Camiño Real |
Hoxe fixen unha ruta pasando polos puntos máis emblemáticos da parroquia de Sargadelos no concello de Cervo, na comarca da Mariña Lucense.
Para mín foi unha ruta fácil e fermosa que nun percorrido circular nos permite coñecer o Conxunto Histórico- Artístico de Sargadelos, o seu entorno co Paseo dos Namorados, a Fonte da Tella, a Senda Botánica....O río Xunco vai ter moito protagonismo nesta ruta xa que camiñaremos á súa beira nun longo tramo no que desfrutaremos de vexetación autóctona, de antigos muíños, pontes...Tamén descubriremos a igrexa de Santiago e pasaremos pola capital do concello admirando a súa Praza do Souto e as grandes casonas que a rodean.
A parroquia de Sargadelos é un lugar de visita obrigada, xa que nela atópase a Cerámica de Sargadelos (de recoñecemento internacional) e os restos das antigas fábricas de fundición e louza, fundadas por Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos. A nova fábrica de cerámica creada no lugar foi integrada, mediante a súa arquitectura, na paisaxe natural; esta nova instalación, os restos das antigas fábricas e o museo, onde se conservan valiosas mostras de cerámicanas súas distintas etapas, foron declarados Conxunto Histórico-Artístico.
A parroquia, chamada oficialmente Santiago de Sargadelos, ten poco máis de 100 habitantes.
Unha ruta moi recomendable. Deixo o meu track en WIKILOC
Inicio esta ruta no novo aparcadoiro recentemente creado moi cerca da Fonte da Tella, ao pé don Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos
Novo aparcadoiro |
A Fonte da Tella de 2 canos é moi popular entre os veciños da zona que veñen aquí a abastecerse de auga.
Fonte da Tella |
Pequena área recreativa |
Paseo dos namorados Á nosa dereita levamos o río Xunco e á esquerda unha canle que abastecía de auga á antiga fábrica. |
Paseo dos Namorados. |
Ao final do paseo hai unha cascada artificial que baixa da presa do río creada en 1791 para reter a auga e aproveitala para a industria.
A cascada da presa |
É a 1ª vez das moitas que xa visitei esta cascada que vexo tan pouca auga.
Cascada da presa |
Un vello e inmenso amieiro "bebe" na presa.
É un carreiro estreito, que semella de pescadores, pegadiño ao río que aquí vai moi remansado e tranquilo.
Como xa indiquei non é necesario voltar á presa para ir á Senda Botánica. Eu pillei antes un carreiro que sube polo monte e deseguida empezas a ver árbores cos seus rótulos. Estamos no Monte Escarabelada.
Carreiro de subida |
A Senda Botánica ten moitas árbores e moi diversas pero... eu véxoa sempre igual. Pasei por aquí en anos anteriores e non noto que medren as árbores, nin hai frondosidade...non sei...dá a sensación de que lle falta algo. Non sei se a situación, nun lugar alto lonxe de fontes de auga ou que non está moi coidada (unha boa roza facíalle moita falta) o caso é que é unha Senda Botánica que non chama especialmente a atención.
Unha aciñeira que no medio dos toxos loce pouco... |
Chego ao punto onde o camiño que traio se cruza co que ven se pillase a senda xusto na presa.
Senda Botánica |
Os capudres (serbal do cazador en castelán) pois tampouco locen moito entre a maleza.
Senda Botánica |
Nun determinado momento o camiño xira á esquerda. Esta é a parte máis fermosa da Senda Botánica.
Senda Botánica |
Houbo un tempo que no cercado que se ve, debeu de haber cabalos. Actualmente non queda ningún.
Senda Botánica |
Hai bancos e todo pero pouco apetece sentarse...
Senda Botánica |
A verdade é que estes carteis identificando as árbores son ben importantes e necesarios. Tamén para aprender o seu nome en galego que en moitos casos non coñecemos.
Eu hoxe aprendín que serbal dos cazadores en galego é capudre e que espino albar dise estirpeiro
A Senda Botánica remata onde iniciei o Paseo dos Namorados, de feito podemos facer esta pequena ruta circular empezando nun sentido ou noutro.
Atópome agora no Conxunto Histórico -Artístico de Sargadelos. Na imaxe vemos unha antiga canle que aínda leva auga (penso que é a mesma que hai no Paseo dos Namorados) vemos o edificio ese grande que eran as natigas Cabaleirizas (onde se gardaban os cabalos)
Unha fermosa área recreativa completa a imaxe.
O Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos foi declarado como tal no ano 1972. Nel foron incluidos os restos do antigo complexo industrial fundado a finais do S. XVIII por Antonio Raimundo Ibañez, coñecido como "Marqués de Sargadelos".
Inicialmente foi un complexo siderúrxico que constaba dunha ferraría e dunha fábrica de fundición de ferro en cuxos altos fornos se empregaba como combustible carbón vexetal.
A principios do S. XIX fundouse unha fábrica de cerámica que remataría por converterse na máis importante de España nesa época.
Unha vez consolidado, o complexo industrial de Sargadelos contaba con:
- O Pazo do Marqués.
- Fábrica de Fundición con fornos, carboeiras, refinaría e ranchos para os obreiros.
- Ferraría
- Fábrica de cerámica
- Dous muíños de fariña, unha ponte de 2 arcadas e 5 prados de regadío d egran extensión.
No ano 1875 cesou a producción das Reais Fábricas. No 1970 volve reabrir da man de Isaac Díaz Pardo.
O edificio que albergou as Cabaleirizas foi rehabilitado e é actualmente o Centro de Emprendemento e Artesanía de Sargadelos que abriu as súas portas no 2018.
Os primeiros altos fornos de calcinación do noso país son estes de Sargadelos.
Altos Fornos(Imaxe de Wikimedia Commons) |
Paso por diante do que foron as fraguas ou forxas para quentar e dar forma o ferro cando a industria era aínda siderúrxica. O edificio que se ve ao fondo, máis alto era un mesón e unha pousada.
Antigas fraguas |
Antigas fraguas |
Á miña man dereita están os edificios do que foron antigos almacéns e unha pousada.
A casona que vemos na foto seguinte era a Casa da Administración, edificio que data da década de 1840. Luis de la Riva ( compostelá que arrendou no 1845 a administración da fábrica aos Ibañez iniciando a época dourada da compañía, 1000 familias chegaron a traballar na fábrica en 1849) ordenou a súa construcción co obxectivo de rexistrar tódolos movementos económicos e productivos das Reais Fábricas.
Na actualidade alberga o Museo Histórico de Sargadelos onde se pode contemplar a evolución da producción das Reais Fábricas de Sargadelos.
Casa da Administracción, actual Museo Histórico. |
Despois de percorrer todo o Conxunto Histórico Artístico pillo a estrada Río Covo-S. Cibrao
Camiño Real |
Vexo unha árbore que semella escapar por esa ventá!
Un muíño nunha completa ruína.
O Camiño é ancho ao longo do percorrido atopamos muíños, pontes, mesas...
Nesta ponte cruzamos o río Xunco outra vez.
Vistas da Ponte sobre o Xunco
Restaurante-Pousada O Almacén |
A Praza do Souto é pequena pero ten encanto e está rodeada de grandes casonas de pedra. Eso si, de souto só ten o nome que lle quedou de cando efectivamente era un fermoso souto que eu aínda lembro
Praza do Souto |
Pillo agora , ao pé do Restaurante-Pousada "O Almacén" á esquerda por un sendeiro, onde está o letreiro da foto, coincidindo coa ruta que chega á Praia de Rueta.
O Muíño de Benito está moi ben conservado e aínda podemos ver a canle que levaba a auga para moer
Muíño de Benito |
Neste percorrido que fixen ao pé do río Xunco e que remato aquí, hai gran variedade de árbores autóctonas e puiden ver amieiros, carballos, pradairos, bidueiras...
Chego deseguida a unha estrada local e pillo á dereita.
Pombal |
Un Pazo? |
A primeira fábrica (Real Fábrica de Sargadelos) foi creada a principios do S. XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e tras varias xeracións acabou cerrando en 1875.
A partires de mediados do S.XX, nace unha nova iniciativa da cerámica en Sargadelos, basada en coloracións en tonos azulados da man de Isaac Díaz Pardo.
Actualmente, a Fábrica pertence ao Grupo Sargadelos, unha sociedade limitada que ten como principal accionista a empresa Cerámicas do Castro S.L. dende1949. Actualmente, a sociedade Sargadelos ten dúas plantas de produción cuns 245 empregados. Unha está situada no Castro de Samoedo, no concello de Sada (A Coruña), e outra en Sargadelos, no concello de Cervo.
Nova Fábrica de Sargadelos |
Pía dos desenganos |
Horto alienígena |
Horto alienígena |
Horto alienígena |
Horto alienígena |
Igrexa de Santiago de Sargadelos |
Casa da Administración, hoxe Museo Histórico |
A Sacabeira Café Bar Cultural é un lugar polo que merece a pena pasar (e entrar claro!)É moito máis ca unha cafetería ou un bar, é unha referencia cultural, escenario de presentacións de libros, concertos, monólogos,espectáculos de maxia, recitais ou exposicións.
E remato onde empecei, no aparcadoiro frente ao que foron as carboeiras, lugar onde se gardaba o carbón como o seu nome indica, cando este lugar era aínda unha fábrica de siderúrxia. Restaurado no 2004, emprégase na actualidade como sala de exposicións e eventos.
Antigas carboeiras |
E aquí remato esta ruta circular curta pero moi, moi interesante a nivel paisaxístico (paseo dos Namorados, Senda Botánica, río Xunco cos muíños e a paisaxe fluvial...) e a nivel histórico e etnográfico co Conxunto Histórico- Artístico de Sargadelos, a igrexa parroquial, a nova fábrica...
Páxinas web consultadas:
http://www.concellodecervo.com/web/publico/inicio
https://www.miniontour.es/que-ver-en-sargadelos-la-real-fabrica-el-conjunto-historico-y-la-fabrica-de-sargadelos/
https://www.cultura.gal/es/nova/8118/declarada-bien-de-interes-cultural-la-fabrica-de-sargadelos-de-cervo
https://www.elprogreso.es/gl/articulo/a-marina/instalacion-artistica-insufla-vida-antiga-piscina-sargadelos/202108221700591521082.html
https://www.turismo.gal/inicio?langId=es_ES
Ningún comentario:
Publicar un comentario