Do 11 ao 13 de outubro de 2024 un grupo de persoas (non estou segura, pero creo que éramos algo máis de 60) viaxamos a Santander e provincia nunha viaxe organizada por Xaime Cancio á que eu persoalmente non teño que poñer ningunha queixa. As opinións, comentarios...que eu escribo aquí non teñen porque coincidir co que opinen, pensen...outros membros do grupo viaxeiro. Eu escribo única e exclusivamente no meu nome as miñas vivencias desta viaxe neste meu blog.
Foi unha viaxe que me permiteu coñecer vilas do fermoso interior de Cantabria e recordar outras que xa coñecía como Santander e Potes.
Unha viaxe que para min foi enriquecedora a tódolos niveis, porque ademais de coñecer novos e fermosos lugares tamén me permiteu coñecer outra xente e profundizar con outra que si coñecía pero a nivel superficial. De toda esta xente, traio un grato recordo.
E agora, imos aló
LLAGARES VALVERÁN (Masaveu Bodegas)
De camiño a Santander 🚐🚐🚐🚐, paramos en Sariego para visitar Llagares Valverán. Teño que recoñecer que esta era unha visita que non me atraía moito porque dende logo a sidra non me gusta nada pero a bebida que aquí elaboran non ten nada que ver coa sidra que coñecemos.
A sidra Valverán é un proxecto creado en 1998 pola familia Masaveu, unha das familias máis ricas de Asturias e que son donos dun gran conglomerado empresarial nos sectores da construcción, inmobiliario, enerxético, arte e tamén no sector bodegueiro con esto da sidra, neste caso, José Masaveu é o encargado deste sector.
Cultivan ata 11 variedades de mazás nas súas fincas.
|
Pomarada nunha finca |
Unha persoa encargouse de explicarnos moi ben todo o proceso. Valverán 20 mazás debe o nome a que son necesarias un mínimo de 20 mazás para a elaboración dunha botella de 37,5 cl. Estas mazás son escollidas á man, lávanse, tritúranse, prénsanse e o mosto resultante vai a unhas cubas de aceiro inoxidable.
|
A explicación da elaboración da sidra de xeo. |
O mosto obtido conxélase a menos de 20ºC e despois de separar xeo e mosto, a esencia obtida fermenta 10 meses a 10ºC e despois permanece nas cubas de aceiro durante 8 meses.
|
Cubas de aceiro |
Probamos esta sidra de xeo elaborada a partires da fermetación do mosto a baixas temperaturas. Que riquísima estaba!!
Queres saber máis da riquísima familia Masaveu, procedentes de Cataluña e dona desta empresa e de moitas máis? Pincha no ENLACE:
SANTANDER
Pouco tempo estivemos na capital de Cantabria, só unhas horas que aproveitamos primeiro para pasear polo Paseo Marítimo ao pe do Muelle Calderón onde vimos:
O Centro Botín, un moderno edificio dedicado á arte contemporánea inaugurado no 2017
|
Centro Botín |
O guindastre de pedra. Empregado durante o S. XX polos barcos mercantes nos labores de carga e descarga. Representa a tradición industrial e portuaria da cidade.
|
Guindastre de pedra |
Palacete do embarcadoiro que destaca pola súa beleza. Foi construido no 1932 como estación de pasaxeiros, máis tarde foi empregado como cuartel da antiga Policía Armada e dende 1985 serve como sala de exposicións e conferencias.
|
Palacete do embarcadoiro |
Monumento aos raqueiros (raqueiro eran os nenos marxinais, pobres...que se dedicaban nos muelles de Santander durante os S. XIX e principios do XX a sacar do mar as moedas que os pasaxeiros e tripulantes de barcos arroxaban ao mar para que eles se tiraran recollelas). A palabra deriva do inglés wrecker castelanizada como raquer.
"En Cantabria y en un lenguaje coloquial, actualmente se utiliza el término "raquero" para referirse a una persona maleducada o malhablada y que utiliza muchas palabras malsonantes." (https://es.wikipedia.org/wiki/Raquero_(persona)) As esculturas foron realizadas por José Cobo en 1999
Son, dende logo, o recordo triste de algo que sucedeu, de como os ricos se burlaban dos pobres.
|
Monumento aos raqueiros |
No noso paseo, á dereita temos o mar e á esquerda, os Xardíns de Pereda , inaugurados nun terreo ganado ao mar anteriormente ocupado polos muelles. En Santander hai estatuas, rúas xardíns...dedicadas a este home, J. Mª de Pereda, un escritor santanderino de finais do S. XIX/ principios do S. XX.
|
Xardíns de Pereda |
Estamos agora en Portochico, un barrio formado por varias rúas, unha plaza e un pequeno muelle deportivo que vemos na foto.
Na actualidade, esta zona é popular como lugar de encontro polos numerosos bares que ten.
|
Muelle de Portochico |
Xa no final do noso paseo marítimo vimos o Palacio de Festivais de Cantabria cun aspecto moi moderno. Estivo incluido en listas dos edificios máis feos de España, seica.
|
Palacio de Festivais |
Xunto ao Planetario de Santander metémonos cara ao centro da cidade. O Planetario está situado nun extremo da Escola Técnica Superior de Náutica que vemos adosado.
|
Escola de Náutica e Planetario |
Santander sufreu en 1941 un tremendo incendio que fixo perder á cidade gran parte dos seus edificios nobles, algúns dos que se conservaron foron estes que vimos:
Edificio da Consellería de Inclusión Social, Xuventude, Familia e Igualdade do Goberno de Cantabria.
|
Edificio da Consellería de Inclusión Social, Xuventude, Familia e Igualdade do Goberno de Cantabria. |
O Edificio Castelar, foi construido en 1919 con idea do arquitecto Gonzalo Bringas autor tamén doutros edificios na cidade como o Palacio da Magdalena. Ten baixo, entrepranta e 6 pisos. Foi proxectado para vivendas de luxo pero tamén alberga oficinas.
Ufffff...canto custará unha vivenda neste edificio?😮😮😮
|
Edificio Castelar |
Pasamos pola Praza de Pombo rodeada de fermosos edificios
|
Praza do Pombo |
Este antigo palacio que vemos na foto foi construido en 1902 e foi unha das poucas xoias que quedou. Despois de ser a sede doutros bacos como o Banco Mercantil, de Banesto...agora é a Sede do Banco Santander dende 2023.
|
Sede do Banco Santander |
|
Sede do Banco Santander |
O edificio da Casa Consistorial é de estilo ecléctico (combinación de diferentes estilos e épocas) ten 3 pisos e bastante ornamentación.
|
Concello de Santander |
Pasamos tamén por diante do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Cantabria que está dentro do Mercado do Leste no que estivemos algúne algunhas tomando algo. |
Museo de prehistoria e Mercado do leste |
Deseguida chegamos á Praza Porticada ou Praza Velarde construida en estilo Neoclásico Herreriano inaugurada en 1950 despois de que o incendio de 1941 destruira a maior parte do casco histórico da cidade. A súa construcción foi inspirada nunha antiga aduana de finais do S. XVIII que houbera alí e que desapareceu tralo incendio.
Esta praza ten 5 entradas e soportais en toda ela.
|
Praza Porticada ou Praza Velarde |
Unha estatua de Velarde nunha das entradas á Praza do mesmo nome. É unha das estatuas máis antigas da cidade e representa ao héroe da Guerra de Independencia que é de orixe cántabro.
|
Estatua de Velarde |
Os edificios da Praza Porticada están ocupados por Organismos Públicos, destacando o que alberga a Caixa de Aforros de Santander e Cantabria. Este edificio ten un pórtico con columnas xigantes derriba do que hai dúas esculturas dun home e unha muller espidos que representan o "Aforro" e a Beneficencia"
A Catedral da Asunción está ubicada nun alto do que foi o antigo cerro de Somorrostro. A peculiaridade deste monumento é que está formado por dous templos superpostos. O templo inferior é coñecido como cripta ou Parroquia de Cristo construido ao redor do S. XIII para albergar os restos de dous soldados romanos martirizados . O templo superior coñecido como Basílica é de mediados do S. XIII e foi reconstruida e ampliada despois do incendio de 1941.
Frente á catedral temos a Praza da Asunción ou das Atarazanas. A baía de Santander ocupaba no S. XV cos seus muelles este lugar e o nemo de atarazanas é porque aquí estaban as Reais Atarazanas ou estaleiros onde se construeu a famosa Armada Invencible de Felipe II.
(NOTA: As fotos que se ven a continuación son cedidas por Xaime Cancio)
|
Praza das Atarazanas ou da Asunción. |
Dentro da catedral está enterrado Marcelino Menéndez Pelayo, escritor, crítico literario, político e un dos historiadores máis importantes de España.
|
Tumba de Marcelino Menéndez Pelayo |
O claustro da catedral foi o último en edificarse, no S. XIV. É de estilo gótico-cisterciense.
|
Claustro da catedral |
Aspecto da nave central da catedral.
|
Nave central da catedral. |
Un edificio que puido resistir o incendio de 1941 foi a Cripta do Cristo ou Igrexa Baixa. É o monumento máis antigo de Santander.
|
Altar principal da Igrexa do Santísimo Cristo |
Mira cantas cousas vimos en poucas horas!!!
Páxinas web consultadas:
https://llagaresvalveran.com/
https://es.wikipedia.org/wiki/Raquero_(persona)
https://www.santander.info/paseo-maritimo-santander
https://www.cantabriaeconomica.com/reportaje/el-palacete-del-antiguo-banco-mercantil-vuelve-a-resplandecer/
https://es.wikipedia.org/wiki/Catedral_de_la_Asunci%C3%B3n_(Santander)
https://es.wikipedia.org/wiki/Marcelino_Men%C3%A9ndez_Pelayo
https://catedraldesantander.es/