|
Ponte colgante de Illano |
Illano é un pequeno concello asturiano eminentemente rural e que sofre un tremendo despoboamento. Está incluido este concello no Parque Histórico do Navia.
Entre os anos 1929 e 1933 constrúese o encoro de Doiras e esto provoca un gran incremento demográfico pero non se cumplen as expectativas de traballo continuo e a partires dos anos 70 hai un éxodo continuo que empobreceu o concello.
A poboación de Illano está marcada pola orografía do terreo, xa que o seu carácter accidentado e a profundidade dos vales fai que o hábitat se localice a media ladeira e na marxe esquerda do río, que é onde se localiza a súa capital.
A súa poboación está moi envellecida.
Para chegar ata o punto de inicio desta ruta, hai que sufrir unha estrada estreita e cheísima de curvas imposibles!!
Características da ruta:
Lonxitude: 13,3 km.
Dificultade: moderada polo desnivel importante dalgún tramo.
Ruta circular ben sinalizada.
O meu track desta ruta en WIKILOC
A miña valoración desta ruta: 🔆🔆🔆🔆
Descripción da ruta:
Esta ruta ten o inicio e o fin na área recreativa de Folgueiróu, a uns 2 km. da capital do concello, Illano.
É esta unha área que sorprende xa que é moi grande e ten servizos como: restaurante, piscina, campo de fútbol, bolera, un pequeno parque infantil, un Centro de Interpretación da Natureza, a Oficina de Turismo...e unha zona inmensa con bacos, mesas e barbacoas á sombra de moitas árbores.
Na foto seguinte vemos unha fonte e o restaurante:
|
Fonte e restaurante |
Estamos a unha altitude case 500m. e dende o miradoiro que hai tamén nesta área recreativa podemos contemplar a parte sur do concello.
|
Miradoiro |
Unha área recreativa con multitude árbores:
|
Área recreativa de Folgueiróu |
O deseño da piscina é obra do arquitecto J. Ramón Puerto, unha construcción en pedra que recorda a un castro e pola que recibeu numerosos premios. Foi inaugurada no 2002
Un detalle da piscina: |
Piscinas |
A área conta tamén cun parque infantil. Un día de verán aquí para os máis pequenos debe ser fabuloso: poden correr libremente, teñen piscina, parque...o que pasa é que non creo eu que haxa moitos nenos nin nenas neste concello, moi envellecido.
|
Parque infantil dentro dárea recreativa. |
O Parque Histórico do Navia no occidente asturiano inclúe os concellos de Boal, Coaña , El Franco, Grandas de Salime, Illano, Navia , Pesoz, Tapia de Casariego e Villayón. O río Navia e os seus afluentes debuxan a orografía deste gran Parque Temático ao aire libre abase de castros, aldeas, montañas, ríos, vales, miradoiros, encoros e vilas mariñeiras.
|
Illano pertence ao Parque Histçorico do Navia |
Despois de cruzar a área recreativa, collemos unha ancha pista costa abaixo entre piñeiros.
Descendemos cun importante desnivel e ao pouco podemos ver xa o río Navia.
|
Río Navia |
Tamén vemos unha cascada pequena. |
Cascada |
Vemos unha indicación dun desvío para Illano pero collerémolo despois, agora imos cara á Ponte de Illano. |
Bifurcación |
O encoro de Doiras separou dúas partes do concello unidas agora por esta ponte colgante. Aquí desfrútase do silenzo con maiúscula. Non hai vehículos, a ponte só é peonil e a estrada está lonxe o mesmo que as aldeas. Para chegar a esta ponte, o único camiño é a pista por onde acabamos de vir ou ben dende Illano, atravesando un monte por un estreito carreiro.
|
Ponte colgante |
A ponte estivo en reparación no 2018 e as táboas de madeira que ten están en perfecto estado. A vexetación en torno á ponte, o silenzo reinante, o illado do lugar fan atopar paz e sosego.
O encoro de Doiras inaugurado no 1934 sobre o cauce do río Navia, pertence a Boal pero a súa superficie tamén se extende aos concellos de Pesoz e Illano.
|
Ponte colgante |
Crucei a ponte para achegarme ata a aldea de Lantero por un solitario camiño, ancho e dende o que vemos sempre o río aló embaixo. |
Subida a Lantero |
O camiño vai en constante e pronunciada subida. Nas beiras hai moitos érbedos.
|
Subida á Lantero |
Nun punto da subida a Lantero vemos ao lonxe Illano, capital do concello.
|
Ao lonxe, Illano |
Segundo chegamos á aldea de Lantero o 1º que vemos é o antigo lavadoiro, restaurado e en perfectas condicións de uso.
Lantero non ten nin 20 habitantes nun concello como xa dixen que sufreu e sofre unha grande merma de poboación. Pertence á parroquia de Bullaso.
|
Lantero |
A aldea ocupa unha ladeira, como ocorre coas localidades de todo o concello, debido á orografía con montañas que caen directamente ao río Navia. |
Lantero |
Dende Lantero hai que dar a vola polo mesmo sitio da ida. Cruzamos de novo a ponte, agora para o outro lado, claro, e retomamos o percorrido ata atopar a bifurcación que víramos antes para ir a Illano.
|
Ponte de Illano |
Unha solitaria lanchiña atracada no encoro: |
Lanchiña no encoro, ao pé da ponte de Illano |
A subida a Illano é continua e ten bastante desnivel. As vistas que temos subindo a Illano. A aldea que se ve é Lantero, á que antes subín. Este concello está marcado pola accidentada orografía e polo río Navia que o parte en dous.
Na I. Media, este concello pertencía a Castropol. A mediados do S. XV, obtivo a súa emancipación. Illano é un concello plenamente rural.
|
Illano aló enriba |
Illano atópase a unha altitude de 355m. e esto fai que teña unhas vistas espectaculares:
Casas abandonadas no centro da vila: |
Illano |
Un concello rural que perde poboación sen cesar. |
Illano |
A parte máis nova da vila está ao pé da AS-12. Camiñamos uns poucos metros por esta estrada ata coller (está indicado) un ramal á esquerda.
|
Parte nova de Illano, na estrada que a cruza. |
Nesa parte nova hai un pequeno parque dende onde temos unhas fabulosas vistas da vila e das montañas próximas.
|
Parque en Illano |
Pasamos polo lugar de Grandelia. |
Grandelia |
Na parte alta deste lugar pillamos un desvío á dereita (está sinalizado) que nos saca da estrada e nos leva por un carreiro antigo.
|
Carreiro |
Atravesamos o rego dos muíños. |
Rego dos Muíños |
E seguimos por un pequeno e angosto carreiro.
Rematamos a congostra e como estamos nun alto, as vistas son estpendas. |
Vistas dende aldeas próximas a Illano |
Cruzamos un lugar chamado A Baboreira e non vemos unha alma como tampouco vimos en Illano aínda que aí si que escoitamos xente falar. Aquí semella non vivir ninguén.Saimos a unha estrada local atravesando o barrio de Casas del Río e vendo case tódalas casas pechadas e/ou abandonadas.
|
Casas del Río |
Esta estrada local desemboca na As-12 e dende este cruce xa vemos uns metros máis adiante a área recreativa de Folgueiróu onde empecei esta ruta.
Páxinas web consultadas:
https://es.wikipedia.org/wiki/Illano
https://www.turismoasturias.es/descubre/donde-ir/comarcas/parque-historico-del-navia
Ningún comentario:
Publicar un comentario