Encántame coñecer estas pequenas aldeas onde a pouca xente que nelas vive te mira con cara de estrañeza cando te ven pasar porque poucas persoas diferentes ás que alí viven ou a algún repartidor /a de pan, butano...etc se adentran neste núcleos, que van quedando cada vez máis baleiros.
Hoxe fixen unha ruta circular e coñecín 3 pequenas aldeas, unha de Lourenzá e dúas de Mondoñedo.
Características da ruta:
Lonxitude: 6,8 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Iniciei e finalicei esta ruta ao pé da Capela de S. Xosé en Oural. Oural é un lugar da parroquia de Santo Tomé (Concello de Lourenzá) Se imos cara a Lugo pola Cruz da Cancela (LU-122) pasamos ao pé desta aldea que está pegada á estrada.
O ano de construcción desta capela é anterior a 1646 aínda que sufreu un mínimo de tres reformas. A capela vese moi coidada. Falei cunha muller da zona que me contou que actualmente só se abre unha vez ao ano, o día de S. Xosé.
A ruta vai sempre por estradas locais ben tranquilas. Non atopei unha alma!!
Oural está nunha zona alta e ten extraordinarias vistas.
Ao lonxe a A-8 e as aldeas O Castro, Lindín... Máis cerca, Oural e a capela de S. Xosé de onde acabo de partir.
Vemos agora a ldea se Soutoxuane pola que vou pasar despois e ao loxe, penso que é a aldea de Curros
Esas casas próximas pertencen á aldea de Ferreira tamén da parroquia de Santo Tomé de Lourenzá. Non pasarei ao pé, xa que un pouco antes de chegar aí, torcerei á dereita para cruzar a LU-122.
Despois de cruzar a LU-122 xa estou no concello de Mondoñedo.
Xa podo ver os tellados das casas da aldea pola que axiña hei pasar.
Hai que pisar sempre asfalto, os camiños das aldeas están a desaparecer, nuns casos por mor da Concentración Parcelaria que abreu pistas por derriba deles; noutros casos péchanse por falta de uso. A min non me importa, xa que en moitos casos é a única maneira de poder chegar a estas aldeas e son estradas locais polas que apenas se ve a ningún vehículo e moito menos a persoas.
Fermosa imaxe de Oural.
Soutoxuane é un lugar da parroquia de Santa Mª Maior, no concello de Mondoñedo. Unha parroquia con pouco máis de 200 habitantes.
Ao fondo de Soutoxuane está Beira do Río, un lugar onde houbo unha importante canteira de pizarra que se pode ver na foto. Esta canteira pechou hai uns anos en parte debido a que imcumpría a normativa e incluso se formou unha Asociacíon de Veciños para frear os abusos que seica cometía esta empresa."Veciños e veciñas das parroquias de Lindín e Santa María Maior (Mondoñedo) recentemente constituíron a asociación “Afectados polas louseiras do Val do Río Baos”. Unha entidade que quere denunciar as irregularidades que unha empresa de lousas está cometendo no concello.
El colectivo Afectados polas Louseiras do Val do Río Baos pregunta si la empresa Pizarras Veira do Río «pode esnaquizar camiños e estradas [...], verter os lodos aos regatos e ao río Baos [...], amorear montañas de escombros nas beiras das pistas [....], invadir as fincas privadas dos veciños». Y exige acciones públicas porque «non se ve ningún arranxo da desfeita»."
|
Soutoxuane e ao fondo a canteira. |
Pasamos polo medio desta aldea vendo un cabozo ou hórreo que conserva aínda o patín que unía este coa casa.
Deixamos atrás Soutoxuane para ir baixando á Beira do Río.
Beira do Río pertence á parroquia de Lindín.
Aínda que a maioría de vivendas están baleiras e lin por algún lado que o lugar estaba deshabitado, actualmente non é certo. Hai algunha casa rehabilitada e vin dúas mulleres por alí.
Esta aldea pareceume un lugar ben fermoso á beira do río Baos, un afluente do Masma. Hai partes da aldeaparcialmente abandonadas, onde non vive ninguén.
En ámbalas marxes do río hai vivendas. Ao fondo das que vemos nesta foto hai casas restauradas e vin dúas mulleres.
A antiga canteira de pizarra estaba moi pegada ás casas e ao río.Agora toca subir ata o inicio de ruta. Non é unha subida moi forte nin moi larga pero pega ben o sol...
Non, os eucaliptos non dan estes froitos. Este ten unha planta que sube por el, semella un tipo de enredadeira...non sei que é.
Oural será de grande aprox. como Soutoxuane pero aquí paréceme que debe vivir máis xente.
Xa, no final de ruta, ao pé da capela de novo, unha imaxe de Oural e de Soutoxoane.
Páxinas web consultadas:
https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/66616-afectados-louseira-mondonedo-denuncian-contaminacion-grave-perigo-accidentes
Ningún comentario:
Publicar un comentario