O nome desta ruta inventeino eu xa que non está creada, aínda que enlaza con outra que sí o está como é da Río Ouro.
A ruta do Río Ouro podedes vela pinchando no enlace:
Rutas de sendeirismo: RUTA DO RÍO OURO (FAZOURO-FOZ)
Chameina así xa que tiña moitas ganas de ver de cerca o Pazo dos Condes de Fontao e descubrín un percorrido para velo indo por detrás do mesmo por un camiño público precioso.
Encantoume esta ruta que inventei!!!
Partindo do barrio máis elevado de Fazouro como é o de Lousada cunhas vistas espectaculares, indo polo barrio do Cachón e polo de S. Andrés a través da estrada que vai a Ferreira, cheguei ao Condado de Fontao e descubrín un pazo moi coidado cuns marabillosos xardíns.
Para volver, crucei unha ponte sobre o río Ouro e vin un tramo pola xa coñecida ruta do Río Ouro. Crucei a Ponte Vella, pasei por onde a igrexa e voltei a Lousada de onde partín, facendo así a ruta circular.
A ruta é fácil. Só ten unha subida que "tira" dende a igrexa ata a estrada xeral pero serán 100m.e logo seguimos en ascenso pero moi suave ata cerca do final.
Unha ruta moi fermosa e que axuda a coñecer mellor o concello de Foz.
CARACTERÍSTICAS.-
Lonxitude: 9,6 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. A xente que a queira facer e non coñeza a zona terá que seguir o track que deixo ao final.
DESCRIPCIÓN.-
Empecei a ruta no barrio de Lousada, ao pé da capela da Concepción. AQUÍ
Eu lembro ata non hai moitos anos que esta capela se abría tódalas semanas para oficiar a misa e acudían a ela as xentes deste barrio. Actualmente, como hai tan poucos párrocos capela ábrese unha vez ao ano: o día 8 de decembro cando se celebra a misa na honra da Inmaculada.
As vistas dende a capela son espectaculares. Vemos o barrio de Bargado, da parroquia de Fazouro, Foz e parte oriental da Mariña luguesa.
Agora imos baixando pero non moito porque algo máis adiante vemos os barrios de A Casanova e A Rúa.
Agora os que vemos ao frente son os barrios de O Morgallón e O Cachón.
Vistas dende a capela |
Os barrios de A Casanova e a Rúa. |
Barrios de O Cachón e O Morgallón |
E paso por diante da antiga rectoral. O último cura que a habitou chamábase Laureano e morreu afogado na praia de Arealonga nos anos 60. Dende esa a casa estivo deshabitada e hoxe é unha completa ruína.
Pasei pola Fonte de Lázaro:
E a continuación pola da Rigueira:
Casa rectoral |
Fonte de Lázaro |
Fonte da Rigueira |
No Lugar chamado "O Sendeiro", atopei este curioso banco:
A tarde amenazaba chuvia pero tamén se deixaba ver o sol:
Agora temos que ir pola estrada LU-151 tamén chamada estrada de S. Acisclo. Por ela circulan case máis bicicletas ca coches. Non cansa ir por aí, xa que é un paseo relaxado con moitas árbores e deseguida chegaremos ás beiras do Río Ouro.
Camiñaremos uns 100m. ás beiras do río ata que deseguida pillamos nun cruce á dereita por un camiño de carro que nos levará ao Condado de Fontao.
Logo pillaremos á esquerda para pasar 1º por diante desta casa abandonada que nos chama a atención polo grande que é e pola boa situación na que está: moi preto da estrada, con inmensos prados ao redor e vistas abertas.
O camiño onde está esta casa é moi fermoso e a mín faime recordar a miña nenez, un camiño de carro como os de antes á sombra dos carballos.
As vistas dende aquí son estas: o barrio de Trasmonte (barrio da parroquia de Santa Cilla) ao lonxe, as terras do condado de frente e a masa arbórea ao pé da estrada pola que viñemos, pegada ao río Ouro.
A casa anterior vista dende o outro lado:
Uns metros máis adiante atopamos outra casa abandonada que semella que empezaron a restaurar.
Todo o anterior está moi próximo entre sí e ao Condado que xa vemos máis de preto. Xa non estamos na parroquia de Fazouro, agora estamos na de Santa Cilla, ámbalas dúas do concello de Foz.
O Condado de Fontao é un título nobiliario concedido pola raíña Isabel II no ano 1840 . O seu 1º titular foi José Mª Moscoso de Altamira Quiroga e dende este houbo outras sete persoas máis que ostentaron o título, o actual é José Manuel Romero Moreno, VIII conde de Fontao.
Santo André é un barrio moi pequeno da parroquia de Fazouro, só ten dúas vivendas actualmente. No pasado houbo algunha máis, hoxe desaparecidas.
Estrada LU-151 |
Camiñaremos uns 100m. ás beiras do río ata que deseguida pillamos nun cruce á dereita por un camiño de carro que nos levará ao Condado de Fontao.
Fermoso camiño que vai ao Pazo |
As vistas dende aquí son estas: o barrio de Trasmonte (barrio da parroquia de Santa Cilla) ao lonxe, as terras do condado de frente e a masa arbórea ao pé da estrada pola que viñemos, pegada ao río Ouro.
Vistas dende o Condado |
Casa abandonada preto do condado |
Pazo dos Condes de Fontao |
O Condado de Fontao é un título nobiliario concedido pola raíña Isabel II no ano 1840 . O seu 1º titular foi José Mª Moscoso de Altamira Quiroga e dende este houbo outras sete persoas máis que ostentaron o título, o actual é José Manuel Romero Moreno, VIII conde de Fontao.
Parte de atrás do pazo |
As fotos que se ven do pazo son sempre as tomadas dende o outro lado, dende a entrada principal ao pazo. Esta é a parte de atrás pola que non pasan os coches por eso nunca vin fotos dos xardíns que son preciosos.
Xardíns do pazo |
Ao redor do pazo hai dúas casas abandonadas. Unha é esta. A tranquilidade e o silenzo son totais. Non hai ninguén por ningún sitio.
O entorno é máxico: verdor, árbores, plantas...
Un fermoso lugar o que hoxe descubrín.
Capela de S. Andrés no pazo |
Esta é a fotografía que se ve habitualmente do pazo.
Este camiño lévame de novo á estrada que abandonei antes e no cruce pillo á esquerda. Despois duns poucos metros, métome polo primeiro camiño que vexo que vai ao río (está case pegado á estrada) .
Antiga Central Eléctrica |
Esta ruta ás beiras do Río Ouro deixa imaxes ben fermosas.
Aínda que tamén nos deixa esta moito máis fea onde os eucaliptos chegan case á beira do río.
Eucaliptos ameazando con invadir todo. |
Fonte de Fernandete |
Ao fondo, a igrexa parroquial. |
A Ponte Vella |
Nunha finca privada observamos ben xuntos estes fermosos laranxo e acivro. Ao fondo, os barrios de A Casanova e Villarmea:
O track da ruta en WIKILOC
A igrexa parroquial de Santiago de Fazouro foi construida a mediados do S. XVIII a pàrtires doutra da que só s econserva a porta principal. Conta dunha soa nave, sacristía e unha soa capela.
Igrexa de Fazouro |
O track da ruta en WIKILOC
Web consultada:
Libro: "Fazouro, Foz, Lugo" de Juan Carlos Fernández Pulpeiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario