Voltamos ao concello de Guitiriz a facer outra ruta. A 1ª que realizamos neste concello foi unha "aproximación" á Ruta da Auga xa que nos perdemos e fixemos só uns poucos km. ao dereito. Para o vindeiro 2023 está previsto facela ben e completa.
En febreiro deste mesmo ano, fixemos a "Ruta da Pedra de Díaz Castro" (PR-G 185) que nos encantou e se pode ver AQUÍ e hoxe realizamos unha ruta sen homologar, preciosa, e que nós alongamos algo máis para descubrir un último muíño ao pé dunha cascada impresionante nun entorno de grandes penedos.
A ruta, serían dúas en realidade, unidas. O 1º tramo ou ruta coincide na súa totalidade coa Ruta da Auga e vai dende o comenzo ata a Área Recreativa de Sete Muíños. O 2º tramo ou ruta, e que está sinalizada como tal, empeza na Área Recreativa e chega ata a aldea de Escádebas dende onde dá a volta para chegar de novo ao punto de saída.
Vaise entender mellor na descripción da ruta.
Características:
Lonxitude: 8,5 km.
Dificultade: Moi fácil
Ruta circular sinalizada parcialmente (para o tramo que nós ampliamos é preciso seguir un GPS) Deixo o meu track en WIKILOC
A miña valoración desta ruta: 🔅🔅🔅🔅🔅
Descripción da ruta:
Saímos dende a N-VI, ao pé da gasolineira. Empezamos AQUÍ, nun punto que coincide coa Ruta da Auga e onde vemos a presa do río para suministrar auga a un muíño que pensamos que estaría nos baixos da vivenda que vemos na foto.
Este é o Río Veiga, afluente do río Parga.
|
Comenzo e final desta ruta |
Vemos o 1º dos 7 Muíños. |
Presa formada no río para levar auga ao muíño.
A nosa camiñata vai os primeiros metros ás beiras dun río Veiga tranquilo, nunha xeada mañá onde o frío calaba os ósos, pero axiña entramos en calor. |
No medio de carballos, atravesamos pontes de madeira.
Cruzamos unha estrada local Para seguir camiñando á beira do río, nun fermoso entorno. Estamos xa na Área Recreativa de Seta Muíños: |
Área recreativa de Sete Muíños |
Atopamos o 2º muíño:
Este é o entorno do 2º muíño que vemos, ao pé da piscina:
Fermosos saltos que fai a auga entre as rochas.
E non se ve se non entras dentro, pero dá mágoa ver esta porcallada dentro dun muíño, un ben patrimonial que forma parte do noso pasado. Ademais, este muíño está aínda en moi boas condicións, conservando varios espazos que deberon pertencer á casa do muiñeiro. O concello ao mellor debía tomar medidas...
E na área recreativa remata o tramo que compartimos coa Ruta da Auga e empeza a Ruta da Auga e da Pedra, sinalizada polo concello. (Non está homologada de momento)
Vemos a piscina da Área Recreativa:
Moi cerca, atopamos o 3º muíño |
3º Muíño |
E case pegado, o 4º. |
4º muíño |
Pontes grandes e pequenas, moitas cruzamos. Agora o río que nos acompaña é o Escádebas:
Un gran panel anuncia a existencia dunha moa hidráulica construída por "José de Carballiñas" que se empregaba para afiar utensilios de labranza pero hoxe poucos indicios quedan dela, e se non fose polo cartel anunciador nin nos enterariamos. Só acertamos a ver un montón de pedras colocadas dun xeito máis u menos circular.
|
Estaría aquí a moa hidráulica? |
Atravesamos unha pontiña que precisa ser restaurada: |
Ponte |
E chegamos a Ponte de Escádebas que foi construída hai máis de 100 anos polos veciños para unis as aldeas de Sesulfe e As Escádebas.
|
Ponte de pedra de Escádebas |
Atravesamos a Ponte de Escádebas:
Seguimos o camiño que indica " Fonte das Escádebas. Muiños" A Fonte das Escábadas tiña sona de ser de moi boa calidade e os veciños dicían que tiña propiedades curativas as súa auga.
|
Fonte das Escábadas |
Vemos o 5º muíño:
Chaman a nosa atención estes grandes penedos e entendemos porque a ruta se chama "da auga e da pedra"
Enormes bolos con brión que crean unha paisaxe ben fermosa:
Recórdanos ás rochas inmensas que víramos na ruta dos Grobos en Becerreá. Quen colocou aí esa pedra? E chegamos oa último muíño, o 6º. Pensei que contara sete pero non, só seis. Xa vemos algo da espectacular cascada. Para vela mellor buscamos outros accesos aínda que hai que ir con moito coidado. É un lugar agreste e ten puntos de dificil acceso.
Neste lugar, ao pé do derradeiro muíño, atopamos un rústico asador que supoñemos empregaría o muiñeiro ou muiñeira.
A fermosura deste lugar está fóra de toda dúbida:
Chegamos cerca da fervenza, que baixa cunha incrible forza: En tódolos tracks que vin, a xente chega a este lugar e dá a volta dende aquí outra vez ata a ponte de Escádebas para continuar a ruta. NON é necesario. Subindo polo lugar que vemos na foto, ao remate do mesmo xa está a aldea de As Escádebas.
Unha pista en perfectas condicións cunha carballeira á dereita, lévanos ás Escádebas.
Atravesamos a aldea de As Escádebas.
Este punto, onde está o cartel da foto de abaixo, sería ao que chegarimos dende a Ponte de Escádebas, volvendo para atrás dende o último muíño ao pé da cascada. Nós seguimos por ond eindiquei antes e en 100m xa estábamos na aldea.
Aí queda a aldea anterior.
Seguimos por un camiño ancho e cómodo entre carballos.
Pasamos por riba da A-6:
E deseguida chegamos de novo á Área Recreativa de Sete Muíños. Nesta Área hai incluso un parque infantil. É unha área moi grande con piscina, parque infantil e moito espazo para o lecer.Ata aquí fixemos a ruta circular, agora voltamos ao punto de inicio polo mesmo sendeiro polo que viñeramos:
A ruta é ben femosa pero ten lugares que merecen un maior coidado...
Xa no centro de Guitiriz, sempre me sorprendeu a inmensa igrexa desta vila. A súa construcción levou 20 anos (de 1948 a 1968) . Nos anos corenta, Guitiriz contaba con medrar moitísimo polo paso polo centro da vila da N-VI, pola existencia dun campo de aviación (actualmente inactivo) e polo balneario; por eso o cura que había daquela (Manuel Bande) empeñouse en construir unha nova e monumental igrexa acorde ao crecemento que se esperaba da vila.
Tamén vimos algún mural de Arte Urbana coma este que homenaxea á pandeireta:
Outra vista da impresionante igrexa construída no S. XX. É de estilo neorrománico e foi feita con granito da zona.
|
Igrexa de Santa Mª de Lagostelle, en Guitiriz. |
E para rematar este fermoso domingo, comemos na emblemática Casa Gaibor, onde tíñamos feita reserva. A atención inmellorable, o lugar é presioso e a comida exquisita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario