Amosando publicacións coa etiqueta Cervo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cervo. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de xuño de 2021

CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO S. CIBRAO-PORTO DE MORÁS

 Dentro da etapa 5 do Camiño Natural do Cantábrico (S. Cibrao-Viveiro), hoxe realicei o tramo S. Cibrao-Porto de Morás. Dos que levo feitos dende Ribadeo onde empecei, é o que menos me gustou. O mellor, o inicio co parque Raíña Sofía, a Ría de lieiro e o paseo ás beiras do Río Covo en S. Cibrao e o final coa praia de Lago e o porto de Morás; o resto do percorrido métese cara ao interior por pistas forestais e de terra, rodeadas de eucaliptos. O mellor desto é que cruzaremos aldeas como Barxa, Lago...

Os tramos realizados ata agora deste Camiño Natural do Cantábrico témolos aquí:

Rutas de sendeirismo: RUTA RIBADEO- RINLO POLO CAMIÑO NATURAL DA RUTA DO CANTÁBRICO

Rutas de sendeirismo: RUTA RINLO- REINANTE POLA RUTA NATURAL DO CANTÁBRICO

Rutas de sendeirismo: RUTA NATURAL DO CANTÁBRICO: Praia de Arealonga - praia de Anguieira(Barreiros)

Rutas de sendeirismo: CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. TRAMO PRAIA DE ANGUIEIRA(BARREIROS) - FOZ

Rutas de sendeirismo: CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. TRAMO PORTO DE FOZ- PORTO DE FAZOURO

Rutas de sendeirismo: RUTA CASTRO DE FAZOURO(FOZ)- PRAIA DE AREOURA(FOZ)

Rutas de sendeirismo: CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO (BURELA- S. CIBRAO)

Imos co tramo do hoxe (Ao final, está a ruta en wikiloc)

Características:

Lonxitude: 10,6km. 

Dificultade: fácil

Ruta lineal en xeral ben sinalizada pero...ás veces hai sinalización demais e algúns puntos falta. Esto pasa en tódolos tramos.

Descripción:

Saio pois de S. Cibrao, do parque "Reina Sofía" situado á beira da ría:

Este monumento é unha moderna fonte:

Saimos polo paseo á beira da ría:



Temos que cruzar a ponte sobre a ría e coller á esquerda:

Imos polo paseo á beira do río Covo:

Agora por unha pasarela de madeira:
Ao fondo, a ponte pola que cruza o tren


E chegamos á Ponte medieval do Bao. Construíuse no medievo para poder cruzar o río cando a marea está alta. É semellante ás pontes romanas e atopamos outras en Cangas de onís, Navia de Suarna...
Ten un único ollo e de forma oxival. Foi restaurada polo concello de Cervo no ano 1986
Os peitorís da ponte foron renovados no S. XIX

A ponte ten unha altura de 9,5m

Aquí, as beiras do río Covo, hai unha preciosa área recreativa:

Cun antigo muíño restaurado

Continuamos agora por unha pista forestal durante uns 200m aprx. e desembocamos nesta carretera nun cruce sen sinalización ningunha da ruta. Por lóxica (imos cara ao mar) pillamos á dereita onde vemos deseguida un sinal. Seguimos en Lieiro, na parte máis alta desta parroquia. Onde se ven as casas, hai que pillar á esquerda.

A chimenea da fábrica de Alúmina-aluminio vai acompañarnos boa parte do traxecto:

Vistas de S. Cibrao dende o alto de Lieiro:

Imos agora atravesar un pequeno monte (aprox. 600m.) 

Para desembocar nunha rotonda, aínda que o trazado oficial sae algo máis arriba porque había que coller á esquerda nalgún momento. Eu non vin o sinal.

En O Castelo, xunto ao restaurante, torcemos á dereita:


O camiño é ancho e cómodo e aínda algún carballo permanece entre eucaliptos.
 
Cruzamos a aldea de Lago, xa no concello de Xove. É esta unha parroquia eminentemente agrícola e é o lugar onde está ubicada a multinacional  ALCOA, así como as instalacións dunha piscifactoría de PESCANOVA dedicada á cría de rodaballo.
Parroquia de Santa Eulalia de Lago


Despois de rodear as instalacións da Factoría de Alúmina- Aluminio por un lado, chegamos deseguida á aldea de Barxa que pertence á parroquia de Lago.

Esta é unha das zonas máis industrializadas da Mariña. Ao longo do percorrido do tramo de hoxe, imos constantemente vendo chimeneas e instalacións industriais.
Piscifactoría de rodaballo
 Cruzamos polo túnel debaixo da vía:

E xa estamos na praia de Lago onde vemos de fondo as instalacións portuarias de ALCOA

Esta praia conta cunha inmensa área recreativa que atopamos moi coidada:

A praia de Lago mide 650m de lonxitude, é unha praia de area moi fina e é algo ventosa. Atópase nunha zona illada, lonxe das casas. As únicas instalacións que se divisan son as industriais.
Esta praia conta cun importante sistema dunar separando a praia da área recreativa.

Seguindo esta estrada que acaba no mar, a carón da praia de Lago, atopamos unha pequena cala á man esquerda:




Abandonamos a praia de Lago para dirixirnos ao Porto de Morás, fin do noso percorrido. Só queda 1,5km.

Antes de dirixirme ao porto, collín á man dereita nunha indicación que sinalaba a praia da Cova. Son uns 100m. e temos unha vistas espectaculares do porto ademais de coñecer esta cala.

Na foto seguinte vemos o porto e a praia de Morás

A praia da Cova é a única do concello de Xove que permite o acceso á mesma con cans.
Esta praia mide 70m. de lonxitude

O concello de Xove ofrece a  "Senda Costeira de Xove", un percorrido lineal que se iniciaría aquí en Morás ou na praia de Esteiro e que pon en valor a fermosa costa deste concello. O Camiño Natural do Cantábrico coincidirá, neste concello, en boa parte con esta ruta.


A praia de Morás, de 80m, de lonxitude é tranquila pola situación e polas poucas ondas. A carón desta praia atopábanse as antigas instalacións baleeiras de Morás xa que a pesca da balea tivo unha grande importancia no pasado e hoxe podemos recordalo  polo paseo etnográfico que temos neste lugar.

Estes son os dolos: formacións de formigón que se fabricaron aquí para a realización do espigón de abrigo do porto da fábrica de aluminio nos anos 70 do pasado século.




Powered by Wikiloc

domingo, 14 de xuño de 2020

RUTA DO RÍO XUNCO (SARGADELOS-RUETA)



Esta ruta que publicita o concello de Cervo é preciosa pero ten tramos verdadeiramente abandonados polos que é imposible pasar debido á maleza que teñen. É unha lástima porque a ruta merece a pena de verdade.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 6km. aprox.
Dificultade: fácil pero inaccesible nalgúns tramos
Ruta lineal mal sinalizada en bastantes tramos e descoidada sobre todo a partires da vila de Cervo.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza en Sargadelos, na Fonte da Tella. A situación desta Fonte, AQUÍ


O entorno da Fonte da Tella é moi exuberante:

No cruce, ao vir da fonte, collemos á esquerda:

Este é o comenzo do Paseo dos Namorados:

Estamos  a carón do Conxunto histórico-Artístico de Sargadelos que inclúe os restos do Complexo industrial fundado a finais do S. XVIII por Antonio Ibañez, marqués de  Sargadelos ao levantar unha fundición de ferro e no S. XIX as fábricas de louza e vidro.

Antiga carboeira que hoxe se emprega como sala de exposicións

Antiguas cabaleirizas



Antiga fábrica de louza

Casa do administrador, hoxe convertida en Museo


Despois de pasar todo o Conxunto de Sargadelos, no seguinte cruce, pillamos á esquerda por esta carretera:


Andamos por asfalto aprox. 1 km.ata chegar a un cruce onde está sinalizado o Camiño Real que imos pillar:

O Camiño Real construído en 1849 ía dende as Reais Fabricas (Alfonso Ibañez consigueu unha cédula Real para levantalas) ata o porto de S. Cibrao. Foi a 1ª estrada de peaxe en España e a través dela chegaban ao mar os productos manufacturados das fábricas de Sargadelos.

O Camiño Real é ancho (Cando foi feito tiñan que pasar carruaxes e mercancías) e nótase que tivo bo firme.

No medio da abundante vexetación adiviñamos restos de edificacións:

O entorno é así de fermoso:


Restos dun muíño:

Nótase que foi un camiño importante ademais de pola anchura(que en moitos lugares vai sendo comida pola vexetación) tamén polos muros de pedra que o protexían:

 1ª ponte que vemos pero non temos que atravesar:

Escaleiras que baixan á ponte. Nós seguiremos o Camiño Real de frente.

Imos ao lado do río Xunco:

Outra ponte que si temos que atravesar:

Un fermoso recanto:

Unha exuberante vexetación con moitas variedades de plantas e árbores medra ás beiras do Xunco:

Escaleiras que baixan ao río:

Onde en épocas pasadas podemos imaxinar ás mulleres lavando...

As construcción grandes e en pedra que hai pola beira do río dan idea da importancia que deberon ter na súa época:

Algo máis adiante atopamos outra edificación grande en ruínas e o camiño foi estreitándose:


O río ás veces semella un regato ao que a vexetación vai engulir:


Atravesamos esta ponte e xa chegamos á vila de Cervo:

Se volvemos a vista atrás vemos a masa arbórea que acabamos de cruzar:


Xa no centro de Cervo, vemos o afamado Restaurante/Pousada de Turismo Rural "O Almacén" que foi o 1º establecemento de Turismo Rural aberto en España no ano 1987.

Pasamos polo centro da vila coa súa coñecida Praza do Souto (eu lembro esta praza como era orixinariamente, é dicir, un souto cheo de castiñeiros) Está completamente reformada e menos mal que aínda lle deixaron algún castiñeiro que faga honor ao nome que leva:

Imos por onde indica o sinal:

O muíño de Benito:

Baixamos esta pasarela:

E atravesamos esta ponte:

Puxéronlle arame por un lado. Supoñemos que será para que non esvare:

E volvemos a sumerxirnos na natureza:



Sempre pegados ao río Xunco:

Ata aquí a ruta non ten perda. A pesares de non estar homologada nin ter sinais propias de sendeirismo o camiño está ben definido e non hai problema. A partires deste punto xa non hai sinalización ningunha ou está mal. 
Tardamos uns minutos en adiviñar por onde debiamos ir. Saimos a unha carretera onde hai un cruce. Primeiro fomos de frente, seguindo o río, pero tivemos que dar volta xa que non se pasaba.

Nós viñamos do carreiro verde e aquí hai que cruzar a ponte e pillar Á DEREITA!!

Despois de ir pola carretera uns 20m. collemos un sendeiro que apenas se vía, á dereita para volver ao río:

Pero o sendeiro estaba case impracticable, canto máis nos adentrábamos, máis cerrado estaba o paso:


Pero aínda que con dificultade, fomos pasando e chegamos a esta ponte onde xa se camiñaba mellor. Pensamos que se debía a que é un lugar frecuentado por pescadores que chegan dende o outro lado:


O río Xunco segue a ofrecernos a súa beleza:



E chegamos á carretera xeral da costa que temos que cruzar(Imos sair na parte esquerda, onde está o sinal de curva peligrosa)


Cruzamos a carretera e collemos á dereita para atravesar a ponte:

Despois de cruzar a ponte, ao final, collemos á dereita outra vez:

E voltamos a pillar o cauce do Xunco:

Camiñamos uns metros por esta pista:

Atravesamos ao lado dunha finca onde había unhas casas ( O muro era o peche da finca dunha casa)

Cruzamos esta ponte:

E xa non houbo maneira de pasar; as silvas, felgos, ortigas e toxos invadíano todo:


Tivemos que alonxarnos do río, non poidemos seguilo ata a súa desembocadura en Rueta. Collemos a carretera que pasa moi cerquiña (Seguimos cara á esquerda)

Despois duns 200m apox. xa vemos o mar:


Enlazamos coa carretera Burela- S. Cibrao pola costa e collemos á esquerda:



Vemos ao lonxe a praia de Rueta:

A praia de Rueta. Esta praia é bastante solitaria e incluso no verán está pouco concurrida.

A ponte sobre a que pasa o tren:

Debaixo da ponte ven o Xunco desembocar ao Cantábrico:


Unha pena non poder chegar a esta praia seguindo o curso do río como din na páxina do concello de Cervo.