Aproveitando a realización da ruta do Castro Lupario/Río Tinto, visitamos o Pazo do Faramello que queda no mesmo itinerario da ruta pero non o fixemos no momento que por alí pasamos, senón pola tarde.
Teño que recoñecer que eu nunca oira falar de tal pazo aínda que din que din que é un dos máis visitados de Galicia. Vale a pena a visita? Buenoooo....depende como se mire...se che gustan estas edificacións e non o coñeces e queres aprender algo novo, pois si vale a pena. Agora ben, teño que dicir que para min non vale os 12€ que custa a entrada.
Coñezo outros pazos nos que os xardíns danlle mil voltas aos deste pazo, o Pazo das Mariñas, o da Oca por exemplo, teñen uns xardíns infinitamente máis grandes e fermosos. Do interior só vimos tres ou catro salas do 1º piso.
Só teño fotos do exterior do pazo xa que no interior non deixar grabar nin fotografar.
Entrada ao Pazo |
Para esta visita déronme dúas opcións: unha visita ás 12:00h ou outra ás 17:00. Escollemos a das 17:00, despois de facer a ruta para ir con máis tranquilidade porque de facela en ruta teriamos que madrugar maís para estar no pazo ás 12:00h e camiñariamos baixo esa presión.
Unha rapaza chamada Cristina foi a nosa guía. Ela criouse no pazo porque seus pais e avós eran os gardeses do mesmo polo que o pazo non tiña segredos para ela.
O pazo está construido en terrazas sobre o canón do río Tinto e sirveu de aloxamento para Alfonso XIII e o infante Luis de Baviera durante as súas visitas a Santiago.
Pazo do Faramello |
O edificio é de finais do S. XVIII de estilo barroco compostelá, con influencias italianas que denotan a súa orixe xenovés do seu fundador: o Marqués de Piombino. O edificio supera os 2100m. contruidos.
O pazo foi creado a partires da Real Fábrica de Papel do Faramello (1710)
Na foto seguinte vemos unha canle que levaba auga para facer funcionar os muíños para fabricar o papel. O mecanismo e maneira de funcionar era moi similar aos muíños fariñeiros.
Aproveitaban a auga do río Tinto.
Canle da antiga fábrica de papel |
O Marqués de Piombino din que peregrinou a Santiago e se namorou dunha compostelá nacida en Portugal. Tras volver ao seu país natal, regresou en 1710 co seu socio Jacobo Gambino (especialista en fabricación de papel) e quince operarios para levantar neste terreo a primeira fábrica de Galicia. A Real Fábrica de papel do Faramello foi a 1ª industria galega que perdurou por máis de dous séculos como unha colonia industrial ata que no puido facer frente á competencia en plena revolución industrial.
O Señor do Faramello ostenta o honor, nunca exercido, de poder entrar a cabalo na catedral de Santiago. Foille concedido este dereito por un Privilexio Real en 1815.
Xardíns do Pazo "Capilla, palomar y ciprés, pazo es" Este é un dito que fala dos tres elementos que debe ter un pazo para considerarse como tal. E no de Faramello aquí temos a capela. |
Dentro da capela temos a seguinte imaxe da Virxe das Neves que é unha réplica da orixinal que está dentro do pazo. Antes, a orixinal en mármore, estaba aquí, na capela pero unha vez case cae ao chan e diante do perigo que corría porque podía romper, fíxose esta copia.
Imaxe da Virxe das Neves |
Na capela temos este retablo creado polo escultor e imaxineiro José Gambino; este artista, nacido no pazo, introduxo en Galicia a estética rococó.
Retablo no altar da capela |
Escaleiras da capela |
Hórreo e pedras do muíño |
Río Tinto e muro do pazo |
Sendeiro por onde ía antes o Camiño de Santiago Portugués |
Un recuncho do pazo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario