domingo, 10 de marzo de 2024

COSTA DE FAZOURO (FOZ)

 Hoxe propúxenme saber cantos km. de costa ten a parroquia onde vivo que petence á parroquia de Foz.

Foz ten 9 parroquias e a maioría delas teñen mar, aínda que só sexa un cachiño como lles ocorre a S. Martiño e a Vilaronte. Foz, Fazouro, Nois e Cangas están pegadas ao Cantábrico e  só Cordido, S. Acisclo e Santa Cilla non teñen costa.

A miña parroquia é Fazouro e ten case 5 km. de costa moi interesantes para percorrer, non é un percorrido nada monótono xa que iremos descubrindo lugares fermosos e variados como imos ver.

Características da ruta:

Lonxitude:  5 km.

Dificultade: ningunha.

Ruta lineal sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Empezo esta ruta no Paseo Marítimo xunto á praia de Areoura que comparten as parroquias de Fazouro (a maior parte) e Nois.

O percorrido realmente debería ir por onde está cortado o paso pero debido derrubes importantes que afectan ao paseo dende hai tempo, hai que ir pola dereita.

E agora pillamos á esquerda pola ponte da vía do tren, cara ao Castro.


Castro de Fazouro aproveita a península que se adentra no mar sobre unha zona moi escarpada. As estructuras escavadas corresponden ao último asentamento do castro (Finais do S. III d.C.) A área escavada acada os 400m. cadrados. Nas últimas escavacións (1992) recóllese restos de cerámica, dúas moeda, unha fíbula e media ducia de cravos.

Vemos a praia de Arealonga e a outra parte do tramo que está pechado.

As vistas dende o Castro son extraordinarias. Cara a un lado vemos Burela e cara ao ao utro, Foz.
Castro de Fazouro e Burela ao fondo

Agora alonxámonos algo do mar e vemos a estación de FEVE desta parroquia.

Voltamos achegarnos ao mar no Porto de Fazouro que no pasado tivo importancia e que aínda conserva algunha das casetas que había dos pescadores.
Porto de Fazouro e casetas de pescadores.

Entrada ao porto que cesou a sua actividade total cara a finais do século XX.


Este tramo que estou a realizar coincide case todo el co Camiño Natural do Cantábrico.

O mar estaba furioso este día.

Esta é a cala  Camiño Novo
Camiño Novo

Na foto seguinte vemos en 1º termo o Ouro desembocando e a praia da Pampillosa.


Agora vemos 3 pontes , pasaremos por debaixo da de FEVE, da da estrada e cruzaremos a peonil Ponte de Ferro, a última, aló ao fondo.

O río Ouro  nace na Serra do Xistral e chega ao concello de Foz despois de pasar polos concellos do Valadouro e de Alfoz. Desemboca formando unha pequena ría en Fazouro. Na foto vemos o ouro moi preto da súa desembocadura e ao fondo a Ponte de Ferro, peonil e que foi cambiada pola actual no 2010.

A ponte ten unha considerable anchura e está iluminada aínda que bastantes das súas luces están rotas ou faltan.

Vistas aos barrios de Fonte da Aldea, O Souto, a Casa Nova...

Ao pé da ponte temos unha área recreativa que está moi concurrida cando hai bo tempo.

Na área recreativa deixaron unha mostra da antiga ponte. Ao fondo o barrio da Ponte.

Enlazo agora co novo paseo que hai uns meses que se inaugurou e que personalmente non me gusta. É que meter cemento nun paseo que a ao modo se ver debería ser o máis natural posible réstalle moitos puntos, na miña opinión.

Deixamos detrás a praia da Pampillosa e os barrios de Bargado e Lousada.

Unha vista do Paseo recentemente inaugurado e que chega á praia de Peizás.

Vemos outra praia de Fazouro: a do Sarrido ou Penas da Salsa.
Praia do Sarrido
 
Cando a marea está alta ou hai grandes temporais como ocorre hoxe, a praia desaparece.

Na praia do Sarrido desemboca un rego e para salvalo puxeron a ponte de madeira que vemos na imaxe.


Unha área de lecer que non lle dou atopado sentido. Penso que rompe totalmente co entorno ademais da súa inutilidade. Quen se vai sentar ou quen vai comer aí a pleno sol se é verán ou cando sople o nordés no inverno e primavera?

Aquí hai unha bifurcación e podemos escoller por onde ir, pola esquerda pegados ao mar ou de frente, máis alonxados del.


Un punto con boas vistas.

Se na bifurcación vimos pola esquerda, como eu fixen, veremos esta inmensa furna que formou o mar

Aquí tamén podemos optar por ir pola esquerda e iremos sempre pegados ao mar ata desembocar na praia de Peizás.Eso si, daremos máis volta. Eu, neste caso, fun de frente porque ameazaba con chover.

A praia de Peizás está moi concurrida en verán e eso que en marea chea non hai apenas area. Esta praia comparte ubicación con 2 parroquias do concello de Foz: S. Martiño (a maior parte dela) e Fazouro (Unha esquina no 1º plano da foto)
Praia de Peizás















mércores, 6 de marzo de 2024

MONTE CASTELO. (VIVEIRO)

 Tíñalle moitas ganas a esta ruta dende unha vez hai aprox. 2 anos que subimos en coche ata o Monte Castelo e encantoume o entorno, as vistas espectaculares...sabía que habís unha ruta por un Viacrucis que ía polo medio dun monte pero non había sinalización ningunha e tampouco vira un track fiable para facela circular.

Atopei hai pouco un track dunha páxina de facebook "Decubre Viveiro" onde atopei un e decidín seguilo. Foi todo un acerto. Está moi ben grabado e ben deitei del para poder realizar esta ruta que nos encantou!!

Características desta ruta:

Lonxitude: 8,8 km.

Dificultade: moderada

Ruta circular sen sinalizar. Deixo o meu track en WIKILOC

Descripción:

A ruta ten inicio e fin en Guistilán, lugar que pertence á parroquia de Galdo. Empecei ao pé da Fonte que parece ser que foi restaurada no 2018.

Fonte de Guistilán

Un pouco despois da fonte hai unha pista á dereita que debemos pillar. Empezamos unha subida suave por unha pista entre eucaliptos.


Deseguida chegamos a un 1º miradoiro natural grazas a que os eucaliptos foron cortados non hai moito.


Vistas dende este 1º miradoiro: vemos xa Viveiro e o mar.

Seguimos subindo. A pista é ancha e cómoda para camiñar. Vemos como van aparecendo grandes rochas.

Chegamos a outro miradoiro que acondicionaros derriba destas grandes rochas e ao que se accede por medio dunhas escaleiras talladas na mesma pedra.

O val de Landrove, de Galdo, Viveiro, a desmbocadura do Landro no Cantábrico...

A partires de aquí, empeza un Viacrucis e na 1ª cruz podemos ler: "Este Santo Viacrucis data de 1894 ano no que o instauraron os veciños da parroquias de Galdo e Landrove. No 2001 recuperouse a totalidade dos seus cruceiros. A Comunidade de Montes de S. Martín Castelo e Fraga Moure de Landrove e o concello de Viveiro"

Empeza o Viacrucis

As cruces son de madeira e están colocadas derriba das rochas.

A medida que subimos, as vistas vólvense máis espectaculares.

A subida ten un bo desnivel...


Hai que voltar a vista para atrás e desfrutar destas vistas:

Cruzamos a pista pola que despois baixaremos.

Estamos a piques de rematar a subida.

A última cruz! a nº 14.

Na cima do Monte Castelo hai unha fermosa área recreativa, toda ela realizada en material natural como é a pedra.

Hai mesas, bancos, barbacoas...

As vistas son impresionantes miremos a onde miremos. Dende aquí vemos Chavín, o val do Naseiro, Valcarría...

Podía chamarse tamén  "ruta dos penedos".
 
 E non podía faltar un banco que foi instalado no 2015.

"A capela de San Martiño está no monte Castelo e está rodeada de penedos, algúns con cazoletas de diferentes formas. A auga que apoza nelas úsase para as dores dos oídos, dos ollos e para os males da cabeza. Fáiselle romaría o domingo anterior ao luns de Pascua, así que a festa varía entre o 10 de maio e o 13 de xuño"  (https://galiciaencantada.com/index.asp)
A capela está na parroquia de Landrove e tense constancia dela xa no S. XVII. A mediados do S. XVIII o bispo de Mondoñedo manda derruila por estar en estado ruinoso e non ter rendas. A finais do S. XIX, un cura de Landrove (Juan Muíño y Paz) pide permiso ao bispo para levantar unha nova capela.
No 1894 con motivo dunha Misión que os Pais Capuchinos predican en Galdo, colócase un Viacrucis de madeira e no 1895 colócase a 1ª pedra da actual capela no mesmo lugar onde estaba a anterior. No ano 1986 é restaurada a capela.
Capela de S. Martiño
 As vistas dende a capela.

Un mundo de grandes penedos rodea a capela. Parece unha zona máxica!



En lugar de baixar por onde subimos, polo Viacrucis e para facer a ruta circular, voltamos pola pista. Dase moita máis volta pero o chan é mellor.

Non deixamos de sorprerdernos polos enormes penedos.
 
Podemos aínda desfrutar de boas vistas neste tramo. Axiña as perderemos.

Este tramo agora entre eucaliptos xa é máis monótono.

Chegamos de novo ao Miradoiro ao pé do que empeza o Viacrucis e aquí collemos un carreiro por detrás do miradoiro que ten un tramo de forte baixada.

A baixada por un carreiro.

Atravesamos por un pequeno piñeiral.

 E desembocamos na pista pola que subimos antes, na ida. A parttires de aqui a ruta é lineal. Voltamos pola mesma pista de subida.
 
Chegamos deseguida a Guistilán, onde iniciamos esta interesante e diferente ruta.

Páxinas web consultadas:
https://viladonga.xunta.gal/sites/default/files/ficheros/croa_6.09._de_nuevo_sobre_san_martin_castelo.pdf

https://www.galiciamaxica.eu/