Amosando publicacións coa etiqueta ano 2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ano 2023. Amosar todas as publicacións

domingo, 10 de decembro de 2023

PRAIA DE BARAYO- CASCADA DO POZO FERO (VALDÉS)

 Ao estar tan cerca da Mariña lucense, o cancello de Valdés non é un descoñecido para min. Neste concello xa realizamos 3 rutas. Estas:

Los LLugarinos (Trevías)

Cabo Busto

Luarca-Praia de Portizuelo-Luarca

Hoxe realizamos unha ruta moi fermosa e interesante, é costeira e fluvial xa que estaremos na praia de Barayo e no río do mesmo nome, no que decubriremos unha cascada sen sinalizar, preciosa e nun entorno idílico.

Características:

- Lonxitude: 8,4 km.

- Dificultade: fácil.

- Ruta circular sinalizada parcialmente. Deixo o meu track en WIKILOC

Descripción:

Partimos do aparcadoiro máis pegado á praia de Bayota.

Imos por este carreiro uns 200m.

Ata atopar unhas rústicas escaleiras que nos baixan á praia.


Pero...OLLO!! Nesta praia desemboca o río Barayo e para accder á praia por este lado teremos que cruzalo a pé. Esto só será posible en marea baixa e cando estas son grandes, se non queremos mollarnos claro.
O río Barayo na súa desembocadura.

Así estaba o acceso á praia. A marea xa estaba subindo e había bastante auga. Se fose verán aínda poderiamos cruzar pero agora en inverno non apetece.... así que demos a volta.
O río Barayo xuntándose co Cantábrico

Demos a volta outra vez ata os aparcadoiros e optamos polo acceso máis largo.

Agora baixamos á praia polo outro acceso: ao principio un ancho camiño que deseguida se mete á esquerda . Vemos un indicador da "Senda Costa Naviega" (unha ruta que une esta praia de Barayo coa vila de Navia pasando por toda esta costa) Nós fixemos xa un tramo desta fermosa ruta: dende Barayo ata a praia de Frexulfe hai uns anos.

Agora un carreiro vainos levar xunto ao río Barayo.

Atopamos un muiño en estado ruinoso ao pé do río que logo chegará á súa desembocadura.

 Nun fermoso entorno temos que cruzar unha ponte sobre o Barayo.

Por aquí, a ruta a seguir está perfectamente sinalizada.

Leva chovendo bastantes días de forma continuada o que fai que o camiño estea anegado en varios tramos. Buscamos alternativas para pasar por sendeiros xa pateados.

Na entrada á praia vemos un cartel en forma de táboa de surf  que entre outras cousas di:
"La Reserva Natural Parcial de Barayo constituye un claro ejemplo de sistema dunar-   estuarino con unalto valor ecológico y paisajístico"


Hai tamén varios letreiros que nos piden por favor non pisar as dunas xa que son ecosistemas moi fráxiles e que se erosionan facilmente se son pisadas.

Sabemos que na parte leste da praia hai unhas covas chamadas Las Sántinas que só se pode acceder a elas cando a marea non está moi chea. Tivemos sorte: a auga estaba subindo pero non o suficiente para que non poideramos adentrarnos nelas.

As covas tenen unhas cores espectaculares!!


A praia de Barayo foi considerada no 2022 como a mellor de España segundo o xornal británico The Times. É una praia salvaxe, illada á que non chegan os vehículos, de area moi fina e en cor oscuro. Rodeada de acantilados, na súa parte leste, ceca das covas, practícase o nudismo. Ten un sistema de dunas e marismas de gran valor.

O río Baraya ao desembocar forma unha inmensa marisma na que, entre outras plantas, medran os xuncos.

Atravesamos outra vez o bosque, agora en sentido contrario.

 Voltamos cruzar a ponte e estamos de novo no muíño.

Viñemos polo carreiro da dereita. Agora seguimos de frente, polo camiño ancho.

As árbores mostran as súas cores outonais.

Á beira do camiño, nun monte vemos esta placa e esas pedra que nos fan pensar que sí está enterrada unha persoa.

Imos pegadiños ao río. O río Barayo é o límite natural entre os concellos de Navia e Valdés, é un río moi curto que nace no concello de Navia e que forma na súa desembocadura un espectacular estuario.

O camiño tiña tramos anegados polo desbordamento do río e pasamos como poidemos polo monte.

Na foto seguinte, por onde vai a auga non é o río, é o camiño.

Pasamos por Cerro del Castán (cerro: elevación natural del terreno de poca altura y aislada) onde hai uns apatamentos.


Cerro del Castán
Atravesamos despois un piñeiral.
 E baixamos á cascada por un carreiro:

Formada polo río Barayo, a cascada de Pozo Fero é moi descoñecida e sen ningunha sinalización para chegar a ela. Non é alta pero a auga baixa con moita forza e o entorno é precioso!!
Cascada de Pozo Fero

Damos a volta dende a cascada e chegamos ao cruce onde nos desviamos antes e en lugar de voltar polo mesmo sitio, decidimos subir á esquerda por un camiño que nos vai levar ao outro aparcadoiro de Barayo. Segundo subimos, vemos o desfiladeiro por onde vai o río e ao lonxe vemos un pouco o mar.

Na foto seguinte, vemos o outro aparcadoiro que é onde oficialmente empreza a ruta da Senda Costeira Naviega.

Imos durante 1,5 km. por estrada.

Ata pillar un camiño á dereita durante uns metros.



Atravesamos unha terra porque víamos xa o coche moi cerca e tiña tanta auga das últimas chuvias que nos enterramos ata os nocellos.

















xoves, 7 de decembro de 2023

ACANTILADOS DE CABO VIDIO+OVIÑANA+BOSQUE DE VADREDO (OUVIÑANA- CUDILLERO)

 Hoxe volvemos ao concello de Cudillero no que xa fixemos outra ruta este mesmo ano. Foi:

Lamuño- La Concha-Lamuño na parroquia de S. Martín de Luíña. A ruta de hoxe foi noutra parroquia de Cudillero e é que este concello é digno de ser visitado, non só a súa capitalidade senón tamén as súas parroquias, xa que teñen moito que ofrecer.

A parroquia de Oviñana é pola que transcorre toda a ruta de hoxe. O símbolo desta parroquia é sen dúbida o Cabo Vidio rodeado de acantilados impresionantes de moita altura. 

A ruta é moi fermosa. O máis destacable son os impresionantes acantilados, os espectaculares miradoiros, as praias virxes grazas aos difíciles accesos, o monte Valdredo e a vila de Oviñana, onde notamos o seu pasado agrícola nos hórreos que aínda conserva e vemos que actualmente o turismo está pisando forte xa que hai multitudes de vivendas estacionais, apartamentos turísticos...

Características da ruta:

Lonxitude: 10km.

Dificultade: moderada.

Ruta circular parcialmente sinalizada. Deixo o meu track:

Descripción:

Nós aparcamos xunto á praia de La Cueva onde temos o 1º miradoiro (aínda que toda a ruta polos acantilados é un miradoiro natural)

Dende aquí imos ata o faro Vidio situado no cabo do mesmo nome. Un camiño pegado á estrada vai pola beira do mar.

Aparcamos frente a esta barquiña. É o pesqueiro Aldebarán que empezou a faenar en 1964. No 2014 deuse de baixa para toda actividade pesqueira e foi donado ao concello de Cudillero polo seu dono. Despois dunha completa restauración, no 2015 foi exposto neste lugar.

O monolito de pedra é unha fonte onde di "beba para que vuelva"  pero beber aí é ben difícil! Eu non fun capaz de que a billa botase nin gota de auga. Hai que calcar moitoooo!!!


Empezando a camiñar...

Debaixo de nós está a praia "La Cueva" á que non chega a estrada. Hai que subir e baixar un treito de case 1 km. por un camiño ben empinado con reviravoltas para salvar un acantilado de 80 m. Esto fai que teña apenas ocupación e polo tanto non ten ningunha clase de servizo.

Praia La Cueva
Contemplamos os enormes cantís e vemos xa ao fondo o Faro Vidio.

Neste percorrido polos acantilados atoparemos moitos bancos. Parece que están de moda aínda que dende varios deles, as vistas son practicamente as mesmas.

Pegada á praia de La Cueva está a de Peña Doria e de feito en marea baixa pásase dunha á outra.
Praia Peña Doria
Unha pequena área receativa ao pé das praias.

O camiño pòlo que imos chega ao faro polo oeste mentras que a estrada chega polo sur. Vemos outro banco.

Bancos e bancos...

Outra pequena zona de descanso ao pé do faro.

Pola parte leste do faro hai outra praia que non acceso dende terra. É a praia de Gradas.
Praia de Gradas
Os acantilados que rodean o faro impresionan e dan medo!! O pequeno illote que vemos chámase "A iglesiona de Vidio" unha cova formada pola erosión que se pode visitar en marea baixa.

Acantilados que semellan ser cortados a coitelo que impresionan moitoooo!! Mellor non achegarse á beira!

Supoño que en non moitos anos non se poderá rodear o faro como se fai actualmente, a erosión do mar e do paso da xente acabará por impedilo.

Cabo Vidio é un dos máis importantes de Asturias e dende el podemos divisar en días despexados Estaca de Bares á esquerda e Cabo de Peñas á dereita.
O entorno de Cabo Vídio é moi perigoso para a navegación pola multitude de illotes que hai, por eso en 1950 empezou a funcionar este faro que tivo un fareiro ata 1993. No ano 2021 rehabilitouse o faro, derribando a casa anexa do fareiro e modernizando os equipos de sinal marítima.
Faro de Cabo Vidio
O muro que se ve en 1º plano son os restos dunha tolva (depósito similar a un embudo de gran tamaño destinado ao depósito e canalización de pedra, area...) No concello de Cudillero houbo 9 tolvas e 7 delas funcionaban ao mesmo tempo, canalizando as pedras que se sacaban das praias para as fábricas de Ensidesa e Entrecanales en Avilés.
Restos dunha tolva na praia de Peña Doria.

Dende o Cabo Vidio voltamos sobre os nosos pasos e en lugar de ir pola estrada ou polo mesmo lugar da ida, collemos un camiño á esquerda.

O camiño vai á beira de casas e dun prado.

Enlazamos deseguida coa estrada pola que baixaramos antes no coche:

Xunto a vivendas de recente construcción,perviven os cabozos.

Oviñana conta con moitas vivendas estacionais xa que moitas delas están pechadas.

Casa cañeiro é unha casa indiana construida entre 1915 e 1920.

Moitas casas teñen uns coidados xardíns.


Chegamos ao que pensamos debe ser o centro da vila, onde hai unha praza onde está a igrexa, un parque infantil unha pista para fútbol e baloncesto e un Centro Social. Este edificio foi a antiga escola e foi financiada por un grupo de indianos que emigrara a Cuba. Foi construida en 1925 e inaugurada en 1930. No 2011 foi rehabilitado este edificio e reconvertido en Centro Social na súa parte de arriba. Leva o nome "Unión Hijos de Oviñana" en honor destes emigrantes. Na parte baixa do edificio, está a escola rural con dúas aulas de E. Infantil.

Frente á escola e Centro Social, está a igrexa. A igrexa de S. Roque foi construida no 1943 e ten ao seu carón a que foi Casa Rectoral.

O edificio que se ve frente á igrexa é o restaurante El Café onde paramos a xantar e comemos un polbo á feira exquisito!

Abandonamos a vila proseguindo a nosa ruta.

Xa víramos antes indicacións de apartamentos rurais e aquí temos outros.

 Indo á esquerda chegariamos á fábrica de Mariscos Oviñana que se dedica ao marisco conxelado e á elaboración de platos preparados a base de productos do mar.

Vemos os sinais que a partires de aquí van marcar a ruta.

Atravesamos o Rego de Vívigo.
Rego de Vívigo

Imos por unha pista de monte pouco atractiva pero será moi curto o percorrido.

Pasamos ao pé da línea estreita de FEVE

E continuamos por un camiño moi enlamado.

Estamos no bosque de Valdredo e o final do mesmo ten premio!!

Xa oimos o ruxir do mar cruzando este piñeiral...

Aí temos a praia de La Vallina. Na foto non se apreza pero había un montón de cabras polo acantilado.

 A baixada á praia ten moito desnivel e puxeron unha corda para axudarse:

Estamos nun entorno máxico, precioso coa desembocadura do Rego de Vívigo que servía no pasado para mover este muíño e outro que hai máis arriba.

Este é o acceso principal da praia de La Vallina, a min encántame tan natural e virxe o que fai que teña moi pouca afluencia. Na foto vemos a canle da auga para o muíño e en frente os restos dunha tolva.

Eu califiquei esta ruta como moderada pola baixada que acabamos de realizar axudados pola corda e tamén pola subida que estamos a realizar agora.

 Dende o alto temos unha visión perfecta da praia La Vallina. É a máis grande do concello de Cudillero e tamén se coñece co nome de El Gallo. É unha praia cunha forte ondaxe.
Praia La Vallina o El Gallo

Nesta praia desemboca tamén o Rego de Valdredo formando unha pequena e fermosa fervenza.

Cara ao leste vemos a praia de Oviñana, pegada á anterior, á de La Vallina podendo tamén considerarse unha prolongación da anterior.
Praia de Oviñana
Moita xente opta por chegar co coche o máis cerca que pode destes preciosos e recónditos lugares. Nós, camiñando descubrimos esas paisaxes doutro xeito e ademais vemos outras máis que só se poden ver indo a pé.

Moitos bancos vimos. Claro, hai moitos recunchos nos que apetece pararse a descansar e contemplar tanta fermosura.

Seguimos todo pola beira do mar, por riba dos acantilados:

Imos empezar agora unha baixada que se vai ir complicando porque o chan está composto de pedras soltas. Axiña o imos atopar.

Imos baixando vendo calas illadas, os enormes cantís e escoitando o mar.

Despois dunha curta subida chegamos ao Miradoiro do Sablón. Hai discusións sobre cal é o mellor banco do mundo. Nós hoxe vimos varios que se merecen este título. Tal vez este do Sablón, o que máis. Estes acantilados, estas praias virxes, son dos máis fermosos do Cantábrico. Dende aquí, en días despexados, (non é o caso de hoxe) podemos ver toda a rasa costeira  ata Luarca e Estaca de Bares
Miradoiro do Sablón

O Miradoiro do Sablón coa Praia de La Vallina e moi ao lonxe unha punta que sobresae moito é a Estaca de Bares. Vemos a baixada que fixemos.

E fomos chegando ao inicio na praia La Cueva, cerca do Cabo Vidio que vemos ao lonxe.

Páxina web consultada:
https://www.lne.es/occidente/2011/09/14/hijos-ovinana-sede-21031240.html