No programa levábamos visitar varias vilas da provincia burgalesa. Empezamos o sábado por visitar:
LERMA
Ten o título de "villa". O seu casco histórico é BIC (Ben de Interese Cultural) Lerma está considerado "Uno de los Pueblos más Bonitos de España" dende 2018. Ten menos de 3000 habitantes.
A historia e desenrolo desta vila vai unido a Francisco de Sandoval y Rojas, I Duque de Lerma e valido de Felipe III. Este duque transformou o antigo condado de Lerma en ducado no S. XVI.
Na Praza Maior de Lerma que é moi grande (máis ca de Salamanca) atopamos o Palacio Ducal, hoxe convertido en Parador de Turismo. Este palacio do S. XVII que o duque de Lerma mandou construir sobre un castelo medieval foi a envexa da corte daquela época. Aquí durmeu Napoleón. Ademais da impoñente fachada destacan o claustro e o seu patio interior onde Lope de Vega estrenaba as súas obras de teatro hai 500 anos.
|
Palacio Ducal na Praza Maior |
O Palacio Ducal ocupa todo un lateral da praza. Durante a Guerra Civil foi utilizado como cárcere e actualmente é un gran Parador de Turismo. O porque o palacio ten 4 torres cando aos palacios ducales se lles otorgaba dúas, ten a explicación de que o duque de Lerma enganou ao rei dicindo que quería poñer 2 torres, este concedeulle o permiso porque o duque ocultoulle que eran dúas máis das que xa tiña..
|
Palacio Ducal |
É unha lástima que esta enorme e fermosa praza sexa actualmente un parking. Vela chea de coches réstalle fermosura e non permite desfrutala como se debería.
|
Praza Maior de Lerma |
O Convento de Santa Teresa foi inaugurado por Felipe III no S. XVII para os frades carmelitas. Está pegado ao edificio do concello
|
Convento de Santa Teresa e Casa Consistorial |
O Convento de Santa Clara actualmente non ten actividade relixiosa (dende 2015) pero hai uns anos foi coñecido porque máis de 250 mulleres xovenes procedentes de diversas clases sociais (a maioría con estudos universitarios) foron iniciadas na vida relixiosa por unha tal Sor Verónica. Como este convento se lles quedou pequeno, trasladáronse a outro municipio de Burgos: La Aguilera e sendo antes da Orde das Clarisas, transformáronse no Instituto Relixioso Leso Communio dedicándose á vida contemplativa e á evanxelización.
|
Convento de Santa Clara |
O Arcos que se ven na foto serven de miradoiro e antigamente era un pasadizo creado a principios do S. XVII e que unía o Palacio de Lerma cos mosteiros de Santa Clara e Santa Teresa e a Colexiata de S. Pedro. Este é o único tramo cuberto que se conserva. O pasadizo servía para que o duque, o rei Felipe III e as súas familias poidesen asisitir aos oficios relixiosos sen pisar a rúa.
|
Miradoiro Os Arcos |
Ao pé do Miradoiro dos Arcos descansa o Cura Merino: un famoso guerrilleiro da Guerra de Independencia cuxas estratexias de guerrilla lle valeron a fama e un recoñecemento militar importante.
|
Tumba do Cura Merino |
A Colexiata de S. Pedro foi consagrada no S. XVII con grandes festas que duraron 21 días. O Duque de Lerma consigueu que esta abadía dependese directamente de Roma, por eso se o emblema papal. Ten unha fachada moi sobria e sinxela.
|
Colexiata de S. Pedro |
Frente á Colexiata hai unha estatua do escritor
José Zorrilla, autor de D. Juan Tenorio e que viveu nesta localidade. |
Estatua de José Zorrilla |
Unha rúa de Lerma:
Vemos a primitiva Igrexa de S. Juan, máis tarde chamada ermida da Piedade. Actualmente non é un espazo relixioso senón que está dedicado á cultura. O "Espacio Escénico La Piedad" acolle mostras de teatro, conferencias, actuacións musicais...etc
|
Espazo Escénico La Piedad" |
Outra imaxe desta fermasa vila onde se nota a súa antigüidade no ben conservado casco histórico.
Lerma estaba antigamente protexida por unha muralla. Das 4 portas que tiña só queda unha, a coñecida como "Arco do Cárcere" |
Arco do Cárcere |
O Arco do Cárcere ten dous cubos defensivos moi tranformados pero aínda conservando a saeteiras. No S. XVII e no XIX foi empregado como prisión de aí que o coñezamos co nome que ten. Na actualidade alberga o Consello Regulador dos viños con denominación de orixe "Arlanza".
|
Arco do Cárcere |
O mosteiro de Lerma (Antes Carmelitas descalzas) coñecido como Mosteiro da Madre de Deus ou Convento de Santo domingo. Actualmente esta desacralizado.
|
Mosteiro Madre de Deus. |
Para non subir pola mesma rúa da baixada, subimos pola rúa Zorrilla onde lemos nos muros poemas deste escritor e ao fondo, o Espazo Escénico La Piedad. |
Rúa Zorrilla |
A casa onde viveu Zorrilla: |
Casa onde viveu José Zorrillla |
Na "Plaza del Mercado Viejo" tomamos un café para despedirnos desta localidade. |
Praza do Mercado Viejo en Lerma |
COVARRUBIAS
É un municipio moi pequeno xa que ten pouco máis de 500 habitantes. No S. X, Fernán González e o seu fillo convertiron a Covarrubias na capital do infantazgo de Covarrubias e cabeza dun dos máis importantes señoríos monásticos. Por este motivo se lle coñece co nome de "berce de Castela" e foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1965.
Entramos pola Porta do Adelantamiento de Castilla (Un adelantado era un oficial ao servizo da coroa que tiña encomendadas algunhas competencias xudixiais e militares) Construida na 2ª metade do S. XVI por orde de Felipe II. É de estilo herreriano con elementos renacentistas. Tódalas escrituras que emanaban dese Adelantamiento gardábanse neste edificio que no S. XVIII perdeu a súa función porque todo o que había foi trasladado ao Archivo Xeral de Simancas.
Esta entrada é coñecida como Porta Real e ten encima o escudo de Felipe II. Foi utilizado como Casa do Concello e actualmente alberga a Oficina de Información e Turismo,a Biblioteca Municipal e unha sala de Exposicións.
|
Porta Real de Covarrubias |
Nada máis cruzar a Porta Real xa nos demos conta de que nos introduciamos nun casco histórico diferente e fermoso.
|
Entrando en Covarrubias pola Porta Real |
Covarrubias é sitio de cultivo de cereixas e vimos polas rúas varias vendedoras. Hai moitas variedades deste froito na zona.
|
Cereixas de Covarrubias |
Covarrubias é unha vila antiquísima fundada en 878 polo conde García Fernández e que prospera baixo o coidado de dúas abadesas: Dona Urraca e dona Sancha. O seu casco histórico é un dos mellores expoñentes da arquitectura popular en España.
|
Unha rúa de Covarrubias |
Chegamos deseguida á Praza Maior onde vemos a Casa Palacio de Fernán González do S. XII que actualmente é o Concello.
|
Praza Maior |
Outra vista da Praza Maior onde na antiga Casa Palacio, que hoxe é o Concello, se pode aprezar un arco románico que é o queda desta antiga construcción do S.XII
|
Praza Maior de Covarrubias |
O Torreón de Fernán González é mozarabe, do S. X e foi construido para reducir os ataques dos musulmáns. Actualmente é un Museo de Armas Medievais.
Hai unha lenda que di que nun aposento do torreón estivo presa dona Urraca, filla de Fernán González, por desobedecer a seu pai tendo amoríos cun pastor.
|
Torreón de Fernán González |
A Praza de Dona Sancha:
|
Praza de Dona Sancha |
Na Casa de Dona Sancha atopamos o icono da arquitectura tradicional de Covarrubias. É unha vivenda do S. XV que mantén a característica fachada de adobe e o clasico entramado de madeira.
|
Casa de Dona Sancha |
Camiñamos ás beiras do Arlanza ata a ex-Colexiata de S. Cosme e S. Damián. Un edificio do S. XV que conta co órgano máis antigo de España que aínda funciona. |
Ás beiras do río Arlanza |
Esta ex-colexiata é agora igrexa parroquial e destaca pola súa fachada. |
Ex colexiata de S. Cosme e S. Damián |
Frente a ex-colexiata vemos a estatua de Kristina de Noruega que casou co infante Felipe de Castilla, fillo de Fernando III, o Santo. Morreu moi nova e os seus restos están nun sepulcro de pedra dentro desta igrexa.
A estatua que vemos é de 1978 con ocasión da homenaxe que se lle fixo e á que asistiron varios personaxes noruegos. Desde entón sucedéronse os contactos entre autoridades do goberno de Noruega e de Covarrubias chegando a crearase unha Asociación chamada Princesa Kristina de Noruega cuxo fin foi crear unha capela dedicada a S. Olaf, patrón de Noruega en Covarrubias. Foi inaugurada en 2011 a uns 3 km. da vila.
|
Princesa Kristina de Noruega |
As casas de Covarrubias chaman moito a atención pola súa cor, todas iguais, e o entramado en madeira que teñen.
|
Unha rúa de Covarrubias |
|
As peculiares casas de Covarrubias |
Ata buzóns e papeleiras teñen a forma das casas!! Que detalles!! |
Un buzón de Covarrubias |
|
Unha papeleira |
A Igrexa de Santo Tomás foi construida no S.XII pero edificio actual data do S. XVI.
Outra vista dende a igrexa de Santo Tomás.
Dende logo a min encantoume esta pequena vila que garda no seu casco histórico tan peculiar e fermoso a estructura, fisonomía e esencia de séculos pasados.
Páxinas web consultadas:
https://es.wikipedia.org/wiki/Lerma_(Espa%C3%B1a)
https://www.turismoarlanza.es/es/lerma/puntos_interes/es/mirador-de-los-arcos/
https://www.turismoarlanza.es/es/lerma/puntos_interes/es/ermita-de-la-piedad/
https://www.castillosnet.org/fortificacion.php?r=BU-CAS-027
https://www.elcorreodeburgos.com/burgos/provincia/110711/181294/covarrubias-capital-cereza.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Covarrubias
https://www.guiarepsol.com/es/fichas/monumento/torreon-fernan-gonzalez-11940/
https://www.elcorreodeburgos.com/burgos/230708/186241/covarrubias-belleza-tropel.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Cristina_de_Noruega
Ningún comentario:
Publicar un comentario