-- C. N do Cantábrico: Esteiro-Viveiro
- C. N. do Cantábrico: Viveiro-Praia de Area Grande (O Vicedo)
Viveiro é o concello da Mariña lucense con maior nº de habitantes e é unha cidade con máis de 900 anos de historia cun casco urbano excepcional, con monumentos de renome (Porta de Carlos V, Porta da Vila, do Valado; igrexa de Santa Mª, de S. Francisco, a Praza Maior, a de S. francisco...empinadas rúas e casas con galerías acristaladas...o Mosteiro de Valdeflores...) Ademais deste inmenso patrimonio histórico ten tamén un grande patrimonio natural.
Características da ruta:
- Lonxitude: 7,8km.
- Dificultade: baixa.
- Ruta circular sen sinalizar.
O meu track en WIKILOC
A miña valoración desta ruta:🔆🔆🔆
Descripción:
Aparcamos o coche no aparcadoiro que hai antes da porta de Carlos V, ao pé da ría. Esta porta foi edificada no S.XVI para sustituir a outra anterior. Foi realizada como homenaxe a Carlos I de España e V de Alemania polos favores que concedeu a esta vila. É unha das tres portas que se conservan de cando Viveiro estivo amurallada. En 1942 foi declarada Monumento Natural e é de estilo renacentista plateresco.
Porta de Carlos V |
Nos xardíns de Noriega Varela, atopamos esta exposición itinerante que dende o 15 ao 29 de novembro estará en Viveiro. Trátase da exposición "A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía" que fai un repaso pola historia desta Casa Museo lembrando o fito que supuxo conseguir mercala, restaurala e musealizala en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas. Esta casa abriu ao público en 1971.
Exposición itinerante |
O perfil urbano da cidade de Viveiro parécese algo ao da Coruña polos edificios de galerías acristaladas.
Viveiro |
Imos polos xardíns de Noriega Varela. Este escritor nacido en Mondoñedo, pasou os últimos anos da súa vida en Viveiro onde morreu en 1947.
Xardíns de Noriega Varela. |
Camiñamos ao pé da ría. Ao fondo vemos o barrio chamado "O Paraíso"
Ría de Viveiro |
A ría de Viveiro está formada pola desembocadura do río Landro.
Ría de Viveiro |
Muíño de mareas |
Paseo do Landro |
Rego no Paseo do Landro |
Paseo do Landro |
Paseo do Landro |
Paseo do Landro |
Área recreativa A Xunqueira |
Xunqueira |
Este barrio segue a espera de obras que minimicen os efectos de posibles inundacións futuras. Hoxe, día 20 de novembro cúmprense precisamente 5 anos dende que as inundacións mataron a unha muller e causaron danos materiais neste barrio. O sábado houbo unha manifestación promovida pola Asociación de Veciños porque se senten "marxinados, desprotexidos e abandonados" dado que todo segue igual que no 2018.
Xunqueira |
Lavadoiro restaurado ao pé do río FonteCova e campanario do mosteiro de Valdeflores.
O Mosteiro de Valdeflores foi abandonado no 2018 estando rexido por unha congregación de dominicas. Disque había problemas internos entre elas, que había dous bandos enfrentados, as máis novas coas de máis idade.
A igrexa é gótica do S. XV e o mosteiro do S.XVII. Están declarados BIC(ben de Interese Cultural) e Monumento Histórico Nacional. As monxas dominicas, aínda que eran de clausura, elaboraban uns doces que tiñan sona en toda a comarca.
Con axudas e subvencións públicas o mosteiro foi restaurado por dentro e ten nova cuberta. Agora falta darlle un uso axeitado a ese enorme edificio que ten ademais unha finca que pecha un muro de grande extensión.
Mosteiro de Valdeflores |
Moi boa descrición da ruta. Tedes que volver visitar o Casco Histórico da Cidade e facer outra ruta para subir a San Roque e ao Penedo do Galo.
ResponderEliminarAdxunto a ruta en honor ao Montañista Ramón Blanco recentemente fallecido que sube polos Muiños ao Penedo do Galo e Baixa por San Roque
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/sendero-ramon-blanco-89693883
Moitas grazas. A subida ao Penedo do Galo dende S. Roque é unha ruta que está prevista para o ano vindeiro. O casco histórico témolo moi coñecido por proximidade (vivimos en Foz) pero nunca está de máis volver visitalo e combinalo con outra ruta (por exemplo vindo dende o porto de Celeiro)
EliminarA verdade é que Viveiro é un concello con moitas posibilidades para rutas costeiras, fluviais, urbanas...( Tamén coñecemos a do Camiño natural do Cantábrico que modificamos para ir ata o Cargadoiro)
Grazas de novo e un saúdo.