CAMPOS DE LAVANDA
O motivo de viaxar nesta época á provincia de Guadalajara foi sobre todo para ver os campos de lavanda en Brihuega pois só neste mes de xullo locen en todo o seu esplendor. A visita estrela desta viaxe foi coñecer estes campos que se perden no horizonte teñidos de cor lila entre os zunidos das abellas.
Hai máis de 40 anos, un mestre desta vila, Álvaro Mayoral, que veraneaba en Francia trouxo con el uns esquexes de lavandín (un híbrido entre a lavanda e o espliego) Os campos de Brihuela xa eran abundantes en espliego e contaban coas condicións idóneas para que esta planta se dera. A esto sumouse Emilio Valeros, técnico de Loewe, cuxos coñecementos permitiros que esto fose a máis.
Actualmente supéranse o millar de hectáreas, aumentando case 100 cada ano.
Campos de lavanda en Brihuega |
Campos de lavanda en Brihuega |
BRIHUEGA
Porta da Cadea |
Plaza de los Herradores |
Praza do Coso |
Concello |
Nós aquí, en lugar de seguir ao grupo, decidimos visitar as Covas Árabes. A entrada píllase na tenda que está ao lado e cada media hora entraba un grupo. Nós entramos ás 12:00 cun grupo no que éramos unhas 10 persoas. A visita durou uns 10 minutos (vaise sen guía e non ten perda, está perfectamente marcado o percorrido) e foi moi interesante.
Entrada ás Covas Árabes. |
As covas percorren o subsolo de Brihuega e foron construidas entre os séculos X e XI.
Covas árabes |
Que a gusto se estaba dentro coa calor que ía fóra!!
Teñen unha lonxitude aprox de 8 km. pero só son visitables uns 700m. Empregáronse primeiro como refuxio en caso de asedio pois eran unha vía de escape para sair fóra das murallas.
Covas árabes |
Como manteñen unha temperatura constante duns 12º, foron empregadas para conservar alimentos como viño, aceite e augardentes.
Covas árabes |
Porta da Guía
Igrexa de Santa Mª da Peña |
No interior desta igrexa está a imaxe da Virxe da Peña, patroa da localidade.
A igrexa anterior está situada no que foi o Patio de Armas do castelo de Pedra Bermeja do que na foto vemos un lateral.
Castelo de Piedra Bermeja |
O Castelo de Piedra de Piedra Bermeja está nun promontorio e foi edificado sobre un fortín árabe. Nós entramos pola porta que hai ao pé da igrexa da Virxe da Peña e o 1º que vimos foi un cemiterio.
Na foto, unha capela con sepulturas.
Cemiterio no castelo |
No exterior, o que sería o Patio Central do Castelo está totalmente ocupado por tumbas antigas e recentes.
O chan, as paredes...por tódolos lados hai sepulturas.
Cárcere de Carlos III |
Esta é das fontes máis monumentales de toda a provincia de Guadalajara: A Fonte dos 12 Canos e outros 13 na súa parte posterior que alimentan un granísimo lavadoiro. Foi construida no S. XX
Fonte dos 12 canos |
A parte traseira da fonte cun enorme lavadoiro.
Lavadoiro |
Páxinas web consultadas:
https://www.elrincondesele.com/campos-lavanda-brihuega-guadalajara-consejos-cuando-donde-ver/#:~:text=Los%20or%C3%ADgenes%20del%20cultivo%20de,cuales%20se%20empe%C3%B1%C3%B3%20en%20plantar.
https://www.rutasconhistoria.es/loc/plaza-del-coso-brihuega
https://turismobrihuega.com/index.php/conoce-la-villa/que-ver/item/416-cuevas-arabes
Ningún comentario:
Publicar un comentario