venres, 21 de marzo de 2025

SENDA VERDE DAS MINAS. PR-263 A ESPÍA- PARAMIOS (A VEIGA)

 Na Veiga xa fixen varias rutas, concretamente esta vai ser a 4ª que fago neste concello.

Esta ruta está homologada e transcorre pola parte máis alta do concello. A Veiga forma parte da comarca Oscos-Eo

Características:

Lonxitude: 9 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular ben sinalizada agás nun cruce onde está o sinal caído. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Esta ruta ten inicio e fin no lugar de A Espía/La Espina que pertence á parroquia de Paramios no concello de A Veiga/Vegadeo.

A Espía esta a 463m. de altitude por eso ten boas vistas.

Chegamos a este lugar pola AS-11 que une A Veiga cos Oscos. A Espía queda mesmo ao pé da estrada. 

A Espía/La Espina

Empezamos camiñando por unha estrada local que nos deixa excelentes vistas sobre montañas e aldeas.


O percorrido vai por esta estrada durante 1,5 km.  
 
Vemos a 1ª bocamina.  No monte Bedures que transitaremos, houbo en tempo pasados unha importante explotación mineira relacionada co ferro e como testemuña quedan unhas bocaminas

Non nos importa ir por asfalto, non pasa ninguén e as vistas son ben fermosas. Á nosa dereita queda a Barranca, un pequeno lugar tamén da parroquai de Paramios.

Hai un pequeno tramo no que imos por unha pasarela de madeira.

Deixamos a estrada pillando á esquerda e con vistas sobre Molexón que pertence á parroquia de Meredo (A Veiga)

Esta ruta está perfectamente sinalizada.

Agora atravesaremos un monte feo, de eucaliptos, por un camiño en perfectas condicións.

Chegamos a un miradoiro (aínda que toda a ruta o é)


Dende o Miradoiro temos estas panorámicas:

Deseguida chegamos a outra especie de miradoiro, aínda que neste non hai cartel nin banco. Ten tamén unhas excelentes vistas:

Ademais de eucaliptos tamén hai zonas de arboreda autóctona.

A fermosura das vistas desta ruta!!

As bidueiras son árbores que se recoñecen deseguida polo seu tronco branco.

Atravesamos tamén unha carballeira que ademais de carballos tiña acivros.

A liña que se ve ao fondo de todo dun azul moi desvaído é o mar.


Observamos que hai moitas cortas de árbores nos montes.

Xa demos a volta pola outra ladeira do monte e vemos as aldeas do outro lado: Castromourán, Folgueiras...



Outra bocamina, añinda que se apreza mal debido a que ten unha árbore caída por derriba.


Agora estamos xa a piques de voltar ao inicio.




Esta imaxe do cabozo en ruinas e os cabaliños pacendo nestes prados tan verdes, namoroume.


Atopamos a última bocamina que veremos na ruta. Esta ten un cartel con información.

É a Bocamina do Rego de Llu. As bocaminas son resultado de traballos de distinta natureza. Nalgúns casos son resultado de simples traballos exploratorios e outros son filóns soportados pola rocha.

Dende este punto aínda se ve o mar moito mellor.


Estamos xa chegando ao final da ruta e vemos as casas da Espía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario