domingo, 29 de maio de 2022

RUTA DEL ESQUEICER. (SANTA EULALIA DE OSCOS-ASTURIAS)

 Hoxe fomos ao concello de Santa Eulalia de Oscos a realizar a "Ruta del esqueicer". É a cuarta ruta senderista que facemos neste concello porque toda a zona dos Oscos merece ser visitada e pateada xa que a súa natureza virxe e exuberante e os seus recursos etnográficos son impresionantes.

Desta ruta hai que dicir que é moi, moi fermosa. O nome de "esqueicer" que significa "olvido" en castelán e é ben parecido ao noso esquecer, refírese neste caso a que a ruta pasa por aldeas abandonadas e por outras en semi-abandono polo que quedarán no "esqueicer" ou olvido dentro de pouco. Ademais de pasar polas aldeas de Liñeiras e Ventoso, exemplo da tradicional arquitectura asturiana con casonas enormes ben restauradas e coidadas, a ruta atravesa inmensas carballeiras, soutos e fragas e dende Ventoso gozaremos dunhas incribles vistas.

Pero...a día de hoxe ten tramos moi descoidados, con herba moi alta e maleza e faise difícil camiñar por aí. Está ben sinalizada, pero algúns sinais están a piques de ser "comidos" ou ben por ramas de árbores ou pola maleza. Unha pena, sendo unha ruta tan aproveitable e tan fermosa.

Características da ruta:

Lonxitude: 9,2 km. (pódese acortar sobre 1km. xa que eu son de desviarme das rutas para ver unha capela, un miradoiro, unha ponte...etc... que non están sinalizadas)

Dificultade: moderada porque a subida de dende Liñeiras ata Ventoso é curta pero con moito desnivel. Logo, xa cerca do final, tamén hai unha baixada nunha fraga de moi poucos metros pero que case hai que baixar arrastre.

Ruta circular ben sinalizada pero mal acondicionada en bastantes tramos.

Deixo o meu track en WIKILOC

Descripción da ruta

A ruta sitúase moi preto da capital do concello, é dicir de Santa Eulalia. Sae concretamente do barrio de A Ponte.

Partimos de onde está o panel de inicio da ruta que case non vemos, xa que neste momento estaba case tapado de todo por unha pila de madeira cortada. Hai un sitio pequeno para aparcar, tamén podemos empezar un pouco máis abaixo, xusto no barrio de A Ponte xa que a volta será por alí.

Nesta curva está o panel da ruta. Aquí empezamos.

Empezamos a camiñata en lixeira subida por este camiño.

Camiño de inicio de ruta

Esta ruta está sinalizada con raias brancas e amarelas pero sobre todo con estas frechas vermellas.

Chegamos a un lugar en total ruína: é A Cabanía.

A Cabanía
A Cabanía

Estamos atravesando o Monte Bernal, agora entre un frondoso souto.
Souto

Chegamos a un punto no que o sendeiro non aparece moi limpo, pensamos que agora na primavera a herba medra moito...

Sendeiro sen limpar

Estamos chegando a Liñeiras e aparecen os primeiros prados:

Prado en Liñeiras

Xa a piques de desembocar na estrada que vai a Liñeiras, o sendeiro está case impracticable para camiñar:

Sendeiro en mal estado

Desembocamos na estrada SE-2 que ven a Liñeiras e xa vemos os tellados desta aldea situada nun val repleto de vexetación e de verdor.

Estrada ES-2

A aldea de Liñeiras pertence á parroquia de Santa Eulalia de Oscos xa que este municipio ten unha única parroquia que é a de Santa Eulalia. Como en moitas aldeas tradicionais conta con algunha casa moi grande. 
                                                            Casa moi grande en Liñeiras
Aló embaixo, tapada por un carballo vexo unha construcción que parece unha capela. Achégome e sí que é unha capela, a de S. Antonio.
                                            Capela de S. Antonio ao pé do rego de Liñeiras.

Aspecto da Capela de S. Antonio máis de cerca. Está totalmente restaurada.
                                                                 Capela de S. Antonio

Desvíandose uns metros da ruta, vemos a que foi a antiga escola de Liñeiras, hoxe rehabilitada e transformada en vivenda.
                                                     Escola de Liñeiras no seu día

Tamén vemos o que foi a Casa de Villanueva do S. XIX, incluida no Inventario do Patrimonio Cultural de Asturias.
                                                     Casa de Villanueva

Nótase ben que a casa pertenceu a xente rica polo grandísima que é, pola forma da casa con balcón...
Casa de Villanueva

Practicamente tódalas casas son de pedra, lousa e madeira e as que están restauradas seguén este mesmo patrón conservando deste xeito o patrimonio en estado natural. Que ben!!
Liñeiras

Abandonando Liñeiras, dásenos a opción de escoller o carreiro á dereita e ir uns metro ata as ruínas do que foi a aldea de As Mestas. A verdade é que non vale moito a pena achegarse xa que o sendeiro estaba impracticable e ademais só hai unhas paredes en pé do que foi ese lugar. 
A frecha vermella inidicando o camiño case non se ve.

Frecha vermella indicando a dirección na que hai que ir.

As Mestas
Voltamos sobre os nosos pasos e empezamos a subir a Ventoso. Os primeiros metros están pechados coa maleza:
Subida a Ventoso

Imos introducíndonos nunha fraga de castiñeiros e carballos.

Castiñeiro centenario
Na foto non se aprecia e incluso parece que o carreiro vai en chao. Nada máis lonxe da realidade. É todo unha subida e con moito desnivel!!

Agora xa podemos camiñar ben. O chan está cuberto dunha alfombra de follas na que se enterran os pés.

Pasamos polo lugar de O Foxo. Só hai unhas cantas pedras de construccións que houbo no pasado.
O Foxo
Agradecemos moito á chegada aos prados xa que esto significa que estamos chegando a Ventoso e a subida, aínda que curta, fixóseme moi dura.
Prados chegando a Ventoso.

Desembocamos nunha pista de pedra que nos levará á aldea.
Pista a Ventoso
Subida a Ventoso
Subida a Ventoso

Ventoso é unha pequena aldea situada nun alto cunhas formidables vistas:
Vistas dende Ventoso


Ventoso atópase a unha altitude de 820m. Supoño que o nome fara referencia a que debe ser un lugar onde o vento sopra forte.
Ventoso
Nesta casa venden marmelada de amorodo caseira.


Este fermoso edificio rehabilitado son os Apartamentos rurais La Posada de Oscos. Fermoso lugar nun enclave onde a paz e a tranquilidade están garantidos. Restaurados cos elementos tradicionais de madeira, pedra e lousa. Preciosos!
Apartamentos rurais La Posada de Oscos
 
Outras vistas dende Ventoso
 
Esta foi a antiga escola, na época na que en tódalas aldeas había unha. Hoxe non quedan nenos, só personas maiores ou xubilados que voltan.
Antiga escola

 A antiga escola vai ser o punto máis alto da ruta. A partires de aquí empezaremos a baixar pero non polo camiño que se ve no medio, senón polo da esquerda. O que vemos é unha plantación de arandos.
Plantación de arandos
 
Pasamos á beira da plantación.
Plantación de arandos
O camiño aquí é ancho e á esquerda vemos moitas bidueiras.
 
As vistas seguen a ser fabulosas:

Ao pé desa antena que se ve, hai un excelente miradoiro sobre Santa Eulalia de Oscos que non está sinalizado e se non te achegas, nin te enteras.

Vistas de Santa Eulalia dende o miradoiro:
Santa Eulalia dende o miradoiro

Deseguida desembocamos nunha estrada pola que só temos que ir uns metros e deseguida torcer á dereita.
Estrada. Só hai que ir moi poucos metros

Pero era ben difícil ver por onde había que pillar. O carreiro non se vía para nada e o sinal, se nos fixamos ben, está nun castiñeiro pero tápano as ramas do mesmo. Así que senón fose polo track que nos avisou, chegariamos ao final polo asfalto.
Aquí hai que pillar o sendeiro á dereita
 
Deseguida cruzamos este monte e volvemos desembocar na mesma estrada.
  
Volvemos ir por estrada uns poucos metros para volver coller á dereita outra vez pero agora sí vemos sen dificultade as escaleiras de lousa.
Escaleiras que nos meten na fraga

Atravesamos unha fermosa carballeira
Carballeira

E outra vez volvemos desembocar na mesma estrada. É de agradecer que a ruta veña cruzando a fraga en lugar de ter que vir sempre por asfalto. Este písase algo, pero moi pouco xa que deseguida nos mete outra vez ao bosque.
Outra vez no asfalto

Agora si vemos a frecha vermella que nos mete pola fraga de novo:

A ruta sempre vai por fragas preciosas. Sempre nos rodea a natureza exuberante desta zona. Os Oscos son así!!
 
E vemos esta edificación . Ao pé dela pon "Molín del Medio" . Non sei...non vimos canles para a auga nin ten pintas de muíño...
 
Non sabemos que construcción é esta. É a mesma construcción anterior vista dende outra perspectiva...
 
Xa nos achegamos ao final da ruta. Estamos moi preto de A Ponte.
 
Chegamos ao barrio A Ponte. Ao final deste camiño chegamos á estrada, torcemos á dereita e xa vemos o coche uns metros máis arriba.
A Ponte

E aquí rematou esta fermosa ruta. Eso sí, agardamos que non tarden moito en limpala para poder camiñar ben e que os sinais se podan ver.
Collemos o coche e achegámonos a Santa Eulalia que está moi cerquiña. Xa coñecemos moito esta vila pero tíñamos ganas de beber algo nunha terraza e aló fomos!
Santa Eulalia de Oscos

 Esta figura é o símbolo de "Pueblo Ejemplar de Asturias" que se otorgou ás tres localidades asturianas que forman parte da comarca de Os Oscos: Santa Eulalia, Villanueva e S. Martín de Oscos. Nos tres concellos realizamos rutas de sendeirismo e ningunha delas nos defraudou. A fermosura destas terras é indiscutible tanto a nivel de natureza como etnográfico.
Monumento de "Pueblo ejemplar de Asturias 2016"



Ningún comentario:

Publicar un comentario