Amosando publicacións coa etiqueta Ano 2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ano 2021. Amosar todas as publicacións

domingo, 5 de decembro de 2021

AS RIBEIRAS ALTAS. MIÑO ARRIBA. (PASEO DA PONTE VELLA) LUGO

 Unha moi fermosa e facilísima ruta moi cerca da cidade de Lugo, coñecida popularmente como "Paseo da Ponte Vella" Ás beiras do río Miño, por sendeiros de pescadores e entre carballeiras, transcorre esta ruta que non está apenas sinalizada. Un relax e un pracer para os sentidos.

Características:

 Lonxitude: 10,8 km.

Dificultade: ningunha.

Ruta circular sen sinalizar.

Track da ruta en WIKILOC

Descripción

A ruta empeza e remata na Ponte Romana sobre o Miño, na estrada vella de Santiago. A ubicación exacta, AQUÍ

O día amenazaba moita chuvia e de feito cando empezamos chuviscaba un pouco.

Lugar de inicio da ruta

A Ponte Romana ten 104 m. de longo e 4m de ancha.

Ponte romana

A Ponte Romana sufríu varias reconstruccións ao longo dos séculos. Une a Calzada da Ponte coa estrada vella de Santiago.

É unha ponte de pedra e antigamente estaba asfaltada permitindo o paso de vehículos. Actualmente é peatonal e recubrírona de pedra.

Foi construida para cruzar o Miño na época de romanización de Galicia para comunicar a estrada dende Lugo con Braga en Portugal e pasando por Santiago.


Ponte romana sobre o Miño

Moita xente aproveita a comodidade deste paseo polo chan que é para facer deporte.


En chegando á antiga Fábrica da Luz, imos uns metros pola beirarrúa para deseguida entrar no parque das Saamasas.
Antiga Fábrica da Luz.

Estamos entrando no parque das Saamasas:


O parque das Saamasas é una fermoso espazo natural moi grande con varias zonas de descanso, papeleiras, pégolas de madeira e un parque infantil.
Parque das Saamasas
 

Tamén ten pontes e árbores autóctonas como abidueiras e carballos.

Parque das Saamasas

Esta zona de descanso dentro do parque, recibe o nome de "Área de descanso Río Miño"
Zona de descanso
 Despois pasamos por diante do  afamado restaurante "Los Robles" nun precioso entorno.


E deseguida estamos no Club de Piragüismo. A partires de aquí veremos numerosas piraguas no río, pero non paradas como está a da foto, se non con deportistas practicando piragüismo.


Esta ruta non pode ser máis fermosa e máis sinxela.


Ás veces tamén se deixou ver o sol:

Unha paisaxe de conto. Ou non?



Agora iremos uns metros por estrada que o outono pinta en diversos tonos.
 

Pasamos por diante da Acea do Rei Chiquito. O que antigamente foi unha acea ou muíño de auga, hoxe é unha fermosa mansión totalmente restaurada que conta ata cunha capela.

O sobrenome de Rei Chiquito, refírese ao lucense Luis Reboredo Fernández (1843-1901)

Acea do Rei Chiquito

Continuamos pola LU-P 2902 á beira do Miño e rodeados de árbores:

 
E chegamos á ponte que imos cruzar para voltar pola outra beira do río:

Xunto á ponte atópase a Estación Potabilizadora de Augas de Lugo.
 
Continuamos un pouco máis pola estrada alonxándonos momentaneamente do río, pero por moi pouco tempo.

Ata desviarnos por outro fermoso sendeiro

O sol pola outra beira déixanos esta fermosa imaxe:

Pasamos por debaixo da ponte da autovía a Santiago:

Xa chegando de volta, vemos a cidade de Lugo ao lonxe:

Estamos no barrio de S. Lázaro e vemos o antigo hospital ou leprosería.

Cruzando o Miño temos unha pasarela ou ponte peonil.
Ponte peonil
Vemos a  que foi igrexa do hospital e actualmente é a parroquial do barrio.
Igrexa de S. Lázaro

A leprosería vista dende o outro lado.


Cruzando a ponte romana, vemos o Hotel-Balneario de Lugo.


E así rematou esta fermosa e moi fácil ruta. Fomos comer na estrada vella de Santiago ao Mesón Aniceto. Como era domingo, non había menú do día e comemos á carta. Decir que tíñamos mesa reservada e entramos según mesmo chegamos. O local moi limpo e ben acondicionado cunha temperatura moi agradable e o servizo amable e eficiente. Comemos moi ben; as racións eran super abundantes, tanto que de sabelo houbésemos pedido menos comida porque saimos a rebentar!






martes, 30 de novembro de 2021

RUTA DA BOBIA. VILANOVA DE OSCOS (ASTURIAS)

 Volvo aos Oscos porque as súas rutas nunca me defraudaron e porque me encantan as aldeas restauradas e tan coidadas que hai, a vexetación autóctona, as vistas impresionantes...

Volvo a Vilanova facer a 3ª ruta de sendeirismo neste concello. As dúas que xa realicei, fermosísimas están nestes enlaces:

Rutas de sendeirismo: RUTA DEL SILENCIO. VILLANUEVA DE OSCOS(ASTURIAS) PR.AS-209

Rutas de sendeirismo: RUTA DOS BOSQUES - VILLANUEVA DE OSCOS (ASTURIAS) + CASCADA DE MORLONGO

A ruta da Bobia é espectacular. Destacaría dela as vistas impresionantes dende os puntos máis altos do percorrido (Pico do Somo e Pico de Murias) a fraga de carballos, castiñeiros, abidueiras...salpicada de regatos que forman cascadas (como choveu as pasadas semanas, vimos ata tres fervenzas) e destaco tamén a fermosa aldea de S. Cristóbal semi restaurada e as abandonadas de todo como Sela de Murias e Murias.

A ruta está ben acondicionada pero falta sinalización en tres puntos claves onde hai cruces e se poden presentar dúbidas razonables, xa que os sinais que hai máis ben confunden en vez de axudar.

Características:

- Lonxitude: 9 Km ( uns 100m. de máis porque nos engañamos nun cruce que xa comentarei)

- Dificultade: moderada (por unha baixada e unha subida importantes)

- Ruta semicircular mal sinalizada.

O track da ruta en WIKILOC:

Descripción:

Había unha ruta antiga , a PR- AS 103 cunha lonxitude de 20 km. que subía ao alto da Serra da Bobía e remataba en Vilanova. Nós faremos unha máis curta.

A ruta empeza AQUÍ

Ponte Penacoba onde empeza a ruta
 

Subimos por esta estrada sen desviarnos por ningún sitio, sempre recto. O son da auga en regatos próximos vainos acompañando.

Subida ao Pico do Somo

No Pico do Somo, ábrese a paisaxe e temos estas vistas:


Nas beiras da estrada aínda quedan restos da recente nevada de días pasados:


Aló embaixo queda a aldea de Morlongo.

Empezamos agora a baixar cara a S. Cristóbal, xa o divisamos aló no fondo.

S. Cristobal entre montañas.

A baixada ten un importante desnivel que a estrada de formigón con surcos axuda a levar mellor.

Baixando a S. Cristóbal
 A néboa envolve parte do val.



A estrada é preciosa entre as árbores vestidas de outono:


 Chegando a S. Cristobal:


A Ruta do Silencio, que se pode empezar onde empezamos a da Bobia, en S. Cristobal sepáranse. Nós que xa fixemos tamén a ruta do Silencio empezarámola aquí, nesta aldea.


Parte desta aldea está abandonada.


Vemos o típico hórreo asturiano.


Outra parte da aldea está restaurada ou en proceso de facelo:


Ten unha fermosa e pequeniña praza chamada "Praza das Lastrias"
Praza das Lastrias en S. Cristobal

A partires de aquí imos introducirnos nunha preciosa fraga con castiñeiros, carballos, abidueiras....chea de regatos que, debido ao que choveu en días pasados, forman cascadas fermosas (ata 3 vimos)

Sendeiro que arranca dende S. Cristobal
 Volvendo a vista atrás, vemos a capela de S. Cristóbal que estando alí non vimos e eso que fixemos un pequeno percorrido pola aldea.
Igrexa de S. Cristóbal
Non nos resistimos a volver de seguido a vista porque nos parece que S. Cristóbal se enclava nun lugar precioso.


Regatos que formaban pequenas cascadas:


O sendeiro pola fraga vetida de outono é relaxante e fermoso.

 Ata tres cascadas atopamos tendo que atravesar os regatos. Menos mal que non eran moi anchos nin levaban auga en exceso que impedira o paso. Eso sí, as botas humedecéronse.

Por este sendeiro dende S. Cristóbal vimos case sempre en chao..

 E chegamos a unha aldea completamente abnandonada e á que nunca chegou unha estrada: Sela de Murias.
 MOITO OLLO ao chegar a esta aldea. Non hai que atravesala se non que hai que pillar cara arriba no primeiro sendeiro que veremos á dereita. Non está sinalizado.
Sela de Murias.


A partires de aquí empezamos a subir. É unha subida dura para os que non nos gustan as costas. Hai bastante desnivel.

Mirando ás nosas costas, a medida que empezamos a subir, a panorámica é espectacular:
 
A medida que ascendemos, cambia a estructuta do chan e a paisaxe. Desaparecen as árbores para dar paso a matorral baixo.

 Chegamos a outra aldea abandonada aínda que vemos unha vivenda recén contruida. Aquí tampouco chegou nunca unha estrada. Estamos en Murias.
Murias.

Murias
Chegaremos a un cruce no que se nos ofrecen dúas opcións para ir a Vilanova con máis ou menos km. Nós debemos coller á dereita por onde pon máis km. pero non imos a Vilanova se non a Ponte de Penacoba. Un pouco máis adiante enlazaremos coa estrada que trouxemos á ida.

Tivemos a sorte de ter un día sen néboa, nin vento, un día moi tranquilo para poder admirar as vistas marabillosas que nos ofrece este lugar.


Estamos xa finalizando o tramo circular.

Enlazamos aquí coa estrada da ida. Por ela voltaremos á Ponte de Penacoba.

Nos últimos metros de baixada, vemos de frente, Penacoba:
Penacoba

E para xantar, pillamos o coche e fomos ata Vilanova (a 3km.) a nosa intención era comer en Casa Perales porque xa o fixéramos unha vez e cómese super ben, comida caseira e a moi bo prezo pero como xa eran as 14:30 dixéronnos que a esa hora xa non podíamos comer. Entón fomos ao outo que hai "Hotel-Restaurante Oscos" e non moi convencidos xa que léramos reseñas bastante nefastas sobre este lugar.
Entramos e a verdade é que non había unha alma, nin no bar nin comendo e pensamos "Ai, Deus..."  Pero o certo é que comemos o menú do día por 12€ e estaba ben preparado e era abundante e pensamos naquel refrán. "Cría buena fama..."  porque os únicos dous restaurantes existentes están case pegados ; en Casa Perales había moitos coches aparcados así que debía haber moita xente comendo e onde nós comemos estaba baleiro...
Restaurante "Os Oscos"
 
Aínda que xa coñecemos de sobra esta vila por ser a 3ª vez que estamos aquí e porque é moi pequena e logo se ve, demos un paseo despois de comer e saquei fotos doutros recunchos.
Concello de Vilanova
 Este hórreo téñoo en outras fotos pero penso que non dende esta perspectiva.

O mosteiro de Santa Mª, emblema da vila, visiteino xa na anterior ruta pero non me resistín a volver entrar. Está en semirruínas . As paredes de fóra están perfectamente pero hai unha parte sen teito e por dentro está abandonado.
Este mosteiro do S. XII foi fundado polo rei Alfonso VII
Por dentro, está en estado ruinoso.

 Vilanova, xunto con Santa Eulalia e S. Martín de Oscos foron "Pueblos Ejemplares" no ano 2016. A estatua representa a irmandade das tres vilas.

Que fermosos son Os Oscos! 
Fixemos bastantes rutas nesta zona pero aínda nos quedan unhas cantas.. Volveremos!!