Esta ruta foi acondicionada neste 2020 polo obradoiro de emprego do concello de A Pastoriza. É unha ruta que eu aconsellaría facela ao sentido contrario do que nós a fixemos , é dicir en sentido descendente. Baixando dende o Campo do Oso ata Bretoña para evitar dúas importantes subidas.
É unha ruta que abarca paisaxes fluviales, de chairas e grandes praderíos e alta montaña dende onde se divisan unhas espectaculares panorámicas: o val de Bretoña, a Terra Cha, as montañas da Fonsagrada os Ancares e Foz na Mariña lucense.
A ruta leva o nome de MAELOC porque Maeloc ou Mailoc foi un bispo galego de orixe brettoa do S. VI. Figura como bispo da diócese de Britonia, lugar que os expertos sitúan na actual parroquia de Santa Mª de Bretoña (Concello de A Pastoriza)
Características da ruta:
Lonxitude: 12 km.
Dificultade: Media (se se fai en sentido descendente, para mín a calificación sería baixa xa que as baixadas son menos acusadas que as subidas)
Ruta lineal (podémola facer circular collendo dende o Campo do Oso a N-125 cara a Pastoriza/Lugo indo por asfalto durante 3km.) perfectamente sinalizada.
Descripción:
Nós partimos de Bretoña. O inicio de ruta , AQUÍ
Antes de achegarnos ao punto de saída, demos un pequeno paseo pola vila da que destacamos estas imaxes: A igrexa de Santa e o cruceiro da pequena praza ao seu carón.
"...La iglesia parroquial de Santa María de Bretoña es el único vestigio conservado de la antigua capital de los bretones durante los primeros siglos de la Edad Media. Bien que la edificación reciente, el tiempo actual fue levantado sobre las ruínas del antiguo monasterio principal de las tierras de Britonia, y conserva varias piedras de la primigenia edificación, como la cabeza del angel en la entrada a la torre del campanario".
e o cruceiro da pequena praza ao seu carón.
Dirixímonos despois ao paseo fluvial onde comeza a ruta. Estamos no Coto da Auruxeira:
O paseo vai a carón do río Miñotelo:
Esta é a Pedra dos Namorados. No ritual das vodas celtas que se celebran durante a festa do Lugnasad, os namorados xuntan as súas mans a través do burato da pedra. O compromiso era anual e renovable de ano en ano.
Hai unha lenda local de influencia celta que di que, en ocasións, os veciños vían sair desta fonte unha galiña acompañada dunha rolada de pitiños de ouro.
Ao longo deste percorrido veremos tres muíños . O primeiro é Muíño do Pico.
Agora no inverno, as árbores autóctonas están sen follas. Na primavera e verán debe ser unha gozada pasear baixo a súa sombra:
O seguinte muíño e o da Valiña:
Agora cambia o chan pero será só uns poucos metros:
Atravesamos esta carretera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario