O percorrido que realizamos hoxe forma parte da ruta homologada PR-G 87 "Costa de Oleiros" de 24 km. e que percorre a costa norte deste concello. É unha ruta circular que parte da praia de Mera pasando polo Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes e volta ao punto de inicio polo interior.
Nós realizamos unha pequena parte desta ruta, só 8,5 km. camiñando e visitando en coche a praia e os faros de Mera así como o porto de Lorbé. Tamén aproveitamos a tarde para ir a coñecer a praia e o Castelo de Santa Cruz e os parques de As Galeras e as 13 Rosas.
Teño que dicir que como ruta de sendeirismo decepcionoume un pouco xa que se se fai polo trazado oficial ten bastante percorrido por estrada pouco interesante por eso nós decidimos acortala moitísimo e visitar algúns lugares que o merecían en coche.
Características:
Lonxitude: 8,5 km.
Dificultade: ningunha
Ruta lineal ben sinalizada aínda que se pode prestar a confusión ao haber varias pistas alternativas e exceso de sinalización nalgúns puntos que van dar ao mesmo sitio por dsintos lugares.
Descripción:
A nosa ideal inicial era sair dende a praia ou dende os Faros de Mera ata o Porto de Lorbé pero ao descubrir que non vai todo o percorrido á beira do mar se non que vai por estrada decidimos tomar o 1º café na praia de Mera e ver así a súa praia e paseo e logo coller o coche, ir ata os faros de Mera e como tamén hai que voltar por estrada para ir ao Seixo Branco pois despois de ver os faros collemos os coches e aparcamos xusto na entrada oficial ao Monumento Natural, onde a estrada se acaba. OLLO! Hai moi pouco sitio onde aparcar e faise na beira da estrada!!
O noso track en WIKILOC:
Tomamos pois o noso 1º café (algo que facemos en tódalas rutas)na cervecería Serán á beira da praia de Mera.
Na parroquia de S. Cosme de Maianca, dentro do concello de Oleiros, atopamos a praia de Mera moi concurrida no verán, normalmente de augas tranquilas e cunha pasarela en madeira como paseo marítimo.
Na seguinte foto vemos de frente o Faro grande de Mera e á esquerda a cidade de A Coruña.
Praia de Mera |
Paseo marítimo ao redor da praia de Mera |
Aula do Mar |
Moi cerca da Aula do Mar están os dous faros de Mera. O máis pequeno, de 11m de altura é o que está máis pertiño do mar e dende el hai unhas vistas estupendas á ría e a cidade de A Coruña. Se nos fixamos ben na foto, ao lonxe vemos outro faro: o da Torre de Hércules.
Faro pequeno |
A Costa co illote de Monte Meán |
Inicio a pé e sen ser xa estrada á Costa de Dexo. |
Hai multitude de ramales, demasiada sinalización non moi clara que fai dubidar para onde coller. Neste aso dá o mesmo, os 2 camiños se xuntan máis adiante.
Imos deixando ás nosas costas a cidade de A Coruña.
Batería Militar |
O seixo branco |
Outra veta de seixo branco |
Furna de Ollo Pequeno |
Ao longo desta costa veremos varias furnas: covas que a auga foi excavando ao longo dos séculos e que aparecen valadas para evitar accidentes. Hai tres en concreto.
Furna da Regocha |
Furna de Ollo Grande |
Illa Marola co porto de Ferrol ao fondo |
Praia "Portiño de Dexo" |
Avda. Jiménez Herrero |
Rúa Golfiño |
Despois de comer decidimos visitar o porto de Lorbé e aló fomos pero en coche. Lorbé pertence á parroquia de Santa Mª de Dexo no concello de Oleiros.Cando chegamos a este porto que ninguén coñecíamos quedamos moi sorprendidos porque agardábamos atopar un portiño pequeno pero vimos que había moitas embarcacións e moitas bateas xa que aquí dedícanse á pesca e ao marisqueo sobre todo ao cultivo e explotación do mexilón.O porto está siruado na ría de Ares, entre os concellos de Sada e Oleiros.Nos anos 50 foi cando se instalaron aquí as bateas e dende esa o porto foi a máis, contando na actualidade con confraría de pescadores e ata cun carpinteiro de ribeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario