Amosando publicacións coa etiqueta Bretoña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bretoña. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de decembro de 2020

RUTA DE MAELOC (BRETOÑA- A PASTORIZA)


Esta ruta foi acondicionada neste 2020 polo obradoiro de emprego do concello de A Pastoriza. É unha ruta que eu aconsellaría facela ao sentido contrario do que nós a fixemos , é dicir en sentido descendente. Baixando dende o Campo do Oso ata Bretoña para evitar dúas importantes subidas.

É unha ruta que abarca paisaxes fluviales, de chairas e grandes praderíos e alta montaña dende onde se divisan unhas espectaculares panorámicas: o val de Bretoña, a Terra Cha, as montañas da Fonsagrada os Ancares e Foz na Mariña lucense.

A ruta leva o nome de MAELOC porque Maeloc ou Mailoc foi un bispo galego de orixe brettoa do S. VI. Figura como bispo da diócese de Britonia, lugar que os expertos sitúan na actual parroquia de Santa Mª de Bretoña (Concello de A Pastoriza)

Características da ruta: 

Lonxitude: 12 km.

Dificultade: Media (se se fai en sentido descendente, para mín a calificación sería baixa xa que as baixadas son menos acusadas que as subidas)

Ruta lineal (podémola facer circular collendo dende o Campo do Oso a N-125 cara a Pastoriza/Lugo indo por asfalto durante 3km.) perfectamente sinalizada.

Descripción:

Nós partimos de Bretoña. O inicio de ruta , AQUÍ

Antes de achegarnos ao punto de saída, demos un pequeno paseo pola vila da que destacamos estas imaxes: A igrexa de Santa  e o cruceiro da pequena praza ao seu carón.

 "...La iglesia parroquial de Santa María de Bretoña es el único vestigio conservado de la antigua capital de los bretones durante los primeros siglos de la Edad Media. Bien que la edificación reciente, el tiempo actual fue levantado sobre las ruínas del antiguo monasterio principal de las tierras de Britonia, y conserva varias piedras de la primigenia edificación, como la cabeza del angel en la entrada a la torre del campanario".

 e o cruceiro da pequena praza ao seu carón.



Dirixímonos despois ao paseo fluvial onde comeza a ruta. Estamos no Coto da Auruxeira:


Todo a pasarela de madeira que percorre o paseo está cuberta por un arame para evitar as posibles caídas.

O paseo vai a carón do río Miñotelo:

Esta é a Pedra dos Namorados. No ritual das vodas celtas que se celebran durante a festa do Lugnasad, os namorados xuntan as súas mans a través do burato da pedra. O compromiso era anual e renovable de ano en ano.


Agora baixamos á Fonte do Tesouro ou Fonte do Encanto:

Hai unha lenda local de influencia celta que di que, en ocasións, os veciños vían sair desta fonte unha galiña acompañada dunha rolada de pitiños de ouro.

Ao longo deste percorrido veremos tres muíños . O primeiro é Muíño do Pico.

Agora no inverno, as árbores autóctonas están sen follas. Na primavera e verán debe ser unha gozada pasear baixo a súa sombra:


Abundan as pontes e os bancos:


O seguinte muíño e o da Valiña:

Agora cambia o chan pero será só uns poucos metros:

Atravesamos esta carretera.


Desguida nos atopamos de novo na pasarela de madeira.

E vemos o último muíño, o da Vila:

Estamos a punto de abandonar este fermoso paseo fluvial ás beiras do Miñotelo:

A partires de aquí a ruta aproveita camiños agrícolas e forestais e ábrese a paisaxes tipicamente gandeiras:


Por asfalto só vai uns metros:


 
Empezamos agora unha primeira subida pero é curta:

Imos vendo a medida que subimos o val de Bretoña:

E agora, outra subida por unha pista forestal:

Estamos xa a moita altura e desembocamos nunha pista asfaltada que nos leva ao parque eólico.

Primeiro torcemos á esquerda para sumerxirnos no Campo do Oso. Este monte abarca os concellos de Mondoñedo e A Pastoriza e é o escenario cada ano dunha rapa das bestas máis coñecidas en Galicia por ser tamén a primeira en celebrarse.

Imaxes do Campo do Oso. A carretera que vemos ao fondo é pola que podemos facer a ruta circular. Collendo dirección Pastoriza/Lugo atoparemos Bretoña a 3 km.


Aló ao lonxe, vemos Foz:



Subimos ata os eólicos , onde está Pena Gallada. Durante o ascenso, imos contemplando estas vistas.