Ao estar tan cerca da Mariña lucense, o cancello de Valdés non é un descoñecido para min. Neste concello xa realizamos 3 rutas. Estas:
Los LLugarinos (Trevías)
Cabo Busto
Luarca-Praia de Portizuelo-Luarca
Hoxe realizamos unha ruta moi fermosa e interesante, é costeira e fluvial xa que estaremos na praia de Barayo e no río do mesmo nome, no que decubriremos unha cascada sen sinalizar, preciosa e nun entorno idílico.
Características:
- Lonxitude: 8,4 km.
- Dificultade: fácil.
- Ruta circular sinalizada parcialmente. Deixo o meu track en WIKILOC
Descripción:
Partimos do aparcadoiro máis pegado á praia de Bayota.
Imos por este carreiro uns 200m.
Ata atopar unhas rústicas escaleiras que nos baixan á praia.
Pero...OLLO!! Nesta praia desemboca o río Barayo e para accder á praia por este lado teremos que cruzalo a pé. Esto só será posible en marea baixa e cando estas son grandes, se non queremos mollarnos claro.
|
O río Barayo na súa desembocadura. |
Así estaba o acceso á praia. A marea xa estaba subindo e había bastante auga. Se fose verán aínda poderiamos cruzar pero agora en inverno non apetece.... así que demos a volta. |
O río Barayo xuntándose co Cantábrico |
Demos a volta outra vez ata os aparcadoiros e optamos polo acceso máis largo.
Agora baixamos á praia polo outro acceso: ao principio un ancho camiño que deseguida se mete á esquerda . Vemos un indicador da "Senda Costa Naviega" (unha ruta que une esta praia de Barayo coa vila de Navia pasando por toda esta costa) Nós fixemos xa un tramo desta fermosa ruta: dende Barayo ata a praia de Frexulfe hai uns anos.
Agora un carreiro vainos levar xunto ao río Barayo.
Atopamos un muiño en estado ruinoso ao pé do río que logo chegará á súa desembocadura.
Nun fermoso entorno temos que cruzar unha ponte sobre o Barayo.
Por aquí, a ruta a seguir está perfectamente sinalizada.
Leva chovendo bastantes días de forma continuada o que fai que o camiño estea anegado en varios tramos. Buscamos alternativas para pasar por sendeiros xa pateados.
Na entrada á praia vemos un cartel en forma de táboa de surf que entre outras cousas di:
"La Reserva Natural Parcial de Barayo constituye un claro ejemplo de sistema dunar- estuarino con unalto valor ecológico y paisajístico"
Hai tamén varios letreiros que nos piden por favor non pisar as dunas xa que son ecosistemas moi fráxiles e que se erosionan facilmente se son pisadas.
Sabemos que na parte leste da praia hai unhas covas chamadas Las Sántinas que só se pode acceder a elas cando a marea non está moi chea. Tivemos sorte: a auga estaba subindo pero non o suficiente para que non poideramos adentrarnos nelas.
As covas tenen unhas cores espectaculares!!A praia de Barayo foi considerada no 2022 como a mellor de España segundo o xornal británico The Times. É una praia salvaxe, illada á que non chegan os vehículos, de area moi fina e en cor oscuro. Rodeada de acantilados, na súa parte leste, ceca das covas, practícase o nudismo. Ten un sistema de dunas e marismas de gran valor.
O río Baraya ao desembocar forma unha inmensa marisma na que, entre outras plantas, medran os xuncos.
Atravesamos outra vez o bosque, agora en sentido contrario.
Voltamos cruzar a ponte e estamos de novo no muíño.
Viñemos polo carreiro da dereita. Agora seguimos de frente, polo camiño ancho.
As árbores mostran as súas cores outonais.
Á beira do camiño, nun monte vemos esta placa e esas pedra que nos fan pensar que sí está enterrada unha persoa.
Imos pegadiños ao río. O río Barayo é o límite natural entre os concellos de Navia e Valdés, é un río moi curto que nace no concello de Navia e que forma na súa desembocadura un espectacular estuario.
O camiño tiña tramos anegados polo desbordamento do río e pasamos como poidemos polo monte.
Na foto seguinte, por onde vai a auga non é o río, é o camiño.
Pasamos por Cerro del Castán (cerro: elevación natural del terreno de poca altura y aislada) onde hai uns apatamentos.
|
Cerro del Castán |
Atravesamos despois un piñeiral. E baixamos á cascada por un carreiro:
Formada polo río Barayo, a cascada de Pozo Fero é moi descoñecida e sen ningunha sinalización para chegar a ela. Non é alta pero a auga baixa con moita forza e o entorno é precioso!! |
Cascada de Pozo Fero |
Damos a volta dende a cascada e chegamos ao cruce onde nos desviamos antes e en lugar de voltar polo mesmo sitio, decidimos subir á esquerda por un camiño que nos vai levar ao outro aparcadoiro de Barayo. Segundo subimos, vemos o desfiladeiro por onde vai o río e ao lonxe vemos un pouco o mar.
Na foto seguinte, vemos o outro aparcadoiro que é onde oficialmente empreza a ruta da Senda Costeira Naviega.
Imos durante 1,5 km. por estrada.
Ata pillar un camiño á dereita durante uns metros.
Atravesamos unha terra porque víamos xa o coche moi cerca e tiña tanta auga das últimas chuvias que nos enterramos ata os nocellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario