Este blog crease para ir mostrando rutas de sendeirismo de dificultade baixa e /ou media-baixa e tamñen teñen cabida outras viaxes realizadas.
Rutas por Galicia e Asturias que non sobrepasen os 15/20 km. de lonxitude para que as podan realizar persoas que non necesiten estar en ningunha especial forma física.
En agosto de 2020 empezamos 6 persoas unha aventura que remata o día 18 de febreiro de 2023.
Eu fun quen coñecín esta ruta a través das redes sociais. Busquei toda a información posible e din coa páxina web da Asociación do Camiño dos Faros https://www.caminodosfaros.com/ que ten toda a información relativa ao percorrido: etapas, tramos, restaurantes, bares, aloxamentos, consellos e información precisa e completa de cada lugar por onde vai a ruta. Non fixemos ningún tramo do Camiño sen antes consultar esta intuitiva e completa páxina web. Valeunos moitísimo!
A ruta está planificada para facela en 8 etapas de 20 e pico km. cada unha, algunha cerca de 30 km. Para nós, son demasiados km tendo en conta ademais que esta é unha ruta difícil, a maioría das etapas teñen tramos que son como rutas de montaña pero á beira do mar. o Chan case nunca é uniforme e algunhas subidas e baixadas teñen un considerable desnivel polo que decidimos partir as etapas en tramos axeitados para nós, para facer esto axudeime sempre da páxina web mencionada.
Empezamos e rematamos 6 persoas: Andrés e Angelina, Ángel e Fe, J. Antonio e eu. Nalgúns tramos acompañounos outra xente pero os 6 nomeados fixemos o Camiño enteiro, os 200 km. Levounos tres anos porque tíñamos que poder coincidir, imos dende lonxe e non sempre era posible facer cadrar as datas.
Ao fin rematamos unha experiencia única cunhas paisaxes espectaculares que quedan para sempre nos nosos recordos e neste humilde blog. Praias infinitas e salvaxes, outras mansas e relaxantes, cantís abruptos caendo en picado ao mar, miradoiros que deixan sen palabras, ríos cheos de vida, aldeas tradicionais, vilas mariñeiras, castros, dolmens, muíños, igrexas, capelas e 8 faros...esto e moito máis é a Costa da Morte, unha costa que nos namorou e á que voltaremos...
Tódolos tramos deste Camiño feito están recollidos neste blog. Imos co último :
Características:
Lonxitude : 7,2 km.
Dificultade: moderada
Ruta lineal que estivo ben sinalizada pero algunhas marcas empezan a borrarse...
O tramo de hoxe foi o máis curto de todos xa que queríamos comer nun restaurante en Fisterra para celebrar o remate do Camiño e ademais tamén quixemos mercar uns trasniños e unha camisetas para ter de recordo.
Descripción da ruta.
Partimos dende Cabo da Nave, algo máis abaixo de onde están as antenas, despois de baixar un km e medio aprox. por asfalto, torcemos á dereita atravesando un piñeiral
Piñeiral
Se volvemos a vista atrás, vemos o Cabo da Nave
Cabo da Nave
A nosa meta xa está moi cerca. A uns 6 km. aprox.
Baixando á praia Mar de Fóra
Baixando á praia Mar de Fóra xa vemos a vila de Fisterra.
Ao lonxe, Fisterra.
A baixada á praia Mar de Fóra é curta pero cun importante desnivel.
Praia Mar de Fóra
Esta praia é moi perigosa.
Praia Mar de Fóra
Despois de atravesar esta praia, abandonámola por unha pasarela de madeira.
Pasarelas de madeira
Vistas da praia Mar de Fóra dende o outro lado vendo tamén a punta Uña de Ferro e o Cabo da Nave.
Hai un merendeiro neste lugar no que paramos a descansar e repoñer forzas.
Merendeiro
Chegamos á Insua, unha pequena aldea da parroquia de Fisterra onde hai un bar moi "traski" pero estaba pechado. A Insua
Abandonamos a aldea por un estreito sendeiro.
Sendeiro
Acabado o sendeiro anterior, chegamos a un punto dende o que podemos aprezar moi ben a península de Fisterra coas súas dúas praias máis grandes: Mar de Fóra pola que acabamos de pasar e Langosteira.
Fisterra e prais de Langosteira e Mar de Fóra.
Imos agora por un ancho camiño que deseguida abandonaremos para emprender a subida ao Monte facho. A rocha que se ve no mar é chamada O Centolo.
No mar, O Centolo
A subida ao Monte Facho hai que tomala con calma, sobre todo en días de calor xa que non hai sombra ningunha. É unha subida con bastante desnivel pero non dura moito.
Subida ao Monte Facho
Monte Facho é un lugar de lenda. En Duio (cidade sumerxida por un castigo divino) atopáronse numerosos restos arqueolóxicos que indican que alí puido haber estado Dugium, a gran cidade dos antigos pobladores célticos destas terras, os nerios. E que aquí, na cima do Monte Facho, tiñan o seu altar do sol: o Ara Solis, onde facían os seus ritos paganos de culto ao astro rei.
Monte Facho
Vemos o noso destino final cada vez máis próximo: O Faro de Fisterra xa aparece aló embaixo. Queda pouco.
Ao lonxe, Cabo Fisterra
Case na cima do Monte Facho, hai que torcer á dereita e por estrada chegaremos ao Faro. Os nosos ollos abarcan ademais o Monte Louro, a Península do Morrazo, o Monte Pindo, a inmensa praia de Carnota...
Voltamos a vista atrás para ver por onde baixamos:
O faro de Fisterra é un conxunto arquitectónico e o 1º edificio que vemos é o chamado "Semáforo"
O Semáforo
"O Semáforo" está situado a máis altura que o propio faro. Data de 1879 e a súa función orixinal era emitir sinais para a Marina de Guerra. Actualmente, rehabilitado por César Portela, é un establecemento de Turismo Rural.
O Faro de Fisterra é o máis occidental e emblemático de Europa, considerado tradicionalmente como o cabo do fin del mundo, "Finis Terrae".
Este punto avanza sobre o mar uns 5 kms en dirección sur, en paralelo ao granítico Monte Pindo formando a protexida e fermosa ría de Corcubión.
Durante miles de anos pensouse que cada noite o sol se apagaba nas súas aguas, e máis aló só existía unha rexión de tebras e monstros.
O faro ten categoría de faro de primerira orde.
A torre, de cantería, é de base octogonal e acaba nunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. Encima está a bóveda cunha lanterna poligonal, a 138 metros sobreol nivel do mar.
Faro de Fisterra
Numerosas placas conmemorando visitas ou acontecementos relacionados coa vila de Fisterra enchen as rochas próximas, camiño do faro.
Orixinariamente o faro funcionaba con lámpada de aceite, despois de diversas reformas electrificouse con lámpadas de incandescencia, emitindo un destello cada cinco segundos cunalcancede 31 millas marinas (57 km).
Outro edificio emblemático anexo ao faro é A Serea, popularmente coñecido como a "vaca de Fisterra" polos sons que emitía cando había néboa espesa e a luz do faro non era suficiente para guiar os barcos. Funcionou de forma ininterrumpida durante 110 anos e no 1996 deixou de facelo ao ser sustituido este sistema de aviso por sistemas de navegación moito máis modernos.
A Serea ou Vaca de Fisterra
No seguinte vídeo pódese escoitar o muxido da Vaca de Fisterra
Chegamos aquí e despois de fotografarnos coas nosas camisetas diante do Faro, un taxi veu recollernos para ir xantar ao restaurante Arco da Vella onde comemos estupendamente e cunha atención de 10.
FISTERRA
Despois de xantar, demos unha pequena volta pola vila.
Fisterra
Sorprendeunos a cantidade de embarcacións de todo tipo que vimos no porto: de recreo, de pesca de baixura, barcos de pesca máis grandes...
A lonxa, moi moderna, foi a 1ª de Galicia que permiteu a visitas de turistas cando se subasta o peixe.
Porto de Fisterra
O edificio longo que vemos é a Lonxa de Fisterra.
A lonxa de Fisterra
Camiñando chegamos ata unha pequena e fermosa praia moi resgardada, a de Corbeiro (vin que se escribe con b ou con v) ao pé do Castelo de S. Carlos. Este edificio, de forma irregular para adaptarse ao terreno rochoso sobre o que está asentado, ten o seu inicio baixo a dirección dos enxeñeirosDemaur eExaccha.
Empezouse a construir a mediados doS. XVIII (1757) e non se rematou ata 10 anos despois por Real Orden de Carlos III.
Tralo incendio e destrucción no asalto francés a Fisterra durante a Guerra da Independencia, contaba con tres frontes e unha nave interior coa dependencia do oficial, o cuartel e o polvorín. Posteriormente reformouse a nave central. Foi restaurado recentemente.
Praia de Corbeiro e Castelo de S. Carlos.
A Praia de Corbeiro de augas limpas e tan abrigada debe estar chea no verán.
Praia de Corveiro
No interior do Castelo de S. Marcos hai un Museo de Pesca pero non poidemos velo xa que había un letreiro que dicía que non abrían ata S. Santa.
Castelo de S Carlos
Quedáronnos por ver algúns lugares máis desta vila como a Praia de Langosteira, a capela do Bo Suceso...etc pero queríamos ir coñecer outros lugares e non daba tempo a todo nestas tardes de febreiro aínda curtas.
Fisterra.
PEDRAS SANTAS
Por suxerencia de J. Antonio, un membro do grupo, achegámonos ata Pedras Santas en coche. Pasárámos antes bastante cerca pero como a ruta non pasa por aí, non nos desviamos.
Se vas con tempo suficiente eu recomendo desviarse un pouco da ruta para coñecer este lugar especial dende onde as vistas panorámicas a contemplar son espectaculares.
As Pedras Santas, ubicadas no Monte do Facho, ao que subíramos en ruta, son portadoras da lenda de que nelas descansou a Virxe e o seu fillo despois de deixar a barca de pedra en Muxía.
Pedras Santas
As vistas dende o cume das Pedras Santas son espectaculares:
Vistas dende Pedras Santas
Vistas dende Pedras Santas.
Moi cerca de Pedras Santas (tamén podemos ir en coche ata uns metros antes. Eso si, por unha pista de grava en bastantes malas condicións) están os restos da ermida de S. Guillerme, no monte do mesmo nome.
S GUILLERME
Os restos da Ermida de S. Guillerme están a 222m. de altura no monte do mesmo nome. Na súa construcción, aproveitaron a oquedade natural dun gran afloramento rochoso.
Restos da ermida de S. Guillerme
Debeu de pasar por varias etapas constructivas e dende logo existeu un culto cristiá que se adiviña polo mesmo nome da ermida e tamén porque conserva un altar que conserva a altura que icialmente debeu de ter. A data da contrucción non está precisada, situándose entre os S. XII e XIV. Por fontes escritas si sabemos que a destrucción total desta igrexa tivo lugar no S XVII.
Ermida de S. Guillerme onde se aprecia o altar
Vistas dende S. Guillerme: Fisterra, praia de Langosteira, Monte Pindo...
E non podiamos marchar de Fisterra e rematar esta fermosa e inesquecible experiencia de percorrer O Camiño dos Faros sen contemplar a posta de sol dende o Faro.
Entre Cabo Fisterra e Cabo Touriñán asistimos ao espectáculo do último sol na Europa continental.
Dende tempos remotos e antes da chegada dos romanos, existía neste lugar un Ara Solis (altar ao sol) onde posiblemente os druidas celtas celebraban os seus rituais dedicados ao sol.
A expansion do Imperio Romano chega ata estes confíns do mundo e de aí a denominación deste lugar como Finis Terrae, onde os romanos pensaban que se acababa a Terra.
Hoxe, ao igual que moitos peregrinos que despois de chegar a Compostela continuan a ruta ata Fisterra e ao igual que outras miles de persoas cada ano, asistimos con emoción á posta de sol neste máxico lugar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario