O 1º día, quedou plasmado nesta entrada
Rutas de sendeirismo: MADEIRA (1º DÍA)
O 2º día tocaba unha visita panorámica da cidade de Funchal, capital de Madeira. En primeiro lugar fomos visitar a catedral.
Indo pola avenida Arriaga atopamos a estatua de Jôao Gonçalves Zarco, un explorador portugués que xunto a outros compañeiros colonizou as illas de Porto Santo e Madeira no S. XV.
A catedral é Monumento Nacional dende 1910 |
Esta catedral conta cun teito moi fermoso elaborado con madeira da illa (cedro incrustado en marfil) pero debido a que está en obras, só poidemos ver parcialmente un pequeno recuncho.
Escoitando as explicacións da guía |
Concello de Funchal |
E na mesma Praza tamén poidemos admirar a igrexa e o colexio dos Xesuítas do S. XVII:
A continuación fomos andando ata o Mercado dos Lavradores. É este un mercado que no pasado foi ao aire libre e hoxe está nun fermoso edificio con azulexos da cerámica Battistini que decoran a fachada, a entrada e a pescadaría.
Na pescadaría poidemos contemplar o peixe sable negro de gran tradición na cociña da illa.
Este peixe é preparado en Madeira de moi diversas maneiras |
Azulexos que decoran o interior do mercado dos lavradores:
Hai moito colorido nos postos das froitas:
Froitas tropicais |
Nos postos de flores, as vendedoras van ataviadas co traxe típico rexional:
Orixinariamente, o xardín botánico era o xardín privado da Quinta do Bom Sucesso pertencente á familia Reid pero a mediados do S XX foi adquirido polo governo para instalar o Xardín Botánico que abríu ao público no 1960.
Ten máis de 2000 variedades de plantas e árbores divididas en áreas: arboreto (colección de árbores e arbustos de varias partes do planeta), plantas medicinais, autóctonas, cactus, palmeiras...así como unha alfombra moi fermosa de flores.
Na entrada, escoitando a nosa guía madeirense |
Vistas de Funchal dende o xardín botánico |
Estanque ben fermoso |
É un enorme pracer pasear por este xardín entre a exuberante vexetación:
E chegou a hora de comer!!
Entrando ao restaurante Terreiro |
Dende o restaurante temos unha vistas preciosas ao Atlántico.
Xardíns do restaurante |
Praia de Sâo Tiago |
Este pazo é considerado como o exemplo máis impoñente da arquitectura civil e militar da illa. |