mércores, 2 de marzo de 2022

POLONIA

Hai xa uns cantos anos que viaxamos a Polonia. Resultounos un país sorprendente con tantísima historia e monumentos que ten para ensinar e desfrutar. Unha historia con moito sufrimento, dun país codiciado e asediado en varias ocasións por países veciños, pero que intenta repoñerse das feridas sufridas e aberto hoxe ao turismo dun xeito admirable.

Polonia foi un dos países europeos que visitamos ata o de agora que máis nos impactou. Xa irei pouco a pouco explicando porque.

Empezo escribindo sobre Cracovia, unha das cidades que visitamos e que é unha das máis grandes, antigas e impotantes de Polonia. Foi antiga capital do país e o centro histórico de Cracovia é Patrimonio da Humanidade.

CRACOVIA

Centro histórico de Cracovia
O Centro Histórico de Cracovia está dividido en tres zonas diferenciadas:

A Colina de Wawel co Castelo real de Wawel e a Catedral de S. Wenceslao e S. Estanislao (Tamén chamada catedral de Wawel)

castelo de Wawel está case pegado á catedral. Foi durante séculos a residencia dos reis polacos. Na actualidade é un mueo de arte.

Castelo de Wawel
A catedral de Cracovia era o lugar de coroación dos reis polacos. Tamén é chamada catedral de Wawel. É do S. XIV. Neste século foi incendiada e o rei Vladislao I El Breve mandou reconstruila en estilo gótico.  Os reis e bispos polacos foron modificando esta catedral, as capelas e a decoración ao longo da historia conforme aos gustos e estilos da época. É un dos monumentos históricos máis importantes de Polonia.

Catedral de Cracovia

 A Cidade Medieval  coa Praza do Mercado, a basílica de Santa Mª , a Torre do concello e a Universidade Jagellónica.
A Praza do Mercado contruida a mediados do S. XIII é a máis grande de Europa. No seu centro atopábase o mercado das telas nun edificio renancentista do S. XIV e que actualmente está ocupado por multitude de tendas de recordos.

Praza do Mercado coa Torre do concello

 A Basílica de Santa Mª de estilo gótico foi reconstruida totalmente no S.XIV para rivalizar coa catedral de Wawel, está realizada en ladrillo.

Basílica de Santa Mª

A basílica de Santa Mª está situada na Praza do Mercado.

Torre do Concello.-

No medio da Praza do Mercado atopamos a Torre do Concello de 70m. de altura. O corpo é de estilo gótico en ladrillo e a cúpula é barroca. É un dos monumentos máis antigos da cidade, xa que data do S. XIII. Esta torre é o único que se conserva do antigo concello de Cracovia que foi destruido no S. XIX
Torre do Concello, ao pé da Praza do Mercado.


Universidade Jaguellónica.-
Fundada no S. XIV por Casimiro III El Grande. Baixo o mecenazo da dinastía dos Jagellón (de aí o nome) destacou entre as grandes universidades do Renacemento e o Humanismo.

Universidade Jaguellónica
O Monumento das sillas de Cracovia lembra á vítimas xudías do gueto desta cidade, está situado cerca do barrio xudío que durante a II Guerra Mundial foi convertido nun gueto do que non podían sair.

Monumento das Sillas

WROCLAW.-
Wroclaw (En español Breslavia) é unha cidade situada na baixa Silesia, xunto ao río Oder. É unha das cidades máis importantes da Polonia medieval e actualmente é a cidade máis importante do suroeste de Polonia, rica en arquitectura histórica de distintas épocas e hai ademais moitos teatros, museos, universidades...

O antigo Concello de Wroclaw foi testemuña de moitos acontecementos importantes e un lugar representativo onde se recibían moitos invitados distinguidos. Actualmente segue a ser así. É un monumento único en estilo gótico, a parte máis antiga foi construida en torno ao S. XIII e ao longo dos séculos sucesivos, ata o S. XVI, foi aumentando a súa contrucción con novos edificios engadidos.

Antigo concello de Wroclaw

A principios do S. XIX o edificio empezou a deteriorarse por dentro e por fóra e a sede do concello trasladouse a outra próxima. Durante a II Guerra Mundial o edificio resultou moi danado e nos anos posteriores empezou unha seria e profunda restauración que nos permiten contemplalo na actualidade. Actualmente o Antigo Concello alberga o Museo Municipal de Wroclaw.
Antigo Concello de Wroclaw





Este edificio onde antiguamente houbo un pazo que foi derruído no S. XIX é de estilo neorrenacentista e neoclásico. 
Con características monumentais, ten un pórtico con 4 columnas corintias que sosteñen un balcón con balaustrada decorativa.
O edificio albergou inicialmente a sede dos comerciantes cristiás Breslavia e foi a 1ª sede da Bolsa de Valores.
Actualmente está dedicado a oficinas.

Antiga Bolsa de Valores


A Praza do Mercado de Wroclaw foi reconstruida por completo despois de 1945 cando foi reducida por un asedio a un montón de ruinas. Foi un mercado medieval dos máis grandes de Europa. Os fermosísimos edificios que a rodean foron reconstruidos meticulosamente despois da II Guerra Mundial e devolveron á Praza a súa antiga gloria.



Praza do Mercado de Wroclaw

Na rúa Jatki (palabra que significa matadero) era o lugar onde na I. Media se sacrificaban e comercializaban animais para o consumo humano. Hoxe hai estes animais en bronce que o lembran e sen dúbida son os máis acariñados da cidade.


POZNAN

Poznan é unha das cidades máis grandes e antigas de Polonia, situada ás beiras do río Varta. É unha importante vía de comunicación por estrada e ferrocarril e ten ademais aeroporto internacional.
Esta cidade é recoñecida por ser o berce da nación polaca. No pasado cumplíu a función de capital do estado e foi residencia dos monarcas polacos. Poznan é un dinámico centro empresarial, cultural, académico e científico.
O Castelo Imperial en estilo neorrománico foi construido a principios do S. XX baixo mandato do emperador Guillermo II.
Despois da ocupación de Polonia no 1939 polos alemáns, Hitler  transformou o castelo nunha residencia oficial e a  antiga capela privada de Guillermo II foi transformada na habitación de traballo de Hitler cunha superficie de 130 metros cadrados e revestida en mármore.
O castelo resultou moi danado na II Guerra Mundial pero na posguerra foi reconstruido e na actualidade alberga salas de exposicións, galerías de arte contemporáneo e organiza eventos culturais. É ademais a sede de varias organizacións non gubernamentais ecónsules honorarios.
Castelo imperial
Outro recuncho de Poznan:

Estatua dedicada a Neptuno na Praza do Mercado de Poznan. Ao fondo, a torre do concello.

A Praza do Mercado de Poznan, ao igual que a de Wroclaw e a de Cracovia, é moi fermosa. Foi totalmente destruida na II Guerra Mundial e logo reconstruida.
Antiguamente era un lugar onde se celebraba o mercado, agora só no mes de xuño se celebra o mercado de S. Xoán con moitísimos postos.

Praza do Mercado de Poznan

Praza do Mercado de Poznan.
 O concello de Poznan foi residencia das autoridades municipais ata 1945. O edificio gótico primitivo era moito máis pequeno. O actual é renacentista e foi construido despois de 1950. Actualmente é un Museo de Historia.
Antigo concello de Poznan


 A catedral-basílica de S. Pedro e S. Pablo de Poznan é unha das igrexas máis antigas de Polonia e a 1ª catedral. Foi reconstruida varias veces en diversos estilos. Actualmente é gótica.


O papa J. Pablo II era polaco e esta é unha da estatuas que ten en Polonia, que son varias:
Estatua de J. Pablo II en Poznan.

MINAS DE SAL DE WIELICZKA

Na cidade de Wieliczka  existen unhas minas de sal  explotadas sin interrupción dende o S. XIII. Aínda hoxe seguen producindo sal de mesa. Teñen unha profundidade de 327m. e a súa lonxitude supera os 300km. Reciben o nome de "catedral subterránea"
Os cristais das lampadas tamén son de sal

Estas minas inclúen un percorrido turístico de case 4 km. e contén monumentos de personaxes míticos e históricos esculpidos polos propios mineiros en rocha de sal.
Figuras esculpidas en sal

Nunha viaxe a Polonia non podía faltar a visita ao que foi o Campo de Concentración de Auschwitz situado a uns 43 km. de Cracovia.
Auschwitz foi o maior centro de extermino da Alemania Nazi na Polonia ocupada durante a II Guerra Mundial. É un complexo moi grande formado por dous campos de concentración: Auschwitz I e Auschwitz - Birkenau. No ano 1979 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como un dos maiores símbolos do Holocausto xudío.
Entrar alí produce escalofríos!!

Fornos crematorios

O día que fomos visitar este lugar chovía e o día estaba moi gris o que aumentaba a sensación de tristura.
Os trens traían aos prisioneiros ata dentro do campo.

Nestas liteiras durmían:
 
E nestes buratos facían as súas necesidades:

Entrada a Auschwitz, onde podemos ver unha inscripción que di "El trabajo os hará libres"

Dentro do campo hai un museo onde se conservan pertenzas dos que alí habitaron como estas gafas que usaron algúns dos prisioneiros.


Aquí temos a reconstrucción dunha cámara de gas:

VARSOVIA
Varsovia é a capital e a cidade máis grande de Polonia. Quedou totalmente devastada despois da II Guerra Mundial pero foi recontruida adquirindo o título de "Cidade Fénix" pola súa historia e total reconstrucción despois de que resultaran danados máis do 85%  dos seus edificios.
Varsovia é unha cidade moi dinámica e un dos principais centros económico-financieiros e culturais de Europa. No 1980 o Centro Histórico de Varsovia foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Na foto seguinte vemos a unha serea cunha espada e un escudo. É o símbolo de Varsovia e representa á criatura que segundo a lenda mandou fundar a cidade. Hai varias estatuas por toda a cidade.
Estatua da serea na Praza da CidadeVella
O Castelo Real de Varsovia é un pazo barroco-neoclásico ubicado tamén na parte vella da cidade. Foi a residencia oficial dos reis polacos ata o S.XVIII e na actualidade é a sede da Fundación Polaca de Historia e Cultura. No ano 1930 durante a invasión alemana foi bombardeado e resultou moi danado e no 1944 foi totalmente destruido pola Alemania Nazi.
Foi reconstruido grazas á axuda internacional e voltou abrir as súas portas en 1984.
Castelo Real de Varsovia

A Praza do Castelo é unha praza histórica situada frente ao castelo. É un lugar de encontro para turistas e residentes, ten forma triangular, contén a Columna de Segismundo e está rodeada de casas históricas.


A Columna de Segismundo é corintia do S. XVII. É outro dos símbolos da capital polaca e conmemora ao rei Segismundo III que trasladou a capital de Polonia de Cracovia a Varsovia. Foi tamén derruida polas tropas nazis e 5 anos máis tarde reconstruida. É de granito e mide 20m.
Columna de Segismundo

Unha Barbacana é unha estructura defensiva medieval que servía como soporte a un muro ou a calquera torre situada sobre unha porta ou ponte utilizada con propósito defensivo. Está situada entre o centro histórico e a cidade nova.
Barbacana
 A catedral de Varsovia

 O Pazo da Cultura e da Ciencia é un edificio que representa o legado comunista de Stalin durante a ocupación de Polonia pola Unión Soviética. Vese dende case tódolos puntos da cidade e é o máis alto do pais con 237m.
Pazo da Cultura e da Ciencia


Monumento do alzamento. 
 Este monumento é un símbolo da cidade e está dedicado aos combatentes que perderon a vida durante o alzamento de Varsovia en 1944. Este monumento divídese en dúas seccións:
- A 1ª, cerca da rúa está composta por catro figuras: 3 soldados e un cura; un dos soldados está saíndo dunha alcantarilla xa que durante a 2ª Guerra Mundial a maior parte dos membros da resistencia polaca desprazábanse a traves da rede de alcantarillado da cidade.

A 1ª sección do monumento

A 2ª sección é maior e agrupa a maior nº de figuras: 7 soldados participando nun combate e fuxindo dun edificio a punto de derrumbarse.
2ª sección do monumento

Parque Lazienki.-
Este parque é un imprescindible se visitas Polonia. É o parque máis grande da cidade e alberga un conxunto de pazos, un lago e un xardín botánico.  É famoso este parque tamén por albergar un monumento dedicado ao compositor Fryderyk Chopin
Foi fundado no S. XVII polo arquitecto Tylman Van Gameren para un mariscal e tomou o nome de Lazienki(baños en polaco) debido a un pabellón de baño que existía sobre unha illa que hai no lago do parque. No S. XVIII foi adquirido polo rei Estanislao II que transformou o pabellón de baño nun pazo e ordenou levantar outros edificios ao redor do lago. A maioría de construccións do parque foron queimadas polo exército alemán en 1944 e a súa reconstrucción realizouse nos primeiros anos da posguerra.
Dentro do parque hai varios monumentos e pazos. Algúns que vimos son estes:
Monumento de Fryderyk Chopin: estatua realizada ao máis importante compositor e pianista polaco, en estilo modernista representa a Chopin debaixo dun salgueiro no que a copa é desprazada polo vento. Enfrente hai un estanque circular. Este monumento está na entrada principal ao parque e os domingos acostuma a haber concertos.
Estatua de Chopin.

Pazo na illa, ou Pazo sobre a auga foi inicialmente un pabellón de baño. No S. XVIII foi transformado nun fermoso pazo clasicista como residencia do rei Estanislao II. Atópase sobre unha illa artificial dentro da lagoa do parque e conta con dúas pontes que o unen a terra firme.
Pazo da illa

O Pazo Belvedere do S. XVII foi utilizado primeiro como unha fábrica de porcelana e despois foi a residencia oficial dos presidentes polacos. Actualmente é utilizado para ceremonias oficiais do goberno polaco.
Pazo Belvedere.


























































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































s



































































































































































































































Ningún comentario:

Publicar un comentario