Souben desta ruta porque vin na aplicación de Wikiloc o track da Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo e pareceume interesante porque pasa por dous lugares que quería coñecer: o Mosteiro dos Picos e o Castro de Zoñán.
Características da ruta
Lonxitude: 9,7 km.
Dificultade: baixa
Ruta circular sen sinalizar. Necesario seguir un track. Eu deixo o meu en WIKILOC
A miña valoración desta ruta: 🔅🔅🔅🔅
Descripción da ruta
Partimos da Alameda dos Remedios que foi dende antaño unha zona de esparcemento da sociedade mindoniense.
Nesta ruta estaremos sempre dentro da parroquia de Os Remedios que é ben grande.
Actualmente celébrase neste lugar a afamada Festa das S. Lucas, as das Quendas e as dos Remedios.
|
Alameda de Mondoñedo |
Esta alameda ten a súa orixe no S. XVI cando se celebrou a I Festa da Árbore en Europa e Luis de Luaces, entón rexidor de Mondoñedo, propuxo que tódolos veciños plantasen 3 árbores cada un na Alameda. É polo tanto, unha das alamedas máis antigas de España.
Dende entón o lugar está cheo de árbores que foron evolucionando e cambiando co tempo.
|
Alameda de Mondoñedo
O quiosco "Buenos Aires", situado nun lateral da alameda, foi ao pricipio un fermoso escenario para a banda municipal. O 1º foi contruído en madeira a finais do S. XIX. No 1904 foi construido outro quiosco magnífico en mampostería e sillería e colocaronse uns balcóns e columnas moi artísticas. Foi dedicado aos mindonienses residentes na Arxentina. No ano 1980 sufreu unha importante remodelación. Quiosco Buenos Aires
Na Alameda atopamos tamén o Hospital de S. Lázaro e S. Paulo. É unha construcción do S. XVIII. |
|
Hospital de S. Lázaro e S. Paulo |
A fachada é barroca e sobre a portada locen os escudos do Pai Sarmiento (promotor da obra) e do concello de Mondoñedo.
Actualmente este edificio é un Centro Asistencial para persoas discapacitadas.
|
Hospital de S. Lázaro e S. Paulo |
Dende a Alameda tamén vemos o Instituto S. Rosendo que ocupa un fermoso edificio. |
Instituto S. Rosendo |
A igrexa dos Remedios que dá nome á Alameda é un centro importante de devoción mariana xa dende o S. XVI, época da que data a 1ª igrexa orixinal.
No S. VXIII lévase a cabo unha reconstrucción total do santuario ordenada polo bispo Sarmiento que non chegou a vela finalizada xa que finou antes.
|
Igrexa da Virxe dos Remedios |
Aspecto da Alameda co hospital de S. Pablo ao fondo.
|
Alameda.
Arrancamos a nosa camiñata cunha fabulosa vista do val de Cesuras e vendo aló enriba o mosteiro dos Picos polo que despois pasaremos. |
|
Vistas |
Baixamos cara a Pelourín, lugar da parroquia dos Remedios. |
Pelourín |
Cruzamos a ponte sobre a estrada antiga que vai a Lugo.
Voltando a vista atrás, barrio de Pelourín, ao lonxe a ponte da autovía e Mondoñedo.
Subimos pola LU-P 3104 cara ao mosteiro de Os Picos. Nunha curva con visibilidade, observamos prados con gandaría e outros barrios de Mondoñedo.
Un pouco máis arriba deixamos a estrada e pillamos este camiño á dereita. OLLO! Non está sinalizado e o impulso será seguir pola estrada e chegaríamos igual ao mosteiro pero é moito máis interesante ir por ese lado. Agora explico porqué. O 1º que atopamos aos poucos metros de empezar este camiño son as ruínas da que foi unha antiga capela que estaba dedicada a S. Blas. |
Ruínas da capela de S. Blas |
Subimos por un camiño á esquerda que nos deixa abraiados polo fermoso que é e polo monumental Vía Crucis en pedra do que só quedan 9 estacións das 14 que debería haber.
As construccións en pedra contan cunhas figuras relixiosas en cerámica obra do escultor de Mondoñedo, Juan Puchades.
O Vía Crucis foi inaugurado a finais do S. XIX. O camiño está construido con pedras a xeito de cuña e ten un paseo lateral de forma escalonada.
É este un fermosos camiño rodeado cun muro. Outro aspecto dunha das estacións do Vía Crucis. Sería unha lástima deixar perder este entorno con tanta historia, este patrimonio que forma parte de tódolos mindonienses e da Mariña en xeral.
Neste lugar, entre a 6ª e a 7ª estación, seccionouse o camiño para que pasase a estrada local pola que víñamos antes. (LU-P 3104) e que vai ao mosteiro.
Ata a estrada local que cruza este camiño subimos ben, o traxecto ata aquí está ben para camiñar pero a partires destasescaleiras e da estrada pensamos que non poderiamos seguir e teriamos que chegar ao mosteiro polo asfalto atravesando a aldea pero aínda que algunha dificultade fomos pasando. As silvas, felgos e a maleza están apoderándose do lugar. Unha pena!
Coa marcha dos Pais Pasionistas a mediados dos anos 60 do pasado século, a capela de S. Blas ou Santo Cristo que vimos antes entrou en total ruína, o Vía Crucis está descoidado faltándolle algunhas pezas de cerámica e o camiño como vemos está a piques de desaparecer debaixo da vexetación. As terras e campos de árbores que hai ao redor están tamén abandonados e o mosteiro como despois veremos, segue o mesmo camiño.
O Mosteiro de S. Martiño de Vilalourente ou Mosteiro dos Picos como é popularmente coñecido polos hábitos que vestían os seus primeiros habitantes, xa existía no S. XIV e os franciscanos foron os seus primeiros moradores. Máis tarde sirveu como hospital de peregrinos do Camiño Norte de Santiago.
A comenzos do S. XVIII remodelouse o templo dándolle máis altura ao campanario e derribando a anterior igrexa.
Foi habitado polos Pasionistas entre 1884 e 1964 quedando deshabitado dende aquela e exposto á ruína e ao abandono.
|
Mosteiro dos Picos |
Dende o mosteiro hai boas vistas. A parte de arboreda que se ve pertence a unha inmensa zona de campos e prados propiedade do mosteiro.
|
Campos do mosteiro |
Outra vista do mosteiro que mira en soidade cando acordou tempos mellores. Hoxe a igrexa aparece cunha importante fenda que a atravesa en vertical.
Está situado este mosteiro na parroquia de Formigueiro. No ano 1382 o rei Xoán I de Castela otorgoulle un privilexio a este monumento no que fai constar a súa garn devoción por este lugar no que "se acollen moitos peregrinos e romeiros dos que van ao Apóstolo Santiago..."
|
Mosteiro de Os Picos |
Na foto de abaixo vese ben a fenda da igrexa e se nos fixamos na porta principal vemos derriba dela como falta unha figura, era a de S. Francisco, que segundo o inventario Artístico de Lugo se atopa nunha casa próxima.
Tamén houbo animais no mosteiro como testemuñan as granxas que vemos.
Vistas magníficas dende o mosteiro.
Continuamos agora pola estrada LU-P-3104 durante 2km. aprox.
E chegamos ao cruce que nos sinala o Castro de Zoñán a onde queremos ir. Torcemos pois á esquerda e iremos por pista forestal uns 200m.
Imos por este camiño onde, no medio dos eucaliptos, quedan restos de castiñeiros outonales.
|
Camiño ao castro |
O Castro de Zoñán é un punto emblemático na arqueoloxía galega xa que é o 1º que foi escavado na nosa comunidade con metodoloxía científica no ano 1867. O pioneiro nesa intervención foi o mindoniense José Villaamil y Castro, historiador, anticuario e arquiveiro.Eses traballos caeron no esquecemento ata o ano 2002 en que o concello de Mondoñedo retomka os traballos de escavación e pon en valor unha parte importante deste xacemento coñecida como " A Croa".
Castro de Zoñán
Unha sorpresa nos atopamos xa que non imaxinamos que fose tan grande este castro e non sabiamos que se puxera en valor, case é pecado telo tan cerca e non coñecelo.
|
Castro de Zoñán |
É un xacemento da Idade de Ferro cunha ocupación romana que chega ata o S. IV d.C. |
Castro de Zoñán |
Chama a atención o muro que bordea todo o castro e que foi contruido despois do abandono deste. O castro sitúase nun sitio elevado que sen árbores ten unha moi boa visibilidade. |
Castro de Zoñán |
Nas escavacións atopáronse restos de cerámica de producción local e cerámica romana (muíños de man, fíbulas, contas de colares, un cunco de madeira...etc)
O nivel de conservación deste castro é extraordinario e a visita compleméntase con paneis explicativos.
|
Castro de Zoñán |
Voltamos ata o 1º cruce que atopamos (O 2º cando viñemos) e torcemos á esquerda para ir por un camiño forestal que se converte deseguida nun camiño de carro.Desembocamos nunha estrada que leva a unhas casas do barrio de Zoñán.
Ao chegar ao asfalto de novo pillamos á esquerda ata unhas casas que vimos porque pensamos que por aí atallariamos e a noite botábase encima, pero falando cuns veciños dixéronnos que non, que por alí non había saída, que os carreiros estaban en moi mal estado. Entón demos a volta para seguir o track polo que nos estábamos guiando e que efectivamente nos levaba pola estrada.
|
Casas de Zoñán dende as que demos a volta. |
Agora enlazamos coa estrada LU-P-3106
Economia de subsistencia que vemos nesta zona: colmeas, animais de granxa (Na foto só vemos uns parrulos pero tamén había moitas galiñas), verdura...
En baixada continua imos por estrada:
Pasamos por S. Cristobo que pertence á parroquia de Os Remedios.
Aquí sairon uns cans (sairon varios ao longo desta ruta) pero só estaban defendendo o seu territorio. Achegáronse pero en plan de inspección nada máis.
Neste barrio teñen unha capela (ao igual que en case todos) dedicada, como non podía ser doutro xeito, a S. Cristobo.
|
Capela de S. Cristobo |
Baixando por S. Cristobo vemos o barrio de Cesuras, por onde pasaremos despois.
|
Barrio de Cesuras ao lonxe
Non cruzamos a estrada que vai a Lugo, senón que damos un rodeo por onde o track nos manda. |
Atravesamos a aldea de Cesuras, tamén pertencente á parroquia dos Remedios.
|
Cesuras |
Algo máis adiante pasamos por Rego dos Cas, tamén da parroquia dos Remedios.
|
Rego dos Cas |
E xa practicamente de noite, chegamos de novo á igrexa dos Remedios de onde partíramos. |
Igrexa dos Remedios |
Vemos o 1º alumeado de Nadal deste ano na Alameda dos Remedios. Páxinas web consultadas:
http://blogoteca.com/
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada
Ningún comentario:
Publicar un comentario