mércores, 27 de marzo de 2024

A INDIA (AGRA)


O venres 15 saimos cara a Agra en autobús🚌🚌 (240km.) e aínda que no programa tíñamos unha parada no templo hinduista  Akshardham para unhas fotos, non paramos. Ignoro as razóns, supoño que iriamos con pouco tempo, non sei...

Agra é unha cidade do estado de Uttar Pradesh situada ás beiras do río Yamuna. Foi capital do imperio mogol dende mediados do S. XVI ata mediados do S. XVII.

Á chegada a Agra fixemos o rexistro no hotel  🏩e xantamos e despois fixemos as seguintes visitas:

FUERTE ROJO

- Mandouno construir o  3º emperador mogol Akbar no S. XVI

- Chámase así por estar construido de pedra de area vermella.

- Encerra no seu interior un conxunto de pazos e de edificios señorais.

- Dende 1983 é Patrimonio Mundial da Humanidade.

No Fuerte Rojo pasou os últimos 8 anos da súa vida Shah Jahan da dinastía mogol onde foi confinado polo seu fillo. Dende aquí vía o Taj Mahal, mausoleo que mandou construir para enterrar a súa muller.


A través da porta Amar Singh accedemos ao complexo.

Outra entrada ao Fuerte Rojo.

Atopamos un enorme edificio cunha impresionante fachada, este pazo é unha das poucas estructuras orixinais que se conservan intactas. Foi construido por Akbar O edificio mestura o estilo hindú e o islámico. É a parte máis antiga do Fuerte e pénsase que era usado como residencia polas mulleres.

O patio do pazo no Fuerte Rojo de Agra. Decorado con diferentes elementos hindúes, balcóns, salóns e un templo hindú. Este é o complexo onde resideu a esposa hindú do emperador mogol Akbar

En mármore branco, preciosos, están os pazos privados do emperador. Os seus 3 pavillóns atópanse  sobre unha terraza que dá ao Taj Mahal e ao río Yamuna.

Frente aos pavillósn anteriores atopamos un patio con pasarelas de mármore que no pasado tivo unha plantación de viñas por eso se coñece co nome de "O xardín das Uvas"

O Taj Mahal e o río Yamuna dende o Fuerte Rojo.

Esta estructura de dous pisos ao redor dun amplo patio que vemos na seguinte foto,  foi no seu día o tesouro dos ornamentos e xoias reais. Crese que o gran patio contiña depósitos de auga e canles repletos de peixes para que o emperador e os seus amigos se entretiveran pescando.      

TAJ MAHAL
Se por algo é coñecida a cidade de Agra no mundo enteiro, é polo Taj Mahal, un monumento funerario construido no S. XVII polo emperador da dinastía Mogol Shah Jahan.
O conxunto de edificios foi erixido en honor a súa esposa preferida Mumtaz Mahal que morreu de parto ao dar a luz ao seu décimo cuarto fillo.

- Para construir o Taj Mahal foron necesarios 20000 obreiros.
- Combina elementos de arquitectura islámica, persa, india e turca.
- É o destino turístico máis importante da India.
- Ademais de ser Patrimonio da Humanidade, é tamén unha das 7 Marabillas do Mundo.
O Taj Mahal
 Na foto de abaixo vemos a entrada monumental.

O Taj Mahal é inspirador de romanticismo pola historia que hai detrás da súa construcción.
O Taj Mahal
A ámbolos lados do mausoleo,  hai  dous edificios, un é  unha mesquita (por este motivo, os venres só poden entrar os musulmáns)
Mesquita no Taj Mahal

Ao outro lado hai  outro edificio se se supón que servía como albergue de peregrinos, lugar de reunión dos fieis antes da oración; sen embargo, o máis probable é que o seu propósito fora puramente arquitectónico, para dotar de equilibrio estético ao conxunto.

Outro edificio ao este do mausoleo


O Taj Mahal visto por outro lado.
Taj Mahal

TEMPLO ITIMAD UD DAULAH
- É outro mausoleo pero moito máis pequeno que o Taj Mahal. 
- É tamén da época mogol e foi o 1º construido na India en mármore branco.
- É coñecido como "Pequeno Taj" xa que hai quen o considera como un boceto do Taj Mahal.
- Foi construido no S. XVII por mandato da emperatriz Nur Jahan para honrar a memoria de seu pai.
Itimad Ud Daulah

Na entrada a este edificio había monos. Este animal é sagrado na India e no hinduísmo son representantes dun deus.


A porta de entrada ao recinto.

Itimad Ud Daulah visto máis de cerca.

As tumbas dos pais da emperatriz Nur Jahan.

Indo no autobús poidemos ver tractores cheos de xente moi nova que segundo nos contou o guía ían recoller ás patacas, que se dan neste país durante todo o ano debido ás súas condicións climatolóxicas.


FATHEPUR SIKRI
Indo no autobús camiño a Jaipur paramos a visitar esta cidade.
- Foi creada polo emperador mogol Akbar (avó do emperador que mandou construir o Taj mahal) no S. XVI.
- Foi a capital do estado mogol durante 14 anos.
- Crese que foi abandonada por falta de auga.
- Foi saqueada e roubáronse moitos dos seus tesouros.
- Tardouse 15 anos e construila e só foi habitada durante 14.
- Coñecida como "A Cidade Fantasma"  é Patrimonio Mundial da Humanidade dende 1986.

Fathepur Sikri está dividida en dúas partes, unha relixiosa e outra civil. Nós só visitamos esta última, a parte civil na que hai varios pazos e pavillóns.
Fermosos e amplos xardíns rodean os edificios.

Vemos o edificio onde o emperador celebraba as Audiencias Privadas.

O pazo do emperador é o edificio que vemos de 5 plantas e vai disminuindo en altura.

Distintos edificios, patios e xardíns do Fathepur Sikri:






Páxinas web consultadas:
https://laindiaincreible.com/
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

domingo, 24 de marzo de 2024

A INDIA (DELHI)

 Do 13 ao 22 de marzo deste 2024, un grupo de 65 persoas viaxamos á India coa Asociación Amigos das Viaxes representada por Xaime Cancio. Foi unha viaxe que puido despertar en nós diferentes sensacións: 😮😰😪😔😊 sorpresa, admiración, pena, medo e incluso asco nalgún momento; pero que de seguro a ninguén deixou indiferente ao atoparnos cunha cultura que sabiamos era moi diferente á nosa, pero ao mellor non imaxinamos ata que punto...Está claro que o que determina o que somos como persoas é o lugar onde nacemos e medramos.

Estamos en  Delhi, capital deste inmenso e pobladísimo país que á A India. Aquí pasaremos todo o día e a noite de hoxe, día da chegada.

Eu vou facer referencia aos 4 periodos máis importantes da India:

a) Sultanato de Delhi do S. XIII ao XVI

b) Imperio Mogol: estado túrquico- islámico entre os Séculos XVI e XIX

c) Imperio británico: dende o S. XIX ata 1947

d) Actualidade: Unha república independente formada por 28 estados e 8 territorios.

Unha das primeiras cousas, mellor dito o 1º animal que vimos, foi unha vaca🐂 dende o  🚌que nos levou do aeroporto ao hotel, paseaba tranquilamente pola rúa, pois xa sabemos que neste país son sagradas.

As vacas andan tranquilamente polas rúas

Hai que dicir que Delhi enlaza dous mundos: Old Delhi (a Vella Delhi), antaño capital da India islámica e Nova Delhi construida polo imperio británico e que ten só un século de idade. 

Na 1ª toma de contacto con esta cidade  xa nos demos conta de que o caos circulatorio é enorme! : adelántase pola dereita, pola esquerda, respectan pouco os semáforos e menos os pasos de cebra se os hai, cruzan dun lado a outro de calquera xeito...e o caso é que non se tocan!! O ruído é infernal: frenadas,  pitidos de claxons de xeito continuado, bicicletas,  autobuses, motocicletas, pequenos tractores, moto taxis...todos mezclados e sen respectar sequera os sentidos da circulación moitas veces! A habilidade dos conductores asombrounos de verdade!! 🚜🚕🚙🚎🚕

Caos circulatorio
A India experimentou nos últimos anos un gran crecemento económico pero esto de momento non se nota na maioría da poboación. Deseguida nos demos conta!

A pesares do incremento do seu PIB, "uno de los retos que deberá afrontar la India es el de reducir los niveles de pobreza y constituir una sólida clase media. Los últimos datos del Banco Mundial (2019) confirman que hay más de 129 millones de indios viviendo en pobreza extrema, el dato más elevado del planeta" (https://www.libremercado.com/)

Ao pasar no autobús vimos tamén un grandísimo edificio que o noso guía nos explicou que era un conxunto de templos hisduistas. Chámase Akshardham (vaia co nome!, para nós é difícil de pronunciar ou máis ben de escribir)
Akshardham

Na seguinte foto de Wikimedia Commons, podemos apreciar mellor o grandioso que é.
Akshardham

Despois de rexistrarnos no hotel  Crowne Plaza empezamos a visita aos monumentos máis representativos desta cidade.
A cidade de Delhi consta de 2 partes: a Vella Delhi que é a cidade histórica e a Nova Delhi, a capital da India e onde están a maioría das institucións administrativas.

JAMMA MASJID
Na India conviven varias relixións e a islamista ou dos musulmáns é a 2ª maioritaria neste país. Fomos visitar unha das mesquitas máis grandes da India , Jamma Masjid que está na Vella Delhi
.  No seu patio poden caber ata 25000 persoas.
.  A súa construcción durou 12 anos no S. XVII
Foi mandada construir polo emperador mogol Sha Jahan. Máis de 5000 traballadores foron necesarios.
Está construida en area vermella con tres cúpulas brancas de mármore.
. Sufreu dous atentados, un en 2006 e outro en 2010 con feridos.

Hamma Masjid

A mesquita está rodeada por un porche en area vermella de 1200 metros cadrados de superficie.
Tivemos que entrar descalzos ou cunhas calzas e as mulleres cubrimos o corpo cunhas batas negras
Hamma Masjid

Na seguinte foto vemos a Sala de Oracións formada por varios arcos.
Hamma Masjid
A continuación tíñamos no programa a visita ao Raj Ghat, lugar onde foi incinerado Ghandi pero non poidemos facelo dado que había unha manifestación. Esta é a imaxe sacada de Wikimedia Commons, que autoriza a compartila.
Raj Ghat

TEMPLO SIKH
O Sijismo é outra das relixións da India e visitamos un templo desta relixión. É un impoñente edificio de mármore branco que só podemos fotografiar por fóra, dentro está prohibido facelo.

Tivemos que entrar descalzos e antes purificar os pés.Tamén tivemos que tapar a cabeza tanto homes como mulleres.

Os tres pilares básicos desta relixión son:
* A meditación e recitación de himnos.
* O traballo honrado ao servicio da familia e da comunidade.
* A xenerosidade e a caridade.

Un inmenso estanque forma parte tamén do templo.

Purificando as mans. Dentro do templo vimos a moitas persoas sentadas no chan practicando a súas oracións e rituais.

O templo Sikh ten tamén unha cociña e un comedor onde diariamente se dá de comer . Hai voluntarios que preparan a camida para miles de persoas  independientemente de sexo, relixión ou situación económica.

As enormes potas onde preparan a comida.

Este monumento que vimos dende o 🚌representa a Ghandi e os seus seguidores que eran de tódalas idades, sexo e clases sociais. Está feita en bronce e nun fermoso xardín.
  
Dende o bus vimos a Porta da India (foto con licencia creative commons) mandada contruir para conmemorar aos soldados indios que morreron na I Guerra Mundial e nas Guerras Afganas de 1919.
Porta da India

TEMPLO DE BIRLA
Hai diferentes templos así chamados en diferentes cidades da India. O nome débese a que foron mandados contruir pola familia Birla. Este de Delhi foi o 1º construido no 1939.

MINARETE DE QTUB MINAR
Un minarete é a torre das mesquitas dende onde  se chama á oración 5 veces ao día. En Qtub Minar non só veremos o minarete máis alto do mundo senón un conxunto de edificios e monumentos empezados a construir no S. XII como son varias tumbas, a magnífica porta de Alai Darwaza, obra maestra da arte musulmá e construida no S. XIV  e dúas mesquitas, unha delas, a de Quwwat Ul Islam foi a 1ª mesquita construida na India despois da conquista musulmá. Todo o conxunto está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende 1993.
O minarete mide 73m. e foi construido en area vermella, mármore e ladrillo. Os inicios deste minarete son do S. XII e foise ampliando ao longo dos séculos ata acadar os 5 pisos que podemos ver. A súa decoración son motivos xeométricos e inscripcións do Corán.

O Minarete de Qtub Minar

Muhammad Qutbuddin Aibak foi o 1º sultan de Delhi e quen empezou a construir o Qtub Minar continuando despois outros gobernantes xa que el morreu despois de finalizar o 1º piso.
A zona que rodea ao minarete coñécese como Parque Arqueolóxico Mehrauli.

"El establecimiento del Sultanato de Delhi en 1206 fue el inicio de una nueva época en la historia de la India. Por más de doscientos años, los Mamluk, conocidos como los reyes esclavos, los Sayyid, Khilji, Lodi, Tughlaq, y los sultanes gobernaron sucesivamente la India. Su reinado transformó el entorno cultural y político de la India significativamente. Tras la finalización de su reino, el gran imperio mogol fue establecido. Sin embargo, a principios del siglo XVIII, este imperio se derrumbó rápidamente. En consecuencia, las potencias europeas tomaron el control fácilmente. Los británicos se convirtieron en una fuerza política poderosa, y en 1857 depusieron al último emperador mogol."


Caligrafía persa e motivos hidúes nos muros dos arcos na tumba de Illtumish.

A tumba de Illtumish foi mandada construir polo sultán Shamsuddin lltutmish para sí mesmo.
Tumba de Illutumish
Qutbuddin Aibak ordenou a construcción da Mesquita Quwwat-ul-lslam (Poder do Islam). Foi a primeira mesquita construida na India onde a xente se reunía para o culto. Esta estructura foi construida entre 1193 e 1197.
A mesquita máis antiga da India (S. XII)

Aos gobernantes centro asiáticos atribúeselles a introducción dun novo elemento arquitectónico chamado arco verdadeiro ou de dovelas como se ve a continuación. Estos arcos foron construidos con bloques de pedra en forma de cuña. 

 Na foto de abaixo, á esquerda, vemos O Pilar de Ferro: Como  o seu nome  indica, o 98 % deste pilar está feito en ferro puro. É un monumento á metalurxia India. Este pilar de ferro é tan fantástico que amosa poucos signos de oxidación durante os últimos 16 séculos.

A área adxacente ao Qtub Minar está repleta de ruinas antigas, tanto musulmanas como hindúes, indicativas dun violento conflicto que puxo fin ao reinado hindú na rexión de Delhi

O
Alai Minar foi encargo de Alauddin Khilji que pretendía superar en altura ao Qutub Minar pero morreu antes de conseguilo e a obra non foi continuada quedando como se ve na foto.

O Alai Darwaza  e a entrada ao recinto e foi construida por Alauddin Khilji en 1311 con proporcións excepcionalmente perfectas e un exterior fantásticamente decorado.
Alai Darwaza

E esto foi o que visitamos na nosa estancia en
Delhi, ademais dunha panorámica en bus pola Nova Delhi onde están as embaixadas, edificios gubernamentais e administrativos que amosan unha India diferente con amplas e limpas avenidas e modernos edificios.

A miña valoración da estancia en Delhi é positiva pero faltoume un día máis para poder visitar outros monumentos importantes e "patear" algo en Delhi (zona histórica e máis antiga e en Nova Delhi (a capital máis moderna creada polos ingleses)

A nosa viaxe a Delhi NON incluía lugares tan interesantes como o Templo do Loto, o de Akshardham, a Plaza de Connaught, o Fuerte Rojo... ou patear a rúa de Main Bazar.

Páxinas web consultadas:
https://whc.unesco.org/
https://www.conmochila.com/
https://www.viajeindia.com/
https://www.lasociedadgeografica.com/