesmo, o track lévame á dereita pero mellor me fora coller á esquerda, pasar por diante da casa e desembocar directamente na pista que vai aos eólicos.
Xirando á dereita, crucei este prado con vacas.
Pasaremos piñeireais
E soutos:
Cruzamos a ponte e xa iremos sempre ata o final ao pé deste río. Ás veces apenas o vemos porque rá encaixonado algo máis abaixo pero escoitámolo. Non camiñamos por ningunha senda fluvial ao pé mesmo do río senón que imos por un camiño dos de toda a vida.
Moitas veces camiñaremos case pegados a el.
Cruzamos unha segunda ponte:
Desvíome uns 20 m. da ruta principal para ver máis de crca este muíño.
Aciana ou Arcellana |
https://www.artesaniaasturiana.com/el-horreo-asturiano-125#
Ningún comentario:
Publicar un comentario