Hai uns anos realizamos esta mesma ruta pero de xeito lineal. Agora fixémola circular, sendo imprescindible un track para realizala xa que non esta sinalizada deste xeito.
A Pontenova é un concello que aposta forte polo sendeirismo xa que actualmente ten sinalizadas nada mens que 7 rutas, unha delas (a das Reigadas), homologada.
A Pontenova é un concello lucense que pertence á Mariña Oriental e non chega aos 3000 habitantes.
Nós para realizar esta ruta partimos dende a aldea de Vilarxubín, pertencente á parroquia de S. Pedro de Bogo. Tamén se pode empezar en Sanxés, lugar da mesma parroquia. Dende Sanxés partíramos cando fixéramos esta ruta lineal.
Tódolos detalles daquel outro percorrido están AQUÍ
Imos coa ruta circular de hoxe:
Características:
Lonxitude: 9,6 km
Dificultade: moderada
Ruta circular sen sinalizar. É necesario seguir un track. Eu deixo o meu de WIKILOC
Descripción:
Partimos dende a pequena aldea de Vilarxubín, que é un dos lugares de A Pontenova digno de ser coñecido e do que escribirei máis e poñerei máis fotos ao final xa que imos facer circular esta ruta e rematar aquí, onde comenzamos.
|
Vilarxubín |
Realmente, o sinal mándanos empezar por onde indica a frecha. Nós, seguindo un track, empezamos polo lado contrario a ese.
|
Oficialmente, a ruta de A Seimeira sigue o sinal. |
Este trasno que vemos nunha das entradas a Vilarxubín puxérono os veciños e inventaron unha lenda: «fotografarse xunto ao trasno daralle sorte a aquel que o faga e permitiralle convertirse noutro ser mitolóxico, cuando a súa vida se apague, polo que vivirá feliz para sempre nas fragas da TDT». As siglas TDT significan neste caso "Triángulo dos Trasnos" (Bogo, Vilarxubín e S Paio que forman un triángulo máxico envolto na Fraga das Reigadas)
|
O trasno de Vilarxubín |
Ascendemos moi suavemente, eso sí, baixo unha calor case insoportable. Menos mal que hai moita sombra durante todo o percorrido.
Imos por un camiño de carro e na foto de abaixo podemos ver a diferenza entre o bosque autóctono á esquerda e o monocultivo de eucaliptos á dereita.
|
Diferenza de bosque |
Vemos a aldea de Vilarxubín, que no pasado debeu contar con bastantes habitantes.
|
Vilarxubín |
A aldea que vemos ao lonxe é Sanxés. Por ela temos que pasar.
|
Sanxés, ao lonxe |
A Pontenova ten a sorte de contar aínda cunha gran masa de fragas autóctonas.
De momento o percorrido é moi doado, sen desniveis e con bo firme, por un ancho e fermoso camiño:
|
Fermoso e cómodo camiño |
Agora o percorrido cambia: empezamos a baixar por un carreiro:
E chegamos á parte media da fervenza (non á 1ª como vin nalgúns tracks, xa que despois veremos outra pero realmente é esta mesma nun punto máis abaixo) |
A seimeira |
Outra foto da mesma seimeira tomada n mesmo lugar pero coa cámara en vertical:
|
Seimeira |
O entorno é verdadeiramente máxico: |
Entorno da seimeira. |
Ao pouco atopamos a indicación dun Miradoiro. Trátase do de "Pena de Neira". Desviámonos 30m. para ter unhas panorámicas perfectas das fragas das Reigadas e Carballido cheas de árbores autóctonas.
|
Panorámica dende o miradoiro |
Seguimos baixando e atopamos esta rústica ponte:
E vemos restos do que foi un muíño: E outro muíño máis, este mellor conservado: Nós continuamos baixando porque vimos un carreiro...pero MOITO OLLO!! Esta baixada que fixemos só chega á unha parte máis baixa da seimeira e non ten continuidade. É unha baixada con certo perigo, nós fixémolo con moito coidado e sen problema pero NON é apta para todo o mundo.
|
A baixada é perigosa pero moi fermosa vendo a cascada |
Na foto seguinte pódese parar a descansar e contemplar a fermosura da auga caendo xa que hai un pequeno remanso precioso. |
Seimeira |
Damos a volta e o ascenso (serán uns 50m) tamén é complicado xa que case temos que trepar pero deseguida estamos arriba e seguimos o percorrido polo sendeiro que ascende agora xa convertido nun carreiro normal.
Chegamos a outra indicación dun Miradoiro, neste caso trátase do "Pena do Castelo" e aínda que son moi poucos metros vemos que hai que baixar e subir e como vimos "rebentados" da anterior baixada e subida á seimeira e vai moita calor, decidimos pasar de largo. As vistas son practicamente as mesmas que as do miradoiro anterior pero este ten a particularidade de que alí debe de estar enterrado un home porque hai unha placa (vímola na nosa anterior visita) que di: "Aquí descansa Paco, amante desta paraxe pola súa natureza, fermosura e paz. Sempre estarás con nós". Tamén hai un ramo de flores de plástico.
|
Vista do miradoiro dende o carreiro |
De súpeto, o carreiro transformase nun camiño ancho con amplas vistas. Estamos chegando a Sanxés e xa temos os primeiros e fermosos prados:
Dessembocamos nunha estrada local e pillamos á dereita onde vemos deseguida un sinal que nos leva cara á aldea que cruzaremos:Cruzamos a aldea de Sanxés que pertence ao igual ca de Vilarxubín á parroquia de Bogo. Esta parroquia aínda non ten en total nin 100 habitantes. O despoboamento da zonas rurais galegas, sobre todo de interior, é máis visible cada día.
|
Sanxés |
Cruzando este lugar vimos esta pequena capela que está dedicada a Santa Bárbara e deixamos voar a imaxinación pensando en tempos pasados que seguro houbo festas e celebracións en torno a esta capela tan rústica e que semella moi antiga.
|
Capela de Santa Bárbara |
Nesta zona xa cerca de Asturias, abundan os hórreos estilo asturiano. A aldea está case abandonada pero hai algunhas casas restauradas. |
Sanxés |
Xa hai ben anos que son coñecidas as esculturas de madeira desta aldea realizadas por Manuel Marqués, un home que en canto se xubilou dedicouse a buscar troncos que tiveran diversas formas e a pulilos para moldear figuras. Aínda que a maioría son de madeira, tamén ten figuras en pedra.
Algunha figura en pedra:
|
Figuras en pedra |
Estas son algunhas das figuras en madeira:
Despois de pararnos a contemplar estas obras de arte descansando un pouco do calor do día, seguimos a ruta, xirando á esquerda e atopamos unha capela, esta si, moi restaurada. Lemos na porta "Sto. Anxel. 3-3-2000" Supoñemos que é o santo ao que se dedica a capela e a data da restauración. |
Capela do Santo Anxel |
Rodeamos un prado
E imos agora por un ancho camiño de carro. Que desenmboca na estrada que leva a Vilarxubín pola que antes pasamos no coche. Non hai sinal ningunha pero o track dinos que hai que pillar á esquerda.
A estrada é ben fermosa sempre rodeada de árbores autóctonos e non cruzamos nin un só vehículo.
Ata aquí vimos tamén pequenas cascadas que caían na estrada: |
Pequena cascada |
Ao lonxe, Sanxés por onde hai pouco que pasamos: |
Sanxés ao lonxe |
Agora imos en continua subida pero non hai moito desnivel e o calor vai a menos. Ademais é unha subida curta (1,5 km)
Entramos en Vilaxurbín pola parte contraria á que saimos e chámanos a atención este rústico banco e cunha forma nunca vista.
|
Banco rústico |
Estas son as fabulosas vistas que contempla quen se sente no banco anterior: fragas infinitas e aldeas perdidas no medio delas. Despois do anterior, atopamos outro banquiño. Non todo a ser bancos que miren ao mar. No interior tamén hai moita beleza que ver: E máis onde sentarse!! Estas xa nos gustan menos. Vilarxubín é unha aldea como as de hai 60 ou 70 anos e mantense igual. Todo aquí é pedra e madeira. Creo que vimos unha ou dúas casas en cemento.
A aldea esta case abandonada. Só vimos a unha muller nova , non sei cantos habitantes máis quedarán pero seguro que moi poucos. Alí só había silenzo... Abandono e máis abandono...
Nesta aldea hai cabazos galegos e tamén os hai tipo asturiano.
Penso que vimos dúas casas restauradas. Ao fondo, unha de cemento. Non podía faltar a fonte:
Nin a capela:
Cabozos asturianos e galegos conviven xuntos.Unha aldea que nos encantou, co sabor tradicional de sempre, non pensada (de momento) para o turismo. Unha aldea cunha riqueza etnográfica excepcional que oxalá non se perda!
Deixo un vídeo moi curtiño onde se aprecia moito mellor a fermosura e singularidade de Vilarxubín:
Ningún comentario:
Publicar un comentario