martes, 14 de marzo de 2023

MARRUECOS/MARROCOS: FEZ, MEKNES, RABAT, CASABLANCA

Despois da nosa visita ao deserto volvemos en 4x4 outra vez para Erfoud (Case 1 hora de camiño) e ao chegar ao mesmo punto onde nos recolleran o día anterior hai unha exposición de fósiles que fomos ver.

A escasos km. de Erfoud hai minas de fósiles. A15 km. hai unha canteira de mármore negro que se pule para dar forma a multitude de elementos decorativos como os que vimos nesta exposición onde loxicamnete tamén os vendían.

Exposición de fósiles e outros obxectos

Emprendemos a viaxe cara a Fez. No seguinte mapa vemos unha aprox. ao percorrido que fixemos saíndo de Marrakech e rematando en Casablanca.
O noso percorrido en Marruecos

Despois de comer en Midelt continuamos viaxe ata chegar a Fez. Antres pasamos (sen parar) por Ifrane. O pouco que poidemos ver desta cidade indo no autobús e fóra chovendo e con algo de néboa foi moi pouco, pero sirveu para que a mín persoalmente me "picara" a curiosidade e buscase información sobre este lugar.(O noso excelente guía tamén nos contou cousas sobre esta cidade)
Ifrane é coñecida como " a pequena Suiza" e é que se pensamos en Marrocos sempre nos vén á cabeza sol e calor, pero dende logo poidemos constatar que no inverno non é así e que incluso hai cidades coma esta que nos parece estar máis ben en calquera país nórdico que cerca do deserto.
A Ifrane van moitos marroquíes pudientes a esquiar e a cidade ten casas moi parecidas ás dos países do norte de Europa
Ifrane (Foto De Wikimedia Commons, el repositorio de medios gratuito)

 Ifrane (Foto De Wikimedia Commons, el repositorio de medios gratuito)


FEZ

O 1º que vimos ao chegar a Fez foi o Pazo Real. En cada cidade imperial: Marrakech, Meknes, Fez e Rabat ten o rei de Marrocos Mohamed VI un pazo, ademais doutras casas e pazos repartidos por todo o mundo.
Este pazo é coñecido tamén como Dar El Makhzen.

Frente ao pazo hai una grande esplanada axardinada
Esplanada diante do pazo real en Fez

O Pazo Real de Fez atópase no exterior da medina, debido ás grandes dimensións que ostenta. Así, o palacio formou unha segunda medina ao redor deste.
É do S. XIV e ten 7 portas que representan os 7 días da semana e os 7 graos da monarquía. Ao igual que as mesquitas, os pazos en Marrocos tampouco se poden visitar por dentro. Cando visita Fez o rei Mohamed VI, acostuma a aloxarse neste pazo.
As sete portas están enmarcadas por azulexos tradicionais que teñen como base as cores azul e verde, símbolos da cidade de Fez e do Islam, respectivamente.
Pazo Real de Fez


MEDINA FEZ-EL BALI
No S. VIII, Idris I fundou no centro de Marruecos a cidade de Fez, que se convirteu na súa residencia e tamén no corazón espiritual do islam e a urbe máis importante de Marruecos. 

A cidade de Fez está dividida en tres zonas diferenciadasFez el-Jdid, lugar que aglutina o Mellah ou barrio xudío; a Cidade Nova, onde se estilan os cafés parisinos nacidos nos tempos da colonización e, especialmente, a Medina Fez-el Bali, a zona máis antiga da cidade rodeada de murallas que alcanzan ata los 15 kilómetros de extensión. Esta última, en concreto, supón a principal atracción para os visitantes.

Designada Patrimonio da Unesco dada  a súa condición como zona peonil máis grande do mundo, a Medina de Fez conforma unha celosía urbana de 9.000 calexóns onde se forxa un paraíso do comercio e o regateo. Aquí atopamos de todo: artesáns de cerámica, de latón, de ferro, de comidas...e postos e máis postos de productos de todo tipo: alfombras, babuchas, bolsos...postos de froitas , de carne...
Entramos á medina por unha das 12 portas que ten:
Unha das portas de entrada á Medina de Fez

Despois de estar hai uns días na medina de Marrakech, a de Fez aínda me pareceu máis caótica e laberíntica;  bastante máis grande e diferente. A nosa concepción do urbano e da estructura dunha cidade como a coñecemos dista moitísimo do caos que aquí atopamos e no que nos custa desenvolvernos, algo que a xente local ten moi asumido xa que se moven con motos, burros, carros...cunha axilidade que nos soprende.

Medina de Fez
Cinco son os pilares do islam, cinco son tamén os cimentos sobre os que se sostén o territorio islámico, e así todo barrio debía ter unha mesquita, unha madraza, un forno, unha fonte e un hammam, para que relixión, formación, comida, agua e aseo estiveran garantidos. Todo esto hai dentro da medina.

 A medina de Fez ten máis de 300 barrios e 9000 rúas. Se te perdes...será difícil sair de aí!
Medina de Fez

O ruido do golpeo rítmico con martelos  buscando enderezar e dar lustre aos instrumentos de cociña  e mantendo esa actitude —por desgraza casi extinta— segundo a que é preferible arranxar a volver a comprar.
Medina de Fez

Estivemos nun tear vendo como funcionaba este aparello tradicional co que aínda fabrican de xeito artesanal toallas, sabas, manteis...etc.
Un tear(Foto de Esin Üstün)


A medina trátase dun espazo deseñado por e para os seus habitantes e, nunha segunda posición, para os viaxeiros que saiban comprendela. Este lugar NON é, nun estricto termo académico, “bonito”, e  que espere un conto sacado das mil e unha noites vaise levar unha desagradable sorpresa.
Medina de Fez


Calexóns estreitísimos...
   
CURTIDURÍA  CHOUWARA
A curtiduría Chouwara é a máis grande das catro curtidurías tradicionais que continúan con vida na Medina Fez el-Bali. Nela, infinidade de fosas repletas de tintes naturais compoñen unha colorida e cheirenta paisaxe mentras se encargan da producción e coloración do coiro do cordeiro, do boi, da cabra e do camelo.
Curtiduría Chouwara

O primeiro paso que se realiza nas curtidurías tradicionais é introducir as peles en enormes cubas repletas de cal e excrementos de pomba, onde se deixan en reposo durante varios días. Posteriormente, retíranse os restos de pelo que queden adheridos á pel e procédese á coloración das pezas introducíndoas en grandes cubas cheas de tintes naturais de diferentes cores. Unha vez que as peles están coloreadas e secas, pasarán a mans dos artesáns que se ocuparán de transformalas en  bolsos, maletas, zapatos e abrigos para a venda ao público.

Vimos a curtiduría dende unha tenda con terraza dende onde observamos o duro traballo dos curtidores. 

EDIFICIOS IMPORTANTES DENTRO DA MEDINA.:
MESQUITA  AL KARAOINE
Esta mesquita é coñecida por albergar a universidade máis antiga do mundo. Construida no ano 859 baixo o mandato de Fátima al Fihriya a Mezquita Al Karaouine, é un dos maiores complexos arquitectónicos de Fez.

A pesares da notable extensión da Mesquita Al Karaouine resulta difícil encontrala, xa que co paso dos séculos as casas do barrio cubriron o perímetro do edificio ocultando a súa  formaAo igual que ocorre co resto das mezquitas en Marruecos, só poden acceder ao interior as personas pertencentes á relixión musulmana, polo que os turistas debemos conformarnos con este pequeno espazo que se pode vislumbrar dende a porta.

Unha das entradas á mesquita. O único que poidemos ver da mesma.


MADRAZA  OU MEDERSA  ATTARINE
Construida no S. XIV, é a madraza ou medersa máis fermosa de Fez. 

A Medersa Attarine foi unha das principais escolas da relixión coránica nas que os estudantes podían residir durante os sus estudos. Debido a que unha gran parte das clases tiñan lugar na Mezquita Al Karaouine, a maioría das medersas (ou madrazas) da cidade situáronse nos arredores.

Madraza Attarine. A madeira que vemos é de cedro.

Esta madraza permaneceu en uso ata principios do S.XX, cando os 60 estudantes que se acomodaban ao longo das 30 habitacións, tiveron que abandonalas definitivamente. É unha das mellor conservadas e das máis elegantes de todo Marruecos.

Madraza Attarine cun candelabro de bronce

Destaca a fonte de mámore no medio, a rica decoración...na foto vemos a entrada á sala de oración, orientada cara á Meca.
Entrada á sala de oración

MAUSOLEO MULAY IDRIS II
Este mausoleo é un santuario dedicado ao que foi rei de Marrocos no S. IX. Mulai Idris é patrón da cidade de Fez e miles de musulmáns veñen aquí para pedir a súa bendición.
Cinco séculos despois da sua morte (S. XIV) atopouse un corpo en perfecto estado que pensaron que era del polo que a zona se transformou nun lugar sagrado. O mausoleo foi contruido nos séculos XVIII e XIX. Co paso dos séculos o mausoleo foi modificado e reemplazdo case por completo.
Só o poden visitar os musulmáns, así que a foto está sacada dende a rúa.


FONTE DE NEJJARINE
Esta fonte é un dos símbolos de Fez. É do S. XVII , atópase na praza do mesmo nome e é a máis antiga desta cidade. A fonte está decorada con azulexos azuis e motivos florais propios da arquitectura árabe.
A nosa compi, Chus, moi sorrinte diante da fonte de Nejjarine.
   

MUSEO DA MADEIRA
Estamos no barrio dos carpinteiros, de feito nejjarine significa "carpinteiro" en árabe. Ao pé da fonte antrior temos o "Museo de arte e artesanía da madeira" que é Patrimonio da Humanidade dende 1916. Antes de ser un museo foi unha fonda onde se hospedaban comerciantes e durante a época do Protectorado francés foi unha comisaría.
O edificio é unha obra de arte en si mesma e ademais ao longo das súas tres plantas expóñense obxectos tradicionais de madeira: ferramentas, mobles...

Museo de arte e artesanía da madeira

Na planta baixa nos explicou o guía realizábanse as transaccións comerciais e nas plantas superiores estaban as habitacións.

Museo de arte e artesanía da madeira
Poidemos subir ata a terraza e dende aí as vistas son estupendas:
Vistas da medina de Fez dende a terraza do museo

Vistas da medina coa mesquita Al Karoine

Comemos a mediodía nun fermoso palacio dentro da medina que para eso se chama Palais Mnebhi. É de principios do S. XX. Despois de firmar o Tratado do Protectorado francés., este pazo foi a 1ª residencia do Mariscal Lyautey en 1912.
Restaurante Palais Mnebhi

Convertido actualmente en restaurante, o pazo non perdeu nada da súa magnificiencia.
Restaurante Palais Mnebhi
                               
FORTALEZA BORJ NORD

 Fóra xa da Medina, subimos á fortaleza BORJ NORD (hoxe Museo de Armas) dende a que temos unhas espectaculares panorámicas da cidade de Fez. En 1º termo vemos a medina e máis ao lonxe a cidade nova.
Fez

As torres que vemos á dereita son as Tumbas Meriníes que xa as víramos antes dende a terraza do Museo dos carpinteiros. Estas edificacións datan do S. XIV, están en ruinas e eran a antiga necrópoli (cemiterio) da dinastía meriní.

Esta fortaleza do S.XVI, converteuse en museo a partires de 1963, albergando na actualidade unha incríble colección de armas das distintas civilizacións que conviviron en Marruecos ao longo da historia.
Museo de Armas na Fortaleza Borj Nord

Visitamos tamén unha Escola Oficial de Cerámica vendo cada unha das fases na elaboración de distintos obxectos: o modelado, decoración con filigranas...etc. Dun artesán, a peza vai pasando a outro que, con instrumentos moi simples, van pulindo e perfeccionando a peza ata darlle a forma desexada. Despois dáselle unha 1ª cocción e pasa ao taller de pintura onde lle fan debuxos á man e sen plantilla ningunha. Todo unha arte!! Despois vólvese meter no forno para fixar as cores.
Modelando de xeito totalmente artesanal cun torno a pedal
 Hai tornos eléctricos pero estes son a pedal.

Despois da 1ª cocción, as pezas obteñen consistencia cerámica pero sen brillo. Por eso hai que bañala en esmalte cerámico transparente que lle dará o brillo. Nesta fase é importante a creatividade xa que hai gran variedade de esmaltes.

O proceso de decoración é moi importante tamén: non pode temblar a man. Dende que a peza está decorada hai que cocela outra vez para fixar as cores. Nesta cocción a peza tomará a textura e cor definitiva e xa estará lista para usar. O proceso da cerámica artesana é fascinante!!


A CIDADE NOVA DE FEZ (VILLE NOUVELLE)
Esta é a parte máis nova da cidade e data do S.XX coincidindo co colonialismo francés. Está habitada por estranxeiros e pola xente local con maior poder adquisitivo.
A rúa pricipal é a Avda. de Hasam II que vemos na foto seguinte. A estatua do león máis coñecida en Marruecos é sen dúbida a que está en Ifrane que é todo un símbolo e un icono fotográfico. Dise que data da II Guerra Mundial e foi feita por un preso. Nós pasamos ao pé desa escultura cando cruzamos Ifrane. En Fez hai tamén esta escultura do león:
Escultura do león na Avda. de Hasam II en Fez


Na Avda de Hasam II hai bares, restaurantes, cafeterías...sendo o lugar preferido polos locais para os seus momentos de ocio. (De feito, paseando por aquí apenas vimos turistas)

Vimos a mezquita Imam Malik unha das máis grandes e máis fermosas de Fez. Foi aberta en 1994 despois dunha construcción que durou 10 anos.
Mesquita Imam Malik
 
Vimos tamén a moderna estación de tren:
Moderna estación de tren en Fez

 O día 28 de febreiro, martes, saimos cara a Meknes ou Mequinez, imos cara ao norte visitar outra das 4 cidades imperiais de Marruecos (lembrar que xa visitamos dúas: Marrakech e Fez)
                                                                         
                                            MEKNES                     

Chamada a "Versalles marroquí" xa que Meknes ten máis de 40 km de murallas defensivas, moitas mesquitas, unha gran cantidade de monumentos históricos e sitios naturais incríbles para coñecer. 
Un dato curioso é que esta cidade é a que máis viño produce de todo Marruecos; algo curioso tendo en conta que está mal visto beber alcohol.
As portas de entrada  da foto seguinte son as da entrada ao Mausoleo que imos visitar.
 
MAUSOLEO
Entrada ao Mausoleo de Moulay Ismail

Moulay Ismail, coñecido como "O rei guerreiro" foi goberanate da dinastía alauita marroquí. Durante o seu reinado construeu Meknes e convirteuna en capital de Marrocos. Este mausoleo do S. XVIII é o lugar de descanso dos máis famosos sultáns do país.

O edificio  é un bo exemplo de arquitectura islámica e exemplo de poderío. É un dos poucos edificios relixiosos aos que temos acceso os turistas

Moulay Ismail pasou á historia por ser moi, moi fértil: cóntase que tivo máis de 800 fillos coas súas 4 vesposas e coas concubinas.
Mausoleo de Moulay Ismail

 Na foto seguinte, patio central do mausoleo.

Mausoleo de Moulay Ismail

Esta é a tumba de Moulay Ismail, xunto a outro membro da súa dinastía:
Mausoleo de Moulay Ismail


Diante dos graneiros de Moulay Ismail explicáronnos que este edificio fixo as funcións de establo dos cabalos do exército. Ten dúas partes: unha aberta onde estaban os animais e outra cuberta onde se gardaría o gran. Está en ruinas.

 Na foto seguinte vemos parte do edificio que foi establo de cabalos e graneiro.

Xunto ao edificio anterior, unha estatua chamada" O home sabio".

E aquí está unha porta moi, moi coñecida chamada BAB-AL MANSOUR, é a porta máis grande de Marruecos e todo un símbolo de Meknes. Foi un encargo do sultán Moulay Ismail e está considerada unha das portas máis fermosas do mundo. O que vemos na foto é un decorado (unha tela coa porta debuxada) porque estaba en restauración)


Frente a esta porta temos a Praza  El-Hedim e aínda que esta cidade tamén ten unha Medina importante non a visitamos senón que fomos ao Mercado que está nun extremo da  Praza El- Hedim.                       
                                       MERCADO (MARCHÉ COUVERT)
 Mercado moi interesante e no que vimos sobre todo productos alimenticios: pasteis, doces, aceitunas, dátiles, espedias, carnes...etc, etc todo colocado, tan curioso e ben organizado que chamaba a atención. Bueno, os postos de carne eran demasiados reais para nós que non estamos acostumados a ver as cabezas de animais cheas de sangue derriba dos mostradores....Fóra do mercado cuberto, había outro "mercadillo" que recordaba un pouco aos que temos por aquí e onde vendían bolsos, roupa, calzado....A maioría eran compradores locais. Turistas aquí poucos máis había ca nós.
Elaborando en directo unha especie de creps enormes.
 Especias de todo tipo...
Moitas especias colocadas de xeito orixinal
 
A inmensa variedade de olivas e outras froitas.
Moitas olivas

Coma sempre, o xantar foi nun restaurante-pazo precioso!
Palais Terrab Restaurant en Meknes

RABAT
Rabat é a capital de Marruecos. Está situada na costa Atlántica, na desembocadura do Río
Bu Regreg que a separa da cidade veciña de Salé. Despois de Casablanca é a cidade máis poboada de Marrocos. É a 4º cidade imperial do país.

   PAZO REAL
O 1º lugar que visitamos ao chegar a Rabat foi o Pazo Real, residencia oficial do rei de Marrocos, Mohammed VI. Este rei, amante do luxo, ten 12 pazos que supoñen un gasto de un millón de euros ao día, 600 coches, un dos iates máis grandes do mundo...e calculáselle unha fortuna de máis de 5000 millóns de euros.

Realmente, o pazo trátase de toda unha cidade porque no interior do mesmo dispoñen dunha clínica, unha escola, unha cabaleiriza, dous piscinas, dous campos de golf, pistas de tenis, un bosque, un cemiterio, un matadoiro, e ata un cárcere.
Pazo Real de Rabat

O pazo atópase ao final dun enorme Patio de Armas e noutro extremo hai unha mesquita, a que vemos na foto.
Mesquita, frente ao Pazo real

 Patio de armas. Ao fondo, a mesquita.
Patio de Armas no pazo real de Rabat


A TORRE DE HASAM
O sultán almohade Yacub al-Mansur (S.XII) proxectaba construir a mesquita máis grande do mundo despois da de Samarra en Irak. As obras foron abandonadas trala súa morte en 1199. A torre debía medir máis de 60 metros, pero so chegou aos 44. Na actualidade, o aspecto da mesquita é dun bosque de grosas columnas no que sobresae a gran torre, irmá da Xiralda de Sevilla e da mesquita Koutubía de Marrakech.

Na explanada da mesquita construeuse tamén o mausoleo de Mohammed V, primeiro rei do Marrocos independiente, no que está enterrado asimesmo o seu fillo e sucesor Hasam II padre do actual rei.

Mausoleo de Hasam II e Mohammed V


A Torre está construída en area vermella que lle dá esa cor característica.
Torre de Hasam 

A Torre Hasam é un dos símbolos máis representativos de Rabat. 

Dende a Torre Hasam, situada noi alto dunha colina, podemos ver o río Bu Regreg que un pouco máis adiante desemboca no Océano Alántico.
Río Bu Regreg


KASBAH DOS OUDAIAS
A Kasbah dos Oudaias ten a súa orixen no desexo de protexera a antiga cidade romana de Sala Colonia (hoxe coñecida como a Necrópoli de Chellah), así como a  desembocadura do río navegable Bu Regreg
Entrada á Kasbah dos Oudaia

O aspecto orixinal da Kasbah dos Oudaya non é, ni remotamente, parecido á actual, comenzando como un humilde fortín militar hai case 1000 anos.
Kasbah dos Oudaia

A kasbah foi obxecto de numerosas transformacións: primeiro como pequena fortaleza e después ciudadela, ademáis de sucesivas ampliacións e reformas posteriores. Polo camiño tamén sufreu abandonos e ocupaciones.
Kasbah dos Oudaia

Un dos seus ocupantes máis singulares, e aos que debemos o seu actual nome, é a tribu dos Oudayas, que chegou ata este lugar para instalarse e protexerse de outras tribus e protexer á cidade dos ataques costeiros .
Kasbah dos Oudaia

O seu aspecto actual hai que agradecerllo aos franceses, que na época do protectorado decidiron reformala e rehabitala.
Fina diante dunha porta moi fermosa. (Kasbah dos Oudaia)


 Dende a kasbah vemos  río Bru Regreg desembocando no Atlántico.
Vistas do río Bu Regreg na súa desembocadura


As cores branca e azul predominan nesta kasbah.

Chegamos a Casablanca o martes 28 de febreiro xa de noite sen tempo para máis nada que non fose aloxarnos no noso hotel, cenar e ir durmir
Ao día seguinte, mércores 1 de marzo, regresamos a España pero pola mañá, antes d eir ao aeroporto visitamos a:

MESQUITA  DE CASABLANCA
A mesquita de Hasam II foi construida baixo o reinado deste 2º monarca do país despois da independencia  dos franceses. Foi inaugurada no 1993.
O seu minarete de 200 m. foi  o máis alto do mundo ata 2019 cando se construeu en Arxelia a mesquita Djamaa El Djazair de 265m.Ten cabida no interior para 25000 persoas e na explanada exterior caben ata 80000 persoas.
O proxecto arquitectónico conta tamén cunha biblioteca, unha madraza e un museo. Está asentada sobre unha illa artificial no Océano Atlántico.
A biblioteca
 
Esta mesquita é unha obra monumental considerada unha obra mestra da arquitectura árabe-musulmana contemporánea. Foi concebida para darlle a Casablanca un gran centro espiritual e un icono cultural de referencia mundial.
A mesquita de Hasam II é unha das máis fermosas do mundo.

Se por fóra, a mesquita impresiona pola súa beleza e dimansións, por dentro non é menos:
Interior da mesquita

Na construcción da mesquita traballaron unhas 2500 persoa e máis de  10000 artesáns marroquíes.
Interior da mesquita

Na súa construcción tamén empregáronse as últimas tecnoloxías, por exemplo resistencia a terremotos, portas eléctricas, o chan está provisto de calefacción radiante e o minarete conta cun ascensor rápido no que se chega á cima nun minuto. 

Columnas de estuco tallada á man.

Para explicar esta mesquita tivemos unha guía local que foi amena e precisa e que daba gusto escoitar.
Interior da mesquita

As cúpulas son de madeira de cedro moitas das lámpadas son de cristal de Murano...todo luxo.
Interior da mesquita
 
Na foto seguinte, detalle do teito  que ten  cerca de 300000 azulexos de aluminio fundido, feitos ex profeso para este proxecto.
Teito da mesquita de Hasm II


Aquí remata a publicación da viaxe tan fermosa a Marruecos/Marrocos. As viaxes, primeiro sóñanse, despois vívense e máis tarde lémbranse.


Ao publicar esta viaxe no blog, volveremos a vivila sempre que queiramos.


Páxinas web consultadas:
https://viajes.nationalgeographic.com.es/a/fez-todo-que-esconde-ciudad-mil-puertas_14893

https://viajesmarruecos.com/blog/palacio-real-fez/

https://www.sientemarruecos.viajes/blog/medina-fez-el-bali/

https://www.fez.net/mezquita-al-karaouine

https://www.fez.net/medersa-attarine

https://www.fez.net/mausoleo-mulay-idris

https://viajesmarruecos.com/blog/plaza-fez/

https://www.fez.net/ville-nouvelle

https://viajerosocultos.com/meknes-marruecos/

https://www.sientemarruecos.viajes/blog/kasbah-oudayas/

Ningún comentario:

Publicar un comentario