domingo, 5 de decembro de 2021

AS RIBEIRAS ALTAS. MIÑO ARRIBA. (PASEO DA PONTE VELLA) LUGO

 Unha moi fermosa e facilísima ruta moi cerca da cidade de Lugo, coñecida popularmente como "Paseo da Ponte Vella" Ás beiras do río Miño, por sendeiros de pescadores e entre carballeiras, transcorre esta ruta que non está apenas sinalizada. Un relax e un pracer para os sentidos.

Características:

 Lonxitude: 10,8 km.

Dificultade: ningunha.

Ruta circular sen sinalizar.

Track da ruta en WIKILOC

Descripción

A ruta empeza e remata na Ponte Romana sobre o Miño, na estrada vella de Santiago. A ubicación exacta, AQUÍ

O día amenazaba moita chuvia e de feito cando empezamos chuviscaba un pouco.

Lugar de inicio da ruta

A Ponte Romana ten 104 m. de longo e 4m de ancha.

Ponte romana

A Ponte Romana sufríu varias reconstruccións ao longo dos séculos. Une a Calzada da Ponte coa estrada vella de Santiago.

É unha ponte de pedra e antigamente estaba asfaltada permitindo o paso de vehículos. Actualmente é peatonal e recubrírona de pedra.

Foi construida para cruzar o Miño na época de romanización de Galicia para comunicar a estrada dende Lugo con Braga en Portugal e pasando por Santiago.


Ponte romana sobre o Miño

Moita xente aproveita a comodidade deste paseo polo chan que é para facer deporte.


En chegando á antiga Fábrica da Luz, imos uns metros pola beirarrúa para deseguida entrar no parque das Saamasas.
Antiga Fábrica da Luz.

Estamos entrando no parque das Saamasas:


O parque das Saamasas é una fermoso espazo natural moi grande con varias zonas de descanso, papeleiras, pégolas de madeira e un parque infantil.
Parque das Saamasas
 

Tamén ten pontes e árbores autóctonas como abidueiras e carballos.

Parque das Saamasas

Esta zona de descanso dentro do parque, recibe o nome de "Área de descanso Río Miño"
Zona de descanso
 Despois pasamos por diante do  afamado restaurante "Los Robles" nun precioso entorno.


E deseguida estamos no Club de Piragüismo. A partires de aquí veremos numerosas piraguas no río, pero non paradas como está a da foto, se non con deportistas practicando piragüismo.


Esta ruta non pode ser máis fermosa e máis sinxela.


Ás veces tamén se deixou ver o sol:

Unha paisaxe de conto. Ou non?



Agora iremos uns metros por estrada que o outono pinta en diversos tonos.
 

Pasamos por diante da Acea do Rei Chiquito. O que antigamente foi unha acea ou muíño de auga, hoxe é unha fermosa mansión totalmente restaurada que conta ata cunha capela.

O sobrenome de Rei Chiquito, refírese ao lucense Luis Reboredo Fernández (1843-1901)

Acea do Rei Chiquito

Continuamos pola LU-P 2902 á beira do Miño e rodeados de árbores:

 
E chegamos á ponte que imos cruzar para voltar pola outra beira do río:

Xunto á ponte atópase a Estación Potabilizadora de Augas de Lugo.
 
Continuamos un pouco máis pola estrada alonxándonos momentaneamente do río, pero por moi pouco tempo.

Ata desviarnos por outro fermoso sendeiro

O sol pola outra beira déixanos esta fermosa imaxe:

Pasamos por debaixo da ponte da autovía a Santiago:

Xa chegando de volta, vemos a cidade de Lugo ao lonxe:

Estamos no barrio de S. Lázaro e vemos o antigo hospital ou leprosería.

Cruzando o Miño temos unha pasarela ou ponte peonil.
Ponte peonil
Vemos a  que foi igrexa do hospital e actualmente é a parroquial do barrio.
Igrexa de S. Lázaro

A leprosería vista dende o outro lado.


Cruzando a ponte romana, vemos o Hotel-Balneario de Lugo.


E así rematou esta fermosa e moi fácil ruta. Fomos comer na estrada vella de Santiago ao Mesón Aniceto. Como era domingo, non había menú do día e comemos á carta. Decir que tíñamos mesa reservada e entramos según mesmo chegamos. O local moi limpo e ben acondicionado cunha temperatura moi agradable e o servizo amable e eficiente. Comemos moi ben; as racións eran super abundantes, tanto que de sabelo houbésemos pedido menos comida porque saimos a rebentar!






Ningún comentario:

Publicar un comentario