martes, 7 de maio de 2024

COSTA DO CONCELLO DE FOZ. TRAMO: PRAIA DE AREOURA (CANGAS)- PRAIA DE AREA LONGA (FAZOURO/NOIS)

A costa do concello de Foz é ben fermosa con praias, calas e acantilados, coa desembocadura de dous ríos (Ouro e Masma) formando rías, con elementos patrimoniais importantes como o Castro de Fazouro, as igrexas de Nois e Cangas...Todo esto ímolo descubrir facendo un percorrido o máis próximo ao mar ao longo de todo o concello.

Características desta ruta (1º tramo):

Lonxitude:7,5 km.

Dificultade: fácil

Ruta lineal sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Partimos da praia de Areoura que aínda que está moi preto ao concello veciño de Burela, pertence ao de Foz na súa totalidade.

Esta praia, que conta con tódolos servizos básicos, é moi frecuentada no verán. 

Estamos na parroquia de Cangas, a máis grande e poboada do concello de Foz.

Praia de Areoura

Abandonamos a praia e camiñamos en paralelo á N-642 durante uns  700 metros.

 
Abandonamos o camiño anterior para meternos polo que era antes a estrada vella e coincidimos cos sinais do Camiño Natural do Cantábrico. Este Camiño Natural desvíase aquí á dereita para meterse por un monte e ir sair ao barrio de Vilachá. Nós seguimos de frente.

Vemos unha fermosa e pequena cala. Hoxe o mar está "coma un plato"  con augas azuis e transparentes.

Saimos á estrada N-642 e con moito coidado imos polo arcén durante uns 200m. ata pillar á esquerda.

Mirando cara á esquerda, vemos imaxes de pequenas puntas que se adentytran no mar.

Unha área recreativa que atopamos no paseo de Cangas.

A costa de Foz  pertence á chamada "rasa Cantábrica" que presenta rochas moi erosionadas que o mar foi moldeando ao longo dos séculos formando furnas, covas, arcos, pequenos illotes...
Covas formadas na rocha a causa da erosión.

Pasamos ao pé da igrexa parroquial de S. Pedro de Cangas situada nun promontorio rochoso onde se di que primeiro habitaron os fenicios e máis tarde os celtas. Nese lugar levantouse primeiro, no S. XIII, unha igrexa e sobre esta, no S. XVII, a actual.
Ao longo dos séculos sufreu distintas reformas. 
Ten diante unha moreira negra  recollida na lista de "Árbores Senlleiras de Galicia".
Orixinaria de Asia, a moreira negra é cultivada no Mediterráneo dende hai séculos. As súas follas son usadas para alimentar os vermes de seda e o seu froito é comestible, rico en vitamina C. A cortiza da súa raíz foi usada historicamente como laxante e para problemas intestinais. A madeira é usada en ebanistería porque resiste ben a humidade.

A praia que vemos está tamén en Cangas. En marea chea, non queda area ou máis ben pedras, que son as que predominan. As rochas que se ven son chamadas "Os Castelos"

Rochas que se foron desprendendo doutras e así quedaron.

Seguimos polo Paseo Marítimo de Cangas.

A praia dos Castelos ten acceso por unhas estreitas escaleiras:

Atopamos un pouco máis adiante unha praia que a min me ten namorada aínda que non é cómoda para bañarse nin camiñar por ela xa que está formada exclusivamente por grandes coios. A mín gústame a soidade que sempre hai, o salvaxe que é, a desembocadura dun pequeno río nela...
É a praia de Riosmar
Praia de Riosmar
Nesta praia desemboca o río de Alemparte que cruzamos por unha ponte de madeira. Aquí remata o paseo propiamente dito e iremos por asfalto.
Río Alemparte desembocando

Outra cala que vemos asomándonos á beira do mar.

Imos por unha estrada secundaria moi tranquila.

Un camiño á esquerda que non ten indicación ningunha, lévanos a unha pequena cala agochada pero á que se pode acceder por unhas escaleiras.

Esta é a pequena cala co acceso anterior.

Despois da Areoura, esta é praia máis importante de Cangas e no verán ten bastante afluencia de xente. Trátase da praia dos Xuncos
Praia dos Xuncos

Case pegada á dos Xuncos temos a praia de Polas ou Area da Fame, xa na parroquia de Nois. É unha praia tranquila e bastante grande, na que no verán hai xente pero sen agobio ningún e ten os servizos básicos: socorrista, duchas...

Outra cala tamén chamada As Polas segundo un letreiro que hai.

A igrexa parroquial de S. Xulián de Nois foi levantada no S. XVII pero aséntase noutra anterior fenicia.
Igrexa de S. Xulián de Nois
O porto de Nois é moi pequeniño pero no pasado tivo gran importancia como porto baleeiro.
"La pesca de la ballena se extendió a principios del siglo XVII a los puertos lucenses de Nois, Rego de Foz y Rinlo, y al de Langosteira."
As condicións climatolóxicas do Cantábrico atraían a este tipo de cetáceos ata o entorno da  costa lucense. Sen embargo, a sobreexplotación desta especie a través da caza supuxo que nalgúns puntos chegaran prácticamente a desaparecer.

Argolas onde hai xa ben tempo non amarra ningún barco.
Porto de Nois

Nois tamén tivo industria conserveira dedicada á sardiña. Este edificio que despois foi habilitado como vivenda, é un deles onde estivo a antiga conserveira.
Antiga conserveira

Un pouco máis adiante está a antiga cetárea de Rubén. Este empresario de Nois aínda actualmente se dedica ao mundo relacionado co mar no Polígono industrial de Fazouro suministrando a grandes áreas comerciais e aos mercados centrais  pescado e mariscos en fresco, conxelado e elaborado
Antiga cetárea

A praia de Area Longa é compartida polas parroquias de Nois e Fazouro. A parte que vemos no 1º plano pertence a Nois aprox. ata as pedra sobresaíntes no mar. A partires de aí xa pertence a Fazouro.
No pasado foi unha praia fermosa con fina area. Actualmente está moi deteriorada e afectada por derrubes (sobre todo no lado de Fazouro) e con moitísimas pedras. Hai uns cantos anos, tiña en funcionamento aseos, tiña socorrista...
Houbo un problema coa baixada porque a levou o mar e quedou sen acceso. Fixeron unhas escaleiras pero as que estaban máis en contacto coa auga tamén as levou e actualmente está vallada , non hai ningún servizo e non ten visos de ser arranxada.

Paseo ao pé do mar feito non hai moitos anos.
 
Debido aos últimos derrubamentos, o paseo foi cortado e hai que dar unha pequena volta.

Piullamos á esquerda para cruzar pola ponte derriba da vía e voltamos ao inicio.

Páxinas web consultadas:
https://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/12/25/galicia-andaba-detras-ballenas-24555636.html

https://turismo.deputacionlugo.gal/es/desfruta/xeoturismo/marinalucense

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2008/04/09/casa-indianos-venta-antiguas-salgadeiras-bienes-culturales-foz/0003_6717187.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario