O concello de Trabada ten nada menos ca 5 rutas homologadas. Fixera catro delas e faltaba a de hoxe.
As anteriores, poden verse nos enlaces seguintes:
Ruta do Vento (PR-G 83)
Subida ao Picato (PR-G 84)
Fraga da Becerreira (PR-G 81)
Fraga de Vilapena (PR-G 85)
A ruta de hoxe comparte un tramo do percorrido coa ruta da Fraga da Becerreira, unha fraga autóctona con moita variedade arbórea cruzada polo Rego de Vilapercide e onde semella que pode aparecer un trasniño en calquera momento do fermosa, húmida e ata ás veces lóbrega que é.
A 2ª parte da ruta vai tamén polo medio de montes e outra fraga(a de Teixido) pero agora o camiñar faise por anchas pistas e camiños. Aquí xa aparecen piñeiros e eucaliptos e sobre todo acacias negras, unha árbore invasora que se está a apoderar de moitos montes galegos. Vimos grandes masas boscosas desta especie.
Características da ruta:
Lonxitude : 8,8 km.
Dificultade: moderada
Ruta circular perfectamente sinalizada. De tódolos xeitos deixo o meu track en WIKILOC
Descripción:
Partimos do mesmo lugar onde empeza a ruta da Fraga da Becerreira
Coidado nesta bifurcación!! NON é por onde vai esa persoa. Hai sinalización pero está tapada pola herba. É polo camiño da esquerda.
Nos montes de eucaliptos as árbores autóctonas loitan por sair.
A Acacia negra é unha especie invasora que está colonizando moitos montes galegos, de feito é raro non velas en case tódalas rutas de sendeirismo que fago. Supón unha ameaza para as nosas especies nativas porque onde mera ela non deixa espazo para outras árbores.
Despois de percorrer 1,2 km. pola pista anterior chegamos á Fraga da Becerreira. Unha ponte de madeira que cruza o Rego de Vilapercide adéntranos neste bosque de conto.
Atravesamos varias pontes.
A vexetación é frondosa e xenerosa.
Escaleiras en madeira e cunha corda para axudar a subir. O carreiro ascende, a partires de agora, con maior desnivel cada vez.
Esta fraga ten numerosas especies autóctonas: carballos, amieiros, abelairas, acivros, bidueiras...
Cruzamos esta pontella tan rústica.
Máis corda para axudar na subida...
É un privilexio ter esta fraga tan ben conservada e, no meu caso, tan cerca.
O Rego de Vilapercide ás veces forma pozas onde predomina o verdor dos felgos, das herbas, do musgo...
Ademais da poza anterior temos cerca un indicador que di "Pozas da Becerreira" Hai que sairse da ruta só uns poucos metros e chegar ata onde non se pode camiñar máis xa que o impide un alto barranco e veremos a poza máis fermosa:
Vimos moitas arandeiras, arbusto de froita comestible, os arandos. Medra en zonas altas e húmidas. En Galicia, sobre todo, nas provincias de Lugo e Ourense.
Chegamos ás Liñeiras e aquí remata o tramo coincidente coa Fraga da Becerreira. Temos que seguir subindo pillando á dereita.
Chegamos á cima da Fraga da Becerreira, pasamos a un camiño entrando en terreo aberto e vemos a fraga que acabamos de atravesar e as montañas lonxanas.
Deseguida chegamos á estrada LU-P 5506 que une Trabada e Riotorto. Cruzamos e imos por un ancho camiño.
Vemos unha pequena área recreativa medio abandonada.
Esta parte de ruta non ten nada que ver coa anterior. Cambia o tipo de árbores: agora vemos piñeiros, eucaliptos e moita, moitísima acacia negra.
Nun claro podemos ver a vila de Trabada e montañas ao lonxe.
Masas de acacias que invaden a paisaxe.
Estas árbores procedentes de Australia reprodúcense a gran velocidade e medran moi xuntas sen deixar pasar o sol. Forman bosques impenetrables.
Imos agora sempre en baixada e por anchos camiños. Estamos no Monte Roxal.
O camiño que traemos desemboca neste outro da foto.
Na Fraga de Teixido seguimos a ver árbores autóctonas mesturadas con outras foráneas.
Curiosa imaxe: á dereita un piñeiral; á esquerda, un bidueiral.
Voltamos ver moita acacia negra: La acacia “reduce de forma considerable la cantidad de luz en el nivel del sotobosque, disminuye la disponibilidad de agua en el suelo, altera de forma severa el contenido de nutrientes y produce acidificación en el suelo, altera las comunidades microbianas y las actividades enzimáticas del suelo, y disminuye la cubierta vegetal nativa, además de la diversidad de especies bajo su sotobosque” (Jonatan Rodríguez, biologo e investigador)
Este é o amarelo que temos que ver nos nosos montre: o da xesta.
Páxina web consultada:
https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1477390/acacias-preciosa-letal-invasora-montes-galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario