O concello de Toques, na provincia de A Coruña pertence á comarca de Terra de Melide formada ademais polos concellos de Santiso, Melide e Sobrado dos Monxes.
Hoxe fomos a este concello para realizar a ruta homologada da Fervenza de Brañas. Contamos cuns guías de excepción, bos coñecedores da zona que nos axudaron a descubrir recunchos que doutro xeito non coñeceríamos, xa que están fóra da ruta oficial homologada aínda que en moi curtos desvíos da mesma.
Grazas, Álvaro, Minia e Celtia. Sen vós, non sería o mesmo esta ruta.
Características da ruta:
Lonxitude: 7 km.
Dificultade: baixa
Ruta circular perfectamente sinalizada.
Deixo o meu track en WIKILOC
A miña valoración desta ruta: 🔅🔅🔅
Descripción da ruta:
Partimos da área recreativa do río Furelos. Moito coidado!! NON confundir con outra área do mesmo nome que hai no concello veciño de Melide. 👀
Dende o lugar anterior, pillamos á esquerda, sen cruzar a ponte (por aí viremos á volta)
| Área recreativa do río Furelos en Toques |
Os primeiros metros camiñamos á beira do río Furelos, afluente do Ulla.
| Río Furelos |
![]() |
| As pegadas dos carros |
O río Furelos baña a comarca de Melide e nace da confluencia de varios cursos de auga que baixan da Serra do Careón.
| Río Furelos Celtia tamén nos ensinou moi entusiasmada😀 os "Pasos da ra": son pedras grandes colocadas para cruzar o río. |
| Pasos da ra |
| Camiño |
Desembocamos nunha estrada local que nos vai levar á fervenza.
| Estrada local. |
| Fervenza de Brañas |
Continuamos o noso percorrido e vemos agora a fervenza dende a súa cabeceira.
| Fervenza de Brañas |
Continuamos por un camiño fermoso polos que antigamente pasaban os carros, os animais e as persoas.
| Camiño |
| Indo para os Pasos da Rega |
Este é o entorno onde se atopan os Pasos da Rega.
| Ponte |
| Ponte |
| Prado polo que tivemos que pasar |
Na seguinte foto vemos o estado do camiño que hai: totalmente pechado.
| Camiño pechado |
Estamos ganando altura e temos boas vistas.
| Panorámica |
| Serra do Careón |
Os nosos guías lévannos tamén ver unha rústica fonte no medio dunha carballeira.
| Fonte |
| Carballeira |
Se voltamos a vista atrás, vemos o camiño polo que acabamos de subir e ao lonxe, a aldea de Brañas.
| Vistas |
| Prados |
| Observatorio de aves. |
A paisaxe ábrese neste fermoso camiño de baixada:
| Baixando |
Estamos chegando de novo ao río Furelos. Agora pola outra marxe.
| Camiño |
| Ponte e chegada ao inicio. |
Fomos xantar ao restaurante Xaneiro no lugar de Bragaña en O Souto. Esta aldea pertence á parroquia de Santa Mª da Capela que é onde está a capital do municipio.
Comemos moi ben (o salpicón de marisco que é o prato estrela do restaurante, estaba espectacular) cunha boa atención nun local moi limpo a pesares de estar ateigado de xente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario