Amosando publicacións coa etiqueta ano 2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ano 2016. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de abril de 2020

CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. RINLO (RIBADEO)-REINANTE(BARREIROS)

Este tramo de ruta corresponde oficialmente á 1ª etapa da ruta Camiño Natural do Cantábrico que nós dividimos en dúas. Xa fixemos Ribadeo-Rinlo e hoxe imos facer Rinlo-Reinante.
Iremos pegados á costa desfrutando de praias e cantís á beira do Cantábrico.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 10km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal perfectamente sinalizada

DESCRIPCIÓN:
Saimos do porto de Rinlo:

E atopamos as famosas cetáreas naturais. Son tres e foron das primeiras construídas en España. Aproveitando un canal natural que foi abrindo o mar e a erosión entre as rochas, construíronse uns muros de contención co fin de reter embalsada a auga. Criánronse nelas centolos, langostas e outros mariscos e funcionaron ata principios dos anos 90 do S. XX:


Primeiro camiñamos á beira do mar pegados a un valado de madeira:

E agora por un pequeno tramo de carretera:

E chegamos á praia dos Xuncos:

Na que descansamos un pouco, a pesares de que empezaramos a andar había pouco.
Parece que a xente xa tiña algo de fame
Seguimos camiñando á beira do mar:
Era agosto pero non vimos o sol

Achegámonos ás praias dos Castros e de Illas:

Praias de Os Castros e de Illas, que está pegadas:
Praia dos Castros:

Ensenada do Cadramón:

E seguimos pola beira do mar:

Chegamos a praia de Esteiro:
Praia de Esteiro

E xa moi preto, a archicoñecida praia de As Catedrais:
Praia de As Catedrais

E despois a de Arealonga, xa en Reinante onde deixáramos un coche.
Praia de Arealonga

Hoxe tiñamos pensado comer ao aire libre e como non atopamos un sitio xeitoso á beira desta praia, fomos buscar os outros coches a Rinlo e marchamos comer á área recreativa do Bispo Santo, en Foz:


luns, 27 de abril de 2020

RUTA VILAMOR-FROXÁN-VILAMOR (FOLGOSO DO COUREL)


Voltamos ao Courel para facer unha das rutas coñecidas e percorridas desta zona, moi atractiva xa que ten de todo: bosques autóctonos e tamén outros de sobreiras, madroños, aciñeiras...aldeas recónditas, fontes, pontes...

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 11km.
Dificultade: Media
Ruta circular, ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza e remata na aldea de Vilamor, parroquia que pertence ao concello de Folgoso do Courel. En 2016 tiña 134 habitantes.
A ubicación de Vilamor, AQUÍ

Empezando a ruta:
Vilamor

Vilamor

Baixamos cara ao río Lor


E cruzamos esta ponte:

Agora empezamos a subir:

Un souto con vellos castiñeiros


E chegamos  a esta aldea perdida entre castiñeiros que parece sacada dun conto. Chámase Vilar, está situada a 550 m. de altura e conta con tres casas habitadas:




Nesta aldea visitamos a "Casa do Ferreiro" que ten unha singularr mostra de aparellos da casa e da labranza típicos desta zona:



Tamén nesta aldea está a Fonte da Saúde:

Despois de atravesar a aldea de Vilar, atopámonos coa capela de S. Roque. Ao pouco de pasar nós por alí arreglaronlle o tellado:




A uns 700m. desta aldea, atópase o Castro de Vilar pero como non cadra na ruta facíasenos moito andar outros 2km.  non fomos aínda que seica merece a pena, polas panorámicas que se contemplan e porque é o máis grande do Caurel. A pesares desto, atópase en mal estado

A partires de Vilar, o camiño empeza a baixar cara a Froxán.
 As cabras no monte
                                 Baixando polos montes do Courel

Antes de chegar a Froxán atopamos un sobreiral:

 Destas árbores sácase a cortiza(corcho)

Xa divisamos Froxán, aldea restaurada  e declarada Ben de Interese Cultural polo seu valor etnográfico:


A fonte do Milagro:



Estamos a 5km. de Vilamor:

 Vilamor
Vilamor ao lonxe

Para rematar, comemos no retaurante "Casa Comerciante". Comemos moito e ben a base de productos típicos da zona.
Esta noticia, alégranos moito!!Para lela, pincha AQUÍ:

domingo, 26 de abril de 2020

CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. RIBADEO-RINLO

O Camiño Natural da Ruta do Cantábrico é unha iniciativa que emprendeu no ano 1993 o Ministerio de Agricultura, Pesca , Alimentación e Medio Ambiente dentro do programa "Caminos Naturales", ao longo de toda España.
O Camiño Natural da Ruta do Cantábrico vai dende Ribadeo (Lugo) ata o porto de Ladrido(A Coruña) percorrendo máis de 150km. Está dividido oficialmente en 7 tramos ou etapas e a 1ª vai dende Ribadeo á praia das Catedrais. A nós parecianos un pouco largo e decidimos facer Ribadeo- Rinlo (uns 10km.)
O tramo percorre a liña da costa desfrutando de praias e cantís.
Fixemos esta ruta un domingo moi, moi desapacible do mes de febreiro de 2016.

CARACTERÍSTICAS
Lonxitude: 10 km.
Dificultade: baixa
Ruta lineal perfectamente sinalizada

DESCRIPCIÓN DA RUTA :
Partimos do porto deportivo de Ribadeo (Porcillán) e dende aquí podemos subir por unhas escaleiras ou ben pola rúa Calvo Sotelo. 
Porto deportivo de Ribadeo e Figueras e Castropol ao fondo

Hai que ir preparado. O día promete...
Vemos a Ponte dos Santos moi cerca e cruzarémola por debaixo
Estamos na estrada do faro:

Vemos estas formación rochosa que se chama Pena Furada.

Ímonos achegándonos ao  antiguo cargadoiro de mercancías , hoxe en día acondicionado como mirador. (Aquel día pouco se podía ver)
O cargadoiro ao fondo, hoxe dedicado á cultura do ocio. Antiguamente,  patrimonio da nosa desmantelada industria.

Aquí se cargaban entre  1200 e 2000 toneladas de mineral

Ao pouco atopamos o antiguo Forte de S Damián, contruído no S. XVII para protexer a entrada da ría de posibles ataques. Foi destruído polos ingleses no S. XVIII. Foi reconstruído 55 anos despois, pero a Guerra da Independencia a principios do S. XIX volveu convertilo en ruínas. O concello restaurouno e hoxe é unha sala de exposicións.

Imos agora cara a Illa Pancha que xa está moi cerca, contemplando a bravura do mar:
A Ponte dos Santos xa nos queda aló detrás


A bravura do Cantábrico

Xa vemos Illa Pancha ao fondo
E chegamos a Illa Pancha que alberga os dous faros de Ribadeo. O antiguo, de planta cuadrado e hoxe rehabilitado para o turismo e o que funciona como faro con franxas azuis e brancas:
Este faro está considerado como un dos máis fermosos de Galicia.
Hoxe este faro é un aloxamento turístico

Aínda que o día non pode estar peor, nós sempre sorrimos.

Continuamos 1 km. aprox. pola carretera LU-140 nun tramo compartido por vehículos e xiramos á dereita no primeiro cruce. (Está ben indicado) Continuamos por carretera un pouquiño máis e volvemos torcer á dereita deixando xa o tramo compartido para achegarnos ao mar:

Camiñando po LU-140, á esquerda vemos Ribadeo
Imos cara ao mar

Que está así de bravo:

E vemos a praia de Areosa:

Poucos m. despois de abandonar a praia, o camiño xira á dereita e voltamos a un tramo compartido duns 500m.

Voltamos á costa outra vez e vamos ao ladiño dun Cantábrico enfurecido:

As pistas son agora anchas:

Paramos a tomar o noso tentempié ao abrigo duns piñeiros:

Despois o camiño lévanos ao redor dunha furna:

E o ancho camiño convértese nun estreito sendeiro:

Hoxe o mar e o ceo amosan a súa peor cara:


E fomos chegando a Rinlo, vila de orixe medieval cunha gran tradición pesqueira e que conta cunha confraría de pescadores máis antigas de España. Foi un porto baleeiro e tiveron gran importancia as súas cetáreas, aínda que destas falaremos no seguinte tramo deste Camiño Natural: Rinlo- Reinante.


Porto de Rinlo
En Rinlo tiñamos un coche, fomos a Ribadeo buscar os outros e xantamos na Rochela no restaurante  "O lar de Carmiña", na estrada xeral 634, no km 61.